Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1- Coñecer as metodoloxías, liñas e principais problemáticos de investigación do campo do e-learning
2.- Analizar investigacións para valorar os resultados que propoñen para o avance no campo científico
3.- Deseñar, implementar e avaliar propostas formativas en contextos de e-learning
4- Desenvolver habilidades para formar e asesorar aos formadores no deseño e desenvolvemento de propostas de e-learning en diferentes contextos
1.- A Tecnoloxía Educativa como campo de coñecemento científico. Deseños, problemáticas e liñas de investigación actuais. Investigación sobre os usos das redes na educación e na formación.
2.- Elearning: Ferramentas e servizos tecnolóxicos para elearning. Cursos en liña ou distribuídos, aulas virtuais, contornas de aprendizaxe, redes de aprendizaxe, PLE.
3.- Deseño de escenarios flexibles de formación e contidos dixitais. Distribución da información, distribución da instrución, comunicación e traballo colaborativo.
4. A avaliación de elearning.
Bibliografía Básica
-Cabero, J. (2016). ¿Qué debemos aprender de las pasadas investigaciones en Tecnología Educativa?. Revista Interuniversitaria de Investigación en Tecnología Educativa, 0, 23-33.
-Cebreiro, B., Fernández-Morante, C. & Casal-Otero, L. (2019). Tecnologías emergentes y metodologías didácticas: dos ejes básicos para el éxito educativo. En M.A. Santos Rego, A. Valle Arias, y M. Lorenzo Moledo (Eds.), Éxito educativo. Claves de construcción y desarrollo (pp.173-196). Tiran Humanidades.
-Cebreiro, B., Fernández-Morante, C. & Casal, L. (2023). La Tecnología Educativa y el desafío de la formación en red (63-86). En M.A. Santos, M. Lorenzo y J. García (Coords.), La educación en red. Una perspectiva multidimensional. Octaedro.
- Gisbert, M., Lázaro, J. L., & Esteve, V. (2023). Investigar e innovar en la era digital: Aportaciones desde la tecnología educativa. Ediciones Octaedro.
Bibliografía Complementaria
- Aguaded, J. I., & Cabero, J. (2014). Avances y retos en la promoción de la innovación didáctica con las tecnologías emergentes e interactivas. Educar, 50(1), 67-83.
- Avello Martínez, R. & Duart, J.M. (2016). Nuevas tendencias de aprendizaje colaborativo en e-learning. Claves para su implementación efectiva. Estudios Pedagógicos, 42 (1), 271-282.
- Barberá, E. (2006). Aportaciones de la tecnología a la e-Evaluación. RED. Revista de Educación a Distancia, Monográfico 6, 1-13.
- Barroso, J. & Cabero, J. (2013). Replanteando el e-learning: Hacia el e-learning 2.0. Revista Campus Virtuales, 2(2), 76-87.
- Cabero, J. (2006). Bases pedagógicas del e-learning. Revista de Universidad y Sociedad del Conocimiento, 3(1), 1-10.
- Cabero, J. y Llorente Cejudo, M.C. (2015). Tecnologías de la Información y la Comunicación (TIC): escenarios formativos y teorías del aprendizaje. Revista Lasallista de investigación, 12(2),186-193.
- Cabero, J. & Palacios-Rodríguez, A. (2021). La evaluación de la educación virtual: las e-actividades. RIED: revista iberoamericana de educación a distancia, 24(2), 169-188.
- Fernández-Morante C., Bienzle, H., Brandão Soares Carvalho, J.A., Cebreiro, B.,Casal-Otero, L., Dourado, L., Ducoulombier. N., Egan, A., Felpeto, M., Fojk, M.,Georgeson, J., Hurley, J., Latorre Ruiz, E., Malmierca, M. J., Mareque-León, F.,Lencastre, J.A., Revyakina, E. & Vaz, M (2023). Smart Technologies for Innovation in Teacher Training. The EKT Handbook. Die Berater Unternehmensberatungs GmbH. https://doi.org/10.5281/zenodo.7818021
- Gallego Arrufat, M.J. (2014). Tendencias y retos de la investigación en Tecnología Educativa. EMETIC, 3(29), 3-6.
- Gros, B. (2015). La caída de los muros del conocimiento en la sociedad digital y las pedagogías emergentes. Education in the Knowledge society (EKS), 16(1), 58-68.
- Gros, B. (2016). Retos y tendencias sobre el futuro de la investigación acerca del aprendizaje con tecnologías digitales. RED. Revista de Educación a Distancia, 50(10), 1-13.
- Salinas, J. (2012). La investigación ante los desafíos de los escenarios de aprendizaje futuros. RED. Revista de Educación a Distancia, 11(32), 1-13.
Revistas especializadas e online
http://acdc.sav.us.es/pixelbit/
http://edutec.rediris.es/Revelec2/Revelec43/
https://naerjournal.ua.es
https://www.revistacomunicar.com
Competencias Xerais:
Ser competente para:
1. Coñecer e utilizar variedade de recursos e técnicas especializadas para a construción de coñecementos científicos sobre a Formación.
2. Organizar e xestionar a utilización e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornas formativas.
3. Actuar con soltura no uso e aplicación de metodoloxías didácticas.
4. Asumir un compromiso ético e metodolóxico coa práctica científica e profesional.
Competencias específicas
1. Ser competente para formar e asesorar aos formadores no uso pedagóxico dos distintos medios didácticos: impresos, visuais, auditivos, audiovisuais, informáticos e multimedia, así como nos criterios pedagóxicos adecuados para a correcta integración dos medios didácticos nos procesos de ensino-aprendizaxe específicos.
2. Deseñar/programar cursos de formación nos que quede claramente especificado o papel que van a desempeñar os medios didácticos, así como o "para que, por que e como" de súa utilización.
3. Ser capaz de definir problemáticas relevantes de investigación e analizar investigacións de elearning.
4. Deseñar e avaliar propostas formativas en rede identificando as posibilidades das redes telemáticas e os materiais multimedia para elearning.
5. Ser capaz de analizar diferentes plataformas virtuais de formación e colaboración, ferramentas Web 2.0 e servizos tecnolóxicos dispoñibles para elearning e saber empregar con finalidade didáctica estes recursos en contextos formativos diversos.
A metodoloxía utilizada diríxese á adquisición das competencias descritas, favorecendo que o estudante adopte unha actitude crítica ante as distintas fontes e documentos. Terá un carácter fundamentalmente práctico. levarán a cabo actividades, tanto individuais como grupais, que o posibiliten. Todo iso estará apoiado nunha contorna virtual que permite a continuidade en todo o proceso de aprendizaxe (guía, materiais, entrega de informes, espazos de debate, espazos de colaboración etc.)/ etc.). Experimentarase con varias contornas e ferramentas tecnolóxicas. Ademais da bibliografía básica mencionada, o profesorado recomendará e distribuirá material complementario de carácter teórico e empírico para as actividades prácticas que permitirá completar o seguimento do temario.
Nesta materia propoñeranse actividades relacionadas coa investigación en e-learning e a creación/avaliación de contornas de formación en rede e contidos dixitais.
Actividades de formación:
- Presentación, explicación de temas, análises documentación, dossier materia
- Análise de investigacións, experiencias e exemplos de boas prácticas de elearning
- Traballo coa documentación, elaboración de informes, Visualización e análise de materiais e-learning, resolución de problemas
- Actividades prácticas con medios e deseño propostas formativas en rede e análise de plataformas, ferramentas e servizos de elearning.
- Manexo de software e hardware específico.
Traballo conxunto do Módulo de Investigación
Tamén hai que ter presente que esta materia comparte un espazo modular con outras dúas do máster (Investigación en formación e recursos humanos; Investigación en e-learning). As materias que comparten módulo realizarán talleres conxuntos para abordar os procesos de formación coas achegas dos distintos ámbitos de especialización e favorecer a interdisciplinariedad ao afrontar a resolución de casos prácticos. Esta tarefa non se require para o alumnado de Complementos de Formación. Neste contexto establécense relacións explícitas na docencia e nas propostas de traballo conxuntas que se propoñen como a análise de informes de investigacións punteiras nos diversos ámbitos estudados e recoñecer o avance no mundo científico e profesional dos equipos de investigación incluíndo os puntos fortes e débiles das diversas investigacións analizadas así como sesións compartidas para o traballo de casos prácticos, debates, seminarios e resolución de problemas.
Co fin de poder establecer conexións entre as tres materias que forman parte do Módulo de Investigación (Avaliación de Programas e Institucións; Formación e Recursos Humanos; E-Learning) cóntase coa realización de talleres para abordar os procesos de formación coas achegas dos distintos ámbitos de especialización e favorecer a interdisciplinariedad ao afrontar a resolución de casos prácticos. O fin desta tarefa é poder establecer pontes e conexións entre as materias permitindo desenvolvemento dun traballo transdisciplinar.
O traballo desta proposta supoñerá a asignación individual dun caso para traballar conxuntamente entre as materias do módulo. Os casos serán definidos desde o inicio da materia e serán asignados entre o alumnado de forma equilibrada, garantindo así a abordaxe de todos.
A proposta desenvolverase en cada unha das materias á luz dos coñecementos específicos traballados mediante sesións interactivas específicas que permitan poñer en contexto, a través dos casos asignados, as aprendizaxes en situacións reais que os poñan en valor. Este traballo de enriquecemento coordinado terá peche nunha sesión conxunta onde darán conta dunha visión holística dos casos. Nesta sesión contarán coa participación do profesorado do Módulo de Investigación o que permitirá ter unha visión transversal e multidimensional mediante un diálogo cos docentes das tres materias que integran o módulo para partir do traballo mostrado.
As materias que integran o módulo recollerán nas súas avaliacións o traballo que de forma específica desenvolverase en cada unha delas. Terase en conta ademais o produto final que se desenvolveu de forma transversal para o conxunto.
As sesións presenciais de distribuirán en clases expositivas-interactivas. Nas sesións en liña continuaranse as actividades iniciadas nas sesións presenciais e darase o apoio ao traballo individual a través do campus virtual.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
A avaliación será continua e basearase nunha serie de elementos con diferente carga porcentual. Estamos a falar de:
(1) participación activa do alumnado (10%),
(2) a elaboración das actividades e os informes propostos ao longo do desenvolvemento da materia a partir das lecturas dos documentos que se toman da bibliografía e dos casos propostos na materia (60%) e
(3) a contribución da materia na análise do caso proposto no Módulo de Investigación (30 %).
Este último apartado avaliarase a tomando como referencia o informe finalmente presentado no traballo conxunto do Módulo de Investigación. Este traballo requirirá unha defensa e avaliación conxunta por polo menos un docente de cada materia. A porcentaxe de avaliación terá presente a avaliación do propio informe (20%) e o seu defensa (10%).
Para superar a materia é imprescindible obter un mínimo dun 4 sobre 10 en cada unha das partes que anteriormente se detallan. Na segunda oportunidade mantéñense os mesmos criterios e porcentaxes que na primeira. Tamén se manteñen para o alumnado repetidor. No caso de alumnado de complementos de formación, a súa avaliación prescindirá do traballo conxunto co resto das materias do módulo e a carga porcentual do traballo conxunto incorporarase ao apartado 2 supoñendo este o 90% e incorporando outra actividades específica equivalente a realizar polo alumnado con este perfil.
Debido ás características das materias que compoñen o Módulo de Investigación, NON SE CONTEMPLA A POSIBILIDADE DE ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE.
Para obter unha valoración positiva na materia, e tendo en conta especialmente o seu carácter práctico mediante prácticas de laboratorio, será preciso cumprir co requisito de asistencia, ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas (informes de actividades e prácticas).
Indicación referida ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O uso de ferramentas xenerativas, de Intelixencia Artificial, para a elaboración dos traballos da materia, deberá ser referido, identificando as ferramentas e a finalidade de uso. En ningún caso, o uso destas ferramentas poderá substituír ou suplantar as habilidades e coñecementos requiridos. O cal supoñerá suspender a materia.
A aprendizaxe na materia apóiase en tres requisitos indispensables:
- participación nas sesións e actividades de aula,
- traballo individual, en parellas e/ou en grupo para realizar o prácticas
- estudo individual e continuado ao longo do semestre.
Aplicando os criterios de ECTS que asigna distintos factores ás horas de dedicación do traballo do alumno segundo o tipo de docencia establécese que para as sesións expositivas necesítase unha dedicación de 27h., para as sesións interactivas necesítase unha dedicación de 48h. e para as tutorías 24 h.
- Asistencia regular ás sesións de clase e participación nas actividades en liña que asegura ao estudante a orientación na súa formación por parte do profesorado e a guía necesaria para abordar as actividades.
- Seguimento e dedicación en todas as prácticas xa sexan individuais e/ou de grupo. Velar pola calidade dos informes finais que cada grupo entrega.
Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e dialogo constante co profesorado).
- Uso adecuado das tutorías ao longo do semestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual).
Recomendacións para as materias
1º Respecto á normativa de protección de datos https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
2º Utilización do móbil na aula: "Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo"
3º Perspectiva de xénero: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas
/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
4º Responsabilidade ambiental: en relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
-Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregaranse grapas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade aforro de tinta.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
5º Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
6º Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- indicación referida ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
USO DE DIFERENTES FERRAMENTAS PARA O SEGUIMIENTO DA MATERIA
-Será obrigatorio o uso do Campus Virtual institucional e das ferramentas integradas no paquete Office 365 da Universidade de Santiago de Compostela, así como as ferramentas dixitáis complementarias que a Facultade habilite para o desenvolvemento da docencia.
-O contacto co profesorado realizarase sempre a través de ferramentas institucionais e/ou outras complementarias que determinen para o seu uso académico. Utilizarase a mensaxería interna do campus virtual e o correo electrónico institucional (da USC) para mensaxes de texto privadas. Na aula virtual haberá un espazo de titoría pública para cuestións que afecten a todo o grupo-clase.
-O seguimiento da materia, polo seu propio contido, require o uso doutras ferramentas dixitáis non institucionais que non implicarán o uso de datos persoais.
Maria Del Carmen Fernandez Morante
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813806
- Correo electrónico
- carmen.morante [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lorena Casal Otero
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813845
- Correo electrónico
- lorena.casal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18.01.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19.06.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |