Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo fundamental é identificar, analizar e valorar os saberes lingüísticos e literarios dos currículos da área de Lingua e literatura na educación secundaria, así como coñecer estratexias básicas para a programación didáctica nesta área e ser quen de aplicalas en supostos prácticos. A materia atende, así mesmo, ao obxectivo de comprender a funcionalidade dos saberes lingüísticos no desenvolvemento das destrezas comunicativas e valorar o papel da lectura literaria na educación secundaria.
Este obxectivo xeral concrétase nos seguintes obxectivos específicos:
Capacitar ao futuro profesorado para planificar as ensinanzas e deseñar unidades didácticas na área de Lingua Castelá e Literatura para alumnado da ESO e do Bacharelato con características e contextos diversos.
Transmitir ao futuro profesorado a conciencia e sensibilidade sociolingüística requirida para o ensino de lingua e literatura nun contexto multilingüe.
Coñecer en profundidade o currículo de Lingua Castelá e Literatura nos distintos niveis da educación secundaria e transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
Manexar materiais curriculares, aprender a seleccionar os máis motivadores, eficaces e adaptados ao nivel curricular, así como a elaboralos persoalmente con criterios de motivación, eficacia e adaptación ao contexto ou ás necesidades específicas dun alumno ou grupo de alumnos.
Familiarizar ao alumnado cos distintos documentos de concreción do currículo e coa elaboración de programacións, programacións de aula e unidades didácticas da materia “Lingua Castelá e Literatura”.
Preparar ao alumnado para traballar como docentes de lingua e literatura nun contexto tecnolóxico, empregando os recursos que achegan as TIC como fonte de materiais curriculares, ferramenta de traballo e elaboración de materiais en liña, así como como novo contexto que require o dominio de novas estratexias comunicativas.
Reflexionar sobre as consecuencias pedagóxicas e as implicacións didácticas dun marco teórico pragmático, orientado ao desenvolvemento das competencias lingüísticas e ao uso da lingua nos distintos contextos sociais.
Coñecer a literatura xuvenil e ser quen de seleccionar textos de lectura motivadores e adecuados para os distintos niveis da educación secundaria, co fin de desenvolver o gusto pola lectura e adquirila como fonte de lecer, coñecemento e pracer.
Coñecer técnicas de obradoiro literario adaptadas aos distintos niveis da educación secundaria que permitan unha aproximación non só pasiva aos textos literarios, senón tamén desde a creación e a creatividade.
Dominar as estratexias para acadar a mellora dos distintos aspectos da competencia lingüística (ortografía, puntuación, redacción, expresión oral...) nos distintos niveis da educación secundaria.
Coñecer as dificultades para a aprendizaxe do castelán de estudantes inmigrantes que non teñen o castelán como lingua materna e practicar a elaboración de materiais curriculares específicos.
Coñecer procedementos e técnicas de avaliación dos aspectos curriculares de Lingua Castelá e Literatura e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa, así como promovelas no alumnado.
1. O ensino e a aprendizaxe de Lingua Castelá e Literatura na Educación Secundaria Obrigatoria e no Bacharelato.
2. Fontes curriculares, obxectivos, contidos e criterios de avaliación nos currículos das áreas de Lingua Galega e Literatura e de Lingua Castelá e Literatura na ESO e no Bacharelato. O currículo de Lingua Castelá e Literatura na Educación Secundaria Obrigatoria e no Bacharelato. Coñecemento do currículo e elaboración de materiais de aula. O novo marco da LOMLOE.
3. Desenvolvemento da competencia oral.
4. A promoción da lectura e da competencia escrita e discursiva na Educación Secundaria.
5. O lugar da gramática na ESO e no Bacharelato: enfoque comunicativo e contidos gramaticais. O papel da gramática no desenvolvemento das destrezas comunicativas.
6. Lectura, literatura e educación literaria na Educación Secundaria e no Bacharelato.
6.1. A literatura especificamente xuvenil e os criterios de selección de textos literarios para o seu uso con alumnado de Educación Secundaria.
6.2. Os obradoiros literarios: actividades para potenciar a creatividade literaria. Os concursos literarios orientados á Educación Secundaria (Premios Minerva, Concurso Coca-Cola para alumnado de 2º da ESO, etc.) e os clubs de lectura das bibliotecas de instituto: análise de casos e experiencias reais.
6.3. O plan lector nos institutos de Educación Secundaria.
6.4. Historia literaria e outras perspectivas de estudo: aplicacións das teorías sistémicas e os Estudos Culturais na Educación Secundaria.
6.5. Actualización das prácticas de comentario de texto nun paradigma post-formalista.
7. A comunicación icónico-verbal: a competencia comunicativa e os novos contextos e desenvolvementos tecnolóxicos.
8. A prensa e os medios de comunicación na materia de Lingua Castelá e Literatura na Educación Secundaria.
9. Os medios de comunicación e as novas tecnoloxías na didáctica da lingua e da literatura.
10. O tratamento integrado da lingua e da literatura na educación secundaria. Novas metodoloxías na didáctica da lingua e da literatura.
11. Os materiais didácticos nas áreas de lingua e literatura: criterios de análise e valoración. O contacto entre o galego e o castelán e as súas implicacións didácticas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Durán, C., G. Jover, R. Linares e M. Manresa (2022). Secuencias didácticas de reflexión sobre la lengua. https://sites.google.com/view/reflexion-sobre-la-lengua/inicio
García Gutiérrez, Mª E. (coord.) (2006). La educación lingüística y literaria en secundaria: materiales para la formación del profesorado. Vol. I, La educación lingüística. Vol II, La educación literaria. Consejería de Educación / Univ. de Murcia.
Jover, G. (2022). Itinerarios de lectura literaria para la ESO
https://sites.google.com/view/itinerariosdelecturaliteraria/eso
Mata, Juan, Mª del Pilar Núñez et. al. (2015). Didáctica de la lengua y la literatura. Pirámide.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Álvarez Angulo, T. (2010). Competencias básicas en escritura. Octaedro.
Barragán, C. et al. (2005). Hablar en clase: cómo trabajar la lengua oral en el centro escolar. Graó.
Calsamiglia, H. y Tusón, A. (1999). Las cosas del decir. Manual de análisis del discurso. Ariel.
Colomer, T. y Camps, A. (1996). Enseñar a leer, enseñar a comprender. Celeste/MEC.
Gúrpide Ibarrola, C., Falcó Avellana, N. y Bernad Puig, A. (2010). Espejos de la ficción. Los talleres de escritura. Pamiela.
Jover, G. (2007). Un mundo por leer. Educación, adolescentes y literatura. Octaedro.
Leibrandt, I. (2008). Las herramientas electrónicas en la didáctica de la literatura. Eunsa.
Lomas, C., Osoro, A. y Tusón, A. (1993). Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua. Paidós.
Silva Valdivia, B. (2008). “Gallego, castellano y lenguas extranjeras en el sistema escolar de Galicia”, Textos de Didáctica de la Lengua y de la Literatura, 47, 59-69.
Tusón, A. (1993). “Aportaciones de la sociolingüística a la enseñanza de la lengua”, en C. Lomas y A. Osoro (comps.), El enfoque comunicativo de la enseñanza de la lengua (pp. 55-72). Paidós.
Vázquez, G. (2000). La destreza oral. Conversar, exponer, argumentar. Tandem-Edelsa.
Zayas, F. (2011). La educación literaria. Cuatro secuencias didácticas. Octaedro.
A materia contribuirá particularmente ao desenvolvemento das seguintes competencias xerais, específicas e transversais:
COMPETENCIAS XERAIS
(CG2) Coñecer o corpo de coñecementos didácticos arredor dos procesos de ensino e aprendizaxe correspondentes.
(CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das ensinanzas respectivas, atendendo ao nivel e á formación previa do estudantado, así como á súa orientación, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
(CG4) Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialidade cursada.
(CG5) Contextualizar o currículo que se vaia implantar nun centro docente, participando na súa planificación colectiva.
COMPETENCIAS BÁSICAS
(CB7) Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
(CB8) Que o estudantado sexa quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
(CB9) Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
(CB10) Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun xeito que deberá ser, en grande medida, autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
(CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
(CE-E4) Coñecer contextos e situacións nas que se usan ou aplican os distintos contidos curriculares.
(CE-E5) Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e da aprendizaxe das materias correspondentes.
(CE-E6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
(CE-E7) Adquirir criterios para a selección e elaboración de materiais educativos.
(CE-E8) Fomentar un clima que favoreza a aprendizaxe e poña en valor as achegas do alumnado.
(CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
(CE-E13) Identificar os problemas relativos ao ensino e á aprendizaxe das materias da especialización e formular alternativas e solucións.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
(CT-2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
(CT-3) Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinares.
(CT-4) Competencia informacional.
Preténdese unha metodoloxía didáctica baseada fundamentalmente na participación e na cooperación, de maneira que as aprendizaxes se produzan a partir da análise crítica de documentos, do contraste de ideas e argumentos, e da valoración compartida de informacións, recursos e estratexias didácticas. Tomando como referencia a metodoloxía do traballo por proxectos, proporase como tarefa condutora da materia a preparación dunha programación docente dun curso académico da materia de lingua castelá e literatura. Deste modo, o traballo centrarase principalmente na elaboración, por parte das alumnas e alumnos, de propostas didácticas para a aula que cubrirán os distintos niveis da Educación Secundaria. Estas programacións defenderanse oralmente e exporanse unidades didácticas tomadas delas, coas súas actividades. Estas exposicións darán pé a un debate sobre a adecuación ao nivel, a efectividade, o carácter motivador das actividades, a integración de aspectos de innovación docente e unha interacción co profesor que orientará sobre estas cuestións, tratando ademais de xeito sistemático todos os aspectos da competencia lingüística e literaria, propoñendo canles de mellora. Entendemos que esta metodoloxía é eficaz, pertinente e motivadora, xa que permite achegarse a todos os contidos da materia desde unha perspectiva eminentemente práctica, de elaboración de materiais curriculares e de adecuación aos distintos niveis educativos e ademais achega aos alumnos e alumnas a unha actividade que formará parte do seu futuro docente e que os motivará particularmente por formar tamén parte dos procesos selectivos para o profesorado, precisamente pola súa íntima relación coa actividade docente. Facilitaranse materiais a través da aula virtual.
A distribución do horario en sesións expositivas e interactivas entenderase de forma flexible, pero permitirá utilizar dúas metodoloxías complementarias:
a) As sesións expositivas utilizaranse para establecer pautas sobre o desenvolvemento didáctico da propia materia e para facilitar a información básica relacionada con cada tema.
b) As sesións interactivas servirán para desenvolver máis polo miúdo os contidos e para contrastar ideas e tomar postura persoal sobre os mesmos. Para iso, organizados en pequenos grupos, os estudantes deberán afondar nos distintos temas e guiar a súa discusión en gran grupo.
As sesións interactivas terán como finalidade servir para o desenvolvemento práctico do produto final establecido para o proxecto que constituirá o eixo vertebrador da materia e o principal instrumento de avaliación.
AVALIACIÓN
A avaliación da materia combinará avaliación continua e proba final, de acordo co previsto na Memoria Verificada do título e no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno do 25 de novembro de 2024.
Segundo o artigo 1.2.a) do citado regulamento, a asistencia e participación nas actividades presenciais valoraranse como un factor máis no marco da avaliación continua.
A avaliación continua estará centrada na elaboración dunha programación docente da materia de Lingua Castelá e Literatura para Educación Secundaria, así como no deseño de materiais e propostas didácticas vinculadas a ela. Valorarase especialmente:
-a adecuación curricular;
-a coherencia metodolóxica;
-a integración de propostas de innovación docente;
-a aplicabilidade ao contexto educativo;
-a calidade da reflexión didáctica desenvolvida.
Os instrumentos e porcentaxes de avaliación serán os seguintes:
Traballos e actividades de avaliación continua (programación docente, deseño de unidades didácticas, materiais curriculares e tarefas vinculadas ao desenvolvemento da materia): 40%.
Proba final individual: 60%.
A proba final poderá incluír cuestións teóricas, supostos prácticos e actividades de análise e aplicación didáctica relacionadas cos contidos da materia.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Na segunda oportunidade conservarase a cualificación obtida nas actividades de avaliación continua. O alumnado realizará unha nova proba final co mesmo peso porcentual ca na primeira oportunidade.
ALUMNADO CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
O alumnado con dispensa oficial de asistencia será avaliado mediante os mesmos criterios e porcentaxes establecidos con carácter xeral para a materia. Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado nos primeiros días do semestre para concretar o seguimento da materia e o plan de traballo correspondente.
ALUMNADO REPETIDOR:
O alumnado repetidor rexerase polos criterios xerais de avaliación da materia, sen prexuízo do disposto no artigo 6 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC.
Traballo presencial: 48 horas, que abranguen clases expositivas nas que se tratarán os distintos contidos e servirán para orientar a elaboración da programación docente en aspectos de competencia lingüística, promoción da lectura, técnicas de obradoiro literario, avaliación na área de lingua, atención á diversidade na área de lingua castelá e literatura; clases interactivas centradas en exposicións, debates, elaboración de materiais e propostas didácticas, corrección de materiais, planificación da actividade do período de prácticas, etc.
Traballo persoal do/a alumno/a: 102 horas, que se distribuirán en estudo autónomo, lectura de materiais e elaboración de propostas didácticas, preparación de presentacións e debates, actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, procuras bibliográficas e revisión de materiais curriculares, etc.
As recomendacións para o estudo da materia inclúen a asistencia activa e participativa, a lectura da bibliografía recomendada, a implicación nas actividades prácticas propostas e a reflexión sobre a importancia da propia actitude lingüística, que constituirá no futuro exercicio docente o modelo de lingua para alumnos e alumnas de educación secundaria, e que como tal debe ser non só un exemplo lingüístico axeitado gramaticalmente e rico lexicamente, senón a expresión de actitudes lingüísticas de valoración dos distintos códigos. O uso lingüístico do profesorado ten un papel esencial na formación de individuos plurilingües, con flexibilidade para o uso das diversas linguas e que valoren estas non só como códigos de comunicación funcional senón como elementos clave do patrimonio cultural e da construción da propia identidade e a apertura a outras culturas e sociedades. Recoméndase ler, amosar interese pola literatura e integrala nas vidas dos estudantes, pois só un profesor ou profesora que le poderá no futuro transmitir o goce e o hábito da lectura.
- Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero. Facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos:
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Lopez Sandez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- maria.sandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
| Xoves | ||
| 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
| 20.05.2027 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
| 28.06.2027 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ SANDEZ, MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ SANDEZ, MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ SANDEZ, MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ SANDEZ, MARIA | Castelán |