Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia son:
Comprender o papel da investigación e da innovación na Didáctica das Ciencias Sociais, así como a súa relación coa formación do profesorado.
Identificar e analizar os principais ámbitos de investigación na Didáctica das Ciencias Sociais.
Desenvolver habilidades para a lectura crítica, análise e discusión de artigos de investigación no ámbito das Ciencias Sociais.
Analizar a dimensión epistemolóxica das propostas educativas, recoñecendo os conceptos substantivos clave nas distintas disciplinas das Ciencias Sociais.
Interpretar e aplicar a dimensión metodolóxica nas propostas educativas, valorando a evolución desde modelos transmisivos tradicionais ata metodoloxías activas.
Coñecer e analizar diferentes enfoques e experiencias de innovación educativa nas Ciencias Sociais, tanto no contexto internacional como no español.
Identificar grupos e liñas de innovación educativa relevantes, así como exemplos de boas prácticas en educación infantil e primaria.
Aplicar metodoloxías activas no deseño didáctico.
Comprender e aplicar a dimensión avaliativa nas propostas educativas, diferenciando e utilizando distintos tipos de avaliación (diagnóstica, formativa e sumativa), así como avaliación por competencias, mediante proxectos e rúbricas.
Coñecer os fundamentos da investigación educativa, identificando métodos, instrumentos e técnicas de recollida e análise de datos no ámbito das Ciencias Sociais.
Comprender as características do Traballo Fin de Máster (TFM), incluíndo os seus modelos, estrutura, deseño, escrita académica e posibles vías de publicación.
Deseñar unha proposta educativa innovadora ou de investigación en Didáctica das Ciencias Sociais.
Desenvolver habilidades para a presentación, defensa, discusión e difusión de propostas de innovación ou investigación educativa.
Reflexionar sobre os resultados obtidos e propoñer novas liñas de mellora, innovación e investigación no ensino das Ciencias Sociais.
1. A investigación en Didáctica das Ciencias Sociais
1.1. Investigación, innovación educativa e formación do profesorado
Relación entre investigación educativa, innovación e práctica docente.
O papel da investigación na formación do profesorado de secundaria.
1.2. Ámbitos de investigación en Didáctica das Ciencias Sociais
Educación histórica: pensamento histórico e desenvolvemento de competencias.
Educación xeográfica: desenvolvemento das competencias espaciais.
Educación para a cidadanía democrática.
Educación patrimonial.
Educación centrada no lugar (Place-Based Education).
1.3. Metodoloxía da investigación en educación
Tipos de métodos de investigación (cuantitativos, cualitativos e mixtos).
Instrumentos de recollida de datos (cuestionarios, entrevistas, observación, análise documental).
Técnicas de análise de datos nas Ciencias Sociais.
1.4. A investigación no máster: o TFM
Modelos e tipoloxías de TFM.
Estrutura e deseño dunha investigación.
Escrita académica e normas de estilo.
Difusión e publicación de resultados.
2. A innovación en Didáctica das Ciencias Sociais
2.1. Dimensións das propostas educativas
Dimensión epistemolóxica: conceptos substantivos no ensino das Ciencias Sociais.
Dimensión metodolóxica: da metodoloxía transmisiva tradicional ás metodoloxías activas.
Modelos didácticos de intervención.
Dimensión avaliativa:
Avaliación diagnóstica, formativa e sumativa.
Avaliación por competencias.
Avaliación mediante proxectos e rúbricas.
2.2. Innovacións educativas nas Ciencias Sociais
Contexto internacional e español da innovación educativa.
Grupos, correntes e enfoques de innovación.
2.3. Metodoloxías activas e experiencias de aula
Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP).
Aprendizaxe baseada en problemas.
Aprendizaxe centrada no lugar (PBE).
O xogo e a gamificación.
Exemplos de innovación en educación infantil e primaria.
3. Deseño, desenvolvemento e exposición de propostas de innovación/investigación
3.1. Deseño dunha proposta educativa innovadora
3.2. Planificación da intervención
3.3. Avaliación e investigación da proposta
3.4. Comunicación e difusión
3.5. Reflexión e mellora
BÁSICA:
- Arias, L. y Egea, A. (2022). Didáctica de geografía e historia en educación primaria. Editorial Síntesis.
- Rivero, M. P. (coord.) (2011). Didáctica de las ciencias sociales para educación infantil. Mira Editores
- Hernández Sampieri, R. et al. (2010). Metodología de la investigación. McGraw-Hill Educación.
COMPLEMENTARIA:
- Aranda, A. M. (2016). Didáctica de las Ciencias Sociales en Educación Infantil. Síntesis.
- Armas, X., López Facal, R., Rodríguez Lestegás, F. (coords.) (2017). Ciencias sociais para o ben común. Revista Galega de Educación, 69. Monográfico.
- Austin, R. (coord.) (2009). Deja que el mundo exterior entre en el aula. Morata
- Ávila, R. M., Rivero, M. P., Domínguez, P. L. (coords.) (2010). Metodología de Investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales. Institución Fernando el Católico.
- Barton, K. (ed.) (2006). Research Methodes in Social Studies Education. Contemporary Issues and Perspectives. Information Age Publishing
- Barton, K. (2010). Investigación sobre las ideas de los estudiantes acerca de la historia. Enseñanza de las Ciencias Sociales, 9, 97-114.
- Benejam, P. et al. (2002): Las ciencias sociales: concepciones y procedimientos. Graó
- Brophy, J., Alleman, J. (2005). Children´s Thinking about Cultural Universals. Lawrence Erlbaum Associates.
- Carretero, S. Berger & M. Grever (eds.) (2017). Palgrave Handbook of Research in Historical Culture and Education. Springer.
- Cooper, H. (2002) Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria. MEC/Morata.
- Einarsdóttir, J. (2007). Research with children: methodological and ethical challenges. European Early Childhood Education Research Journal, 15(2), 197-211.
- Estepa, J. (2009). Aportaciones y retos de la investigación en la Didáctica de las Ciencias Sociales. Investigación en la Escuela, 69, 19-30.
- Feliu, M.; Jiménez, L. (coords.) (2015). Ciencias sociales y educación infantil (3-6). Graó.
- García, A., Hernandez, F., Miralles, P., Maquilón, J. (coords.) (2012). Investigación e Innovación en Educación Infantil y Educación Primaria. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 40(15), 19-190.
- Gómez, C., López, R. e Rodríguez, J. (2019). La investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales en revistas españolas de Ciencias de la Educación. Un análisis bibliométrico (2007-2017). Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales, 37, 67-88.
- Lopez, R., Miralles, P, Prats, J. (dirs.), Gómez, C. (coord.) (2017). Enseñanza de la historia y competencias básicas. Graó.
- Miralles, P., Molina, S., Ortuño, J. (2011). La Investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales. Educatio Siglo XXI, 29 (1), 149-174.
- Miralles, P. y Rivero, M. P. (2012). Propuestas de innovación para la enseñanza de la historia en Educación Infantil. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 15(1), 81-90.
- Miralles, P. e Izquierdo, T. (eds.) (2014). Propuestas de innovación en educación infantil. Universidad de Murcia.
Sánchez, M.C., López, A., Monteagudo, J. (2024). Tecnologías emergentes y alfabetización digital para enseñar historia. Octaedro
- Santisteban, A.; Pagès, J. (2012). Didáctica del conocimiento del medio social y cultural en la educación primaria. Síntesis.
- Souto, X. M. (2013). Investigación e innovación educativa: el caso de la geografía escolar. Scripta Nova, XVII(459). http://www.ub.es/geocrit/sn/sn-459.htm.
Revistas:
- Aula de Infantil. Barcelona: Graó.
- Aula de Innovación Educativa. Barcelona: Graó
- Enseñanza de las ciencias sociales: revista de investigación. Barcelona: Universitat de Barcelona
- Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales. Valencia: Universitat de Valencia
- Her&Mus. Heritage and Museography. Lleida: Unviersitat de Lleida
- Íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia. Barcelona: Graó
- RELAdEI. Revista Latinoamericana de Educación Infantil. Santiago: Universidad de Santiago
- Young Children. National Association for the Education of Young Children. Washington: Naeyc
Sitios web:
http://www.didactica-ciencias-sociales.org/
http://www.ub.edu/histodidactica
https://red14.net/
http://projectapproach.org/
https://www.edutopia.org/project-based-learning
https://www.edutopia.org/topic/place-based-learning
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
B6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns finais que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara e sen ambigüidades.
G1 - Expresarse correctamente, tanto oralmente como por escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
G3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
G4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e poñer en práctica solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
G6 - Valorar criticamente os coñecementos, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver os problemas aos que se enfrontan.
G7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
G8 - Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
T1. Capacidade de análise e síntese.
T3. Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
T4. Traballo colaborativo
T6. Capacidade de innovar (creatividade) en contextos educativos escolares e non escolares.
T7. Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador.
T10 Posibilidade de actualizar coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
T12. Habilidades de comunicación oral e escrita en galego.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E1. Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
E2. Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
E3. Deseñar, xustificar, organizar e avaliar sistematicamente propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
E5. Adquirir formación metodolóxica para realizar investigacións educativas.
E6. Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, procesar, procesar e interpretar os datos, e presentar os resultados segundo os propósitos da investigación.
E7. Capacidade para aplicar os coñecementos teóricos relacionados coa didáctica específica, tanto para a investigación como para a innovación e a avaliación.
E8. Pode defender e discutir oralmente e por escrito os traballos de investigación e/ou innovación realizados, utilizando, se é o caso, os recursos audiovisuais de apoio.
E9. Probar e avaliar enfoques docentes disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
E11. Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicala correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación.
E12. Identificar as principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas ensinanzas específicas.
E17. Seleccionar, adaptar e aplicar as TIC e outros materiais e recursos para mellorar o ensino e a aprendizaxe en diferentes ámbitos disciplinarios.
E18. Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.
Sesións expositivas
Presentación dos contidos apoiados en recursos e fontes dixitais. Pequenas lecturas, actividades de reflexión en pequeno grupo e reflexións grupais apoiadas en estratexias concretas. Fomento da participación activa e do diálogo na aula. Sempre que sexa posible, contarase coa colaboración de profesorado de secundaria que de a coñecer vivencias e experiencias reais de aula sobre as que reflexionar.
Faranse, sempre que se poidan, saídas de campo.
Sesións interactivas
En pequenos grupos, materializarase o visto nas expositivas, elaborando e expoñendo deseños didácticos de aula e outras tarefas a concretar. A docente actuará de guía na creación desas propostas.
Titorías e comunicación co alumnado
Apóstase por unha titorización e comunicación presencial ou en liña, individualizada ou en pequeno grupo.
Fomentarase a mensaxería interna e os foros temáticos do Campus Virtual (CV). As tarefas crearanse e corrixiranse a través do CV.
Actividades (non presenciais)
O alumnado deberá organizarse dentro e fóra da aula, en grupo e individualmente. Debe tomar notas de reflexións propias derivadas do exposto na aula; ler bibliografía; indagar en espazos próximos; revisar fontes e recursos; distribuír tarefas; estruturar contidos; redactar traballos ou elaborar presentacións.
Avaliación continua
- Asistencia e participación nas actividades da aula: asistencia a un mínimo do 80% das sesións. En caso de asistir a menos dese 80% das sesións decaerase da avaliación continua, tendo a oportunidade de facer unha proba escrita para superar a materia, que abarcaría a totalidade da puntuación. O control da asistencia realizarase a través de diferentes instrumentos de rexistro. A asistencia e participación terá un peso do 10% na nota final. Valoraranse a implicación, compromiso e actitude espontánea do alumnado na aula, así como aportacións escritas, tanto individuais como colectivas, feitas nas sesións ou para a materia. Atendendo ao artigo 3 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en 2024, o alumnado poderá xustificar a falta de asistencia ás actividades académicas por razóns de índole persoal ou familiar, pola realización de deberes inescusables de carácter social debidamente acreditados ou por causas de forza maior. Cando isto suceda e a xustificación sexa considerada apta e suficiente, a falta de asistencia non implicará consecuencias negativas para a avaliación e cualificación dos e das estudantes.
– Traballo individual (40%): entrega dunha ou máis tarefas individuais a determinar, ao longo da materia.
– Traballo grupal (50%): entrega e exposición dun traballo grupal, elaborado en grupos, de xeito colaborativo. A non participación activa dalgún dos membros do grupo implicará decaer da avaliación no traballo grupal e verse sometido a unha proba escrita específica sobre a resolución de problemas didácticos.
Salvo as excepcións mencionadas, non se contempla a elaboración dun exame na avaliación ordinaria.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen
reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
As faltas de ortografía reiteradas e problemas graves de puntuación ou redacción penalizarán na cualificación dos traballos.
As e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado “participación activa e actitude crítica” as súas intervencións en galego.
Segunda oportunidade
Aquel alumnado que na avaliación continua obteña unha cualificación inferior a 5, poderá repetir algún dos apartados para mellorar o resultado final.
Alumnado repetidor
O alumnado repetidor seguirá o proceso ordinario de avaliación continua indicado anteriormente.
Avaliación final
O incumprimento dos ámbitos da avaliación continua, ou non ter presentado resultados en ningún dos apartados, fará que acceda a unha avaliación final. Constará dunha proba específica individual, a determinar (100%).
Auto-avaliación docente e da materia
Teranse en conta as ideas do alumnado nas súas reflexións individuais. Que aspectos da materia destacan como positivos e cales mellorarían.
O alumnado valorará nunha enquisa pechada aspectos da materia como a actuación docente; comunicación e titorización; contidos; metodoloxía; avaliación; etc.
EXENCIÓN DE DOCENCIA
En cumprimento da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase, os estudantes que teñan unha exención docente deben acordar un plan de traballo específico co profesor, que incluirá:
- Un programa de lecturas e actividades que se realizarán con prazos para as obras indicadas (40% da nota final)
- Un calendario de reunións (un mínimo de tres) de titorías para realizar o seguimento e avaliación das tarefas encomendadas (10% da nota final)
- A realización e presentación oral dun proxecto de investigación ou innovación (50% da nota final).
Esta é unha materia de 3 ECTS (75 horas). As actividades presenciais distribúense en 9 horas lectivas, 12 de seminarios interactivos e 3 horas de titorías.
As 51 horas restantes deberán ser utilizadas polos estudantes para:
- Traballo tutelado, buscas documentais, preparación de guións de traballo, preparación de informes: 15 horas
- Traballo individual: lecturas, redacción de traballos, preparación de presentacións orais: 36 horas.
O traballo individual ou en grupo debe ser orixinal. Calquera traballo plaxiado pode supoñer o suspenso na materia na convocatoria correspondente. Con fins avaliativos, o mesmo traballo non se pode empregar para varios temas, agás que sexan programados de forma coordinada.
Recoméndase que os estudantes fagan e sigan, baixo a supervisión da docente e desde o inicio do cuadrimestre, un plan de lecturas e traballos. Non é aconsellable tratar de resolver a materia nas últimas semanas do cuadrimestre nin presentar traballos que non foron orientados e supervisados pola docente.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://pro-assets usc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1efUER3o85f5lb1ZY/1673868829/public/paragr aphs/more_info_service/2023-01/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
USO DO TELÉFONO MÓBIL NA AULA
O uso de teléfonos móbiles na aula farase exclusivamente como ferramenta de traballo seguindo as instrucións dadas polo profesor, o que fai aos estudantes responsables das consecuencias do uso inapropiado dos mesmos.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Para todas as comunicacións académicas será obrigatorio o uso da conta rai así como das demais ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Ms Teams, Microsoft Office 365, etc.)
O ensino-aprendizaxe (aulas / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
En todas as actuacións relacionadas coa materia respectaranse as normas de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAXIO
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tania Riveiro Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821078
- Correo electrónico
- tania.riveiro [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
| 17:00-18:30 | Grupo /CLIL_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA | Galego |