Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Comprender os fundamentos teóricos e metodolóxicos das revisións sistemáticas e dos metanálises, así como a súa relevancia para a práctica clínica e a investigación nas ciencias da saúde.
• Formular preguntas de investigación estruturadas (PECOS) e deseñar estratexias de procura bibliográfica en bases de datos especializadas.
• Aplicar criterios de inclusión e exclusión de forma sistemática para seleccionar estudos relevantes e representar o proceso mediante o diagrama PRISMA.
• Avaliar criticamente a calidade metodolóxica dos estudos incluídos nas revisións sistemáticas, identificando riscos de sesgo mediante ferramentas específicas.
• Analizar e interpretar os resultados dun metanálise, incluíndo a combinación de medidas de efecto, a avaliación da heteroxeneidade e a sensibilidade dos resultados.
• Empregar software específico para realizar metanálises e sintetizar visualmente os resultados mediante gráficos e informes estandarizados.
• Coñecer e saber interpretar diferentes produtos de síntese do coñecemento, como as revisións de alcance, as guías de práctica clínica baseadas en GRADE, e os informes de avaliación de tecnoloxías sanitarias.
PROGRAMA DE EXPOSITIVAS (10 horas)
Bloque 1. Revisións sistemáticas (4 horas)
Tema 1. Fundamentos e desenvolvemento das revisións sistemáticas
Tema 2. Análise crítica e calidade das revisións sistemáticas
Bloque 2. Metanálise (4 horas)
Tema 3. Principios e desenvolvemento do metanálise
Tema 4. Aplicación práctica do metanálise: análise, software e presentación de resultados
Bloque 3. Produtos de síntese (2 horas)
Tema 5. Guías de práctica clínica e recomendacións baseadas na evidencia
Tema 6. Informes de avaliación de tecnoloxías e outros produtos de síntese
PROGRAMA DE SEMINARIOS (6 horas)
Seminario 1. Lectura e análise crítica de estudos
Seminario 2. Metanálise a partir de datos reais
PROGRAMA DE LABORATORIOS (8 horas)
Laboratorio 1. Deseño e desenvolvemento inicial dunha revisión sistemática. Da pregunta PECOS á selección de estudos.
- Piédrola et al. Medicina Preventiva y Salud Pública. 12ª ed. Masson. Barcelona, 2016. Capítulo 15.
- Hernández-Aguado I y Lumbreras Lacarra B. Manual de Epidemiología y Salud Pública para Grados en Ciencias de la Salud. 3ª Edición. Ed Panamericana. ISBN 9788491101734. 2018.
- Ahlbom A, Alfredssom L, Alfven T. Fundamentos de epidemiología. 9ª ed. Siglo XXI de España Eds. Madrid, 2007.
- Argimón JM, Jiménez J. Métodos de investigación clínica y epidemiológica. 5ª Ed. Ediciones Harcourt. Madrid, 2019.
- Warren S. Browner MD, Thomas B. Newman MD, Steven R. Cummings MD, Deborah G. Grady MD, MPH. Diseño de investigaciones clínicas. 5º Edición. 2023. Wolters Kluwer.
- Norell S. Diseños de estudios epidemiológicos. Siglo XXI de España Eds. Madrid, 1998
- Rothman KJ. Epidemiology: An introduction. Third Edition. Oxford University Press, 2024.
- Gordis L. Epidemiología. Elsevier. 2019. 6ª edición
Competencias xerais
• Adquirir os coñecementos necesarios para realizar unha análise crítica da literatura científica e interpretar os documentos de síntese da evidencia
• Aprender a identificar as revisións sistemáticas de calidade e a priorizar os temas aos que aplicar unha revisión sistemática.
• Coñecer os pasos do proceso de revisión sistemática: selección de artigos aplicando criterios de calidade e análise cuantitativa da información obtida.
Competencias básicas
• Comprender o concepto de revisión sistemática e metanálise e a súa aplicación no ámbito das ciencias da saúde.
Competencias específicas
• Saber aplicar diferentes criterios de calidade para valorar os riscos de nesgos das publicacións científicas.
• Saber diseñar estratexias de busca para realizar unha revisión sistemática.
• Saber calcular e interpretar os resultados dos metanálises. Deseño, análise e interpretación de guías de práctica clínica e informes de avaliación de tecnoloxías.
• Valorar axeitadamente a relevancia dos documentos de síntese de información científica para a toma de decisións.
Habilidades
• A adquisición destas competencias permitirá ao alumnado desenvolver habilidades útiles tanto na práctica clínica como na vertente investigadora.
Clases expositivas: realizaranse sesións maxistrais presenciais nas que o docente explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos especificados no programa da materia, apoiándose en medios audiovisuais e informáticos. As clases consistirán fundamentalmente en leccións maxistrais que se complementarán con outras metodoloxías do ensino (estudos de casos, aprendizaxe baseada en problemas, aprendizaxe colaborativa, gamificación, etc.). Ademais da bibliografía recomendada, poderáselle facilitar ao alumnado lecturas ou material audiovisual complementario a través do Campus Virtual.
Clases interactivas seminarios: Os seminarios serán clases teórico-prácticas non presenciais, impartidas de forma síncrona, nas que se afondará nos distintos temas abordados nas clases expositivas e se resolverán aplicacións prácticas da teoría explicada. Poderanse incluír exercicios no Campus Virtual, que o alumnado deberá realizar na casa. A dinámica dos seminarios pode incluír a resolución ou posta en común de problemas ou exercicios, a resolución de casos prácticos ou a realización de debates, entre outros. O traballo realizado polo estudantado poderá ser individual ou en grupo.
Clases interactivas laboratorios: os laboratorios consistirán en clases virtuais non síncronas nas que se traballarán aplicacións prácticas da teoría exposta en grupos pequenos. A dinámica dos laboratorios poderá incluír a resolución de casos prácticos, problemas e/ou simulacións en grupos reducidos. O traballo realizado polo estudantado poderá ser individual ou en grupo. Para a súa organización utilizaranse as distintas ferramentas integradas no Campus Virtual mediante a plataforma Moodle (lección, foros de discusión, tarefas, etc.).
Titorías: as titorías están dirixidas a aclarar dúbidas, fornecer información ou orientar ao alumnado, así como para coñecer o progreso na adquisición de competencias. As titorías poderán ser presenciais, virtuais e tamén se poden enviar dúbidas por correo electrónico.
Exame: A adquisición dos coñecementos adquiridos poderá ser avaliada mediante un exame que poderá incluír unha proba oral cunha das profesoras da materia, preguntas curtas, preguntas tema ou preguntas tipo test de todos os temas abordados nas clases explicativas e interactivas. As preguntas tipo test terán unha única resposta válida, sen que conten negativas as incorrectas. O exame final cualificarase de 0 a 10. Para controlar a probabilidade de acertar ao azar nas preguntas tipo test será necesario obter un 70% dos puntos posibles nestas preguntas para superar esta proba cun aprobado (5). O peso desta proba escrita será o 70% da nota final. Para superar a materia será preciso superar este exame.
Avaliación continua: representará o 30% da nota final, sempre que se supere a proba escrita. Valorarase a resolución de exercicios e casos prácticos propostos, así como a participación e implicación nas clases expositivas, seminarios e laboratorios. Poderanse facer probas ao final dos laboratorios, seminarios ou das clases expositivas presenciais ou algunha tarefa a través do campus virtual.
A nota do alumno será:
Exame final0,7 + Avaliación continua0,3
Na convocatoria extraordinaria de xullo manterase o mesmo sistema de avaliación empregado na convocatoria ordinaria. O sistema de avaliación será o mesmo tamén na segunda oportunidade, conservándose a nota acadada na avaliación continua. Esta cualificación obtida na avaliación continua gárdase por un só ano.
Para obter a nota final sumaranse as notas do exame e da avaliación continua sempre que se supere a proba do exame. Se o exame non está aprobado: a nota final será a do exame, non se terá en conta a avaliación continua. A nota será cero se non se fai o exame con independencia da avaliación continua. Se non hai avaliación continua, a nota final será a nota obtida no exame.
Por cada hora de docencia expositiva, considérase unha dedicación de 1,5 horas para busca bibliográfica e revisión de conceptos básicos abordados en clase.
Por cada hora de docencia interactiva, considérase unha dedicación de 1 hora para a realización de actividades planificadas e o repaso desas actividades.
Asistencia activa ás clases, tanto teóricas como prácticas, e estudo da materia de forma continua. Consulta, ampliando os temas coa bibliografía básica e complementaria recomendada, dúas ou tres obras básicas. Comprensión absoluta dos exercicios propostos nos seminarios e laboratorios.
Asistencia a clase:
Aplicarase a normativa seguinte:
• Instrución 5/2023 da Secretaría Xeral do 17-09-2023 pola que se establece o código de boas prácticas para a docencia híbrida e virtual da USC
https://minerva.usc.es/entities/publication/6ed7a4d5-cef0-4789-b577-5e9…
• RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2022 pola que se ordena a publicación do Regulamento das titulacións oficiais de grao e máster universitario e do procedemento de aseguramento da súa calidade. DOG núm. 242 do 22 de decembro de 2022.
Dispensa de asistencia a clase:
O estudantado, segundo o artigo 33 g) dos Estatutos da Universidade, “ten dereito a unha atención e deseño das actividades académicas que faciliten a conciliación dos estudos coa vida persoal, familiar e laboral”. Do mesmo xeito o artigo 130.2, tamén establece que “ten o deber da asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”.
Estudantado con necesidades específicas
Para a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo terase en conta o establecido no Protocolo de atención a persoas con discapacidade (Área de Integración do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC). Realizaranse as debidas adaptacións metodolóxicas e/ou adaptacións curriculares para dar resposta ás necesidades educativas do citado alumnado.
Perspectiva de xénero
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso de linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Recomendamos a Guía para o emprego dunha linguaxe inclusiva da USC (2018):
https://www.usc.gal/es/servicios/igualdad/guia-lenguaje-sexista-usc
A perspectiva de xénero introducirase de forma transversal nas materias recollidas pola Comisión de xénero da Facultade de Enfermaría.
Protección de datos
Política de privacidade e protección de datos: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
Protocolo en materia de protección de datos na USC.
http://hdl.handle.net/10347/23947
Comunicación Académica / Entrega de Traballos
O alumnado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es), na súa comunicación vía email co profesorado.
Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse a través da aula virtual.
A ensinanza-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdese privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Ferramentas Tecnolóxicas Institucionais
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
Realización fraudulenta de exercicios/actividades
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2011 “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. DOG núm. 140 do 21 de xullo de 2011
Uso de dispositivos electrónicos
Atendendo ao artigo 9.2.a do Estatuto do Estudante da USC e ao artigo 36 da Lei Orgánica do Sistema Universitario, nas clases expositivas e interactivas non está autorizado o uso de dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) salvo cando o autoricen expresamente os profesores. O alumnado responsabilízase das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non axeitado dos mesmos.
Proceso de ensinanza-aprendizaxe
Ter en conta que o proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases/titorías) é de carácter privado. Neste sentido, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Responsabilidade medioambiental
• Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
• Sempre que sexa posible, empregar grampas no canto de encadernación.
• Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
• Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
• Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Alberto Ruano Raviña
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812267
- Correo electrónico
- alberto.ruano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Leonor Varela Lema
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- leonor.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.03 |
28.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |
01.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |