Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia céntranse sobre as alteracións que sofren os solos tras un incendio, as actuacións para evitar arrastres contaminantes cara a masas de auga, a estrutura e dinámica das comunidades vexetais tras incendio, as estratexias rexenerativas de especies forestais en relación co lume e a restauración de áreas incendiadas en relación coa rexeneración natural e o réxime de protección.
Os contidos da materia recollidos na memoria verificada da titulación son:
Actuaciones paliativas e correctoras de urxencia, a medio e longo prazo tras incendio. Estratexias rexenerativas da vexetación en relación co lume, estrutura dinámica das comunidades tralo lume. Criterios de restauración en zonas incendiadas e propostas de actuación a diferentes escalas espaciais.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
Programa teórico (Clases expositivas):
- Efectos dos incendios sobre os solos. Actuacións paliativas e correctoras de urxencia a acometer nos solos afectados por incendios. Actuacións correctoras con efectos a medio e longo prazo. 3 horas.
- As comunidades vexetais afectadas por incendios forestais en España e en Galicia. Estrutura e dinámica de comunidades vexetais tras incendio. A rexeneración a curto e medio prazo da súa composición, estrutura e función. 2 horas.
- Estratexias rexenerativas das especies forestais en relación co lume. Especies rebrotadoras e xerminadoras. Tipos de especies rebrotadoras. Os bancos de sementes . As estratexias rexenerativas das especies forestais atlánticas. 1 hora.
-Criterios de restauración de zonas incendiadas. Planificación da restauración en relación coas características do lume, a capacidade de rexeneración natural e o réxime de protección da área incendiada. Sementeiras de emerxencia de herbáceas e/ou arbustivas. Medidas para a recuperación forestal e da biodiversidade . Avaliación e seguimento da restauración. 3 horas.
Programa práctico (Clases interactivas):
Práctica 1: Rexeneración e restauración tras incendio forestal. Práctica de campo. Viaxe de prácticas. 6 horas.
Práctica 2: Análise das plantas na rexeneración tras incendio forestal: especies leñosas, plántulas e banco de sementes. 2 horas.
Práctica 3: Uso de software específico de simulación relativa a efectos dos lumes nos solos e medidas paliativas. 4 horas.
Bibliografía básica:
Morgan R.P.C. (1997). Erosión y conservación del suelo. MundiPrensa, Madrid.
Hudson N. (1982). Conservación del suelo. Reverte, Barcelona.
Vallejo R. 1996: La restauración de la cubierta vegetal en la Comunidad Valenciana, Fundación Centro de Estudios Ambientales del Mediterráneo (CEAM).
Vega, J.A., Fontúrbel, T., Fernández, D., Arellano, A., Díaz-Raviña, M., Carballas, M.T., Martín, A., González-Prieto, S., Merino, A., Benito, E. 2013. Acciones urgentes contra la erosión en áreas forestales quemadas. Guía para su planificación en Galicia. Tórculo. Santiago de Compostela.
WWF/Adena (2008): Criterios de restauración de zonas incendiadas. WWF/Adena, Madrid.
Bibliografía complementaria:
Brower, J. E., Zar, J. H., Von Ende, C. N. 1997. Field and Laboratory Methods for General Ecology, 4ª ed. McGraw-Hill.
Cubo, J.E., Enríquez , E., Gallar, J., Jemes, V., López, M., Mateo, M.L., Muñoz, A., Parra, P.J. 2013. Los incendios forestales en España. Decenio 2001-2010. Ministerio Agricultura Alimentación y Medio Ambiente. Madrid.
Elvira L.M. y Hernando C. (1989): Inflamabilidad y energía de las especies de sotobosque, INIA, Madrid.
Quen supere esta materia, coñecerá:
- COM5-06: As alteracións que sofren os solos tras un incendio e as posibles actuacións para frenar a erosión dos mesmos e as súas consecuencias ambientais.
- COM5-07: Estratexias rexenerativas das especies forestais en relación co lume e a súa repercusión na estrutura e dinámica das comunidades vexetais despois do incendio.
- COM5-08: As técnicas de restauración, pasivas e activas, aplicables a áreas incendiadas.
Además, terá capacidade de:
- HAM5-06: Deseñar plans de restauración tras incendios forestais.
- HAM5-07: Utilizar simuladores de efectos do lume sobre os solos e deseñar medidas de mitigación.
Esta materia contribuirá a a adquirir a competencia propia da especialidade:
- CM5-01: Capacidade para deseñar estratexias de prevención e loita contra os incendios forestais.
A metodoloxía de ensinanza consiste en 9 horas de clases expositivas (realizadas mediante presentacións e materiais audiovisuais) e 12 horas de clases interactivas (viaxe de prácticas e prácticas de laboratorio e aula de informática), que constitúen a docencia presencial, obrigatoria para os alumnos. (COM5-06, COM5-07, COM5-08, HAM5-06, HAM5-07, CM5-01)
Nas clases expositivas se presenta unha síntese actualizada da dinámica de recuperación tralo lume e das estratexias rexenerativas das plantas, así como dos criterios e da planificación da restauración de zonas incendiadas.
Nas clases interactivas de prácticas realizaranse dúas prácticas de laboratorio e aula de informática e unha viaxe de prácticas a unha zona queimada recentemente, orientada a avaliar a dinámica da vexetación e as estratexias rexenerativas tralo lume. A asistencia é obrigatoria, e o alumno elaborará un informe de cada unha delas axustado ao protocolo proposto polo profesor.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
As clases teóricas e prácticas complementaranse coa elaboración dun traballo individual sobre a rexeneración e restauración tralo lume. Cada alumno presentará o tema por escrito e mediante presentación oral na aula.Tamén contemplase o esforzo individual para a realización dos informes de prácticas. (COM5-06, COM5-07, COM5-08, HAM5-06, HAM5-07, CM5-01)
Os contidos desenvolvidos durante as clases expositivas e interactivas complementaranse con materiais que quedarán a disposición dos alumnos no espazo reservado para esta materia dentro da Aula Virtual.
Realizarase un seguimento da asistencia e participación na docencia presencial.
A avaliación será continua. Os criterios de avaliación terán en conta a asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas, as entregas do informe de prácticas e a elaboración e presentación dos traballos da materia.
Para superar a materia, é preciso superar as tres partes, teoría, prácticas e traballo. O sistema de avaliación, as competencias avaliadas e no peso na cualificación é o seguinte:
Proba/s escrita ou oral. Competencias avaliadas: COM5-06, COM5-07, COM5-08, HAM5-06, HAM5-07, CM5-01. Peso na cualificación: 50%.
Traballos entregados e/ou expostos Competencias avaliadas: COM5-06, COM5-07, COM5-08, HAM5-06, HAM5-07, CM5-01. Peso na cualificación: 15%.
Informes entregados e/ou expostos e aproveitamento das prácticas. Competencias avaliadas: COM5-06, COM5-07, COM5-08. Peso na cualificación: 25%.
Asistencia e participación do alumnado nas actividades presenciais. Peso na cualificación: 10%.
Os criterios de avaliación serán os mesmos para tódolos alumnos, novos e repetidores, e nas dúas oportunidades (o 10% correspondente á asistencia e participación do alumnado nas actividades presenciais seguirá téndose en conta nas dúas oportunidades).
A proba escrita poderá ser substituída pola elaboración e exposición dun traballo asignado pol@s docentes ao alumnado. O traballo, que deberá incluir a revisión e cita de artigos científicos en inglés, será presentado oralmente polo alumn@ e a súa avaliación basearase na calidade do seu contido e da presentación, así como na aptitude/eficacia das respostas do alumnado. Neste caso, o peso na cualificación sería un 65% (suma resultante das proba/s e traballos entregados). A non superación ou non presentación do traballo suporá a realización da proba escrita.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela", terán que realizar os exercicios propostos, entregar os traballos solicitados como parte da avaliación e facer a proba escrita (si fora o caso), igual ca o resto do alumnado. A non superación ou non presentación/exposición do traballo suporá a realización da proba escrita. Será obrigada a asistencia presencial á proba escrita (neste caso o peso na cualificación é 60%) e á revisión das cualificacións.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou exames, será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Horas presenciais:
Clases expositivas: 9 horas.
Clases interactivas: 12 horas
Tutorización en grupo reducido: 3 horas
Actividades de evaluación: 3 horas
Total horas presenciais: 27 horas
Traballo persoal non presencial do alumno:
A dedicación non presencial se estima en duas horas por cada hora presencial.
Lectura e preparación de temas: 18 horas
Realización de exercicios: 4 horas
Preparación previa e elaboración do informe de prácticas : 8 horas
Elaboración do traballo: 12 horas
Preparación de probas de avaliación: 6 horas
Total horas non presenciais: 48 horas
Total horas de Traballo do alumno = 75 horas
Seguimento das indicacións dos profesores, tanto as difundidas nas sesións presenciais coma as correspondentes ás sesións ou aula virtual.
Recoméndase que os alumnos fagan un seguimento da materia no Campus Virtual, para poder acceder a materias das clases expositivas e interactivas, así como á documentación complementaria, notificacións e cualificacións.
Tamén se recomenda o estudo diario, para poder integrar axeitadamente os contidos da materia.
Avelino Nuñez Delgado
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- avelino.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ignacio Garcia Gonzalez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ignacio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Del Pilar González Hernández
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- pilar.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 19 (Pav.II-PPS) |