Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química, Departamento externo vinculado ás titulacións, Economía Aplicada
Áreas: Enxeñaría Química, Área externa M.U en Economía Circular, Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Demostrar, a través de aplicacións, estratexias de economía circular en sectores estratéxicos relevantes para a contorna local, rexional e nacional.
• Coñecer os documentos e aspectos formais que acompañan ao desenvolvemento dun proxecto.
• Desenvolver polo alumnado un proxecto colaborativo de economía circular nun ámbito empresarial ou social estratéxico.
• Capacitar ao alumnado para que poida entenderse con profesionais de áreas diversas.
- Aproximación multidisciplinar á economía circular. Diversificación de proxectos en canto a tipoloxías e alcance: micro (produto/proceso/servizo), meso (organización, parque empresarial, ...) e macro (núcleo urbano, zona rural, rexión, nación, etc.).
- Definición da cadea de valor. Identificación dos axentes de interese e a súa capacidade de acción e reacción.
- Proxecto: contidos, tipoloxías e fases de desenvolvemento. Viabilidade técnica e económica dun proxecto.
- Sustentabilidade. Casos prácticos
a) Básica
Vence, X. (dir) (2023). Economía Circular Transformadora y cambio sistémico. Retos, Modelos e Políticas. Fondo de Cultura Económica. ISBN 978-84-375-0818-4.
Aarikka-Stenroos, L., Ritala, P., & Thomas, L. D. (2021). Circular economy ecosystems: A typology, definitions, and implications. Research handbook of sustainability agency, 260-276.
b) Complementaria
Amed, I., Berg, A., Balchandani, A., Andersson, J., Hedrich, S., Young, R., Rölkens, F. (2019). The State of Fashion. Mckinsey & Company, Apparel, Fashion and Luxury Department. Mckinsey & Company.
Barahona Gaete, M. L. (2018). Análisis del fast fashion como generador de patrones de consumo insostenibles. Bogotá D.C: Fundación Universidad America.
Cartelle Barros, J.J., et al. New approach for assessing and optimising the environmental performance of multinational electricity sectors: A European case study. Energy Conversion and Management, 2022, vol. 268, pp. 116023. ISSN 0196-8904. DOI https://doi.org/10.1016/j.enconman.2022.116023. Disponible en: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0196890422008159.
Cartelle Barros, Juan José, Manuel Lara Coira, Maria Pilar de la Cruz López, Alfredo del Caño Gochi and Isabel Soares (2020); “Probabilistic multicriteria environmental assessment of power plants: A global approach“, Applied Energy, 260, 114344.
Cartelle Barros, Juan José & Lara Coira, Manuel & de la Cruz López, María Pilar & del Caño Gochi, Alfredo, 2015. "Assessing the global sustainability of different electricity generation systems," Energy, Elsevier, vol. 89(C), pages 473-489.
Cartelle Barros, Juan José & Lara Coira, Manuel & de la Cruz López, María Pilar & del Caño Gochi, Alfredo, 2016. "Probabilistic life-cycle cost analysis for renewable and non-renewable power plants," Energy, Elsevier, vol. 112(C), pages 774-787.
Fundación COTEC para la Innovación. (2017). Situación y evolución de la economia circular en España. Madrid: David García Rincón.
Funseam. Proyecto de economía circular en España. Acelerando la transición en el sector Textil Moda. Febrero 2022.
Moncada, Jorge & Tarazona, María & Velasco, Robert. (2022). Gestión de la economía circular como alternativa de desarrollo sostenible en el sector textil y confecciones en la ciudad de Cúcuta. Visión Internacional (Cúcuta). 82-97. 10.22463/27111121.4043.
Nascimento, D., Alencastro, V., Quelhas, O., Caiado, R., Garza-Reyes, J. A., & Tortorella, G. (2018). Exploring industry 4.0 technologies to enable circular economy practices in a manufacturing context: a business model proposal. Journal of Manufacturing Technology Management .
Rehman Khan, Syed Abdul, Panait, Mirela, Puime Guillen, Felix, Raimi, Lukman (ed). Energy Transition Economic, Social and Environmental Dimensions. Springer.
Spencer, M. (2018). Fast Fashion´s Circular Economy Challenge. WWD.
United Nations - UNECE. (2018). Fashion is an environmental and social emergency, but can also drive progress towards the Sustainable Development Goals.
CON4: Coñecer os novos avances científico-técnicos que permitan minorar os principais problemas relacionados coa contaminación, incluído o cambio climático.
CON7: Identificar e describir as diferentes técnicas de xestión de materiais excedentarios (i.e. residuos, subproductos, etc.), facendo especial énfase nas técnicas de transformación e valorización. Definir estratexias de xestión de residuos baseadas na protección ambiental e na eficiencia empresarial.
CON10: Recoñecer os métodos de eco-control que permiten analizar as oportunidades e os riscos en materia ecolóxica, tales como eco-balances, análises do fluxo de materiais, ou contabilidade ambiental.
CON12: Recoñecer os conceptos asociados á xestión da innovación, os sistemas de innovación, o eco-innovación, a innovación aberta e sustentable, ou a perspectiva multi-nivel, e o seu achegue á sustentabilidade do desenvolvemento de produtos/procesos/servizos innovadores.
CON13: Identificar as tecnoloxías da información e as comunicacións que permiten mellorar os sistemas de economía circular.
CON14: Demostrar mediante casos concretos a potencialidade real de circularidad en sectores estratéxicos para o desenvolvemento da comunidade autónoma galega e a súa translación ao ámbito nacional e internacional.
HAB5: Empregar ferramentas de avaliación ambiental para a avaliación e comparación de alternativas de valorización de residuos e correntes residuais, para seleccionar así a tecnoloxía máis sustentable desde unha perspectiva holística e apoiar así o proceso de toma de decisión.
HAB6: Desenvolver coñecementos que permitan ao alumnado enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas derivadas dos xuízos formulados.
COM2: Xerar actuacións específicas no ámbito das multi–R (redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír, reducir, reutilizar, reciclar, recuperar a enerxía…) e desenvolver solucións técnicas sostibles.
COM3: Integrar os fundamentos do ecodiseño no deseño de produtos e servizos.
COM4: Formular estratexias para a redución e xestión de materiais excedentarios da organización e implementar técnicas de tratamento e valorización.
COM7: Propoñer e impulsar o uso de tecnoloxías limpas e de fontes de enerxía renovables, así como o desenvolvemento de estratexias de xestión eficiente da auga e a enerxía.
COM9: Adaptar e integrar as tecnoloxías da información e as comunicacións e as novas tecnoloxías emerxentes para implementar e optimizar os modelos de economía circular.
ACTIVIDADE INTRODUCTORIA para a presentación da materia, pondo de manifesto o percorrido realizado durante o máster e a vinculación do punto actual co punto de partida do mesmo. Esta actividade estará fortemente ligada co Módulo 1 xa que entronca con el. De feito, prevese pedir aos alumnos que indiquen os seus puntos de interese, o que provocará a adaptación de parte desta materia anualmente (se fose preciso).
ACTIVIDADES TEORICAS: Combinando leccións maxistrais dedicadas á presentación dos contados con sesións de titoría en grupos reducidos; buscando a participación do alumnado e co apoio de ferramentas audiovisuais; así como eventos científicos, charlas con conferenciantes con dilatada experiencia nos sectores de actividade obxectivo.
ACTIVIDADES PRACTICAS: Combinando tanto actividades guiadas como autónomas. Entre as primeiras, farase uso do estudo de casos, do debate e do seminario. Entre as segundas, farase uso de estudo previo e foros de discusión. As clases prácticas son actividades interactivas que tienen caracter obligatorio.
Todas as actividades anteriores enmárcanse e funden na metodoloxía INTEGRADA de aprendizaxe baseada en proxectos onde o alumnado, en grupos de traballo reducido, definirán unha estratexia de economía circular con capacidade de implantación a curto ou medio prazo nun sector de actividade concreto.
Farase uso do campus virtual como ferramenta principal de comunicación co alumnado.
O sistema de avaliación basearase no desenvolvemento de actividades de contido eminentemente práctico (traballos e presentación):
Traballos: 60%
Presentacións: 40%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA 48 Horas
Clases expositivas 8
Clases prácticas 24
Titorías en grupo 16
Avaliación 2
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO 100 Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 10
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 60
Lecturas recomendadas, preparación de presentacións orais, debates ou similar 30
HORAS TOTAIS DE TRABALLO DO ALUMNO: 150
Recomendase ao alumnado o seguimento continuado das clases e a asistencia ás titorías programadas, así como a consulta da bibliografia básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa.
Cada alumno/a deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Xavier Vence Deza
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811567
- Correo electrónico
- xavier.vence [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Angeles Pereira Sanchez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- angeles.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Thelmo Alejandro Lu Chau
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824136
- Correo electrónico
- thelmo.lu [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula de Informática 1 |
29.05.2025 16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 1 |