- Código
- FD0405
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 2.5
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 75,06€
- Centro
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Dirección
-
Alberto Jose Bugarin Diz
María José Ferreira Díaz - Contacto
mariajose.ferreira [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Escola Universitaria de Enfermaría [L]
María José Ferreira Díaz
mariajose.ferreira [at] usc.es
Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Datas
Duración: 09/03/2026 - 11/03/2026
Preinscrición: 10/01/2026 - 18/02/2026
Matrícula: 20/02/2026 - 27/02/2026
Número alumnos/as mínimo: 18
Número alumnos/as máximo: 30
Comentarios: Este curso conta con financiamento do Plan Microcreds:
O importe do SEGURO OBRIGATORIO será aboado directamente polo curso, sen que supoña ningún custo para o estudantado.
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Acceso sen titulación universitaria. Poboación de 25 a 64 anos, cumpridos á data de comezo do curso
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
1. Orde de inscrición ata cubrir o número máximo de prazas dispoñibles. 2. En caso de empate ou exceso de demanda, priorizarase: Persoas pertencentes a colectivos relacionados co ámbito sociosanitario ou de benestar. Cidadanía adulta que manifeste interese en mellorar hábitos de saúde cardiovascular.
Obxectivos
- Identificar os principais factores de risco cardiovascular e describir a súa influencia na saúde.- Aplicar técnicas sinxelas de prevención e autocuidado cardiovascular (control de tensión, rexistro de hábitos, actividade física adaptada).
- Integrar técnicas de actividade física e benestar (ioga, exercicio adaptado, relaxación) no autocuidado.
Competencias
- S4.1.5: Contribuír a campañas de saúde pública.- S3.3.1: Respetar os principios de saúde , benestar e seguridades
Avaliación
Elaboración e presentación dun plan persoal de autocuidado cardiovascular, no que o estudante integrará os coñecementos e habilidades adquiridas ao longo da microcredencial. Valorarase a adecuación ás boas prácticas de prevención cardiovascular, a aplicabilidade e a participación activa nas sesións presenciais
Titorías
A microcredencial desenvolverase de forma presencial combinando sesións teóricas participativas e talleres prácticos. • Exposicións breves e dinámicas para introducir conceptos clave de prevención cardiovascular e hábitos saudables. • Aprendizaxe baseado en casos prácticos, nos que o alumnado analizará situacións reais e propoñerá solucións de autocuidado. • Talleres prácticos supervisados, orientados ao manexo de técnicas básicas: toma de constantes vitais, rexistro de hábitos, exercicio adaptado, ioga e relaxación. • Elaboración dun plan persoal de autocuidado cardiovascular, como actividade integradora final, que será presentado e discutido en grupo. • Interacción continua entre profesorado e alumnado, favorecendo a participación activa e a aprendizaxe colaborativa. Esta metodoloxía garante a adquisición de competencias prácticas aplicables de inmediato á vida diaria e ao contexto profesional.
9:30-13:30 e de 16:00 a 20:00
| Código | Materia | Créditos |
|---|---|---|
| 1 | Prevención Cardiovascular e Autocuidado na Vida Diaria. | 2.5 |