Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer e identificar os espazos culturais e o seu potencial educativo en diferentes contextos.
- Familiarizarse cos diferentes ámbitos dos espazos culturais desde unha perspectiva interdisciplinar e integradora.
- Experimentar e vivenciar situacións e procesos de aprendizaxe en relación cos espazos culturais e desenvolver as capacidades emocionais e creativas.
- Coñecer, analizar e avaliar experiencias e propostas innovadoras desenvolvidas nos ámbitos da Educación Infantil e Primaria.
- Ser capaz de deseñar propostas didácticas para diferentes niveis da Educación Infantil e Primaria coherentes e innovadoras aplicando os coñecementos adquiridos en diferentes contextos educativos
- Identificar o espazo físico do ámbito virtual e coñecer as interrelacións entre ambos os planos.
1. A comprensión dos espazos culturais. As paisaxes culturais, diversidade e compoñentes.
2. Espazo físico e ámbito virtual. A percepción das paisaxes a través do tempo e os condicionantes culturais.
3. A pedagoxía dos espazos culturais. Paisaxes, museos, espazos arqueolóxicos e arquivos.
4. Deseño e desenvolvemento de propostas educativas en espazos culturais.
Básica:
- Cuenca López, J. M. e Martín Cáceres, M. (coords.) (2021). Investigación y buenas prácticas en educación patrimonial entre la escuela y el museo: territorio, emociones y ciudadanía. Trea.
- Feliu Torruella, M. e Hernández Pongiluppi, M. (2015). El paisaje en la didáctica de las ciencias sociales. Iber: Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia, 81, p. 9-14.
- Fontal Merillas, O. (coord.) (2020). Cómo educar en el Patrimonio. Guía Práctica para el desarrollo de actividades de educación patrimonial. Consejería de Cultura y Turismo de la Comunidad de Madrid, Dirección General de Patrimonio Cultural.
- Hernández Carretero, A. M. e García de la Vega, A. (2022). Monográfico sobre El paisaje y su didáctica. Reidics. Revista de Investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales, 10.
Complementaria:
- Benayas del Alamo, J. e López Santiago, C. (2010). Propuesta didáctica para vivir el paisaje. Iber: Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia, 65, p. 56-65.
- Busquets i Fàbregas, J. (2010). La educación en paisaje: una oportunidad para la escuela. Iber: Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia, 65, p. 7-16.
- Calaf Masachs, R. (2009). Didáctica del patrimonio: epistemología, metodología y estudio de casos. Trea.
- Fontal Merillas, O. e Gómez-Redondo, C. (2015). Evaluación de programas educativos que abordan los procesos de patrimonialización. Didáctica de las ciencias experimentales y sociales, 29, p. 89-118.
- Fontal Merillas, O. e Ibáñez-Etxeberria, A. (2017). La investigación en Educación Patrimonial. Evolución y estado actual a través del análisis de indicadores de alto impacto. Revista de Educación, 375, p. 184-214.
- García de la Vega, A. (2019). Perspectivas de futuro en el aprendizaje del paisaje. Didáctica Geográfica, 20, 55-77.
- Guerrero Elecalde, R. (2024). Los archivos y las fuentes documentales. Herramientas para la didáctica de la historia y la formación de una ciudadanía crítica. Epsir: European Public & Social Innovation Review, 9. https://doi.org/10.31637/epsir-2024-1396
- Hernández Carretero, A. M. (2010). El valor del paisaje cultural como estrategia didáctica. Tejuelo, 9, p. 162-177.
- Insa Sauras, Y. (2002). Itinerarios urbanos, recursos y materiales didácticos para explicar la ciudad. Iber: Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia, 32, p. 89-95.
- Liceras Ruiz, A. (2003). Observar e interpretar el paisaje. Estrategias didácticas. Grupo Editorial Universitario.
- Liceras Ruiz, A. (2013). Didáctica del paisaje. Iber: Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia, 74, p. 85-93.
- Liceras Ruiz, A. (2018). Notas para el estudio del paisaje. Universidad, Escuela y Sociedad, 4 (marzo 2018), 26-39.
- García Monteagudo, D. e Cavalheiro, T. A. (2025). El paisaje en la Educación Infantil: currículo y propuestas de innovación para la formación docente en Brasil y España. En E. D. Vidal Prades et al. (coords.) La Didáctica de las Ciencias Sociales en la formación de docentes de Infantil y Primaria: experiencias e investigaciones (pp. 12-21). Editum.
- Morón Monge, M. C. e Morón Monge, H. (2023) El paisaje y las salidas fuera del aula en la formación docente. Opción: Revista de Ciencias Humanas y Sociales, 100, 2023, 186-214.
- Santacana, J. e Masriera, C. (2012). La arqueología reconstructiva y el factor didáctico. Trea.
- Tribó, G. (2002). Archivos municipales y comarcales y didáctica de la historia. Iber: Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia, 34, 46-57.
Competencias Básicas:
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias Xerais:
CG1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
CG4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
CG6 - Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CG7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CG8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias Transversais:
CT1. Capacidade de análise e síntese.
CT4. Traballar de forma colaborativa.
CT6. Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
CT7. Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/o investigador.
CT8. Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
CT10. Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
CT11. Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
CT13. Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Competencias Específicas:
CE1. Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
CE2. Identificar e analizar críticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
CE3. Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
CE6. Establecer os descriptores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados #de acordo con os propósitos da investigación.
CE7. Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación.
CE8. Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/o innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
CE9. Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
CE15. Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
A metodoloxía docente da materia fundaméntase na participación activa do alumnado, procurando que o profesorado desenvolva basicamente o papel de mediador e guía no proceso de construción de coñecementos, adquisición de estratexias e desenvolvemento de destrezas e actitudes na aula.
Nas aulas expositivas levará a cabo a presentación do marco teórico e metodolóxico da materia por parte do profesorado, permitindo a súa integración no proceso de interacción cos estudantes, que deberán empregar o estudo autónomo para facerse cos fundamentos da materia.
Nas aulas interactivas as actividades procurarán a implicación do alumnado mediante a resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias e o estudo de casos. O alumnado deberá desenvolver un traballo persoal, tanto en grupo como individual, que favoreza unha aprendizaxe autónoma e cooperativa. De igual maneira, desenvolverá a súa capacidade comunicativa mediante a defensa oral do traballo realizado.
Na materia prevese tamén a realización de saídas didácticas a distintos espazos culturais (museos, arquivos etc.) orientadas a profundar nos contidos teóricos da materia e á súa posta en práctica no marco dos devanditos contextos.
Tanto na aula como nas sesións de titoría o profesorado guiará todas as tarefas do alumnado e atenderá a dúbidas referidas á materia.
A aula virtual da USC empregarase como ferramenta metodolóxica que procurará garantir a calidade do ensino, permitindo tanto a entrega das tarefas do alumnado como a creación de repositorios de documentos para traballar na aula seleccionados polo profesorado da materia.
A avaliación da materia terá en conta tres aspectos:
a) Asistencia ás clases e participación activa nas mesmas. Axustándose ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024, a asistencia polo menos ao 80% das sesións será obrigatoria para superar a materia. Neste sentido, controlarase a asistencia sistematicamente a través de diferentes vías: listaxes de firmas, chamamentos, recollida de actividades, actividades en liña nas que haxa que introducir un nome de usuario para realizalas etc. A xustificación de faltas terase en conta para non perder o dereito para superar a materia sempre que estea correctamente motivada e non supoña a ausencia sistemática. As persoas que non superen o 80% non poderán aprobar a materia na convocatoria ordinaria. A asistencia e participación constituirán ata un 20% da nota final.
b) Informes, traballos individuais e presentacións orais. Terán un peso do 30% na nota final.
c) Traballo grupal escrito de investigación e innovación, cun peso do 50% na nota final.
Para os casos de rendemento fraudulento de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións.
EXENCIÓN
O alumnado que teña exención de docencia acordará un plan de traballo específico co profesorado, que incluirá:
a) Un calendario de reunións titoriais para monitorear e avaliar as tarefas asignadas (20% da cualificación final).
b) Un programa de lecturas e actividades individuais (30% da nota final).
c) A realización dun proxecto de investigación e innovación (50% da nota final).
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os/as estudantes de segunda oportunidade serán avaliados/as tendo en conta dous elementos:
a) Informes, traballos e tarefas específicas (50% da cualificación).
b) A realización dun proxecto de investigación e innovación (50% da cualificación).
Esta é unha materia de 3 ECTS, que se distribúen en sesións de traballo presencial co profesorado ao longo do cuadrimestre e de traballo grupal e individual do alumnado organizado ao redor das tarefas que se indican na apartados "Metodoloxía de ensino" e "Sistema de avaliación" deste Programa.
É recomendable que o traballo realizado na aula se complemente con experiencias externas. Non só en forma de necesarias lecturas, senón tamén nunha observación e indagación na contorna, que permita ao alumnado unha participación activa e fundamentada na aula.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://pro-assets usc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1efUER3o85f5lb1ZY/1673868829/public/paragr aphs/more_info_service/2023-01/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
UTILIZACIÓN DO TELÉFONO MÓBIL NA AULA
Non se poderá empregar o teléfono móbil na aula, e o seu uso queda restrinxido ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Para todas as comunicacións académicas será obrigatorio o uso da conta rai así como das demais ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Ms Teams, Microsoft Office 365, etc.)
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través das tarefas habilitadas na aula virtual.
Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
En todas as actuacións relacionadas coa materia respectaranse as normas de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAXIO
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Leticia Lopez Mondejar
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- leticia.lopez.mondejar [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |
17:00-18:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |
18.05.2026 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |
30.06.2026 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |