Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivo xeral: Proporcionar ao alumno un coñecemento teórico e práctico das principais metodoloxías e técnicas cuantitativas e cualitativas de análise aplicadas ao fenómeno do envellecemento.
a) Dar unha visión integrada das distintas metodoloxías das que dispón o investigador en psicoxerontoloxía, evidenciando a maneira na que a metodoloxía cualitativa complementa ás técnicas cuantitativas tradicionais, como a experimentación ou a enquisa.
b) Ofrecer unha visión marcadamente aplicada da investigación no envellecemento, aínda que sempre rigorosa e baseada na evidencia científica.
c) Familiarizar ao alumno co uso das principais técnicas cualitativas e cuantitativas, para que progresivamente as incorpore á súa bagaxe metodolóxica e detecte oportunidades de engadir valor ás súas investigacións a través da súa aplicación.
d) Capacitar aos investigadores para facer uso destas técnicas, explicitando o procedemento a seguir nas súas diferentes fases.
Como resultado da aprendizaxe espérase que o estudante…
Coñeza a análise cuantitativa e cualitativa no estudo do envellecemento
Saiba aplicar as diferentes técnicas de análise cuantitativa e cualitativa no estudo do envellecemento
Contidos
Fundamentos da metodoloxía cuantitativa e cualitativa
Técnicas de análise cuantitativas e cualitativas
Análise de datos cuantitativos e cualitativos
Recursos de investigación cuantitativa e cualitativa aplicados ao estudo do envellecemento
Temario
1. Repaso das técnicas de análise de datos básicas para realizar un TFM ou investigación profesional no eido do envellecemento.
2. Presentación das principais técnicas cuantitativas e cualitativas de análise da información.
3. A entrevista aplicada a residencias e centros de día.
4. A observación aplicada a residencias e centros de día.
Bibliografía básica
Arce, C. e Real, E. (2001). Introducción al Análisis Estadístico con SPSS para Windows. Barcelona: PPU.
Corbetta, P. (2007). Metodología y Técnicas de Investigación Social. Madrid: McGraw-Hill.
Delgado, J. M. e Gutiérrez, J. (1995). Métodos y Técnicas Cualitativas de Investigación en Ciencias Sociales. Madrid: Síntesis.
Mouriz-Corbelle, R., Caamaño-Ponte, J., Dosil, C,, Picón, E. y Facal, D. (2021). Apathy and agitation in institutionalized older adults: an empirically derived classification. Psychogeriatrics, 21(3), 272-278.
Pardo, A. e Ruiz, M. A. (2009, recurso electrónico de 2014). Gestión de Datos con SPSS Statistics. Madrid: Síntesis.
Pardo, A., Ruiz, M. A. e San Martín, R. (2009). Análisis de Datos en Ciencias Sociales y de la Salud I. Madrid: Síntesis.
Valles. M. (2009). Técnicas Cualitativas de Investigación Social. Madrid: Síntesis.
Bibliografía complementaria
Anguera, M.T.; Arnau, J.; Ato, M.; Martínez, M.R.; Pascual, J. e Vallejo, G. (1995). Métodos de Investigación en Psicología. Madrid: Síntesis.
Botella, J., Suero, M. e Ximénez, C. (2012). Análisis de Datos en Psicología I. Madrid: Pirámide.
Callejo, J.; del Val, C.; Gutiérrez, J. e Viedma, A. (2010). Introducción a las Técnicas de Investigación Social. Madrid: Ramón Areces.
García, M.; Ibáñez, J. e Alvira, F. (2005): El Análisis de la Realidad Social. Métodos y Técnicas de Investigación. Madrid. Alianza.
Guàrdia, J., Freixa, M., Però, M. e Turbany, J. (2008). Análisis de Datos en Psicología (2ª ed.). Madrid: Delta Publicaciones Universitarias.
Hernández, R.; Fernández, C. e Baptista, P. (2006). Metodología de la Investigación. Madrid: McGraw-Hill.
Howell, D. C. (2013). Statistical Methods for Psychology (8ª ed.). Nova York: Cengage Learning.
Murillo, F. J. e Martínez-Garrido, C. (2012, recurso electrónico de 2013). Análisis de Datos Cuantitativos con SPSS en Investigación Socioeducativa. Madrid: UAM Edicións.
Pardo, A. e San Martín, R. (1998). Análisis de Datos en Psicología II. Madrid: Pirámide.
Pardo, A. e San Martín, R. (2010). Análisis de Datos en Ciencias Sociales y de la Salud II. Madrid: Síntesis.
Pérez, F. J., Manzano, V. e Fazeli, H. (1999). Análisis de Datos en Psicología. Madrid: Pirámide.
Solanas, A., Salafranca, L., Fauguet, J. e Núñez, I. (2005). Estadística Descriptiva en Ciencias del Comportamiento. Madrid: Thomson.
COMPETENCIAS BÁSICAS e XERAIS
CX6 - Saber identificar e formular problemas de investigación no contexto do seu exercicio profesional, e contribuír ao seu abordaxe de acordo cos métodos, técnicas e procedementos de investigación propios das ciencias da saúde, sociais e do comportamento.
CX8 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problema a ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro dos contextos interdisciplinares relacionados coa Psicoxerontoloxía.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT3 – Desenvolver as habilidades en manexo de tecnoloxías da información e comunicación.
CT4 – Desenvolver a capacidade de traballo autónomo con capacidade autocrítica.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE11 - Saber identificar e formular problemas de investigación e participar no deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación en Psicoxerontoloxía.
CE12 - Coñecer, aplicar e interpretar análise de datos aplicados ao estudo do envellecemento.
Eminentemente práctica e participativa, tratando de animar aos alumnos a incorporar o uso das técnicas cualitativas e cuantitativas ás súas investigacións e máis ao seu labor profesional, intentando proporcionarlles as destrezas necesarias para facer un uso rigoroso deste tipo de metodoloxías.
De forma específica, constará das seguintes metodoloxías didácticas:
Clases presenciais interactivas ou de traballo en grupo
Clases presenciais expositivas
Titorías individuais ou en grupo
Traballo autónomo do alumnado
Asistencia e participación:
A asistencia ás clases é obrigatoria (80%),
Participación en clase e titorías: 30%
Exame ou Informe de traballos individuais ou en grupo: 70%
1) Preparación de presentacións orais e debate: por medio destas actividades promóvese a organización e elaboración do coñecemento necesario para facer comprensible a información a terceiras persoas dentro do marco xeral dunha interacción comunicativa.
Horas non presenciais: 10
2) Traballos tutelados: inclúen actividades que esixen a elaboración de traballos sobre temas específicos de interese para o estudante nos que a tutela e asesoramento sistemáticos do profesor/ a permiten o desenvolvemento da capacidade de traballo autónomo.
Horas non presenciais: 30
3) Preparación, análise e interpretación de datos: actividades de elaboración de bases de datos e aplicación de técnicas estatísticas para a súa análise e interpretación.
Horas presenciais: 10
4) Exposición de contidos polo profesor.
Horas presenciais: 9
5) Resolución de problemas: prantexamento e resolución de problemas teóricos ou aplicados.
Horas presenciais: 2
6) Estudo da bibliografía recomendada.
Horas no presenciais: 11
7) Discusión titorizada individual ou en grupo.
Horas presenciais: 3
Unha recomendación importante á a asistencia ás clases tanto teóricas como a realización de prácticas, e sobre todo, a participación activa nas mesmas. É esencial para superar a asignatura con éxito e alcanzar os obxectivos que se propoñen neste programa.
Unha segunda recomendación á que os contidos da materia se vaian estudando de xeito sistemático e regular ao longo do período docente e que se aproveite o material das prácticas para afondar nos contidos dalgunhas das cuestións tratadas na teoría.
Eduardo Picon Prado
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813739
- Correo electrónico
- eduardo.picon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
Venres | |||
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
21.05.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
03.07.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |