Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia ten unha función sintética no plan de estudos do máster. Trátase de que os estudantes perciban a capacidade educadora da natureza, de avivar a súa capacidade reflexiva ao redor da educación a través do coñecemento da filosofía educativa ao redor da natureza, o pensamento de grandes educadores ao longo da historia, e a saber observar os elementos naturais en relación coas posibilidades que ofrecen nas tarefas educadoras.
Así mesmo esta materia ten como meta que os alumnos coñezan os aspectos das teorías educativas da contemporaneidade nos aspectos que inciden na natureza, na elaboración de pensamento pedagóxico en relación coa natureza e a súa aplicación en contextos práxicos e de intervención educativa.
1.- Natureza e paisaxe na educación de persoas.
2.- A natureza no pensamento pedagóxico: análise de textos clásicos.
3.- Evolución do pensamento pedagóxico en relación ao valor educativo da natureza.
4.- O medio natural na teoría da educación: aspectos actuais.
Anderson, N. (1975). Pedagogía del ocio y del trabajo. Madrid: Narcea.
Blas Zabaleta, P. (1991). Respuesta educativa a la crisis ambiental. Madrid: MEC.
Bravo Berrocal, R. y Romero Ramos, O. (1998). Actividades educativo-complementarias en la naturaleza. Málaga: Aljibe.
Casado de Otaola, S. (1997). Los primeros pasos de la Ecología en España. Madrid: Amigos de la Residencia de Estudiantes/Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
Cembranos, F. (1991). “Tiempo libre, aprendizaje y futuro”. Infancia y sociedad, 8, pp. 51-64.
Ewert, A. y Sibthorp, R.J. (2014). Outdoor adventure education: Foundations, Theory and Research, Champaign, IL [Estados Unidos]: Human Kinetics.
Colom, A. y otros (1989). Educación ambiental: sujeto, entorno y sistema. Salamanca: Amaru.
Cornell, J. (2010). Sharing Nature with children, Nevada City, Dawn Publications.
Freire, H. (2011). Educar en verde. Ideas para acercar a niños y niñas a la naturaleza. Barcelona: Graó.
Eisner, Elliot W. (1995). Educar la visión artística, Barcelona: Paidós.
Gómez Mendoza, J., Ortega Cantero, N. y otros (1988). Viajeros y paisajes, Madrid: Alianza Editorial.
Grazia, S. de (1996). Tiempo, trabajo y ocio. Madrid: Tecnos.
Greene, M.(2005). Liberar la imaginación: ensayos sobre educación, arte y cambio social. Barcelona: Graó.
Louv, R. (2010). Last child in the woods: saving our children from nature-deficit disorder. London: Atlantic.
Louv, R. (2011). The nature principle: human restoration and the end of nature-deficit disorder. Chapel Hill, N.C.: Algonquin Books of Chapel Hill.
Louv, R. (2012). Volver a la naturaleza: el valor del mundo natural para recuperar la salud individual y comunitaria. Barcelona: RBA.
Martínez de Pisón, E. y Sanz Herráiz, C. (Eds.) (2000). Estudios sobre el paisaje, Madrid: Univ. Autónoma de Madrid y Fundación Duques de Soria.
Martínez de Pisón, E. y Álvaro, S.(2002): El sentimiento de la montaña, Madrid, Desnivel.
Melendo, J.A. y otros (2002). Manual de técnicas de montaña e interpretación de la naturaleza. Barcelona: Ed. Paidotribo.
Montero Espinoza, V. (1996). “Los efectos del desarrollo tecnológico en lo social, educativo y el ocio”. Revista de Pedagogía Social, 13, pp. 103-112.
Murphy, James F. (1976). Concepts of Leisure: Philosophical Implications. Englewoods Cliffs, N.J.: Prentice-Hall, Inc.
Ortega Cantero, N. ed. (2002). Estudios sobre historia del paisaje español, Madrid: Servicio de Publicaciones de la Universidad Autónoma de Madrid/Ed. La Catarata.
Passmore, J. (1992). La responsabilidad del hombre frente a la naturaleza, Madrid: Alianza.
Pedró F. (1984): Ocio y tiempo libre ¿para qué?. Barcelona: Ed. Humanitas.
Roberts, J.W. (2012). Beyond Learning by Doing: Theorical Currents in Experiential Education, New York; London: Routledge.
Thoreau, H.D.(1997). Walden. Del deber de la desobediencia civil, Barcelona: Parsifal.
Wattchow, B. y Brown, M. (2011). A Pedagogy of Place: Outdoor Education for a Changing World, Clayton, Victoria [Australia]: Monash University Publishing.
4.1- Básicas:
1.- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
3.- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro, sen ambigüidades e os requisitos exixibles a todo traballo científico.
4.2.- Específicas.
8.- Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.
4.3.- Da materia.
1.- Os estudantes saben analizar a riqueza educativa dos elementos naturais.
2.- Os estudantes relacionan o pensamento pedagóxico cos valores educadores da natureza.
3.- Os estudantes son capaces de interpretar e construír pensamento pedagóxico en relación coa natureza.
As clases teóricas presentan unha síntese actualizada do conxunto de saberes acumulados ao redor da relación entre educación e natureza, que se concreta en actividades que se desenvolven nas clases prácticas e na excursión a unha contorna natural, no que os alumnos deben descubrir, sinalar e explicar a razón de porque eses elementos teñen riqueza educadora. As lecturas obrigatorias son varios textos clásicos escollidos e curtos (6 horas de lectura e traballo) e cinco artigos científicos con información actualizada (14 horas de lectura e traballo). A partir destas actividades os estudantes realizarán o seu estudo e elaboración de conclusións que se reforzarán co visionado e comentario de documentos fílmicos. Os estudantes serán atendidos en grupos reducidos, ou individualmente, en tutoría para orientar as súas indagacións (2 horas). Un exercicio establecerá un diagnostico sobre os logros alcanzados (2 horas).
A metodoloxía de ensinanza se basa fundamentalmente na aprendizaxe experiencial e as aulas reversas (flipped classroom). A mitade da actividade docente se fai ao aire libre en contornas naturais onde se desenvoven a maioría da docencia interactiva. As sesións expositivas son para o debate de lecturas previamente feitas polos estudantes. En algúns casos o profesor pode pedir un texto escrito de reflexión sobre lecturas ou debates desenvolvidos ao longo da materia.
A avaliación é continua e escalar. As competencias serán avaliadas mediante exercicios escritos (traballo e comentarios de texto) e exercicios de exame do medio natural mediante análises directas de contornas. Toda a actividade é avaliada: asistencia e participación nas clases, resolución de cuestións expostas nas clases prácticas, conclusións das lecturas, exercicios de observación na excursión mediante procedementos establecidos previamente, comentarios derivados das lecturas e as películas visionadas, e exercicio escrito final, no que os estudantes mostrarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas. A puntuación finalmente obtida é produto de tres factores:
1.- Participación activa en clases 10%
2.- Traballo en equipo 60%.
3.- Exercicios prácticos (inclúe portafolio e traballo de campo) e comentarios en foros e outras actividades 30%.
Todo o material recollido e traballo feito na materia se reflectirá nun portafolio que será o documento chave que finalmente avaliará o profesor. Un portafolio é un conxunto de documentos escritos polo estudante no que se debe evidenciar a súa aprendizaxe, de maneira que o seu contido permita avalialo en todos os seus aspectos: conceptuais, procedimentais, actitudinais. Asemade o portafolio facilítalle ao estudante exercitarse nunha aprendizaxe autónoma.
As actuacións do profesor rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio). Conforme a esa disposición legal se lembra que “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas" será de aplicación o recollido nesa normativa.
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia por traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas ao aire libre que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
En todo caso os estudantes deben saber que toda a información fundamental sobre a materia está na aula virtual, que debe ser usada xa desde o primeiro día de clase.
TRABALLO PRESENCIAL Horas
Clase presencial en grupo completo: 8
Clases practicas: (Exercicios de análises da riqueza educativa dun medio natural, 4 horas;
comentarios de texto de autores clásicos, 5 horas): 9
Escritura de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia. 9
Titorías: 2
Realización de exercicios escritos ou exames: 2
Total horas presenciais: 30
TRABALLO PERSOAL Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 14
Lecturas recomendadas e procuras bibliográficas: 20
Asistencia a actividades recomendadas, como charlas, presentacións de traballos, películas, etc.: 4
Outras tarefas co profesor/a da materia: excursión a unha contorna natural: 6
Outras tarefas propostas polo profesor/a da materia. Procuras telemáticas: 1
Total horas de traballo persoal: 45
Este máster capacita para a dirección de grupos e a toma de decisións responsables en relación con actividades educativas en contornas naturais. É necesario que os alumnos e alumnas teñan actitudes positivas en todas aquelas cuestións que fan referencia a calidades persoais que apuntan cara ao desenvolvemento desas capacidades. Nesta materia esas calidades desenvólvense especialmente polas lecturas e a apreciación que se realiza da realidade natural directamente, e por tanto, os alumnos e alumnas, máis que aprender un saber técnico, deben cultivar altas calidades que lles abran a unha dimensión práctica (especialmente en fundamentos éticos e filosóficos).
Os alumnos e alumnas deben ter un equipamento mínimo de excursionista.
Os estudantes deberán observar respecto e comportamento adecuado nos espazos naturais que se visiten.
Eugenio Manuel Otero Urtaza
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821015
- Correo electrónico
- otero.urtaza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Laura Garcia Docampo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- laura.garciadocampo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
16.01.2024 16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
02.07.2024 11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |