Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada, Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dotar ao alumnado dun coñecemento básico sobre as orixes da economía ecolóxica, as características dos distintos recursos naturais, o seu papel na sociedade industrial, os problemas xeoestratéxicos do control dos recursos, os problemas relativos ao acceso aos recursos, así como os principios de xestión.
Tema 1. Recursos naturais, civilización industrial e deterioración ecolóxica.
Tema 2. Orixes da economía ecolóxica: a termodinámica como economía da física.
Tema 3. Consumos de enerxía e límites naturais do planeta.
Tema 4. Comercio de recursos, materias primas e materias secundarias.
Tema 5. A apropiación dos recursos hoxe: xeopolítica e conflito.
Tema 6. Da traxedia dos comúns á gobernanza dos comúns.
Tema 7. O papel do coñecemento dos usuarios dos recursos naturais na xestión dos recursos.
BÁSICA
Aguilera Klink, Federico e Alcántara, Vicent (comp.) (1995): Economía de los recursos naturales: un enfoque institucional, Fundación Argentaria-Visor, Madrid. http://www.fcmanrique.org/publiDetalle.php?idPublicacion=106
Bermejo, Roberto (2011): Manual para una economía sostenible. Los libros de la Catarata, Madrid.
Kenneth E. Boulding. (1966). The Economics of the Coming Spaceship Earth. Environmental Quality in a Growing Economy, 3–14.
Ostrom, E. 2011. El gobierno de los bienes comunes. La evolución de las instituciones de acción colectiva. Fondo de Cultura Económica, Madrid.
Naredo, José Manuel (1987): La economía en evolución. Historia y perspectivas de las categorías básicas del pensamiento económico, Siglo XXI, Madrid.
Naredo, José Manuel e Valero, Antonio (dirs) (1999): Desarrollo económico y deterioro ecológico, Fundación Argentaria-Visor, Madrid. http://www.fcmanrique.org/publiDetalle.php?idPublicacion=113
Raworth, Kate, (2017): Economía rosquilla: siete maneras de pensar como un economista del siglo XXI, Barcelona: Paidós.
Rodríguez-Rodríguez, Gonzalo; Ballesteros, Hugo M.; Martínez-Cabrera, Helena; Vilela, Raúl; Pennino, María G.; Bellido, José M. 2021. "On the Role of Perception: Understanding Stakeholders’ Collaboration in Natural Resources Management through the Evolutionary Theory of Innovation" Sustainability 13, no. 6: 3564. https://doi.org/10.3390/su13063564
Stahel, Walter R., (2019): Economía circular para todos: conceptos básicos para ciudadanos, empresas y gobiernos. Amazon
Brown, J. H., Burnside, W. R., Davidson, A. D., DeLong, J. P., Dunn, W. C., Hamilton, M. J., ... & Zuo, W. (2011). Energetic limits to economic growth. BioScience, 61(1), 19-26.
COMPLEMENTARIA
Bermejo, Roberto (2001): Economía sostenible. Principios, conceptos e instrumentos, Bakeaz, Bilbo
Carpintero Redondo, Óscar (1999): Entre la economía y la naturaleza. La controversia sobre la valoración monetaria del medio ambiente y la sustentabilidad del sistema económico, Los libros de la catarata-Fundación 1ª de Mayo, Madrid
Costanza, Robert; Perrings, Charles e Cleveland, Cutler J. (eds.)(1997): The Development of Ecological Economics, Edward Elgar, Cheltenham.
Daly, Herman E. (1999): Ecological Economics and the Ecology of Economics. Essays in Criticism, Edward Elgar, Cheltenham.
Jacobs, Michael (1991) : La economía verde. Medio ambiente, desarrollo sostenible y la política del futuro, Icaria-FUHEM, Barcelona- Madrid, 1996.
Jiménez Herrero, Luis M. (1992): Medio ambiente y desarrollo alternativo. Gestión racional de los recursos para una sociedad perdurable, Iepala, Madrid.
Klare, Michael T. (2003 ): Guerras por los recursos. El futuro escenario del conflicto global. Ediciones Urano, Barcelona
Kirchherr, J., Reike, D., & Hekkert, M. (2017). Conceptualizing the circular economy: An analysis of 114 definitions. Resources, Conservation and Recycling. https://doi.org/10.1016/j.resconrec.2017.09.005
Martínez Alier, Joan e Schlüpmann, Klaus (1991): La ecología y la economía, Fondo de Cultura Económica, México.
Naredo, José Manuel e Parra, Fernando (comps.) (1993): Hacia una ciencia de los recursos naturales, Siglo XXI, Madrid.
Passet, René (1996): Principios de bioeconomía, Fundación Argentaria-Visor, Madrid. http://www.fcmanrique.org/publiDetalle.php?idPublicacion=109
Pearce, D.W. y Turner, R.K. (1990): Economía de los Recursos Naturales y el Medio Ambiente, Celeste, Madrid, 1995.
Van den Bergh, J.C.J.M. (1999), Handbook of Environmental and Resource Economics, Edward Elgar, MA, USA.
Véspera de Nada (2013). Guía para o descenso enerxético. Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo.
A localización e acceso á bibliografía básica e complementaria, en soporte físico e / ou electrónico, facilitarase na guía docente que estará publicada na aula virtual da materia ao comezo do curso.
En cada tema poderanse recomendar textos e material de traballo específicos.
Competencias básicas e xerais
CX1 - Que os alumnos/as sexan capaces de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os/as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias específicas
CE2 - Que os/as estudantes posúan coñecemento teórico e aplicado das técnicas de investigación e das ferramentas de diagnóstico para poder elaborar un informe de carácter técnico de consultoría no ámbito do desenvolvemento económico e da innovación.
CE6 - Capacidade para comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica, coa profesional, coa Administración Pública e coa sociedade en xeral acerca das diversas áreas de coñecemento no campo do desenvolvemento económico e da innovación.
Atendendo ao sistema de docencia do Espazo Europeo de Educación Superior dividiremos a docencia en dous tipos: aulas expositivas e aulas interactivas.
O traballo nas aulas expositivas terá lugar de xeito presencial, na aula e horario fixado polo centro para a materia. Nas aulas expositivas o profesorado explicará cada tema do programa, apoiándose no uso dunha presentación-esquema. O alumnado contará, ademais das explicacións realizadas polo profesorado na aula, co apoio de material bibliográfico recomendado a medida que se desenvolve o programa, xunto coas titorías.
Nas clases interactivas, o alumnado deberá realizar comentarios e debates de textos, así como realizar a presentación dun traballo final, consistente na elaboración dun estudo sobre un recurso natural. O alumnado será informado ao comezo do curso da planificación de actividades e entregas.
As titorías serán, preferentemente, de carácter presencial.
Empregarase o Campus Virtual da USC como ferramenta de apoio no proceso de ensinanza / aprendizaxe:
• Materiais para o seguimento da materia
• Entrega e cualificación de tarefas
• Organización de grupos de traballo
• Comunicación co alumnado
O sistema de avaliación é a avaliación continua, atendendo á participación e desenvolvemento das actividades propostas na aula.
Ademais, deberá realizarse un traballo final, que será exposto na aula.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia consta de 3 créditos (ECTS), polo que a carga de traballo total aproximada estímase en 75 horas, co seguinte desglose:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expostivas 9
Clases interactivas 12
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
Estudo autónomo individual ou en grupo 25
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 15
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca, preparación de presentacións orais, debates ou similar 10
TITORIAS 3
Avaliación 1
TOTAL HORAS 75
Recomendase ó alumnado o seguimento continuado das clases presenciais, así como a consulta da bibliografia básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa.
Cada alumno/a deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidese xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
Gonzalo Rodriguez Rodriguez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811559
- Correo electrónico
- gonzalo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adrian Dios Vicente
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Correo electrónico
- adrian.dios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Juan Alberto Turnes Abelenda
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- juanalberto.turnes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 09 |
14.05.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
14.05.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
21.06.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
21.06.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |