Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer os fundamentos económicos da intervención pública na promoción da ciencia e a tecnoloxía
Coñecer as diferentes aproximacións teóricas e os diferentes modelos de políticas aplicadas no mundo e no noso país
Analizar os diferentes instrumentos das políticas de I+D e Innovación.
Estudo comparativo das políticas aplicadas nos países máis avanzados
Coñecer a arquitectura e os eixes principais das políticas de I+D e innovación da UE, España e Galicia.
TEMA 1. Fundamentos económicos das políticas científicas, tecnolóxicas e de innovación:
a) Obstáculos e obxectivos da innovación: papel das políticas
b)fallos de mercado e fallos sistémicos.
c) Argumentos pragmáticos: intereses nacionais, estratéxicos, sociais, medioambientais.
d) Visións críticas da innovación: debate sobre a "orientación" da innovación; efectos inesperados; intereses privados/intereses sociais; curto prazo/largo prazo; impactos medioambientais/impactos globais
TEMA 2: Tipoloxía de Políticas de innovación:
a) Políticas de Ciencia/Tecnolóxicas/Innovación.
b) Políticas horizontais versus verticais-sectoriais
c) Políticas sistémicas. Importancia da articulación das políticas de I+D coas políticas marco, sistema regulatorio, políticas de competencia, política industrial, política laboral e recursos humanos, marco fiscal, Política de propiedade intelectual
d) Políticas estratéxicas/targeted. Políticas de innovación e desenvolvemento da industria incipienteNovos sectores estratéxicos (biomed, greentech...), novas tecnoloxías clave (nanotech, biotech, Intelixencia artificial...),
e) Políticas de misión: grandes retos sociais (saúde, cambio climático, espacial, defensa...).
f) O estado emprendedor/innovador: O estado como emprendedor directo
TEMA 3.Instrumentos das políticas de I+D e innovación:
-Instrumentos de oferta:
(1): Programas de apoio á investigación pública: gasto público directo, financiación competitiva e préstamos
(2): gasto público para incentivar a I+D privada: subvencións, axudas e préstamos
(3): incentivos fiscais para I+D privada
(4): Préstamos, capital risco, garantías para inversores/emprendedores innovadores
(5): apoio á formación e mobilidade
(6): creación e fomento de servizos de apoio, infraestruturas tecnolóxicas, centros tecnolóxicos, incubadoras, parques cientificos
(7): programas de fomento da colaboración na I+D e na innovación: plataformas, proxectos cooperativos
-Instrumentos de demanda
(1): clusters, cadeas de valor.
(2): Compras públicas (I. Militar, Saúde, Infraestutura tecnolóxica...); incentivos á compra privada
TEMA 4. Instrumentos para impulsar unha innovación orientada por obxectivos sociais/ambientais. Políticas ecoinnovadoras e para a economía circular
TEMA 5. Metodoloxía e fases na elaboración dunha política de innovación
X. Vence (coord) (2007), Crecimiento y políticas de innovación, Pirámide.
Mazzucato, M. (2014), El estado emprendedor. RBA Editores
Godin, Gaglio & Vinck (2021). Alternative Theories of Innovation. E. Elgar. Ch.16
Stiglitz, J. & BC Greenwald (2016), La creación de una sociedad del aprendizaje, Madrid, Ed. La esfera de los libros.
Foray, D. (2015), Smart Specialisation, Routledge.
Fagerberg, J. (2016), INNOVATION POLICY: RATIONALES, LESSONS AND CHALLENGES, Journal of Economic Surveys · May 2016
Godin & Vinck (2017), Critical Studies of Innovation. Alternative approaches to the Pro-innovation Bias. E Elgar.
Boons & McMeekin (2019), Handbook of Sustainable Innovation, E. Elgar
Complementaria:
Delanghe, H.; U. Muldur & L. Soete (2009), European Science and Technology Policy, E. Elgar.
Lundvall, B.A. (1992), Nacional systems of Innovation, Pinter Publisher
Lundvall, B.A. (2002), Innovation, growth and social cohesion, Cheltenham.
COTEC (2017), Informe Cotec 2017.
FECYT (2007), I+D e innovación en España: mejorando los instrumentos, OCDE.
Vence, X. E J. S. Metcalfe (1996), Wealth from diversity: innovation, structural change and finance for regional development in Europe, Kluwer Academics, Dordrecht
Molero, J. (2001), Innovación tecnológica y competitividad en Europa, Ed. Síntesis.
Nelson, R. (2000), The sources of economic growth, Harvard University Press.
Rodrik, D. (2007), One Economics, Many Recipes: Globalization, Institutions, and Economic Growth, Princeton University Press.
OCDE, Science, technology and industry: Scoreboard 2008. Paris, OCDE.
Revista Madri+d, monográfico diciembre 2008, Las comunidades autónomas frente a la I+D+i.
Rosielo, Mastroeni e outros (2013), Technology analysis& Strategic MAnagement, Special Issue on policy targeting, vol 25, n 7.
Sebastián, J. y E. Muñoz (eds) (2006), Radiografía de la investigación pública en España, Biblioteca, Nueva.
Teubal, M. & M. Justman (1996), "Strategic Technology Policy for New Industral Infrastructure: creating capabilities and building new markets", in X. Vence & JS Metcalfe, Wealth from diversity, Kluwer A.P.
X. Vence (1995), Economía de la Innovación y del cambio tecnológico, Siglo XXI.
X. Vence, A Barge, A. Trigo (2007), A situación actual do sistema galego de innovación.
Nun ámbito xeral prestarase especial atención ao desenvolvemento das competencias de análise, síntese, comparación e ao fomento da capacidade de debate e discusión.
Os obxectivos específicos desta materia son os seguintes:
Coñecer os fundamentos económicos da intervención pública na promoción da ciencia e a tecnoloxía
Coñecer as diferentes aproximacións teóricas e os diferentes modelos de políticas aplicadas no mundo e no noso país
Coñecer a multiplicidade de instrumentos das políticas científicas, tecnolóxicas e de innovación
Combinaranse as clases maxistrais con outras tarefas, como lecturas recomendadas, discusión e comentario de textos, análise e comparación de experiencias. Ademais, proporanse actividades para realizar en grupos ou individualmente, tratando de incentivar o debate, a discusión e a capacidade de crítica. Entre esas actividades inclúese a exposición oral de ideas e razoamentos económicos.
Con todas estas tarefas, pretendemos que o estudante adquira as competencias de reunir información, reflexionar, formular xuízos, exercitar o debate e a discusión e presentar de forma ordenada e clara argumentos teóricos ou conclusións.
Atendendo ao sistema de docencia do Espazo Europeo de Educación Superior dividiremos a docencia en dous tipos: aulas expositivas e aulas interactivas.
O traballo nas aulas expositivas terá lugar de xeito presencial, na aula e horario fixado polo centro para a materia. Nas aulas expositivas o profesorado explicará cada tema do programa, apoiándose no uso dunha presentación-esquema. O alumnado contará, ademais das explicacións realizadas polo profesorado na aula, co apoio de material bibliográfico recomendado a medida que se desenvolve o programa, xunto coas titorías.
Nas clases interactivas, o alumnado deberá realizar comentarios e debates de textos, así como realizar a presentación dun traballo final, consistente na elaboración dun estudo sobre a innovación nunha rama de actividade económica. O alumnado será informado ao comezo do curso da planificación de actividades e entregas.
As titorías serán, preferentemente, de carácter presencial.
Empregarase o Campus Virtual da USC como ferramenta de apoio no proceso de ensinanza / aprendizaxe:
· Materiais para o seguimento da materia
· Entrega e cualificación de tarefas
· Organización de grupos de traballo
· Comunicación co alumnado
O principal elemento de avaliación é o exame (60%). O segundo elemento de valoración constitúeo a realización das diversas actividades propostas en clase (30%). Como elementos complementarios valoraranse a asistencia e a participación activa nas clases (10%).
O sistema xeral obrigatorio de avaliación da aprendizaxe basearase na combinación de dúas metodoloxías:
a) Avaliación continua: participación activa en aulas interactivas, entrega de tarefas e realización do traballo final. A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso e o seu ponderación indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
b) Exame final: proba sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
Avaliación continua ............ 40%
Avaliación final ................... 60%
O sistema de avaliación na segunda oportunidade será igual que o descrito na primeira, de tal maneira que se terá en conta a nota referida á entrega de tarefas e participación na aula xa obtida (cualificación do 40%), e realizarase un novo exame sobre os temas explicados nas aulas (que volverá contar o 60% na cualificación final).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
Clases de encerado 9
Clases prácticas ou de ordenador 12
Titorías en grupo ou individuais 3
Avaliación 2
Total horas traballo presencial na aula 26
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 27
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 15
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca, preparación de presentacións orais, debates ou similar 6
Avaliación 1
Total horas traballo persoal do alumno 49
HORAS TOTAIS DE TRABALLO DO ALUMNO: 75
Asistencia a clases
Asistencia a titorías
Realización actividades propostas
Recomendacións para o estudo da materia
Recomendase ó alumnado o seguimento continuado das clases presenciais, así como a consulta da bibliografia básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa.
Cada alumno/a deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidese xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
Xavier Vence Deza
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811567
- Correo electrónico
- xavier.vence [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Alberto Turnes Abelenda
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- juanalberto.turnes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
08.05.2024 16:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 19 |
08.05.2024 16:30-16:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 19 |
12.06.2024 16:30-16:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 06 |
12.06.2024 16:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |