O sistema de apoio e orientación dos estudantes comprende as seguintes actividades e servizos, tanto os proporcionados polas universidades a nivel xeral, como os específicos do mestrado:
- Xornada de presentación do máster, por parte dos coordinadores de todas as universidades, que terá lugar o primeiro día lectivo. Nesta xornada presentaranse os obxectivos do mestrado, a súa organización académica, competencias a adquirir e programación de actividades docentes.
- Información sobre os centros, a través das webs institucionais e de guías específicas de información pormenorizada sobre os centros (biblioteca, aulas de docencia, aulas de informática, departamentos, profesorado, etc.). Como xa se fai nas titulaciones actualmente en activo, ofrecerase así mesmo información sobre o plan de estudos do Máster en Visión por Computador (estrutura, materias, Traballo Fin de Máster, recoñecemento de créditos, etc.), a normativa académica pertinente (regulamento interno, Xunta de Centro e comisións, reclamaciones, cambios de grupo, uso de instalacións, etc.), organización docente do curso (horarios, calendario de exames, grupos, etc.), así como programas docentes detallados de todas as materias.
- Listas de distribución de estudantes a través das cales se fai chegar información administrativa puntual sobre determinados procesos.
- Delegación do alumnado.
- Programa de titorías académicas: asignarase a cada estudante un titor académico que lle proporcionará asistencia ao longo do curso. Este apoio será máis intenso no caso daqueles estudantes provenientes de programas de mobilidade (Erasmus, Erasmus Mundus External Cooperation Window, convenios bilaterais).
- Servizo de atención a estudantes con necesidades educativas específicas.
- Servizo de orientación laboral.
Cada estudante recibirá información, a través do correo electrónico, sobre todos estes aspectos; ademais de terá os datos de contacto dos responsábeis do título. Disporase de listas de distribución específicas do alumnado de novo ingreso para difundir información do seu interese que xurda ao longo do curso.
Todos os centros contan cunha delegación de alumnado cuxo obxectivo é a representación dos intereses dos estudantes nos diferentes órganos de goberno a nivel de centro e de universidade, e é considerada polos protocolos dos Sistemas de Garantía de Calidade de cada centro nos termos do órgano canalizador de suxestións e reclamacións e servirá de enlace entre o alumnado e a comisión académica.
Con carácter xeral as universidades dispoñen dos servizos de orientación que se relacionan a continuación, e que asisten ao alumnado durante a súa estancia na universidade.
A Oficina de información Universitaria (OIU) é o servizo que a USC pon a disposición da comunidade universitaria e das persoas alleas á mesma, coa finalidade de canalizar e dar resposta ás demandas informativas sobre a súa organización, funcionamento e actividades.
Con carácter xeral, informa sobre trámites e xestións dos procedementos académicos e de extensión universitaria e colabora na súa difusión, tanto no contorno máis inmediato como organizando ou participando en feiras e eventos de carácter educativo. É un servizo transversal que depende orgánicamente da xerencia e funcionalmente do Vicerrectorado de Comunicación e Coordinación.