Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS XERAIS
1. Profundar no estudo dun ámbito de coñecemento específico.
2. Facer que os alumnos comprendan as estratexias e os procesos de análise gramatical.
3. Adestrar os alumnos na presentación de traballos académicos.
4. Fomentar as capacidades intelectivas provocando o debate e a discusión, empregando argumentos ben fundados na resolución das prácticas propostas.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
1. Entender as interaccións producidas entre a morfoloxía e as outras partes da gramática.
2. Coñecer as unidades de análise morfolóxica e saber aplicalas na descrición da estrutura interna da palabra.
3. Entender o funcionamento das categorías flexivas do español.
4. Comprender os mecanismos de creación léxica.
OBXECTIVOS TRANSVERSAIS
1. Desenvolver a capacidade de reflexión crítica ante distintas aproximacións teóricas e metodolóxicas.
2. Fomentar a capacidade de traballo en grupo.
3. Comprender os mecanismos da aprendizaxe cooperativa.
4. Comprender e interpretar correctamente os textos académicos que se propoñen como lecturas da materia e reflexionar sobre a información transmitida mediante eles.
5. Incentivar a utilización das TIC en contextos académicos.
1. A morfoloxía como o estudo da estrutura da palabra
1.1. A palabra: criterios de delimitación
1.2. A relación da morfoloxía con outras partes da gramática
2. As unidades da análise morfolóxica
2.1. Raíz, afixo, tema e base
2.2. O morfema
2.3. Aspectos básicos da análise morfolóxica
3. Morfoloxía flexiva
3.1. Estrutura e formación das palabras flexivas
3.2. O paradigma flexivo
4. Morfoloxía derivativa
4.1. Afixación
4.2. Composición
4.3. Substitución, subtracción e conversión
4.4. Acurtamento, entrecruzamento e siglación
1. BÁSICA
Aguirre, Carmen (2013). Manual de morfología. Madrid: Castalia.
Alcoba, Santiago (1999). La flexión verbal, en I. Bosque y V. Demonte (eds.): Gramática descriptiva de la lengua española. Madrid: Espasa, cap. 75, págs. 4915-4992.
Ambadiang, Théophile (1999). “La flexión nominal. Género y número”, en I. Bosque y V. Demonte (eds.): Gramática descriptiva de la lengua española. Madrid: Espasa, cap. 74, págs. 4843-4913.
Camus, Bruno (2022). La formación de palabras. Madrid: Arco Libros.
Escandell Vidal, Mª Victoria (2014). “La estructura de las palabras”, en Escandell Vidal, Mª Victoria (ed.): Claves del lenguaje humano. Madrid: Ed. Univ. Ramón Areces/UNED, cap. 5.
Escobar, Ana María y José Ignacio Hualde (2012). “La estructura de las palabras”, en Hualde, José Ignacio y otros: Introducción a la Lingüística Hispánica. Cambridge: Cambridge Univ. Press, Cap. 3, págs. 123-200.
Fábregas, Antonio (2013). La morfología. El análisis de la palabra compleja. Madrid: Síntesis.
Felíu Arquiola, Elena (2009). “Palabras con estructura interna”, en de Miguel, Elena (ed.): Panorama de la lexicología. Barcelona: Ariel, págs. 51-82.
Felíu Arquiola, Elena (2016). “Morfología”, en Gutiérrez-Rexach, Javier (ed.): Enciclopedia de Lingüística Hispánica, vol. 1, págs. 234-246.
García-Medall, Joaquín (2019). “La morfología derivativa del español”, en Ridruejo, Emilio (ed.): Manual de Lingüística española. Berlín/Boston: Walter de Gruyter, 402-431.
Lang, Mervyn F (1990). Formación de palabras en español. Madrid, Cátedra, 1992.
Lliteras, Margarita (2019). “Morfología flexiva del español”, en Ridruejo, Emilio (ed.): Manual de lingüística española. Berlín/Boston: Walter de Gruyter, 241-275.
Pena, Jesús (1999). “Partes de la morfología. Las unidades del análisis morfológico”, en I. Bosque y V. Demonte (eds.): Gramática descriptiva de la lengua española. Madrid: Espasa, cap. 66, págs. 4305-4366.
RAE-ASALE (2010). Nueva gramática de la lengua española. Manual. Madrid: Espasa: caps. 2-11.
Varela Ortega, Soledad (2018). Morfología léxica: la formación de palabras (versión corregida y aumentada), accesible en: https://morforetem.wordpress.com/2018/06/25/morfologia-lexica-la-formac…
Varela Ortega, Soledad (2008). Fundamentos de Morfología. Madrid: Síntesis.
2. COMPLEMENTARIA
Casado Velarde, Manuel (2015). La innovación léxica en el español actual. Madrid: Síntesis.
Casado Velarde, Manuel (1999). Otros procesos morfológicos: acortamientos, formación de siglas y acrónimos, en I. Bosque y V. Demonte (eds.): Gramática descriptiva de la lengua española. Madrid: Espasa, cap. 78, págs. 5075-5096.
Lyons, John (1977). Introducción en la lingüística teórica. Barcelona, Teide, págs. 283-346 y 362-401.
Martín García, Josefa (2016). Aumentativos y diminutivos, en Gutiérrez-Resach, Javier (ed.): Enciclopedia de Lingüística Hispánica. London/New York: Routledge, 416-422.
Serrano Dolader, David (2018). Formación de palabras y enseñanza del español LE/L2. Routledge Advances in Spanish Language Teaching.
Serrano-Dolader, David (1995). Las formaciones parasintéticas en español. Madrid: Arco Libros.
Ulasin, Bohdan (2016). El cruce léxico en español, en Acta Universitatis Carolinae Philologica, 163-182.
Val Álvaro, José Francisco (1999). La composición, en I. Bosque y V. Demonte (eds.): Gramática descriptiva de la lengua española. Madrid: Espasa, cap. 73, págs. 4757-4842.
1. BÁSICAS E XERAIS DO GRAO EN LLE
CG1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para (a) o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas; (b) o estudo básico/medio dunha segunda lingua (nivel B2) e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeral ou de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
CG2. Habilidades para aplicar eses coñecementos e métodos para recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios como no seu ámbito profesional: docencia de linguas (como L1 ou LE) e de literatura, asesoría e corrección lingüística, planificación lingüística, mediación comunicativa, tradución, lingüística clínica, actividades editoriais, etc.
CG3. Capacidade de reflexión e de pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos e literarios.
CG4. Capacidade para aplicar o razoamento indutivo e dedutivo, ao combinar a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5. Capacidade de abstracción, síntese e análise, ao extraer xeneralizacións a partir da descrición dos datos.
CG6. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas á lingua e á literatura españolas a un público especializado e non especializado.
CG7. Dominio da expresión oral e escrita, en español y noutras linguas, en distintos contextos.
CG8. Habilidade no manexo de ferramentas informáticas e no uso de redes que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9. Habilidade para traballar en colaboración e en contextos multiculturais e multilingües.
CG10. Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
CB1. Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar o seus coñecementos ao seu traballo e vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2. ESPECÍFICAS DO GRAO EN LLE
CE4. Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, etc.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5. Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE9. Mellorar o coñecemento da lingua española mediante o estudo da gramática, a reflexión sobre os usos discursivos e a análise de textos literarios.
CE10. Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que encerra o texto literario.
CE11. Ser capaz de aplicar os coñecementos técnicos e activos da gramática da lingua española, tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
CE14. Ser capaz de recoñecer as variedades internas da lingua española (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
CE16. Adquirir habilidades no manexo de novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua e a literatura españolas.
CE17. Empregar ferramentas de busca de recursos bibliográficos para o estudo da lingua española e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
CE18. Desenvolver a competencia comunicativa.
3. ESPECÍFICAS DA MATERIA
1. Capacidade para aplicar as técnicas de análise morfolóxica á interpretación de novos datos lingüísticos.
2. Capacidade para elaborar respostas concisas, coherentes e ben argumentadas aos problemas, prácticas ou casos propostos.
3. Obtención das estratexias necesarias para poder sustentar con argumentos sólidos distintas respostas a un mesmo problema.
4. Adestramento na busca e manexo de recursos bibliográficos, así como na selección das informacións relevantes en diversas fontes.
5. Competencia comunicativa no rexistro académico, tanto oral como escrito, cunha utilización precisa dos conceptos e a terminoloxía morfolóxica especializada.
A materia ten unha dobre vertente teórico-descritiva e práctica. Combínanse sesións expositivas e clases de seminario, onde se aplican os conceptos estudados a través da realización de exercicios prácticos. As prácticas levaranse a cabo en grupos pequenos, para fomentar a participación activa dos estudantes, así como a reflexión e a autoaprendizaxe. O docente guiará os grupos e supervisará o desenvolvemento das actividades propostas, ofrecendo a retroalimentación pertinente.
O curso dispón dunha Aula Virtual con materiais e recursos necesarios para o desenvolvemento dos temas e a realización das prácticas.
Os estudantes poderán aproveitar as horas de titorías para resolver calquera tipo de dúbida que xurda durante o desenvolvemento da materia.
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Haberá dúas modalidades de avaliación: avaliación continua e avaliación final. Cada alumno deberá elixir a modalidade que desexa seguir e comunicarllo ao docente dentro do prazo indicado por este ao inicio do curso.
• Avaliación continua:
o Realización de actividades prácticas: 30% da cualificación.
o Exame final: 70% da cualificación.
• Avaliación final: a avaliación levarase a cabo a través dun exame final (100% da cualificación) que se realizará na fecha oficial fixada pola Facultade de Filoloxía.
2. SEGUNDA OPORTUNIDADE
A avaliación consistirá nun exame final (100% da cualificación) que se realizará na fecha oficial fixada pola Facultade de Filoloxía.
3. ESTUDANTADO REPETIDOR
Será avaliado seguindo o réxime ordinario descrito nos puntos 1 e 2.
4. ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
A avaliación consistirá nun exame final (100% da cualificación) que se realizará na fecha oficial fixada pola Facultade de Filoloxía. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade. É importante que os estudantes con dispensa se poñan en contacto cos docentes da materia canto antes, para poder ser informados sobre a avaliación e sobre os materiais que terán á súa disposición para preparar a materia.
NOTA: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
As actividades non presenciais ocuparán ao alumno 96 horas de traballo, o que sumado ás 54 horas de traballo na aula supón 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.
O traballo persoal fóra da aula non só inclúe o estudo dos contidos da materia, senón tamén a realización das lecturas obrigatorias e de tarefas prácticas.
1. Dominio instrumental avanzado da lingua española: en alumnos non nativos recoméndase, como mínimo, un nivel de español B2.
2. Coñecementos elementais de gramática española.
3. Traballo constante e estudo persoal.
4. Participación activa na aula.
5. Uso das titorías para a resolución de dúbidas.
1. Obrigatoriedade do uso da conta de correo institucional para comunicarse cos docentes. Tamén é posible comunicarse a través da Aula Virtual.
2. Os alumnos deberán empregar na aula os dispositivos electrónicos de maneira responsable, tendo presente que existen consecuencias legais e académicas se non se usan adecuadamente.
3. Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
4. O material docente elaborado polo profesorado está sometido a dereitos de autor. Non se permite o seu uso para fins distintos dos de impartición da docencia en cada materia da Aula Virtual. Tampouco se permite a súa difusión nin publicación por ningunha outra canle. O seu uso e difusión para outros fins requirirá a autorización expresa da USC (cfr. “Condicións de uso dos materiais que figuran no campus virtual da USC”: https://www.usc.gal/es/node/41099).
Yolanda Iglesias Cancela
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Correo electrónico
- yolanda.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C01 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | D06 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | D06 |
26.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
26.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C06 |
26.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C06 |
26.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
26.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C07 |
26.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C07 |
30.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
30.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C07 |
30.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C07 |