Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 110 Clase Expositiva: 15 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Dar a coñecer aos alumnos o estado da cuestión e as máis recentes achegas sobre temas relevantes e de actualidade referidos á "Monarquía de España, séculos XVI-XVIII"
2. Adquirir un coñecemento crítico de relación entre os acontecementos e procesos actuais e os do pasado (Historia Moderna de España).
3. Potenciar a capacidade de integrar coñecementos e de enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información especializada e actualizada.
SEMINARIOS E TALLERES (Presenciais y on-line)
Programa del curso/ Course Contents:
Descripción de la asignatura:
I. Tipo I: 5 créditos
II. Tipo II: 2,5 créditos
Avisarase dos Seminarios organizados pola USC e polas outras dúas universidades do programa e as condicións para á asitencia.
15 días antes do comezo do seminario o coordinador/a de a universidade, en contacto co coordinador/a de o seminario, comunicará aos alumnos un bloque de lecturas (cun máximo de 75 pp), destinado a familiarizar ao estudante coa temática desenvolvida no seminario.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
G1 - Dominar as tradicións historiográficas e os recursos metodolóxicos e conceptuais orientados cara á análise da historia
G2 - Posuír un coñecemento avanzado dos principais recursos bibliográficos das distintas áreas temáticas e disciplinas que engloban os estudos historiográficos sobre a "Monarquía de España, séculos XVI-XVIII".
G5 - Aplicar adecuadamente unha metodoloxía científica propia da Historia, na execución de traballos bibliográficos, na elaboración de estados da cuestión, na análise e interpretación das fontes
G9 - Ser capaz de comentar, anotar e editar correctamente textos e documentos de acordo cos canons críticos da historia.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que las sustentan a públicos especializados y no especializados de un modo claro y sin ambigüedades.
TRANSVERSAIS:
T2 - Localizar, discriminar, analizar e avaliar fontes primarias e secundarias (escritas, orais e electrónicas) relevantes para o traballo académico e referenciarlas adecuadamente, conforme ás convencións dos textos académicos
T3 - Ser capaces de deseñar e executar traballos académicos avanzados tanto individual como colectivamente
T5 - Avaliar de maneira crítica a propia cultura así como a cultura e tradicións de países distintos aos da propia orixe en vinculación co ámbito da súa especialización académica.
ESPECÍFICAS:
CE2 - Formular xuízos e análises críticos sobre a "Monarquía de España, séculos XVI-XVIII", e deseñar formulacións referidas ao mesmo tema, que poidan ser obxecto de investigación
CE3 - Comprender e valorar as diferentes perspectivas de investigadores implicados no estudo da <<Monarquía de España>> na Idade Moderna, sabendo que proceden de contextos culturais e nacionais diferentes
CE7 - Aplicar unha metodoloxía de análise comparada ao estudo, a nivel avanzado, dos diversos territorios da Monarquía de España e das distintas unidades imperiais que configuraron o mapa político do mundo moderno
CE8 - Aplicar, a nivel avanzado, as teorías, métodos e técnicas propias das ciencias
humanas e sociais ao estudo da Historia Moderna e en especial ao da Monarquía
de España
1.- Nun primeiro momento (15 días antes do comezo do seminario) o coordinador/a de a universidade en contacto co coordinador/a de o seminario e elixirán un bloque de lecturas (cun máximo de 75 pp), que ten por obxecto familiarizar ao estudante coa temática desenvolvida no seminario.
2.- O estudantado asistirá obrigatoriamente a todas as sesións do seminario. A coordinación da universidade e do seminario acordarán a forma do control da asistencia e a participación do estudantado.
3.- Para o traballo do seminario o/a estudante deberá elixir entre dúas opcións:
a) Un tema dos tratados no seminario, desde a coordinación da universidade facilitarase, na medida do posible, o contacto entre o alumnado e o/a profesor/a responsable do tema no que o/a estudante vai traballar. Baixo a súa tutela o/a estudante elaborase un traballo, (entre 10-15 pp) que será avaliado polo/a coordinador/a de o seminario en colaboración co profesorado implicado.
b) Tamén pode optar por traballo consistente na elaboración de resumos de cada unha dos relatorios e comunicacións presentadas no mencionado seminario.
4.- A Avaliación Final efectuarase por parte da coordinación do Seminario (tendo en conta a asistencia e a cualificación do traballo do alumnado) que lla comunicará ao coordinador/a de a universidade para poñer as notas.
1. Avaliación de traballos prácticos e teóricos, recensión, de análises discursivo, presentacións, etc.
PONDERACIÓN MÍNIMA: 25.0
PONDERACIÓN MÁXIMA: 35.0
2. Avaliación continua sobre asistencia e participación en actividades presenciais
PONDERACIÓN MÍNIMA: 30.0
PONDERACIÓN MÁXIMA: 40.0
3. Avaliación continua sobre a asistencia e participación en seminarios de lectura
PONDERACIÓN MÍNIMA: 40.0
PONDERACIÓN MÁXIMA: 45.0
4. Participación en titorías presenciais e virtuais, nacionais e internacionais
PONDERACIÓN MÍNIMA: 5.0
PONDERACIÓN MÁXIMA: 10.0
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da “Lei de Convivencia da USC” de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
70 horas
É obrigatoria a asistencia ás sesións de diferentes seminarios ata completar 5 créditos. Os coordinadores respectivos da universidade e do seminario acordarán a forma do control da asistencia e a participación do estudantado.
Domingo Luis Gonzalez Lopo
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812609
- Correo electrónico
- domingoluis.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade