Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer os contidos curriculares e comprender as principais achegas nas materias: Valores éticos (1º, 2º, 3º e 4º ESO- formación específica); Igualdade de Xénero (1º e 2º de ESO – libre configuración autonómica); Antropoloxía (1º Bacharelato – libre configuración autonómica); Patrimonio Artístico e Cultural de Galicia (2º Bacharelato – libre configuración autonómica).
2. Xerar habilidades para explicalos contidos e aplicalos.
3. Promover unha aproximación aos proceso de ensinanza-aprendizaxe desde a praxe, a través do deseño e posta en práctica de distintos proxectos proxectos de intervención socioeducativa.
· Perspectivas e enfoques actuais en Filosofía: as súas aportacións educativas.
Tema 1. Modelos educativos.
· A Educación ético-cívica no currículo da ESO.
Tema 2. Feitos e valores.
Tema 3. Deberes e dereitos.
· A Filosofía no currículo de Bacherelato.
Tema 4 Autonomía e responsabilidade.
Básica
Bolívar, Antonio (1998) Educar en valores. Una educación de la ciudadanía. Sevilla: Consejería de Educación de la Junta de Andalucía.
Gracia, D. (2010) Valor y precio. Triacastela
Gracia, D. (2013) Construyendo valores. Triacastela.
Pose, C. (2022) Teoría y práctica de la consultoría en ética clínica. Modelo deliberativo de resolución de conflictos. Comares.
Tuts, Martina (2006) Educación en valores y ciudadanía: propuestas y técnicas didácticas para la formación integral. Madrid: libros de la catarata.
Vilanou, Conrad; Collelldemont, Eulàlia (coords. ) (2001) Historia de la educación en valores. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Vinuesa Vilella, Mª Pilar (2002) Construir los valores: currículum con aprendizaje cooperativo. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Complementaria
Bárcena Orbe, Fernando (1999) La Escuela de la ciudadanía: educación, ética y política. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Batallán, Graciela y Campanini, Silvana (2007) El “respeto a la diversidad” en la escuela: atolladeros del relativismo cultural como principio moral. Revista de Antropología Social, 16, 159-174.
Bolívar, Antonio (2004) Ciudadanía y escuela pública en el contexto de diversidad cultural. RMIE, 9 (20), 15-38.
Bolívar, Antonio (2007) Educación para la ciudadanía. Algo más que una asignatura. BCN: Graò.
Cabrera Rodríguez, Flor (2002). Qué educación para qué ciudadanía. En E. Soriano Ayala (coord.) Interculturalidad: fundamentos, programas y evaluación. Madrid: La muralla, 83-129.
Cobo, Rosa (ed.) (2008) Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas. Madrid: Catarata.
del Rey, Rosario; Ortega, Rosario (2007) Violencia escolar: claves para comprenderla y afrontarla. Escuela Abierta, 10, 77-89. https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/2520028.pdf
Díaz de Rada, Ángel (2008) Valer y valor. Una exhumación de la teoría del valor para reflexionar sobre la desigualdad y la diferencia en relación con la escuela. En M. I. Jociles y A. Franzé (eds.) ¿Es la escuela el problema? Perspectivas socio-antropológicas de etnografía y educación. Madrid: Trotta. Pp. 345-379.
Dietz, Gunther (2012) Multiculturalismo, interculturalidad y diversidad en educación: una aproximación antropológica. México: FCE.
Fernández Herrería, Alfonso; López López, María Carmen (2010) La educación en valores desde la carta de la tierra: por una pedagogía del cuidado. Revista Iberoamericana de Educación, 53 (4), 1
Freire, Paulo (2010). Cartas a quien pretende enseñar. Buenos Aires: Siglo XXI.
Freire, Paulo (2016). Pedagogía del oprimido. Madrid: Siglo XXI.
Giménez Romero, Carlos (2008). Pluralismo, multiculturalismo e interculturalidad. Educación y Futuro: revista de investigación aplicada y experiencias educativas, 8, 11-20.
Giroux, Hernry y McLaren, Peter (1998). Sociedad, cultura y educación. Madrid: Miño y Dávila Eds.
Guttman, Amy (2001) La educación democrática: una teoría política de la educación. Barcelona: Paidós
Herrero Pérez, Nieves (2003). Antropoloxía, patrimonio cultural e educación: observando procesos de patrimonialización en Galicia. Adaxe, 19, 23-45.
Herrero Pérez, Nieves (2011). La posmodernización de la tradición. Nuevos retos para la gestión del patrimonio. Revista de Antropología Social, 20.
Herrero Pérez, Nieves (2015). La antropología en la enseñanza secundaria en Galicia. Quaderns, 20 (1), 20-36.
Martín Cortés, Irene (2006). Una propuesta para la enseñanza de la ciudadanía democrática en España. Madrid: Fundación Alternativas.
Martinez Martín, Miquel; Hoyos, Guillermo (2004) ¿Qué significa educar en valores hoy? Bcn: Octaedro.
Mayor Zaragoza, Federico (2003) Educación para la paz. Educación XX1, 6, 17-24.
Mesa Peinado, Manuela (2000). La educación para el desarrollo: entre la caridad y la ciudadanía global. Papeles de cuestiones internacionales, 70, 11-26.
Mirayes, Alicia (online). Multiculturalismo, coeducación y ciudadanía. Mujeres en Red, El periódico feminista. http://mujeresenred.net/spip.php?article1251
Nussbaum, Martha C. (2010). Sin fines de lucro. Por qué la democracia necesita de las humanidades. Madrid: Katz.
Ortega Ruiz, Pedro (2001) La educación moral del ciudadano de hoy. BCN: Paidós.
Payá Sanchez, Montserrat (1997) Educación en valores para una sociedad abierta y plural: aproximación conceptual. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Pérez Juste, R. (2007). Educación, ciudadanía y convivencia. Diversidad y sentido social de la Educación. Bordón, 59 (2-3), 239-260.
Prado Rodríguez, Javier (coord.) (2001). Diversidad cultural, identidad y ciudadanía. INET: Córdoba.
Ruiz Repullo, Carmen (2016). Voces tras los datos. Una mirada cualitativa a la violencia de género en adolescentes. Sevilla: Instituto Andaluz de la Mujer.
Santos Guerra, Miguel Ángel (coord.) (2006). El harén pedagógico. Perspectiva de género en la organización escolar. Barcelona: Grao.
Sapon-Shevin, M (1999). Celebrar la diversidad, crear comunidad. En S. Stainback y W. Stainback (eds). Aulas inclusivas. Madrid: Narcea. Pp. 37-54.
Subirats, Marina (1991). La coeducación. Madrid: Secretaría de Estado de Educación, Ministerio de Educación y Ciencia. http://www.juntadeandalucia.es/iam/catalogo/doc/iam/1990/14100163.pdf
Thurén, Britt-Marie (1992). Del sexo al género: un desarrollo teórico, 1970-1990. Antropología. Revista de Pensamiento Antropológico y Estudios Etnográficos, 2, 31-55.
VVAA (2015). IdeaLove&Nam. Socializacion preventiva de la violencia de género. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
Competencias Xerais:
CG1 - Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
CG2 - Coñecer o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
CG7 - Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sustentable.
Competencias Específicas:
CE-E1 - Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
CE-E2 - Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
CE-E3 - Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
CE-E4 - Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
Competencias Transversais
CT-1 - Utilizar bibliografía y herramientas de búsqueda de recursos bibliográficos generales y específicos, incluyendo el acceso por Internet
1. Aulas expositivas. Presentación dos contidos teóricos da materia.
2. Aulas interactivas.
2.1. Sesións de seminario interactivo con presentación e análise das fichas de lectura, cos textos propostos dispoñibles na aula virtual.
2.2. Sesións de presentación e análise dos proxectos.
3. Actividade titorial. Titorizacións para o seguimento dos contidos teóricos e apoio as lecturas. Titorización de apoio ao traballo desenvolvido ao longo do semestre. Titorización das presentacións e recomendación de bibliografía de apoio.
Traballo autónomo do estudante:
Durante todo o curso o alumnado levará un portafolios con distintas entregas avaliables semanais compostas por:
(1) Preparación das fichas de lectura para as sesións prácticas.
(2) Preparación das presentacións dos proxectos: selección de conceptos, selección bibliográfica, preparación da presentación.
(5) Na última sesión farase entrega do portafolios cos ítems avaliables da materia e mais os proxectos escritos.
Plataforma Virtual USC.
Materiais de lectura dispoñibles no campus virtual e resolución de dúbidas nos foros.
O campus virtual será unha ferramenta complementaria á docencia, pero non substituirá en ningún caso a docencia presencial.
1. Avaliación continua.
O carácter práctico e aplicado desta materia obriga á asistencia, participación e implicación nas aulas e ao compromiso coa entrega puntual dos distintos traballos propostos. Polo tanto a avaliación continua é a modalidade preferente:
Asistencia e participación nas aulas.
Traballo diario e elaboración do portafolios coas fichas de lectura: 20% da nota final.
Exposicións e entrega dos proxectos: 80% da nota final.
A avaliación das presentacións orais farase cunha Rúbrica, previamente accesible no campus virtual, na que se especificarán os criterios de avaliación da mesma e a súa valoración. Os ítems avaliables serán: manexo dos conceptos expostos en clase; argumentación, claridade e coherencia; adecuación aos obxectivos propostos; presentación oral; creatividade e orixinalidade do contido; orixinalidade na presentación; uso de recursos audiovisuais e resolución de dúbidas das compañeiras.
Características dos proxectos:
Extensión 5 páx.
Letra TNR. 12pt. Interlineado 1,5, párrafo xustificado, sen portadas.
Contido: 1. Resumo. 2. Introdución. 3. Obxectivos do proxecto. 4. Metodoloxía (materiais, pasos e desenvolvemento, consellos, recursos...). 5. Conclusións. 6. Bibliografía.
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130.2, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”.
A asistencia é obrigatoria e O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…
Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación.
Polo tanto, a ausencia de mais de seis horas de clase sen xustificar as súas faltas, supón a perda do dereito á avaliación continua e a necesidade de realizar un exame final na fecha oficial fixada.
2. Avaliación non continua.
Exame final: 100%
3. Avaliación de alumnos con dispensa da súa asistencia.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) será informado individualmente, atendendo as súas circunstancias persoais, de aqueles traballos e avaliables que compensen a súa falta de asistencia a clase mantendo o seu dereito á avaliación continua segundo os porcentaxes establecidos.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 4.5 créditos que ten, é de 112.5 horas:
· Horas presenciais semanais: 7 horas (docencia expositiva e interactiva) x 4 semanas lectivas = 28 h semestrais.
· Horas de titorías de grupo: 4 horas
· Aulas expositivas: 12 horas.
· Aulas interactivas: 16 horas.
· Horas non presenciais: 80.5 horas no semestre.
(1) É obrigatoria a asistencia, participación e implicación nas aulas.
(2) Precísase dun compromiso coa entrega puntual dos distintos traballos propostos.
(3) Non serán aceptadas actitudes irrespectuosas ou discriminatorias de ningún tipo.
(4) Toda a materia está organizada para o traballo participativo, polo que se requiren habilidades sociais de cooperación, respecto e espírito construtivo.
Responsabilidade ambiental:
* Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
* Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
* Imprimir as dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
* Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
* Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
* Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto na ligazón:
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade ( Lifesize, etc.).
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non acomodado do mesmo.
- Ter en conta que a ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica- privacidade- protección-datos
Será de rigorosa aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011:
Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Jose Luis Pastoriza Rozas
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812522
- Correo electrónico
- jl.pastoriza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | SEMINARIO 1-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | SEMINARIO 1-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | SEMINARIO 1-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19.01.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
25.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |