- Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782Santiago de Compostela
- etse.secredireccion [at] usc.gal
A auga é un recurso finito esencial para o desenvolvemento económico, a saúde e o benestar do ser humano. A nivel global, factores como a presión demográfica; o desenvolvemento económico asociado ás demandas crecentes da agricultura, a industria e a enerxía; a urbanización; as transformacións nos estilos de vida e os patróns de consumo ou o cambio climático e a degradación ambiental, están a pór en grave perigo a súa dispoñibilidade futura. O papel preponderante da auga no crecemento económico e a sustentabilidade ambiental está a converter este elemento no eixo central dos maiores retos mundiais de futuro e nunha das principais preocupacións da sociedade e os gobernos.