Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos pódense concretar do seguinte xeito:
1. Coñecer a importancia da investigación dentro do proceso de toma de decisións en dirección de empresas
2. Entender qué é unha investigación e coñecer as etapas necesarias para desenvolver unha investigación.
3- Profundizar nos métodos de investigación máis relevantes en dirección de empresas
4. Analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial
O programa da materia abarca os contidos que se indican a continuación:
TEMA 1. O MÉTODO CIENTÍFICO: Técnicas para la investigación en dirección de empresas
TEMA 2. BASES DE DATOS: Recollida de datos.
TEMA 3. TRATAMENTO: Análise de datos.
TEMA 4. DIVULGACIÓN: Revistas cientificas en dirección de empresas
CARRERO, I; FABRA, M.E.; VALOR, C. (2012). El libro de cabecera del investigación en Economía y Empresa, Universidad Pontificia de Comillas, Madrid.
FERNÁNDEZ, V. (2020). Fundamentos de metodología para la investigación, Omnia Science Scholar
FERNÁNDEZ, L. (1999) "Investigación de mercados: obtención de lana información" ed. Civitas
MALHOTRA, N. (2008) "Investigación de mercados" 5ª Edición Prentice-Hall.
SARABIA, F. J. (1999) " Metodología para lana investigación en marketing y dirección de empresas". Ed. Pirámide.
URIEL, Y. y ALDÁS, J. (2005) “ Análisis multivariante aplicado”. Ed. Thomson
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
CB01- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo no contexto de investiga-ción.
CB02- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contornas máis amplas (ou multidisciplinares) relacionadas coa súa área de estudo.
CB04- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB05- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida auto dirixido ou autónomo.
CG01- Coñecemento avanzado en Dirección de empresas, fundamentalmente nos seus métodos, técnicas e áreas de aplicación.
CG03- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CG04- Capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos.
CG06- Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas e propostas de solución.
CG07- Capacidade para deseñar proxectos de xestión integrada ou de áreas funcionais da empresa.
CG09- Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
CT01- Sentido ético da dirección e xestión empresarial.
CT03- Capacidade de análise e síntese.
CT04- Capacidade de planificación e organización.
CE01- Visión de conxunto da empresa e a súa contorna, que permita diagnosticar e compren-der problemas complexos, analizalos e tomar decisións adecuadas, sendo consciente do seu alcance.
Docencia presencial. Nas clases expositivas a profesora desenvolverá o programa da materia, explicando conceptos e temas. Empregarase o ordenador e o canón proxector como soportes principais da materia, proxectando transparencias e diferente material que serve de guía ás explicacións realizadas. Nas clases expositivas empregarase tamén a pizarra, artigos impresos ou calquera outra información necesaria para ampliar coñecementos e aclarar dúbidas. As sesións interactivas poden implicar análise de lecturas sobre temas relacionados coa materia, a resolución de exercicios e casos prácticos, e a elaboración de material de investigación. A interacción co estudantado é esencial para lograr a aprendizaxe desexada. As titorías poderán ser presencias ou por vía telemática (a través do email ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
Esta materia conta con Aula Virtual.
A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo estudantado por encargo da profesora.
A puntuación correspondente a esta avaliación continua suporá un 50% da cualificación final e manterase para a convocatoria extraordinaria de xuño/xullo (2º oportunidade) pero non para os repetidores. O exame final suporá o 50% restante da cualificación. Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a cualificación acadada fose superior.
Para superar a materia, o estudantado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. A asistencia a clase está regulada polo “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas de grao e máster”.
O desenvolvemento da avaliación realizarase do seguinte xeito:
- Proba final teórica e práctica: presencial nas datas e horarios fixados no calendario de probas finais.
- Avaliación continua: entrega non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC) e resolución presencial.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
Avaliación continua: CB1, CB2, CB4, CB5 , CT01, CT2, CT4, CE01
Exame final: CB1, CB2, CB4, CB5, CG3, CG4, CG6, CG9, CT1, CE01
A dispensa de asistencia está regulada polo “Regulamento de asistencia a clase nas ensinan-zas oficiais de grao e máster”. O estudantado ao que lle sexa concedida dispensa de asisten-cia a clase se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións”.
A materia ten unha carga de traballo de 4,5 ECTS
Horas presenciais : 36 horas
Horas non presenciais: 76,5 horas
É recomendable que o estudantado traballe sobre a materia ao longo do curso, leve ao día os conceptos teóricos e procure a súa aplicación práctica de cara ao estudo de mercado que, ao mesmo tempo, está desenvolvendo.
Resulta conveniente a comunicación co profesor mediante a utilización das titorías persoais.
Maria De La Concepcion Varela Neira
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811711
- Correo electrónico
- conchi.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
11:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
01.06.2026 10:00-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
01.06.2026 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
29.06.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
29.06.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |