Acceso
Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.
Admisión
O proceso de acceso e admisión, de acordo coa Orde ECI/3858/2007 que regula este Máster, realizarase por especialidades en función da titulación que se posúe.
Os estudantes indicarán dentro da especialidade, de forma orientativa, o itinerario da súa preferencia.
No caso da especialidade de Formación Profesional os itinerarios ofertados terán os mesmos efectos que as especialidades.
Os estudantes que posúan unha titulación que lles dea acceso a máis dunha especialidade poderán solicitar varias especialidades indicando a orde de preferencia, que será vinculante para a asignación das prazas Establécense perfís de acceso segundo as especialidades do Máster.
O seu carácter profesionalizador fai necesaria a correspondencia entre a titulación que lle dá acceso ao Máster e a especialidade elixida. Como criterio xeral considérase que os ou as aspirantes deberán cursar como mínimo 60 créditos ECTS de estudos superiores en materias relacionadas coa especialidade.
A modo de orientación esta correspondencia entre algunhas das titulacións actuais e as especialidades do Máster establécensese na táboa seguinte. Esta relación non é exhaustiva nin vinculante e a Comisión Académica do Máster ou a instancia universitaria que corresponda decidirá en cada caso.
Especialidade do Máster: Linguas e Literaturas
a) Itinerario da especialidade docente en Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Licenciatura/Grao en Filoloxía Galega
Licenciatura/Grao en Filoloxía Hispánica
Licenciatura/Grao en Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Licenciatura/Grao en Xornalismo
b) Itinerario da especialidade docente en Linguas extranxeiras
Licenciatura/Grao en Filoloxía Alemana
Licenciatura/Grao en Filoloxía Francesa
Licenciatura/Grao en Filoloxía Inglesa
Licenciatura/Grao en Filoloxía Italiana
Licenciatura/Grao en Filoloxía Portuguesa
Licenciatura/Grao en Filoloxía Románica
Licenciatura/Grao en Filoloxía Catalana
Licenciatura/Grao en Tradución e Interpretación
Grao en Estudos Orientais (Estudos de Asia Oriental
Mestre en Lingua Estranxeira
Mestre en Educación Primaria mención en Lingua estranxeira
Filoloxía Árabe pola UCM
Estudos de Asia e África: árabe, chinés e xaponés pola UAM
c) Itinerario da especialidade docente en Cultura e Linguas
Licenciatura/Grao en Filoloxía Clásica
Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B2, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018. De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.
Deberán acreditar un nivel B1 de competencia lingüística nunha lingua estranxeira, de acordo co establecido no Marco Común Europeo de Referencia para as linguas segundo a recomendación Nº R (98) 6 do Comité de Ministros de Estados Membros, do 17 de outubro de 2000. Esta acreditación deberá realizarse de xeito previo ou simultáneo á formalización da matrícula.