Créditos ECTS Créditos ECTS: 18
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 18.5 Clase Interactiva: 6.5 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Ciencias Morfolóxicas, Química Inorgánica, Química Física, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Electrónica e Computación, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Departamento externo vinculado ás titulacións, Bioloxía Funcional, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Fundamentos de Análise Económica, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Anatomía e Embrioloxía Humana, Química Inorgánica, Química Física, Nutrición e Bromatoloxía, Química Analítica, Tecnoloxía de Alimentos, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Área externa M.U en Biociencias Moleculares [L], Bioloxía Celular, Fisioloxía Vexetal, Xenética, Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Capacidade para integrar creativamente os coñecementos para resolver un problema de ámbito profesional.
- Destreza na elaboración de informes.
- Destreza na presentación oral dun traballo, empregando os medios audiovisuais máis habituais.
- Capacidade para estruturar unha defensa sólida dos puntos de vista persoais apoiándose en fundamentos científico- técnicos e en razoamentos críticos.
Exercicio integrador ou de síntese que permite aplicar as competencias adquiridas nas materias da titulación. Nel efectuarase a realización, presentación e defensa individual ante un tribunal universitario, dun proxecto en calquera dos ámbitos relacionados coas Biociencias Moleculares, no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos do Máster.
O traballo fin de máster poderase realizar nalgunha das liñas de investigación ofertadas polos profesores do Máster. O tema de traballo específico será asignado pola comisión académica do máster a cada estudante, tendo en conta as liñas de traballo ofertadas, as preferencias manifestadas polo estudantado e as dispoñibilidades de profesorado.
Para determinar a procedencia ou viabilidade dunha temática para desenvolver como TFM, o/a estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado ante a Comisión do Título de Máster en Biociencias Moleculares. Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFM poderá ser elaborado e presentado para a súa defensa pública.
A normativa do TFM da Facultade de Ciencias para esta titulación define os aspectos relativos ao TFM.
Dependerán do tipo de proxecto que realice o/a estudante e o seu contido.
Comp02 - Desenvolver unha capacidade de liderado que permita ofrecer solucións oportunas e creativas en situacións profesionais complexas.
Comp07 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Comp08 - Ser capaz de comunicar conclusións e coñecementos de forma argumentada a públicos especializados e non especializados con claridade e precisión, tamén en linguas estranxeiras, principalmente en lingua inglesa.
Con03 - Coñecer os fundamentos e aplicacións dos principais métodos experimentais avanzados e técnicas analíticas e moleculares de vangarda utilizadas no ámbito de estudo das Biociencias Moleculares.
H/D06 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
H/D08 - Aplicar os coñecementos adquiridos na planificación e implementación de proxectos de investigación.
H/D09 - Aplicar axeitadamente os coñecementos e técnicas adquiridos para analizar unha situación ou concepto complexos e atopar unha maneira de solucionalos.
O TFM consiste na realización dun exercicio integrador ou de síntese que permita aplicar as competencias adquiridas nas materias da titulación. Fundamentalmente trátase dun módulo de traballo persoal do/da estudante, no que se contemplan ademais as horas de titoría personalizada co profesor-titor do TFM
Para a realización e exposición do TFM a metodoloxía docente de apoio ao estudantado que vai utilizarse será a de titorías individuais, co fin de atender as necesidades específicas de cada traballo fin de máster que deberá ser un exercicio orixinal e individual.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre estudante e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do/da estudante.
A avaliación do traballo fin de máster será levada a cabo por parte dun tribunal universitario segundo os criterios que figurarán na Normativa de TFM.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos/das estudantes e de revisión das cualificacións”.
O/A estudante, xunto coa proposta entregará un cronograma no que se detallen as actuacións para acometer, así como a súa distribución temporal, de forma que se xustifiquen as horas totais de traballo necesarias para superar o TFM, 450 horas. A actividade formativa comprende 18 créditos ECTS, distribuídos da seguinte forma:
Seminarios: 6,5 horas.
Titorías individuais: 18,5 horas.
Traballo fin de máster: 425 horas de traballo do/da estudante.
Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Natureza do traballo fin de máster: o traballo fin de máster consiste na realización dun proxecto individual que deberá ser un traballo orixinal no que se acrediten os coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudos realizados no Máster. Segundo o Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de máster e fin de máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno o 10 de marzo de 2016, incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa pública.
Os traballos fin de máster deberán ter un titor que será o que asista na dirección ao/á estudante. Tamén poderán nomearse cotutores coas funcións previamente determinadas. A metodoloxía dos traballos será fixada polo titor e cotutores do Traballo, en función do tipo de TFM que o/a estudante vai realizar.
Unha vez finalizado o traballo, o/a estudante deberá realizar unha memoria, que deberá presentar ao tribunal correspondente.
A avaliación do TFM será levada a cabo por parte dun tribunal universitario segundo os criterios da Normativa de TFM e en base á Rúbrica de Avaliación de TFM.
Tanto a normativa como a Rúbrica serán elaboradas pola Comisión Académica do título de acordo co Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de máster e fin de máster da Universidade de Santiago de Compostela e a guía docente da materia.
Normativa sobre protección de datos e uso de imaxes en traballos académicos e prácticas externas
Segundo o disposto na Resolución Reitoral relativa ao procedemento de avaliación previa dos traballos académicos que impliquen a intervención con persoas, a obtención de mostras ou o tratamento de datos persoais, os Traballos de Fin de Grao (TFG), Traballos de Fin de Máster (TFM), así como as prácticas externas e o Practicum, deberán axustarse estritamente á normativa vixente en materia de protección de datos persoais.
Isto implica que o estudantado deberá:
• Identificar claramente que datos persoais se recollen e con que finalidade.
• Obter os consentimentos pertinentes das persoas implicadas.
• Garantir a confidencialidade e seguridade da información tratada.
• Respectar en todo momento os dereitos das persoas participantes.
En calquera caso, se o traballo ou as prácticas implican o tratamento de datos de carácter persoal, será obrigatorio contar cun informe favorable do Comité de Bioética da USC. Para iso, deberase solicitar previamente a avaliación á Comisión de Avaliación Previa dos Traballos Académicos da Facultade de Ciencias.
Protección da propia imaxe e uso de contido audiovisual
• Está prohibido fotografar ou gravar en vídeo persoas ou instalacións sen contar coa autorización explícita do centro de destino.
• No caso de dispoñer desa autorización, as imaxes ou vídeos non poderán mostrar elementos que permitan identificar menores ou profesionais (por exemplo, deberán tomarse de costas, enfocando mans, etc.).
• Queda terminantemente prohibido difundir en redes sociais ou en calquera outro medio material audiovisual ou información relativa a menores ou centros educativos, fóra do contexto académico e dos traballos ou memorias.
Para máis información sobre as obrigas legais en materia de protección de datos persoais, pode consultarse a política de privacidade da USC en:
https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/secretaria-xeral/prot…