Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Innovación e Creatividade é unha materia optativa de 3 ECTS que forma parte, xunto con Calidade: modelos, enfoques e técnicas do Módulo de Innovación e Calidade e impártese no 2º cuadrimestre do curso.
Os seus obxectivos inscríbense de forma predominante nos seguintes obxectivos do Máster Universitario en Procesos de Formación:
(4º) Desenvolver competencias especializadas para o traballo ante nichos atractivos de intervención profesional en ámbitos que requiren unha especialización (investigación e innovación educativa).
(5º) Deseñar propostas formativas que atendan a contextos de diversidade e teñan en conta a igualdade de xénero, a equidade e o respecto aos dereitos humanos.
(6º) Mellorar/completar as competencias transversais dos profesionais da educación para a investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+i) como bases fundamentais da mellora profesional e da calidade das funcións e servizos prestados polos especialistas da educación nos seus contextos laborais.
De maneira específica preténdese:
1- Desenvolver a sensibilidade cara ao coñecemento, identificación e práctica de iniciativas innovadoras e creativas.
2- Desenvolver competencias relativas á incardinación da actividade innovadora e creativa en contextos formais e non formais de ensino.
3- Proxectar a intervención innovadora no desenvolvemento de valores e da comunicación verbal.
4- Aplicar as técnicas de creatividade ao deseño e desenvolvemento de procesos formativos on-line e presenciais.
5- Relacionar os procesos de innovación nas instituciones educativas con os sistemas de calidade das mesmas
BLOQUE 1. Conceptualización e tendencias
1.1. Concepto e modelos de innovación e creatividade. Innovación disrutiva e sostible.
1.2. Tendencias en innovación educativa.
1.2. Innovación e calidade. A Influenza de dous procesos
BLOQUE 2. A innovación e a creatividade nos procesos formativos
2.1. Innovación e tecnoloxía educativa para a formación.
2.2. A creatividade nos procesos de formación.
2.3. Principais metodoloxías creativas.
2.4 Avaliación da creatividade.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Asprella, G. (2019) Profesorado universitario y procesos de formación: ¿Cómo se llega a la innovación? Tensiones institucionales y perfiles docentes En Carles Lindín, Marta B. Esteban, Juliana C. F. Bergmann, Núria Castells, Pablo Rivera-Vargas. En I CONFERÈNCIA INTERNACIONAL DE RECERCA EN EDUCACIÓ 2019: Reptes, tendències i compromisos4 i 5 de novembre de 2019 Universitat de Barcelona
del Río-Fernández, J. L. (2023). A vueltas con la llamada innovación educativa. Algunas reflexiones para suscitar el debate. Márgenes, Revista de Educación de la Universidad de Málaga, 4(1), 7-19. https://doi.org/10.24310/mgnmar. v4i1.15923 DOI: https://doi.org/10.24310/mgnmar.v4i1.15923
Fernández Regueira, U. (2010). El Espacio Europeo de Educación Superior ¿Una oportunidad para cambiar la enseñanza? Estudio de la Percepción del profesorado universitario gallego. Trabajo Fin de Máster US https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/27269
García-Peñalvo, F. J. (2015). Mapa de tendencias en Innovación Educativa. Education in the Knowledge Society (EKS), 16(4), 6-23. doi: http://dx.doi.org/10.14201/eks2015164623
Javier Gil Quintana (Coordinador) (2023) Píldoras de Innovación Educativa en contextos universitarios. Una perspectiva desde la Investigación-Acción. Octaedro.
Rodríguez Espinar, S. (2020). Lights and shadows in the pedagogical training of university faculty in Spain. REDU Revista de Docencia Universitaria, 18(1), 143-168. https://doi.org/10.4995/redu.2020.13183
Trujillo, F., Segura, A. & González, A. (2020). Claves de la innovación educativa en España desde la perspectiva de los centros innovadores: una investigación cualitativa. Participación Educativa. Revista del Consejo Escolar del Estado, 7(10), 49-58.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
Aguilar, M. J. (coord.) (2012). Creatividad, descubrimiento y futuro. I Congreso Nacional de Investigación en Grado. INVESGRADO 2012. Albacete.
Burone, I. (2017). Tras los pasos de Sugata Mitra: una experiencia innovadora en un centro educativo. Topos. Para un debate de lo educativo, (9), 21- 31. 16. http://repositorio.cfe.edu.uy/bitstream/handle/123456789/822/Burone%2cI…
Canelo, J., Junyent, M., & Bonil, J. (2015). Innovación y creatividad para favorecer un pensamiento sistémico-crítico: ideas de alto nivel en la formación inicial de maestros. Foro de Educación, 13(19), 125-140. doi: http://dx.doi.org/10.14516/fde.2015.013.019.006.
López, J. (2010). Sostenibilidad de la innovación en los centros escolares: sus bases institucionales. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, 14(1), 10-28. http://www.ugr.es/~recfpro/rev141ART1.pdf
Macanchí, M. L., Orozco, B. M., Campoverde, M. A. (2020). Innovación educativa, pedagógica y didáctica. Concepciones para la práctica en la educación superior. Universidad y Sociedad, 12(1), 396-403. http://scielo.sld.cu/pdf/rus/v12n1/2218-3620-rus-12-01-396.pdf
Mareque, M. & De Prada, E. (2018). Evaluación de las competencias profesionales a través de las prácticas externas: incidencia de la creatividad. Revista de Investigación Educativa, 36(1), 203- 219. DOI: http://dx.doi.org/10.6018/rie.36.1.275651
Romo, M. (2012). Algunas investigaciones sobre el impacto de la creatividad en el ámbito educativo. En Fundación Botín. ¡Buenos días, creatividad! Hacia una educación que despierte la capacidad de crear (pp. 123-136). Fundación Botín. Recuperado de https://www.fundacionbotin.org/89dguuytdfr276ed_uploads/EDUCACION/creat…
Williamson, B. (2019). El futuro del conocimiento. La educación y el conocimiento en la era digital. Morata
Zapico Barbeito, M.H.; Gewerc, A. Montero Mesa Mª L. (2010). La construcción colectiva de un Portal web de centro. Una experiencia De innovación sostenible. Profesorado, Revista de Curriculum y formación del profesorado, 14,1 http://www.ugr.es/~recfpro/rev141ART18.pdf .
Nesta materia fomentaranse as competencias xerais e específicas do Máster Universitario en Procesos de Formación, especialmente,
(G2) Definir e resolver problemas extraídos da práctica, chegando a usar esquemas de resolución non coñecidos (ser creativo).
(G8) Adecuarse a situacións novas ou cambiantes, reaccionar positivamente e aceptar, entender ou introducir novos puntos de vista cando a situación o precise.
(G9) Guiarse polo desexo de coñecer e aprender das situacións e as persoas.
(E4) Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
(E6) Contribuír ao establecemento de políticas ou estratexias de actuación para a mellora da formación.
De maneira específica nesta materia estimularase o desenvolvemento das seguintes competencias:
-Identificar tendencias e factores innovadores e creativos no sistema educativo e nos procesos de ensino e aprendizaxe en contextos formais e non formais.
- Promover a innovación e a creatividade nos procesos de planificación, desenvolvemento e avaliación do ensino en diversos contextos.
- Proxectar a actividade innovadora e creativa na planificación, o deseño e o desenvolvemento de procesos formativos destacando a importancia dos valores sociais e os aspectos comunicativos.
Traballarase cunha multiplicidade metodolóxica, a partir dunha batería de técnicas, procedementos e recursos. É intención que os estudantes aprendan a extraer conceptos e feitos pertinentes de diversas fontes para resolver problemas, pensando de modo integrador as súas diferentes dimensións, con autonomía na iniciación no traballo intelectual. Estableceránse relaciones constantes entre esta materia e “Calidade: modelos, enfoques e técnicas”, o que culmirará nun traballo final de avaliación conxunto entre as dous materias. Desenvolvésense dúas sesións de traballo conxunta con esa materia. Unha no bloque 1 e outra durante o desenvolvemento do bloque 2 onde se abordará aspectos relacionados co proxecto conxunto.
A proposta que realizamos está baseada en dous principios:
• A participación activa do alumnado en toda as etapas do proceso estimulando o traballo autónomo e independente.
• A necesidade dunha estreita relación teoría-práctica Estes principios concrétanse nos seguintes puntos:
A combinación das experiencias individuais e grupais.
• A combinación de ensino presencial e on-line.
• A combinación de clases expositivas con traballos de indagación do alumnado.
No caso de que haxa un número mínimo de alumnos/as matriculados/as na materia a metodoloxía variará en función das características do grupo.
Para aprobar a materia o alumnado debe superar cada un do seus apartados no porcentaxe correspondiente
1) Asistencia, participación activa e achegas nas sesións presenciais e en liña (10%).
2) Desenvolvemento das diversas actividades propostas nas clases como estudos de caso, elaboración de informes e relatos, análise de materiais, representación de roles, vídeoforum, etc. (30%).
3) Para o alumnado matriculado nas dúas materias que conforman o módulo Innovación e Calidade ("Innovación e Creatividade" e "Calidade: modelos, enfoques e técnicas" susbstituirase o traballo final en cada unha das materias pola realización dun proxecto conxunto enfocado á análise da relación entre innovación e calidade nunha institución formativa. Este proxecto suporá como máximo o 50% da cualificación final nas dúas materias.
4) Presentación do proxecto realizado (10%).
Para acreditar a materia o alumnado con dispensa de asistencia a clase, deberá realizar actividades complementarias ás anteriores. O alumnado deberá comunicar a situación de dispensa nos 10 días seguintes a concesión. O profesorado convocará a unha titoría para planificar o desenvolvemento e seguimento da materia nos 10 días seguintes. Nesta planificación informarase do sistema de avaliación, especialmente se este é diferente do criterio xeral (Apdo. 2 da Instrución 1/2017).
O alumnado de complementos de formación que asista a clase, ten as mesmas condicións que o alumnado regular do Máster.
Tempo de clases:
- Horas de docencia: 24 horas (9 h. expositivas, 12 h. interactivas e 3 h. de titoría).
De elas, 1/3 impartirase a través del aula virtual (3 h. expositivas en liña e 4 h. interactivas en liña).
Tempo de traballo persoal:
- Documentación e estudo: 20 h.
- Lecturas recomendadas: 11 h.
- Elaboración do proxecto formativo: 20 h.
Poñer especial interese no estudo das fontes documentais así como na participación nas sesións presenciais e virtuais (a través da aula virtual da materia).
1-RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos personais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvoltos.
2-PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
3.Respecto a a normativa de protección de datos terase en conta a proposta da universidade como figuran na seguinte ligazón:
hgps://www.usc.gal/gl/norma:vai/ protecciondatos/ index.html.
4. UTILIZACIÓN DO TELÉFONO MÓBIL NA aula: "Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo”
5. É obrigatorio o uso de correo electrónico institucional para calquera comunicación no marco da materia
6. Recoméndase que nas sesións virtuais síncronas o alumnado active a cámara e o micrófono para fomentar a interacción e garantir o seguimento real das sesión.
Adriana Gewerc Barujel
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813785
- Correo electrónico
- adriana.gewerc [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
22.05.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
01.07.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |