Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer e reflexionar sobre propostas artísticas contemporáneas ao redor da natureza e das problemáticas educativas e ecosociales do territorio.
- Experimentar diferentes procesos creativos que amplíen a incorporación da arte e a natureza ao traballo docente dos futuros mestres.
- Deseñar propostas educativas desde unha perspectiva da Pedagoxía Creativa do Lugar.
Podemos dividir os contidos en 3 apartados. Estes apartados están interrelacionados e non se presentan de forma illada se non que fan referencia aos diferentes contextos (culturais e vivenciais) que se van traballar ao longo do curso.
BLOQUE 1: Arte.
A natureza e a paisaxe na arte: análise comparada de obras clásicas e contemporáneas.
- A arte da natureza: Da paisaxe romántica ao Land art
- Propostas artísticas contemporáneas: arte, natureza e activismo.
BLOQUE 2: O “Eu” como contexto.
- Preconceptos en torno á arte e a educación
- Revisión de experiencias previas e desvinculación dos estereotipos ao redor de arte e a educación.
- Glosario de termos: proceso, proxecto, educación artística, creatividade, imaxinación, imaxinario, orixinalidade etc.
- Procesos, técnicas e materiais para a elaboración de proxectos artísticos baseados na natureza.
- Exemplificacións de organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas na natureza e ao aire libre no ámbito galego.
BLOQUE 3: Educación: A Pedagoxía Creativa do Lugar.
- Arte e compromiso: A natureza como territorio de acción para a educación e a arte.
- A investigación educativa baseada nas artes (ÍA).
- Observación da contorna como espazo para a integración arte-natureza: paisaxe, tradición, arquitectura, oficios... etc.
- Relaciones educativas entre arte, paisaxe e identidade. O caso galego
- O portafolios como ferramenta de recollida de documentación e proceso.
1. Bibliografía Básica:
Dewey, J. (2020). Experiencia e educación. Pontevedra: Kalandraka
Freinet, C. (2019). As técnicas freinet da escola moderna. Pontevedra: Kalandraka
Kent, C., Steward, J. (2019). Observar Conectar Celebrar. Las enseñanzas sobre creatividad de Sister Corita. Barcelona: Gustavo Gili
2. Bibliografía complementaria:
2a. Metodoloxía:
Abelleira, A., Abelleira, I. (2017). Os fíos de infantil. Vigo: Editorial Galaxia
Abelleira, A., Abelleira, I. (2019). O latexto dunha aula infantil. Eloxio do cotián. Vigo:Editorial Galaxia
Chard, S., Kogan, Y., Castillo, C. (2019). El Aprendizaje por Proyectos en Educación Infantil y Primaria, Madrid: Morata
Freire- Pérez, E., Blanco, V., & Cidrás, S. (2024). Creative Place-Based Education: Thinking, creating and inhabiting a commonplace with children. International Journal of education through art, 20(3), 379-392.
Malaguzzi, L. (2005). Los cien lenguajes de la infancia, Barcelona: Associació de Mestres Rosa Sensat
2b. Teoría educativa:
Atkinson, D. (2018). Art, Disobedience and Ethics. The Adventure of Pedagogy. London: Palgrave Macmillan
Eisner, E. W. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia.. Barcelona: Paidós.
Lowenfeld, V., Brittain, L. (2008). Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa, Madrid: Síntesis
Vigotski, L. (2016). A imaxinación e a expresión artística na infancia. Pontevedra: Kalandraka
Mitchell, W.J. T. Landscape and power, The univeristyof Chicago Press, 2002
Catálogos de arte contemporánea (de consulta en la Biblioteca): Mujeres Artistas, Arte hoy, Art now, etc (Editorial Taschen) e Vitamin Ph, Vitamin D, Vitamin P etc (Ed Phaidon)
Competencias básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun xeito que deberá ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais:
CG5 - Que o estudantado sexa capaz de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornos naturais, e en concreto, que saiba deseñar unha actividade educativa orixinal sobre un contorno natural previamente elixido.
Competencias específicas:
CE7 - Que o estudantado sexa capaz de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
CE8 - Que o estudantado desenvolva a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.
CE9 - Que o estudantado teña actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e cos elementos naturais primixenios.
CE12 - Que o estudantado sexa capaz de colaborar e traballar en equipo con outros profesionais e desenvolver a capacidade de intercomunicación.
Proposta metodolóxica baseada en proxectos artísticos.
Metodoloxía de proxectos: Traballo de carácter cualitativo. Partindo de práctica artística como metodoloxía de investigación, analizamos diferentes conceptos e elementos da natureza e a paisaxe baixo o prisma da Educación Artística, investigando a súa utilidade como ferramentas que amplíen os procesos de construción de identidade do alumnado.
SAÍDAS:
Para a realización do proxecto os estudantes visitarán un conxunto de contornas naturais e rurais das que recolleran información e datos.
- A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
- As titorías realizaranse de xeito virtual.
A asistencia a clase configúrase como un dereito e un deber do estudantado. O sistema de avaliación establecido nesta materia –de acordo co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado polo Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024)– é o seguinte:
A asistencia tanto ás clases expositivas como ás interactivas é obrigatoria para superar a materia. A porcentaxe mínima de presencialidade necesaria para poder presentarse aos exames é do 80 %, o que permite un máximo de tres faltas.
A xustificación das faltas rexirase segundo o disposto no artigo 3 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela aprobado polo Consello de Goberno con data 25 novembro de 2024.
O modelo de avaliación máis coherente coa propia disciplina artística podería entenderse como un tipo de avaliación cualitativa e formativa.
Formativa no sentido de que se realiza co propósito de favorecer o proceso de aprendizaxe dos alumnos e axuda a reflexionar sobre un proceso.
Cualitativa, na medida que o proceso de avaliación das ensinanzas artísticas, e aínda as xerais, non poden referirse unicamente a condutas observables senón que deben abranguer os procesos de percepción, comprensión, crítica e expresión. Toda actividade é avaliada: asistencia e participación nas clases, resolución de cuestións, exercicios de observación, comentarios derivados de obras artísticas, e proxecto artístico final, no que os estudantes amosarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas.
A avaliación será continua, tendo en conta os seguintes apartados:
- Asistencia e participación nas actividades de clase
- Realización dun cartafol no que se recollan tódalas propostas realizadas nas clases expositivas e interactivas. Cada proposta vai acompañada da súa correspondente reflexión e documentación.
- Realización dun proxecto que incorpore e desenvolva a idea de proceso. Esta actividade realizarase individualmente.
A valoración de cada un destes elementos para a cualificación final será a seguinte:
A. Participación e implicación na aula 15%
B. Probas específicas: 40%
C. Informes escritos e outras producións: 40%
D. Presentacións orais: 5%
Para ser avaliados, todos os traballos e actividades que se soliciten ao alumnado deberán ser entregados no tempo e forma indicados pola profesores.
De todos xeitos, e con carácter xeral, para obter unha valoración positiva na materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
CUALIFICACIÓN MÍNIMA: Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/a deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida nos apartados B (Probas específicas) e C (Informes escritos e outras producións).
RECUPERACIÓN DA MATERIA:
Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesión presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse unicamente á proba final en xullo neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
No caso de que un alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos terá que entregar o cartafol e os informes escritos, nas mesmas condicións que se establecen no apartado anterior para o alumnado non asistente con exención de docencia. No caso de alumnos que decidan repetir a materia asistindo novamente a clase e implicándose en todas as actividades que se realicen no período ordinario, a avaliación será considerada dentro da casuística ordinaria.
INTEGRIDADE ACADÉMICA:
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
Ao tratarse dunha materia de 3 créditos ECTS, corresponden 75 h de traballo do alumno. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
TRABALLO PRESENCIAL: 27 h.
Horas Clase presencial en grupo completo: 8
Clases practicas: 8 (Exercicios de análise da paisaxe, 3 horas; Realización dun proxecto artístico en torno á paisaxe, 6 horas)
Titorías: 2
Realización de exercicios escritos ou exames: 2
Outras tarefas co profesor/a da materia 7: Excursión a Rivas de Miño e diferentes localizacións rurais.
TRABALLO PERSOAL: 48 h
Estudo autónomo individual ou en grupo 14
Escritura de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia 16
Lecturas recomendadas e buscas bibliográficas 10
Asistencia a actividades recomendadas, como charlas, presentacións de traballos, teses doutorais, etc. e
Outras tarefas propostas polos profesores da 3 materia: Visita
Recomendacións para o estudo da materia
- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. (Non é aconsellable confiar a preparación da materia para o final de curso).
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas establecidas para a entrega de traballos. Recoméndaselle que manteña un seguimento activo da materia mediante as titorías e as plataformas virtuais, para facilitar o axeitado desenvolvemento da materia e a superación da mesma. Nalgúns casos, poderá establecerse un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas de cada alumno, sempre que se respecten e se garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da materia.
-Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Vicente Blanco Mosquera
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821030
- Correo electrónico
- vicente.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Salvador Cidras Robles
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821029
- Correo electrónico
- salvador.cidras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Estella Leticia Freire Perez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821029
- Correo electrónico
- estela.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
14.01.2026 17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
29.06.2026 11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |