Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
-A materia busca introducir ao alumnado á física dos fenómenos críticos, salientando tanto a súa comprensión conceptual básica como o seu uso en tanto que ferramenta para a análise de sistemas físicos en función da súa proximidade a transicións de estado.
-Resultados da aprendizaxe:
Coñecemento da física dos fenómenos críticos e das transicións de fase. O alumnado recibirá unha instrución na devandita temática, tocando os seus aspectos de descrición fenomenolóxica, de modelización, e de análise experimental. Ao final da materia o alumnado saberá identificar e analizar un fenómeno crítico, así como tamén utilizalo como ferramenta para a caracterización do material ou sistema que experimenta o devandito fenómeno.
Descrición xeral dos fenómenos críticos. Exemplos de transicións de fase e dos seus fenómenos críticos (superconductores, superfluidos, condensados de Bose-Einstein, cristais líquidos, aleacións, ferromagnéticos, ferroeléctricos, fenómenos percolativos, outros).
Parámetro de orde. Ruptura de simetría.
Modelos de campo medio e de Landau-Ginzburg.
Escalamento. Lonxitudes de correlación. Invarianza de escala.
Aplicación dos resultados de grupo de renormalización aos fenómenos críticos.
Influencia da dimensionalidade espacial sobre os fenómenos críticos.
Fenómenos críticos en sistemas inhomoxéneos. Percolación.
Aspectos experimentais na medición de fenómenos críticos.
---Principal:
- N. Goldenfeld, Lectures on phase transitions and the renormalization group (Frontiers in Physics, Perseus Books, 1992). Versión ebook en https://www.amazon.es/Lectures-Transitions-Renormalization-Frontiers-Ph…
- N. Cotón, F.J. Guzmán, M.V. Ramallo, A. Ríos, C. Torrón, F.Vidal, Thermal fluctuations near a phase transition probed through the electrical resistivity of high-temperature superconductors (American Journal of Physics 78, 310, 2010). Dispoñible online en https://doi.org/10.1119/1.3276713
---Bibliografía complementaria:
Para algúns aspectos concretos, pode ser útil a consulta dos seguintes textos, moitos obtibles online
- E. Stanley, Phase transitions and critical phenomena (Clarendon Press, 1971).
- G. Toulouse, P. Pfeuty, Introduction to the renormalization group and to critical phenomena (Wiley, 1977).
- C. Domb, The critical point: a historical introduction to the modern theory of critical phenomena (Taylor and Francis, 1996).
- J.J. Binney, N.J. Dowrick, A.J. Fisher, M.E.J. Newman, The theory of critical phenomena. An introduction to renormalization group (Oxford University Press, 1992).
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
COMPETENCIAS XERAIS
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
CG04 - Familiarizarse coas distintas modalidades usadas para a difusión de resultados e divulgación de coñecementos en reunións científicas.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
COMPETENCIAS TRANSVERSALES
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE08 - Adquirir un coñecemento en profundidade da estrutura da materia no réxime de baixas enerxías e a súa caracterización.
CE09 - Dominar o conxunto de ferramentas necesarias para que poida analizar os diferentes estados en que pode presentarse a materia.
Estudo persoal. Só é posible a matrícula na materia sen dereito á docencia.
Exame final. Non se conservarán avaliacións parciais ou totais de convocatorias pasadas ou cursos anteriores.
Só é posible a matrícula na materia sen dereito á docencia. O total de horas (75h) corresponde polo tanto a estudo persoal.
Manuel Vazquez Ramallo
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881813965
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
04.06.2024 12:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 7 |
09.07.2024 12:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 7 |