Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Educación, Sociedade e Política Educativa é unha materia obrigatoria do módulo xenérico no Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela, cunha carga lectiva de 3,5 créditos, adscrita ao Departamento de Pedagoxía e Didáctica.
O exercicio da profesión docente require dunha materia destas características que achegue unha dimensión pedagóxica de base na formación inicial do futuro profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, introducíndoo na análise e comprensión crítica da educación e os procesos en que se desenvolve, das relacións entre educación e sociedade, e a súa concreción en propostas de política educativa que acompañan ao cambio social e ás novas necesidades que del se derivan.
Considerando as finalidades indicadas e os referentes que deben definir a formación inicial dos/as ensinantes no marco universitario, os OBXECTIVOS a conseguir nesta materia oriéntanse a:
1) Adquirir e dominar os elementos terminolóxicos e conceptuais básicos da Teoría e Historia da Educación e a Pedagoxía Social, en relación co exercicio docente nas institucións educativas.
2) Desenvolver a capacidade de análise e conciencia crítica respecto das prácticas educativas e das relacións establecidas entre o sistema educativo e o sistema social.
3) Analizar teórica e comprensivamente a realidade institucional e social do sistema educativo español, e máis particularmente da súa concreción en Galicia.
4) Potenciar e exercitar capacidades básicas para o exercicio docente, tales como observación, reflexión e síntese, traballo en equipo, comunicación, investigación e pensamento crítico.
Os contidos da materia organízanse arredor dos tres seguintes bloques:
1. EDUCACIÓN E SOCIEDADE
1.1 Teoría da educación: fundamentos, conceptos e procesos educativos
1.2 Socialización e educación: o proceso de socialización; axentes e contextos educativos; funcións sociais da educación
1.3 O pensamento pedagóxico: enfoques e perspectivas críticas na renovación educativa
2. CAMBIO SOCIAL E POLÍTICA EDUCATIVA
2.1 Política e lexislación educativa; os procesos de reforma e a evolución do sistema educativo
2.2 A educación secundaria na LOMLOE
2.3 Cuestións críticas na política educativa actual
3. A EDUCACIÓN EN VALORES
3.1 A transversalidade da educación en valores no currículo escolar
3.2 Perspectivas da educación en valores
3.3 A construción dunha sociedade inclusiva e sostible
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Ayuste, A., Flecha, R., López Palma, F. e Lleras, J. (2005). Planteamientos de la Pedagogía Crítica: comunicar y transformar. Graó.
Colom, A., Domínguez, E. e Sarramona, J. (2011). Formación básica para los profesionales de la educación. Ariel.
Comisión Internacional sobre los Futuros de la Educación (2022). Reimaginar juntos nuestros futuros. Un nuevo contrato social para la educación. UNESCO. https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000379381_spa
Palacios, J. (1989). La cuestión escolar: críticas y alternativas. Laia.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Capitán, A. (2002). Breve historia de la educación en España. Alianza.
Carbonell, J. (2019) La educación es política. Octaedro.
Coll, C. (Coord.). (2010). Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. MEC/Graó.
Delors, J. (1997). La educación encierra un tesoro. Santillana/UNESCO.
Díez, F. J. (2018) Neoliberalismo educativo. Educando al nuevo sujeto neoliberal. Octaedro.
Díez, F. J. e Rodríguez, J.R. (2021) Educación crítica e inclusiva para una sociedad poscapitalista. Octaedro.
Fernández Enguita, M. (2017). Más escuela y menos aula. Morata.
Freire, P. (2006). Pedagogía de la autonomía. Saberes necesarios para la práctica educativa. Siglo XXI.
Imbernón, F. (Coord.). (2010). Procesos y contextos educativos en la educación secundaria. MEC/Graó.
LOMLOE – Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
Marchesi, A. e Martín, E. (2014). Calidad de la enseñanza en tiempos de crisis. Alianza.
Meirieu, P. (2006). Carta a un joven profesor. Por qué enseñar hoy. Laertes.
Merchán, F. J. (2021). La política educativa de la democracia en España (1978-2019): Escolarización, conflicto Iglesia-Estado y calidad de la educación. Archivos Analíticos de Políticas Educativas, 29(61). https://doi.org/10.14507/epaa.29.5736 (https://epaa.asu.edu/index.php/epaa/article/view/5736/2631)
Ministerio de Educación y Formación Profesional (2022). Sistema estatal de indicadores de la educación 2022. Secretaría General Técnica. https://www.educacionyfp.gob.es/inee/indicadores/sistema-estatal/ultima…
Ministerio de Educación y Formación Profesional y Consejo Escolar del Estado (2022). Informe 2022 sobre el estado del sistema educativo. Curso 2020-2021. Secretaría General Técnica. http://ntic.educacion.es/cee/informe2022/i22cee-informe.pdf
Obiols-Suari, N. (2021). Erich Fromm y la relación educativa. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 33(1), 51-69. https://doi.org/10.14201/teri.23415
Puelles, M. de (2018). Política, legislación y educación. Universidad Nacional de Educación a Distancia, UNED.
Puelles, M. de e Menor, M. (Coords.). (2018). El artículo 27 de la Constitución. Cuaderno de quejas. Morata.
Romero, C. y Núñez, L. (2017) Teoría de la Educación. Capacitar para la práctica. Pirámide
Xunta de Galicia. (Setembro, 2022). Datos e cifras do ensino non universitario. Curso 2022/23. Consellería de Cultura, Educación e Universidade. https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1196
REVISTAS DE REFERENCIA:
Revista de Educación
http://www.educacionyfp.gob.es/revista-de-educacion/inicio.html
Historia y Memoria de la Educación
http://revistas.uned.es/index.php/HMe
Revista Española de Pedagogía
https://revistadepedagogia.org/
Revista interuniversitaria de Formación del Profesorado
https://recyt.fecyt.es/index.php/RIFOP
COMPETENCIAS XERAIS
- Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, e á formación cidadá respecto dos dereitos humanos que facilita a vida en sociedade e a toma de decisións para a construción dun futuro sostible. (CX7)
- Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro educativo un lugar de participación e cultura na contorna na que está situado. (CX10)
- Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e os modelos de mellora da calidade nos centros de ensino. (CX13)
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- Identificar as características dos/as estudantes, os seus contextos sociais e motivación educativa. (CE-XEN1)
- Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá. (CE- XEN 8)
- Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, na igualdade de trato e a non discriminación das persoas con discapacidades. (CE-XEN 10)
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
- Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet. (CT-1)
- Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións. (CT-2)
- Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarias. (CT-3)
O conxunto de procedementos propostos e desenvolvidos para lograr os obxectivos da materia de "Educación, Sociedade e Política Educativa" centrarase nos principios pedagóxicos da participación, discusión crítica, aprendizaxe autónoma e cuestionamento das realidades educativas e sociais.
Dende unha óptica teórica, metodoloxicamente, o desenvolvemento dos contidos fundaméntase na perspectiva da complexidade, que esixe situar os contidos no contexto das múltiples realidades sociais, e tamén relacionar os devanditos coñecementos cos saberes xerados nas disciplinas e ciencias que fundamentan a materia: Teoría da Educación, Historia da Educación, Pedagoxía Social, Socioloxía da Educación e Antropoloxía da Educación; coñecementos que no seu conxunto facilitan a explicación e comprensión profunda e contextualizada do proceso educativo.
Tomando en conta os principios da materia, desenvolveranse as seguintes actividades:
-Sesións expositivas
-Sesións interactivas (actividades prácticas, debates, dinámicas de grupo, simulacións, comentarios de lecturas, material audiovisual…)
-Titorías individuais e grupais
-Visitas-estudo a institucións/recursos educativos vinculados coa materia
-Traballo persoal do alumnado, que require tanto a lectura reflexiva e crítica dos materiais de referencia e a busca de novas achegas como a participación activa no desenvolvemento das sesións.
A aula virtual será o principal recurso de formación para a difusión de información, o almacenamento de apuntamentos, dossier de lectura, directrices de desenvolvemento de traballos, etc., e para a recepción das tarefas encargadas.
PRÁCTICA DE CAMPO
En función das posibilidades de organización temporal e coordinación prevese o desenvolvemento dunha práctica de campo (visita de estudos e encontros profesionais), se é posible compartida con outras materias. Unha actividade interdisciplinar que será valorada en cada unha das materias participantes.
A tarefa avaliadora será integral, continua e formativa. Aplicarase ás actividades individuais e grupais, en función das diversas tarefas de ensino e aprendizaxe propostas durante o desenvolvemento da materia.
A avaliación dos/as estudantes centrarase no proceso e nos resultados, tomándose como referencia os seguintes criterios:
a. habilidades docentes básicas (capacidade de traballo en equipo, sistematicidade e organización, claridade expositiva, capacidade de comunicación, empatía).
b. dominio dos contidos da materia (calidade de coñecementos, argumentación, capacidade de elaboración e relación conceptual).
ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
a. ASISTENCIA E IMPLICACIÓN NAS SESIÓNS DE CLASE (expositivas, interactivas e titoría). É un requisito para a avaliación a asistencia a un 80% das sesións de clase, excepto o alumnado que teña recoñecida a exención oficial de docencia presencial. O alumno ou alumna que non asista ao 80% mínimo e non teña recoñecida a exención oficial de docencia presencial será considerado como alumnado Non Presentado na correspondente oportunidade.
b. PRÁCTICAS OBRIGATORIAS (50%). Realizaranse tres prácticas obrigatorias, unha correspondente a cada bloque da materia:
Bloque 1: Perspectivas pedagóxicas (grupal/individual) (15%)
Bloque 2: Problemas actuais na política educativa (grupal) (25%)
Bloque 3: Educación en valores (grupal) (10%)
A descrición e directrices para a realización destas prácticas serán publicadas na aula virtual e explicadas polo/a docente ao comezo do cuadrimestre.
c. EXAME - PROBA ESPECÍFICA DE AVALIACIÓN (50%) que tomará en conta todos os contidos impartidos na materia, a lectura do dossier de textos e o libro elixido polos/as estudantes da listaxe presentada polo/a profesor/a. O alumnado deberá elixir entre unha das seguintes modalidades de proba específica:
1) Exame tradicional con preguntas de desenvolvemento no que se esixirán respostas complexas e reflexivas.
2) Ensaio crítico sobre “Educación, Sociedade e Política Educativa”, no que se esixirá razoar de maneira argumentada sobre as achegas da materia á formación do profesorado tomando como referencia os contidos da materia, o dossier e o libro elixido da listaxe presentada polo/a profesor/a.
Para aprobar a materia é condición imprescindible superar cada un dos apartados de avaliación (a, b, c).
VALORACIÓN NUMÉRICA
- Actividade a (requisito)
- Actividade b: 50% cualificación
- Actividade c: 50% cualificación
EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA E DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/export9/ sites/ webinstitucional/ gl/ goberno/ secxeral/ Instrucion-I-2017-sobre-a-dispensa-de-asistencia-a-clase-en-determinadas-circunstancias.pdf), ou con exención de docencia (http://www.usc.es/export9/ sites/ webinstitucional/ gl/centros/cc_ educacion/descargas/Decanato/ Exencion-de-docencia-curso-2017-18.pdf) deberá realizar as seguintes tarefas de avaliación:
a) PROBA ESPECÍFICA DE AVALIACIÓN (60%) que tomará en conta todos os contidos impartidos na materia, a lectura do dossier de textos e o libro elixido polos/as estudantes da listaxe presentada polo/a profesor/a.
- Exame: preguntas de desenvolvemento no que se esixirán respostas complexas e reflexivas.
b) PRÁCTICAS OBRIGATORIAS (40%). Desenvolvemento -grupal ou individual- das prácticas obrigatorias indicadas polo/a docente para todos os/as alumnos/as que cursan a materia.
Para aprobar a materia é condición imprescindible superar cada un dos apartados de avaliación (a, b).
O alumnado con exención oficial de docencia e/ou dispensa de asistencia deberá presentarse - obrigatoriamente- a unha titoría para informar sobre a súa condición en canto reciba o documento oficial que acredita a súa situación. O/A docente da materia só considerará exentos de docencia e dispensados de asistencia a aqueles/as alumnos/ as que lle informaran oficialmente sobre esta circunstancia.
CONVOCATORIAS POSTERIORES
As condicións de avaliación expresadas neste documento manteranse vixentes por un curso académico.
Seguindo as indicacións recollidas na memoria do Máster, estímase que cada crédito cursado nesta materia require dezasete horas de estudo e traballo persoal por parte das e dos estudantes, seis horas de docencia presencial e dúas horas de titorías grupais e/ou individuais.
Aconséllase un traballo continuado na materia, recomendándose prioritariamente:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia.
- Manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensino e aprendizaxe promovidos na materia, e nas diferentes modalidades de sesións de traballo.
- Ter en conta unha adecuada organización do tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia coas demais do Máster.
- Realizar lecturas de libros e publicacións integradas na bibliografía da materia e doutras recomendadas polo profesorado.
- Facer uso das titorías como un dereito do alumnado.
TITORÍA
Grupos de Santiago: realizarase nos despachos do/da profesor/a na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida.
Os traballos realizados polo alumnado entregaranse, preferentemente, a través da Aula Virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia é OBRIGATORIO ter en conta as seguintes indicacións.
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián como nas tarefas académicas encomendadas. Pode obterse información na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua… non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
NORMAS PARA A REALIZACIÓN DE TRABALLOS
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas da American Psychological Association (APA) 7ª edición.
CONTA CORREO USC
Para o alumnado é obrigatorio o uso da conta institucional de correo electrónico rai.
USO TELÉFONO MÓBIL
Non está permitido o uso dos teléfonos móbiles na clase, salvo como instrumento de traballo supervisado polo docente. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas do uso inadecuado deste aparello.
PROTECCIÓN DE DATOS
É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidade- proteccion-datos
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DE FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
CARÁCTER PRIVADO DO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Maria Do Carmen Cambeiro Lourido
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- mariadocarmen.cambeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
German Vargas Callejas
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813820
- Correo electrónico
- german.vargas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor