Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral desta materia é que o alumnado adquira coñecementos avanzados sobre a importancia do liderado e as habilidades directivas para alcanzar os obxectivos organizacionais. Os estudantes/as coñecerán o concepto e os principais modelos teóricos do liderado, así como a súa efectividade. Ademais, perfeccionarán as diferentes habilidades interpersoais necesarias para poder liderar y dirixir equipos de traballo e poderán manexar diferentes técnicas para a xestión de conflitos interpersoais e grupais.
Tema 1. Introducción ao liderado
- Concepto de liderado
- Diferencia entre liderado e dirección
- Estudio temprano do liderado
- Enfoques teóricos do liderado:
1. Teorías das carcaterísticas do líder
2. Teorías da conduta do líder
3. Teorías de continxencia
4. Novos enfoques teóricos
Tema 2. Liderado e xestión de grupos e equipos de traballo
- Conceto de grupo e de equipo de traballo
- Auxe dos equipos, tipos e funcións
- Eficacia do equipo de traballo
- Creación de equipos de alto rendemento
- Toma de decisións grupais: ventaxas, inconvintes e técnicas
Tema 3. Liderado e xestión de conflitos
- Concepto de conflito organizacional
- Conflitos funcionais vs. disfuncionais
- O proceso de conflito: etapas, estilos de manexo
- Estratexias para o manexo de conflitos:
1. Estratexias inefectivas para a súa resolución
2. Estratexias efectivas para a súa resolución
3. Estartexias para previr a súa aparición
4. Estratexias para estimular a súa aparición
Tema 4. Liderado e uso do poder
- Concepto e características do poder organizacional
- Bases e fontes de poder
- Uso negativo do poder
- Poder organizacional
- Tácticas de política organizacional:
1. Tácticas interpersoais
2. Tácticas organizacionais-estructurais
Tema 5. Competencias e liderado eficaz
- As competencias directivas
- A evaluación de competencias eficaces para o liderado
- O assessment center de desenvolvemento
- Realización aplicada dun assessment center de desenvolvemento
Yukl, G. (2008). Liderazgo en las organizaciones. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Munduate, L. y Medina, F. (2005). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Madrid: Pirámide.
Robbins, S. P. & Judge, T. (2017). Fundamentos de comportamiento organizacional. México: Prentice Hall.
Salgado, J. (1997). Comportamiento organizacional. Vigo: Escuela de Negocios CaixaVigo.
Chiavenato, I. (2011). Administración de recursos humanos: El capital humano de las organizaciones. México: McGraw-Hill.
Collado, C. (2006). La comunicación en las organizaciones. Méjico: Trillas
Giraudier, M. (2004). Cómo gestionar el clima laboral: Escuchar, dar feedback, comunicar, negociar, motivar.... Barcelona: Obelisco.
Gibson, J. L., Ivancevich, J. M., Donnelly, J. H., & Konopaske R. (2011). Organizaciones: comportamiento, estructura, procesos. México: McGraw Hill.
Luthans, F. (2008). Comportamiento organizacional. México: McGrawHill.
Newstrom, J. (2011). Comportamiento humano en el trabajo. México: McGrawHill.
Spector, P. (2010). Psicología Industrial y Organizacional. Investigación y práctica. México: Manual Moderno.
- Coñecer o papel fundamental que desempeñan as persoas dentro dunha organización como suxeitos de coñecemento para alcanzar a excelencia.
- Xestionar e dirixir equipos de persoas e resolver conflitos como medio para alcanzar acordos, seguindo os instrumentos proporcionados pola literatura especializada.
- Ser capaces de interatuar coa cidadanía de forma bidireccional, mediante a administración electrónica e de xerar unha comunicación efectiva, transparente e ética.
As clases expositivas e de seminario están orientadas á capacitación do estudantado respecto da adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso, o profesorado explicará os diferentes temas apoiándose en material audiovisual e ferramentas TIC.
O contido teórico será impartido nas clases expositivas, utilizando todos os medios técnicos dispoñibles na aula. Empregarase o Campus Virtual como vía de comunicación co alumnado para facilitar os materiais cos que se traballará dentro e fóra da aula, así como para realizar as entregas dos traballos que formarán parte da avaliación.
As actividades prácticas consistirán no análise de casos, exercicios, traballos e simulacións para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias necesarias para superar a materia.
Para aprobar a materia é necesario asistir como mínimo ao 80% de tódalas sesións presenciais de clase.
A avaliación da materia é o resultado do rendemento do alumno/a en:
1. O exame final que valerá o 60% da cualificación final. O exame constará de dúas partes: (a) preguntas tipo test (70% da nota total do exame) e (b) preguntas curtas (30% da nota final do exame).
2. A cualificación obtida na realización de actividades prácticas (exercicios, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 40% da cualificación final.
Será necesario aprobar o exame para poder superar a materia, é dicir, haberá que obter como mínimo unha puntuación de 5 puntos sobre 10 ou, o que é igual, de 3 sobre 6 puntos.
No caso do alumnado con dispensa de asistencia a clase oficialmente concedida, a avaliación da materia será o resultado do rendemento do/a alumno/a en:
1. O exame final que valerá o 60% da cualificación final. O exame constará de dúas partes: (a) preguntas tipo test (70% da nota total do exame) e (b) preguntas curtas (30% da nota final do exame).
2. A cualificación obtida na realización de actividades prácticas (exercicios, traballos, lecturas) que o/a docente lle comunicará e que serán moi similares ás realizadas na aula polo alumnado que asiste ás clases. Esta parte valerá un 40% da cualificación final.
Lectura, estudo e preparación do material: 40
Realización de traballos: 10
Total horas de traballo persoal: 50
Asistir a tódalas clases e tomar anotacións das explicacións do profesor/a sobre aspectos non recollidos por escrito no material proporcionado.
Estudo diario dos materiais vistos na clase apoiándose na bibliografía suxerida.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación - Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017).
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
A manipulación ou falsificación intencionada dos sistemas de control de asistencia determinará a consideración de non asistencia á actividade e deberá ser comunicada á Reitoría para o inicio das actuacións disciplinarias que puidesen corresponder (Artigo 2.4. do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster.
Damaris Cuadrado Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- damaris.cuadrado [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario 2.2 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario 2.2 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario 2.2 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario 2.2 |
16.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
16.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
16.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
16.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |