Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Departamento da Área do Profesional da USC 991
Áreas: Botánica, Zooloxía, Área do Profesional da USC
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Capacitar ao alumnado na diagnose e valoración da biodiversidade a escala territorial, así como no coñecemento e uso das normativas e convenios sobre conservación de especies e hábitats ameazados.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Avaliación e seguimento da biodiversidade. Indicadores e elementos clave. Categorías e catálogos de especies ameazadas, hábitats e espazos protexidos. Especies invasoras e outros riscos biolóxicos.
Os contidos da materia desenvolveranse de acordo co seguinte temario:
Actividades expositivas (9 h):
Tema 1. Métodos e criterios para a análise da biodiversidade nos ecosistemas. Avaliación e seguimento da biodiversidade. (Botánica e Zooloxía) (2 h)
Tema 2. Indicadores e elementos clave. Distribución, rareza e endemicidade na avaliación da biodiversidade. (Botánica e Zooloxía) (1 h)
Tema 3. Categorías e catálogos de especies ameazadas no ámbito europeo, estatal e autonómico. (Botánica e Zooloxía) (2 h)
Tema 4. Categorías e catálogos de hábitats e espazos protexidos no ámbito europeo, estatal e autonómico. (Botánica e Zooloxía) (2 h)
Tema 5. Especies invasoras animais e vexetais. Aspectos normativos. Outros riscos biolóxicos. (Botánica e Zooloxía) (2 h)
Actividades interactivas (12 h):
Seminario 1: Directrices para a elaboración dun traballo sobre a materia que contemple algún tema específico dentro da temática xeral ofertada (1 h).
Práctica de laboratorio/campo: Exercicio práctico de avaliación da biodiversidade, incluíndo, se procede, riscos como as invasións biolóxicas (3 h).
Práctica de campo: Viaxe de prácticas a un espazo protexido do Noroeste Ibérico para o recoñecemento e avaliación de elementos clave da biodiversidade (8 h).
Bibliografía básica
Bartolome C., Alvarez J., Vaquero J., Costa M., Casermeiro M.A., Giraldo J. & Zamora J., 2005. Los tipos de hábitat de interés comunitario de España. Ministerio de Medio Ambiente, 283 pp. Madrid
Capdevila, L. et al., 2006- Especies Exóticas Invasoras: Diagnóstico y bases para la prevención y el manejo. Ministerio de Medio Ambiente, Organismo Autónomo Parques Nacionales.
Delibes, M. 2005- La Naturaleza en peligro. Ed. Destina
European Commission Interpretation, 2013. Manual of European Union Habitats - EUR 28; European Commission. DG Environment. Nature ENV B.3: Brussels.
Hawksworth, D.L., 1995. Biodiversity. Measurements and estimation. Edit. Chapman and Hall -The Royal Society. London
Hill, D, Fasham, M, Tucker, G., Shewry, M. & Shaw, P., 2007. Handbook of biodiversity methods: survey, evaluation and monitoring. Cambridge University Press, Cambridge.
Loidi, J., 2017. The Vegetation of the Iberian Peninsula, vol 1. Springer. 676 pp. Cham, Switzerland
Miller G.T & Spoolman,SE., 2012. Living in the Environment, 17e. CENGAGE Learning Custom Publishing
Telleria, J.L., 2012. Introduccion a la conservacion de las especies. Tundra ediciones, Valencia
UICN, 2012. Categorias y Criterios de la Lista Roja de la UICN: Version 3.1. Segunda edicion. Gland, Suiza y Cambridge, Reino Unido: UICN. vi + 34pp. Originalmente publicado como IUCN Red List Categories and Criteria: V 3.1. Second edition. (Gland, Switzerland and Cambridge, UK.
Vila, M., Valladares, F., Traveset,A., Santamaria L. y Castro P. (coord.), 2008. Invasiones biologicas. CSIC
Bibliografía complementaria
Banares, A., Blanca, A., Giiemes, J, Moreno, J.C. & Ortiz, S., 2004. Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España, 2a ed. Dirección General para la Biodiversidad, Publicaciones del O.A.P.N., Madrid
Biodiversity Indicators Partnership, 2010. Biodiversity indicators and the 2010 Target: Experiences and lessons learnt from the 2010 Biodiversity Indicators Partnership; Secretariat of the Convention on Biological Diversity. Technical Series No. 53. Montreal, Canada.
Larsson, T.B., 2001. Biodiversity Evaluation Tools for European Forests. Ecological Bulletins, 50.; Wiley-Blackwell.
Pineda, F.D, de Miguel, J.M., Casado, M.A. & Montalvo, J. (eds.), 2002. La diversidad biológica de España. Pearson Educaci6n, S.A., Madrid.
Ramil-Rego, P.; et al., 2008. Os Habitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrici6n e Valoraci6n Territorial. Monografias do !BADER - Serie Biodiversidade. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil-Rego, P.; Rodriguez Guitian, M.A.; Gomez-Orellana, L & Ferreira da Costa, J., 2012. Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: ano 2012. Monografias do !BADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil-Rego, P., Vales, C. (Eds.), 2019. Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigaci6n. Monografias do Ibader, Serie Biodiversidade.
Rivas-Martinez, S., 2011. Mapa de series, geoseries y geopermaseries de vegetación de España. Memoria del mapa de vegetaci6n potencial de España. Parte II. Itinera Geobotanica 18(1): 5-800.
A persoa que supere esta materia coñecerá:
COM4-11: A normativa, documentos técnicos e convenios sobre conservación de especies e hábitats ameazados.
COM4-12: Os criterios considerados na avaliación da biodiversidade.
COM4-13: A función e ponderación dos bioindicadores na valoración do estado dos ecosistemas.
Ademais, será capaz de:
HAM4-06: Valorar a biodiversidade considerando distintas escalas espazo-temporais.
Esta materia contribuirá a que o estudantado adquira a competencia da especialidade:
CEM4-01: Capacidade para deseñar actuacións de planificación e conservación de espazos protexidos no seu contexto social, coa perspectiva da xestión dos ecosistemas e os servizos ambientais, desenvolvidas nun escenario de cambio global e sustentabilidade.
Leccións maxistrais (9 horas): Obrigatorias e presenciais, con apoio das ferramentas TIC. Traballaranse as competencias COM4-11, COM4-12, COM4-13, HAM4-06 e CEM4-01.
Prácticas de campo/laboratorio (11 horas): Obrigatorias e presenciais. Centrarase no coñecemento e aplicación práctica de distintas técnicas de campo e laboratorio para a caracterización e seguimento de aspectos clave da biodiversidade botánica e zoolóxica. Tamén se abordará o recoñecemento e caracterización dos principais atributos biolóxicos das especies invasoras, con énfase na súa capacidade reprodutiva e colonizadora, así como nos seus efectos sobre o medio. O alumnado deberá entregar un informe das prácticas. No seu caso, estas prácticas poderán coordinarse con outras materias da especialidade. Traballaranse as competencias COM4-11, COM4-12, COM4-13, HAM4-06 e CEM4-01.
Seminario (1 hora): Obrigatorio e presencial. Centrado na realización dun traballo (estudo de casos), no que se consultarán e citarán artigos científicos de referencia publicados en inglés, relacionados coa avaliación da biodiversidade. Exporanse e debateranse aspectos específicos do desenvolvemento dos casos de estudo, así como dos temas seleccionados polo alumnado, facendo fincapé na súa estrutura, enfoque, desenvolvemento, bibliografía, etc. Traballaranse as competencias COM4-11, COM4-12, COM4-13, HAM4-06 e CEM4-01.
No caso de imposibilidade material para realizar as prácticas de campo, proporanse actividades interactivas alternativas que cubran os seus aspectos formativos.
Todas as actividades anteriores estarán apoiadas polo entorno virtual (aula virtual da materia), que facilitará e permitirá a continuidade de todo o proceso de aprendizaxe (guía, artigos, documentos técnicos, entrega de traballos, foros de debate, espazos de colaboración, etc.). Tamén se exporá o calendario de actividades e comunicarán os resultados das avaliacións e as diferentes incidencias que poidan xurdir.
Dado que as actividades presenciais teñen carácter obrigatorio, realizarase un seguimento da asistencia e participación do alumnado nas distintas actividades.
Probas escritas parciais e/ou final (40%); Competencias avaliadas: COM4-11, COM4-12, COM4-13, HAM4-06, CEM4-01
Participación nas clases expositivas, interactivas e outras actividades complementarias (5%); Competencias avaliadas: COM4-11, COM4-12, COM4-13, HAM4-06, CEM4-01
Realización de traballos e informes relacionados co contido da materia, segundo as especificacións establecidas polo profesorado (35% traballo de seminario e 20% informe de prácticas); Competencias avaliadas: COM4-11, COM4-12, COM4-13, HAM4-06, CEM4-01
No caso de non superar algunhas das actividades de avaliación ao longo do curso, o alumnado terá unha segunda oportunidade para calquera delas, mantendo a cualificación das actividades superadas na primeira oportunidade e unicamente durante o curso académico. A porcentaxe da participación nas clases expositivas, interactivas e outras actividades complementarias (5%) avaliarase neste caso conxuntamente coas actividades pendentes.
No caso do alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia pola Comisión do Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, esta afectará unicamente ás actividades expositivas. Neste caso, a participación nas clases expositivas avaliarase conxuntamente coa participación nas interactivas e outras actividades complementarias co citado porcentaxe do 5%. O resto das actividades seguirán o mesmo proceso de avaliación que o resto do alumnado.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión das cualificacións da USC.
Lectura e preparación de temas: 24 horas
Elaboración de traballos de seminario e prácticas: 18 horas
Preparación de probas de avaliación: 9 horas
Tempo total de estudo e traballo persoal: 51 horas
Asistir de forma participativa ás clases teóricas e prácticas.
Empregar os recursos informáticos propostos e consultar na biblioteca a bibliografía indicada.
Maria Paz Ondina Navarret
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- mapaz.ondina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramon Alberto Diaz Varela
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ramon.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Catarina Varela Dopico
- Departamento
- Departamento da Área do Profesional da USC 991
- Área
- Área do Profesional da USC
- Correo electrónico
- catarina.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesional da USC
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |