Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 9 Clínicos EEES: 8 Total: 23
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Optometría, Área externa M.U en Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Aprender as probas diagnósticas para diferenciar unha superficie ocular normal dunha alterada polo uso de diferentes tipos de lentes de contacto.
- Avaliar a relación entre signos, síntomas e calidade visual co disconfort ocular asociado ao uso de lentes de contacto.
- Implementar os cambios necesarios na adaptación das lentes de contacto para evitar ou minimizar o disconfort ocular e visual nas persoas usuarias de lentes de contacto.
- Desenvolvemento dos conceptos: 1) neurobioloxía da superficie ocular, 2) interacción das lentes de contacto coa película lacrimal e 3) interacción das lentes de contacto cos tecidos oculares.
- Desenvolvemento das probas de avaliación da superficie ocular para a detección de alteracións causadas polo uso de diferentes tipos de lentes de contacto.
- Introdución ao concepto de disconfort ocular polo uso prolongado de lentes de contacto.
- Introdución a protocolos de investigación no eido das lentes de contacto.
Libros
Classification of Slit Lamp Findings. Wolfgang Sickenberger. 2022.
Contactología aplicada. Raúl Martín Herranz. Ed ICM. 2005.
Contact lens practice. Nathan Efron. Butterworth Heinemann Elsevier. 2010.
Contact lens complications. Nathan Efron. Butterworth-Heinemann. Elsevier España, S.A. Madrid. 2005
Superficie ocular y lentes de contacto. JM González-Meijome, C villa Collar Ed. Fundación Salud Visual. Madrid, 2016
Anterior Segment Complications of Contact lens Wear. Joel A. Silbert. Churchill Livingstone Inc.NY. 1994.
Anterior Eye Disease and Therapeutics A- Z. AS Bruce and MS Loughnan. Butterworth-Heinemann.2003.
Webs de interés
www.bcla.org.uk/Public/Public/Member_Resources/CLEAR.aspx - Web de la British Contact Lens Association y el consenso global CLEAR.
www.tearfilm.org - Web de la “Tear Film and Ocular Surface”.
www.tearfilm.org/tfoscldreport-spanish/tfos-cld-report-index.htm - Web del “Taller Internacional del Disconfort por Lentes de Contacto”. 2013.
Revistas científicas de interés
www.journals.elsevier.com/contact-lens-and-anterior-eye - Web de la revista Contact Lens and Anterior Eye.
www.journals.lww.com/claojournal/Pages/default.aspx - Web de la revista Eye and Contact Lens.
www.optometry.co.uk - Web de la revista Optometry Today.
- Coñecementos
Con02. Demostrar dominio dos principios, metodoloxías e novas tecnoloxías da optometría.
Con03. Demostrar os coñecementos e habilidades necesarios para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado.
Con04. Coñecer os criterios específicos de actuación clínica especializada nos distintos campos clínicos propios da atención visual: optometría pediátrica, optometría xerontolóxica, terapias visuais, baixa visión, superficie ocular e lentes de contacto.
Con06. Aprofundar no estudo das ciencias básicas da visión como ferramenta de coñecemento e apoio á especialización profesional e investigadora.
- Habilidades e destrezas
H/D02. Capacidade para traballar en colaboración con outros profesionais como membro dun equipo multidisciplinar cun alto grao de eficacia.
H/D05. Adquirir a habilidade para o manexo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC).
H/D06. Empregar distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
H/D07. Adquirir as habilidades necesarias para incorporarse ao exercicio profesional especializado no ámbito da optometría.
H/D11. Capacidade para colaborar con outros compañeiros/as durante a avaliación visual do paciente.
H/D15. Ser quen de comprender todos os aspectos relacionados coa superficie ocular e o uso das lentes de contacto.
H/D16. Ser quen de aplicar os protocolos de adaptación de lentes de contacto de xeito axeitado e seguro.
H/D17. Ser quen de seleccionar os/as candidatos/as idóneos/as para o uso de lentes de contacto especiais.
- Competencias
Comp02. Capacidade para tomar decisións a partir de información científica, técnica e clínica.
Comp03. Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
Comp05. Aplicar a metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica nas Ciencias da Visión.
Comp06. Capacidade para transmitir os resultados da investigación a públicos especializados, académicos e xeralistas.
Comp07. Aplicar conceptos de cribado na atención primaria visual e ocular.
Comp08. Desenvolver capacidade crítica, autocrítica e de toma de decisións.
Comp09. Demostrar a capacidade de abordar desafíos complexos de maneira efectiva e adaptable en contornos multidisciplinares.
- Docencia teórica (Non presencial – Asíncrona) (4h): docencia virtual na que se porán ao dispor do alumnado os contidos do programa teórico, casos clínicos e/ou exemplos xerais en diferentes formatos de presentación, que poderán estar acompañados de audio e/ou vídeo explicativo nun entorno en liña.
- Docencia interactiva seminario (Presencial) (2h): docencia presencial obrigatoria (100%) na que se explicarán as diferentes actividades a desenvolver na materia. Explicación dos exercicios a realizar nas actividades correspondentes á “Docencia interactiva seminario (Non presencial)” e á “Docencia interactiva clínica”.
- Docencia interactiva seminario (Non presencial - Asíncrona) (7h): actividades propostas polo profesorado que deberán ser entregadas polo alumnado a través do Campus Virtual (Moodle). Entre as actividades inclúese a elaboración de traballos no campo da superficie ocular e das lentes de contacto, elaboración de informes, lecturas críticas, manexo de compendios de artigos, consulta de bases de datos, etc. O alumnado disporá dun cronograma coa distribución das tarefas dende o comezo do curso. Emprégaranse métodos docentes centrados na aprendizaxe baseada en proxectos, no design thinking e na metodoloxía baseada na investigación.
- Docencia interactiva clínica (8h): prácticas clínicas obrigatorias (100%) desenvolvidas no Servizo de Optometría. Realización de prácticas en grupos reducidos, abordando conceptos da superficie ocular e das lentes de contacto. O alumnado deberá entregar unha ficha clínica cos resultados obtidos nas distintas actividades.
- Titorización en grupo reducido (Non presencial – Asíncrona) (2h): titorías personalizadas e/ou en grupos reducidos. Poderán realizarse de forma telemática, mediante Microsoft Teams, ou asíncrona, a través do “Foro de dúbidas” habilitado no Campus Virtual (Moodle) da materia.
1. Avaliación da “Docencia teórica (Non presencial – Asíncrona)” e da “Docencia interactiva seminario (Non presencial - Asíncrona)”: realizarase mediante avaliación continua combinada cun exame final.
1.1. A avaliación continua consistirá na resolución de problemas/exercicios dentro de cada bloque da materia teórica. Todo o material estará dispoñible no Campus Virtual da USC (Moodle), e a entrega das actividades realizarase a través desta plataforma. Estas actividades suporán o 50% da nota final (5 puntos).
1.2. A avaliación final realizarase mediante un exame presencial que poderá incluír preguntas tipo test, preguntas curtas, desenvolvemento ou resolución de casos clínicos. Este exame suporá o 40% da nota final (4 puntos).
2. Avaliación da “Docencia interactiva clínica”: realizarase a través da avaliación das destrezas e habilidades durante as prácticas clínicas, así como mediante a entrega da ficha clínica de cada práctica. Esta parte suporá o 10% da nota final (1 punto).
A asistencia ás prácticas é obrigatoria ao 100% do total das mesmas.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
As horas totais de traballo persoal do alumno/a son 51, distribuídas do seguinte xeito:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 25 h.
- Redacción de exercicios, conclusións ou outros traballos: 14 h.
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 11 h.
Para superar satisfactoriamente a materia de Superficie ocular e lentes de contacto, así como para integrar adecuadamente os conceptos impartidos, é especialmente recomendable que o alumnado afronte os exercicios con interese e honestidade, e que cumpra cos prazos establecidos no organigrama facilitado ao comezo do curso/materia.
Hugo Pena Verdeal
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- hugo.pena.verdeal [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Jacobo García Queiruga
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- jacobogarcia.queiruga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Gabinetes de Optometría |
14.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática |
09.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática |