Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 24 Total: 26
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de Experimentación en Planta Piloto é unha disciplina obrigatoria experimental do Máster Interuniversitario en Xestión Sostenible da Auga, integrada no módulo 3 de Enxeñaría de Procesos.
O obxectivo da materia é que os alumnos realicen unha serie de prácticas experimentais onde van utilizar tanto os coñecementos adquiridos na titulación, así como adquirir novos coñecementos durante a elaboración de diversas prácticas de laboratorio. Neste sentido esta materia persigue os seguintes resultados do aprendizaxe enfocados para coñecer os procesos aplicados en potabilización e tratamento de augas residuais (físicos, químicos e biolóxicos), ser capaces de facer unha avaliación económica básica, elaborar informes e aplicar o pensamento crítico a todas estas actividades.
Co obxecto de conseguir os obxectivos, a materia consta dunha serie de prácticas experimentais onde, por exemplo, poden ver os seguintes procesos: flotación, coagulación-floculación, reactores de lodos activos, dixestor anaerobio, axitación e mestura, ozonización, procesos de oxidación Fenton, adsorción por carbón activo, determinación de coeficientes de transferencia de osíxeno, ósmose inversa, determinación de actividade de lodos aerobios, respirometría, reactores granulares aerobios, proceso SIAM anaerobio-aerobio, etc.
A materia ten os seguintes contidos xerais:
• Operación e control de procesos de tratamento e potabilización de augas a escala laboratorio e/o piloto.
• Operacións fisicoquímicas
• Monitorización de reactores biolóxicos.
A continuación, indícanse as prácticas de laboratorio que se impartirán para axustar os contidos indicados:
1.- Coagulación-floculación.
2.- Proceso de oxidación Fenton
3.- Cinética de degradación mediante ozono
4.- Planta de ósmose inversa
5.- Adsorción por carbón activo
6.- Flotación de lodos
7.- Reactor de lodos activos
8.- Reactor de biomasa granular
9.- Sedimentación de lodos
10.- Dixestión anaerobia
Básica
Guións de prácticas de Experimentación en Planta Piloto. Dpto. de Enxeñaría Química. Universidade de Santiago de Compostela.
DÍAZ, M. Ecuaciones y cálculos para el tratamiento de aguas. Madrid: Paraninfo, 2019. ISBN: 84-283-4152-4 (on-line)
Complementaria
ECKENFELDER, W. Wesley. Industrial Water Pollution Control 3ª ed. Boston: Mc-Graw Hill Book Company, 1999. ISBN: 0-07-116275-5
HENZE, M., VAN LOOSDRECHT, M.C.M., EKAMA, G.A. and BRDJANOVIC, D. Biological wastewater treatment: Principles, Modelling and Design. Londres. IWA Publishing, 2008. ISBN 978-1-84-339188-3
E-book descargable en el siguiente link:
https://iwaponline.com/ebooks/book/707/Tratamiento-biologico-de-aguas-r…
METCALF & EDDY Inc. Wastewater engineering: treatment and resource recovery. 5ª ed. New York: McGraw-Hill Higher Education, 2014. ISBN: 978-1-259-01079-8
PARSONS, S., JEFFERSON, B. Introduction to Potable Water Treatment Processes. Williston: Wiley, 2006. ISBN: 1405127961. E-book.
O alumnado desenvolverá os seguintes resultados da aprendizaxe que aparecen na memoria de estudios do Máster Interuniversitario en Xestión Sostenible da Auga.
Coñecementos:
CON4 Enumerar os sistemas de tratamento de auga, tanto para o abastecemento a poboacións ou industrias, como para a depuración e a posterior restitución dos medios naturais e reutilización da auga rexenerada. Identificar e describir os retos emerxentes no tratamento da auga.
Habilidades:
HAB3 Seleccionar e operar sistemas de tratamento innovadores adaptados a distintas realidades, entornas xeográficos e requirimentos de calidade, incluíndo os retos emerxentes e a aplicación de tratamentos verdes ou baseados na natureza. Experimentar con sistemas piloto de tratamento de auga.
Competencias:
COM3 Xulgar o rendemento e a idoneidade de diversas propostas de tratamento da auga. Comparar distintas alternativas. Integrar criterio experto na planificación de sistemas de tratamento de auga, considerando os retos emerxentes e as solucións verdes.
Realizaranse prácticas experimentais no laboratorio.
Cada grupo de 2-3 membros recibirá os guións de todas as prácticas dispoñibles das que farán 2 prácticas. Antes de comezar cada práctica, o alumnado disporá de 15-20 minutos para ler o guión, transcorrido este período, o profesor formulará preguntas sobre os fundamentos do proceso, tendo en conta o nivel de coñecementos que presentan. Recomendarase a lectura dunha determinada parte da bibliografía proposta ou se lle dará autorización para iniciar a práctica. Ao final da parte experimental, o alumnado realizará unha análise dos resultados, apoiándose no uso da bibliografía e no uso de follas de cálculo. En la realización das prácticas desenvolveranse as competencias CON4, HAB3 e COM3.
Utilizarase o Campus Virtual (Moodle) como ferramenta de comunicación entre profesor e alumnado, utilizando a devandita aplicación para poñer a disposición do alumnado guións de laboratorio e materiais complementarios.
Está previsto que no período de prácticas se realicen polo menos 2 prácticas de laboratorio. Valorarase, preferentemente, a calidade do traballo realizado. Para a cualificación final teranse en conta tres factores:
- Calidade do traballo realizado no laboratorio (20%). Valorarase a participación activa, a capacidade de traballo individual e en equipo, así como o mantemento da orde e limpeza no laboratorio. CON4, HAB3 e COM3
- Calidade do caderno e informe presentado (45%). O caderno e informe entregarase unha semana despois da finalización do período de prácticas. CON4, HAB3 e COM3
- Exame (35%) que se realizará na data prevista e no que se formularán cuestións relacionadas co laboratorio de prácticas experimentais, incluíndo cuestións relacionadas coa seguridade no laboratorio de prácticas. CON4, HAB3 e COM3
Para superar a materia é imprescindible a asistencia ás clases de laboratorio segundo o establecido na normativa da Universidade.
Para a segunda oportunidade do mesmo curso, conservaranse as cualificacións obtidas nos apartados Caderno e informe + traballo de laboratorio. No caso de suspender o caderno e/ou informe o alumnado terá que facer un novo informe de prácticas antes da data de exame da segunda oportunidade.
Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións.
A memoria do Máster Interuniversitario en Xestión Sostible da Auga asigna unha carga de estudo de 24 horas presenciais no laboratorio, 2 horas de titoría grupal, 2 horas de exame e 47 horas de traballo persoal, que corresponden a 75 horas de traballo do alumnado ( 3 ECTS).
Recoméndase que o alumnado manteña actualizada a materia, e que prepare o caderno no laboratorio durante o período de prácticas.
A materia impartirase preferentemente en castelán e alternativamente en galego ou inglés no caso de estudantes estranxeiros.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas esixe que coñeza e cumpra as normas recollidas no Protocolo Formativo Básico sobre seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dispoñible na sección de seguridade da súa web, que pode accederse do seguinte xeito:
1. Accede á túa intranet.
2. Entra en Documentación/Seguridade/Formación.
3. Presiona en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espacios experimentais”.
Así mesmo, o alumnado disporá de información básica de funcionamento para cada unha das prácticas (guión), que incluirá os aspectos máis relevantes en relación coa seguridade e a prevención de riscos laborais.
O Campus Virtual utilizarase como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ao longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia.
Anuska Mosquera Corral
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816779
- Correo electrónico
- anuska.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Angeles Val Del Rio
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mangeles.val [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Planta Piloto |
15:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán, Galego | Planta Piloto |
Martes | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán, Galego | Planta Piloto |
15:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Planta Piloto |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Planta Piloto |
15:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Planta Piloto |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Planta Piloto |
15:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán, Galego | Planta Piloto |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula A4 |