Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 15 Total: 26
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é presentar formas de dixitalizar desde simples obxectos ou documentos de texto ata edificios e información xeográfica. Tratarase como almacenar e xestionar esta información dixitalizada. A información xeográfica será tratada dun xeito especial, xa que é fundamental para localizar, conservar e manter o patrimonio, tanto cultural como natural.
1. Dixitalización
- Audio, imaxe, vídeo, texto - Formatos de codificación
2. Xestión e almacenamento
- Bases de datos documentais - Datos e metadatos
3. Introducción aos sistemas de información xeográfica (SIG) - Representación da información xeográfica
- Infraestructuras de datos espaciais
- Aplicacións SIG.
4. LiDAR e fotogrametría - Fundamentos
- Almacenamento de nubes de puntos
- Procesamento, análise e visualización de nubes de puntos - Aplicacións e ferramentas
Coñecementos:
CON5: Coñecementos sobre a creación e xestión de proxectos patrimoniais no ámbito dixital.
CON7: Coñecementos sobre a virtualización do patrimonio cultural: infografías, realidade aumentada, visualización 3D, xeolocalización, interpretación fotográfica
CON9: Coñecemento de produtos interactivos e apps aplicadas á divulgación e á educación patrimonial
Habilidades:
HAB2: Ser capaz de aplicar o coñecemento na resolución de problemas
HAB4: Ser capaz de identificar fontes de información, recoller e analizar datos e elaborar sínteses en relación con elas.
Destrezas Tranversais:
DES1: Ser capaz de manexar ferramentas tecnolóxicas e informáticas aplicadas á dixitalización do patrimonio
Bibliografía básica
- Apuntamentos proporcionados polo profesor
- Sistemas de captura de la información: fotogrametría y teledetección
Arozarena Villar, Antonio ; Otero, I ; Ezquerra Canalejo, Alejandra 2016. (liña)
- LiDAR remote sensing and applications / Pinliang Dong and Qi Chen
Dong, Pinliang autor; Chen, Qi, autor 2018 (ETSE)
- Introducción a Quantum GIS (QGIS) : aplicaciones en Ingeniería civil y territorial / Sara Martínez Delgado, Miguel Marchamalo Sacristán, Sergio Álvarez Gallego, Rubén Martínez Marín 2019 (intercentros)
Bibliografía complementaria:
- Aplicación de la topografía y la fotogrametría a la intervención en el patrimonio
López Viejo, Jorge Luis ; Fernández, Marta Lorenzana
2011
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB4 - Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns que as sustentan– a públicos especializados e non especializados de forma clara e sen ambigüidades.
CB5 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
CG3 - Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, tratamento, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital.
CG5 - Traballar en equipos interdisciplinares nos ámbitos empresarial, de mercado e institucional da xestión cultural.
CG6 - Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural combinando coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
CT1 - Adaptar o uso e transferencia de coñecementos ás novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico.
CT4 - Comprender os valores da igualdade, a sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso en igualdade de condicións aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.
- Clases teóricas, nas que se expón o contido de cada tema. O alumno disporá de copias das transparencias con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. Está orientada a la presentación de los contenidos teóricos de la materia, fundamentalmente á lección magistral. Tamén se pode utilizar un modelo híbrido combinando a clase presencial con outros recursos didácticos e audiovisuales a través do Campus Virtual.
- Clases prácticas na aula de informática, que permiten ao alumno familiarizarse desde un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.
Actividades formativas de carácter presencial e a súa relación coas competencias da titulación
- Clases teóricas: impartidas polo profesor e exposición de seminarios. Competencias traballadas: CB2, CG3.
- Clases prácticas de laboratorio, resolución de problemas e casos prácticos. Competencias traballadas: CB2, CB4, CB5, CG3.
- Titorías programadas: orientación para a realización dos traballos individuais ou en grupo, resolución de dúbidas e actividades de avaliación continua. Competencias traballadas: CG5, CT1, CT4
Actividades formativas de carácter non presencial e a súa relación coas competencias da titulación:
- Traballo persoal do alumno: consulta de bibliografía, estudo autónomo, desenvolvemento de actividades programadas, preparación de presentacións e traballos. Número de horas: 71,5. Competencias traballadas: CT4, CE13, CB5.
Oportunidade ordinaria:
Contribución á nota final e criterios de avaliación:
- Prácticas de laboratorio: 60% da nota (30% avaliación contínua, 30% realización de prácticas e entrega de memorias)
Os alumnos abordarán a resolución de diversos problemas propostos na aula de informática. Deberán realizar traballos nos que se presenten os resultados obtidos. Varios destes traballos serán de entrega obrigatoria e outros opcionais, que permitirán subir a nota. Todos os traballos deberán ser entregados antes das datas que se especificarán e deberán cumprir uns requisitos mínimos de calidade para ser tidos en consideración. Valorarase o grao de cumprimento das especificacións, a metodoloxía e rigorosidade e a presentación de resultados.
- Exposición oral e defensa de traballos: 10% da nota.
- Exame teórico: 30% da nota.
Para superar a materia, debe conseguirse unha puntuación total de 5 ou superior. É imprescindible para aprobar ter entregado todas as prácticas indicadas como obrigatorias. En calquera caso, para superar a materia é requisito aprobar tanto a parte practica como o exame teórico de xeito independente.
Os alumnos que non sexan de nova matrícula non conservan notas de cursos anteriores.
Oportunidade de recuperación (Xullo) e extraordinaria:
A valoración será igual que na oportunidade ordinaria. Os alumnos que non entregaron os traballos propostos ao longo do cuadrimestre deberanos entregar antes da data establecida.
Condición para cualificación de Non Presentado: non presentarse ao examen ou non presentar algunha das prácticas obrigatorias.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Clases de encerado: 9 h presenciais + 18 h traballo autónomo do alumno
- Clases de prácticas: 12 h presenciais + 24 h traballo autónomo do alumno
- Titorías y actividades de avaliación: 5 h presenciais + 7 h traballo autónomo do alumno
- Total: 75 h
Debido á forte interrelación entre a parte teórica e a parte práctica, e á progresividade na presentación de conceptos moi relacionados entre si na parte teórica, é recomendable dedicar un tempo de estudo ou repaso diario.
As ferramentas software utilizadas nesta materia son de fontes abertas ou gratuitas.
Oscar Garcia Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Correo electrónico
- oscar.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 04 de Informática |
15.05.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
27.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |