Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender o diferente tratamento que recibe o malestar na psicanálise e na filosofía contemporánea.
- Fixar as liñas básicas de comprensión de cal é o tratamento do malestar do suxeito na psicanálise.
- Entender as principais propostas da filosofía contemporánea en torno a que é un suxeito e cando aparece o sufrimento psíquico.
- Distinguir con claridade as propostas da psicanálise anterior e posterior á Posmodernidade.
- Comparar e valorar criticamente o enfoque filosófico e o psicanalítico acerca da subxectividade contemporánea
Introdución crítica ao tratamento que a psicanálise fai do sufrimento humano e contraposición a algunha das propostas filosóficas do século XX. Tratarase de discutir o nivel de validez da orientación psicanalítica e as críticas que se lle dirixen desde algún dos enfoques filosóficos da segunda metade do século XX, valorando en que ámbitos e en que medida son lexítimos.
Bibliografía básica.
Marcuse, H. (1964/2012). O home unidimensional. USC. Fundación BBVA.
Freud, S. (1930/1976). El malestar en la cultura. En Obras Completas. Amorrortu.
Butler, J. (2004). Vida precaria. El poder del duelo y la violencia. Paidós.
Chorne, M. y Dessal, G. (2017). Jacques Lacan : el psicoanálisis y su aporte a la cultura contemporánea. FCE.
Lacan, J. (1959-60/1988). El Seminario. Libro 7: La ética del psicoanálisis. Paidós.
Bibliografía complementaria.
Marcuse, H. (1970). Ensayos sobre política y cultura. Ariel.
Marcuse, H. (1969). Un ensayo sobre la liberación. Joaquín Mortíz
Marcuse, H. (1969). Cultura y sociedad. Editorial Sur.
Marcuse, H. (1969). Psicoanálisis y política. Ediciones Península.
Marcuse, H. (1968). El final de la utopía Editorial Ariel.
Marcuse, H. (1965). Eros y civilización. Joaquín Mortíz.
Freud, S. (1976). Más allá del principio del placer. En Obras Completas. Amorrortu.
Miller, J.A. (2006). Introdución a la clínica lacaniana. Conferencias en España. Gredos.
Miller, J.A. (1998-99/2004). La experiencia de lo real en la cura psicoanalítica. Paidós.
Miller, J.A. (2006). Introducción al método psicoanalítico. Paidós.
Evans, D. (1996/1997). Diccionario introductorio de psicoanálisis lacaniano. Paidós.
Porge, E. (2005). Jacques Lacan, un psicoanalista. Recorrido de una enseñanza. Editorial Sintesis
BÁSICAS E XERAIS.
CG1 - Que os estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a achegas investigadoras.
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas do noso tempo.
CG3 - Que os estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
CG4 - Que os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na busca de solucións
CG5 - Que os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos.
CB6 – Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornas novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
CB10 – Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS.
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
CT2 - Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
CT4 - Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero..
ESPECÍFICAS.
Os contidos desta materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias do título:
CE1 - Coñecer e comprender propostas filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do mestrado, posto que recollen enfoques filosóficos da segunda metade do século XX.
CE2 – Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación, posto que inclúen contrastar a validez da filosofía contemporánea e da psicanálise.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensino de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do mestrado, posto que é necesario coñecer algún autor da filosofía contemporánea.
CE4 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas, posto que se trata de aplicar a un campo concreto (o malestar) os coñecementos teóricos adquiridos.
CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos, posto trátase de discutir e comparar teorías diferentes.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar, posto que se valorará a participación activa nas aulas e a elaboración dunha investigación persoal.
TRABALLO PRESENCIAL.
Clases expositivas. 9h. Corresponde fundamentalmente á impartición de aulas maxistrais, abertas á intervención e o debate.
Clases interactivas. 12h. Sesións de análises de textos.
Titorías. 3h. De atención individualizada e/ou de grupo. Resolución de dúbidas. Posta en común dos temas dos traballos de investigación e o intercambio de ideas entre os alumnos e alumnas sobre eles.
ALUMNADO ORDINARIO. PRIMEIRA OPORTUNIDADE.
20% de la nota. Evaluación continua por trabajo continuado en el seguimiento de la materia, asistencia y Competencias evaluadas: CE1, CE3, CE6
20% de la nota. Presentación en el aula de un texto. Competencias evaluadas: CE1, CE3, CE6
60% de la nota. Examen final. Competencias evaluadas: CE2, CE4, CE5
A asistencia ás sesión expositivas e interactivas é preceptiva para superar materia. Para poder presentarse á realización de exames é preciso acudir a un 80% das sesións; por debaixo dunha asistencia dun 80%, a/o estudante non pode presentarse aos exames e, polo tanto, non poderá superar a materia nin na primeira nin na segunda oportunidade.
Esto equivale a un máximo de 4 faltas sen xustificar.
ALUMNADO ORDINARIO. SEGUNDA OPORTUNIDADE.
ALUMNADO CON EXENCIÓN DE ASISTENCIA. PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADES.
100% da nota. Exame final. Avaliaranse así as seguintes competencias específicas: CE2, CE4, CE5
TRABALLO NON PRESENCIAL.
Traballo persoal do alumno. 38,5h. Traballo individual para seguimento da materia. Lectura de textos.
Traballo en grupo do alumno. 12.5h. Traballo en común de grupos de alumnos. Posta en común do contido dos textos e plans de investigación.
(1) Participación nas presentacións
(2) Consulta de dúbidas na clase ou nas tutorías
(3) Lectura da bibliografía fundamental
- A MATERIA SERÁ IMPARTIDA INTEGRAMENTE EN LINGUA GALEGA
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de
aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos
estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no
traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as
recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo
electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos
facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se
contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo
electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello
similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións
dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais
e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de
protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se
poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou
discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión
Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario
dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información
no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
Francisco Conde Soto
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812515
- Correo electrónico
- francisco.conde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
22.05.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Butler (108) |
22.05.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Butler (108) |
03.07.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Butler (108) |
03.07.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Butler (108) |