Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos xerais
A materia trata de proporciona ferramentas para interpretar as liñas de pensamento e as correntes que configuraron historicamente as ideas sobre a linguaxe e a aparición e desenvolvemento da Lingüística como disciplina. A materia incluirá a perspectiva de xénero e un enfoque decolonizador para evitar o eurocentrismo e androcentrismo habitual nos manuais.
Obxectivos específicos
- Revisarmos as principais ideas que contribuíron a configurar o saber sobre a linguaxe. Neste sentido, sen renunciarmos á secuencia histórica, primaremos unha serie de ideas que serán desenvolvidas como chave para entender o decurso no avance do coñecemento, a aparición de novas estratexias ou problemas, en vez de limitarse ao panorama exclusivamente cronolóxico frecuente en moitos manuais do campo.
- Identificarmos os principios comúns a figuras ou correntes situadas en diferentes períodos históricos.
- Determinarmos a influencia que exerceron sobre o desenvolvemento das ideas lingüísticas o marco socio-político e cultural de cada época.
- Incitarmos á reflexión crítica sobre a maneira en que a disciplina foi tratando cada problema, evitando unha perspectiva eurocéntrica.
I: Un panorama das ideas lingüísticas desde un punto de vista histórico e epistemolóxico
Fundamentos da Historiografía lingüística. Ferramentas e procedementos vinculados á historia das ideas sobre a linguaxe.
II: A historia da disciplina a través das ideas fundacionais no campo. Arbitrariedade – Dualidade e dupla articulación – Lingüística misioneira e imperialismo lingüístico – Loxicismo e linguaxe – Universais da linguaxe e das linguas – A procura de métodos científicos para o estudo das linguas: a Filoloxía e o enfoque comparativista – O Estruturalismo.
III: A linguaxe como obxecto multidisciplinar. Desenvolvemento dalgunhas ideas que explican a aparición de novos enfoques e subdisciplinas na Lingüística contemporánea. Desenvolvemento, a modo de exemplo, de certas ideas que no transcurso do século XX abriron os novos enfoques. Formalismos, computación e linguaxes artificiais. Intelixencia artificial e linguaxe. A lingüística no conxunto do coñecemento: o corte entre divisións e ramas da lingüística. Epilingüística.
Inclúense a seguir unhas recomendacións bibliográficas xerais. No transcurso da materia incluiranse referencias mais concretas para cada tema.
Auroux, S. et al., eds. (2006): History of the Language Sciences: An International Handbook on the Evolution of the Study of Language from the Beginnings to the Present. Berlin-New York, Mouton de Gruyter, 2000-2006, 3 vols.
Brown, K. & J. Miller (2014): The Cambridge Dictionary of Linguistics, Cambridge Univ. Press.
Chapman, Siobhan & C. Routledge, eds. (2009): Key Ideas in Linguistics and the Philosophy of language, Edinburgh Univ. Press.
Heller, Monica & Bonnie McElhinny (2017): Language, capitalism, colonialism: Toward a critical history. Toronto: University of Toronto Press.
Itkonen, E. (1991): Universal History of Linguistics, Amsterdam, John Benjamins.
Kenneally, Christine (2007): The first word. The search of the Origins of Language,, London: Penguin books. Trad. esp. E. Bernárdez, La primera palabra: la búsqueda de los orígenes del lenguaje, Madrid, Alianza, 2009, 41-113.
Koerner, E. F. K. & R. E. Asher, eds.(1995): Concise History of the Language Sciences: From the Sumerians to the Cognitivists, Oxford-New York, Pergamon.
Lepschy, G., ed.(1998): History of Linguistics, London, Longman, 1994-1998, 3 vols.
Moure, T. (2021): Lingüística se escribe con A. La perspectiva de género en las ideas sobre el lenguaje, Madrid, Catarata.
Swiggers, Pierre (1997): Histoire de la pensée linguistique: Analyse du langage et réflexion linguistique dans la culture occidentale de l’Antiquité au XIXe siècle, Paris, Presses Universitaires de France.
Woolard, Kathryn (1998): “Language Ideology as a Field of Inquiry” en Bamby Schieffelin, Kathryn Woolard & P. Kroskrity, eds., Language Ideologies. Practice and Theory, Oxford Univ. press. Trad. esp, Susana Castillo, Ideologías lingüísticas. Práctica y teoría, Madrid, Catarata, 19-69.
a) Adquirir conceptos útiles para afrontarmos o estudo da linguaxe e as destrezas necesarias para un enfoque integrador das ideas lingüísticas.
b) Mellorar a comprensión dos factores "externos" (filosóficos, biolóxicos, sociolóxicos) que pesan á hora de entendermos os feitos lingüísticos.
c) Coñecer as interaccións que ao longo da historia se produciron entre a reflexión sobre a linguaxe e as linguas e o contexto sociopolítico e cultural de cada época.
d) Salientar a diversidade de enfoques.
e) Elaborar argumentos e nocións con que defender as propias ideas a través do debate e da expresión escrita
Tres horas por semana de aulas, e titorías periodicamente. Preténdese seguir unha metodoloxía participativa, onde as aulas sirvan para o debate sobre as lecturas e sobre os temas teóricos e privilexien o traballo persoal e de grupo así como a interacción.
1ª OPORTUNIDADE:
- Unha presentación en grupo (35% da nota) sobre un tema do programa da materia
- Unha presentación individual (65% da nota) sobre un tema do programa da materia
Os temas posíbeis serán propostos durante as aulas.
Avaliarase o contido, a argumentación, os aspectos formais (documentos distribuídos e presentación oral), e o potencial de suscitar debate a partir do material presentado.
2ª OPORTUNIDADE:
A avaliación terá lugar exclusivamente mediante a presentación individual.
DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE:
As persoas que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase serán avaliadas mediante dúas presentacións individuais.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria), organismo da USC encargado de valorar e informar sobre estes casos: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social/inc…
6 horas por semana aproximadamente, para a lectura dos materiais e bibliografía e preparación das presentacións.
Preténdese unha implicación activa a partir da lectura dos materiais do curso, onde o estudantado participa no debate nas aulas en xeral e tamén en resposta as presentacións en grupo e individuais que fan parte da avaliación.
Pablo Jose Ruiz Fabo
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Correo electrónico
- pablo.ruiz.fabo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Marie Curie
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C08 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D04 |
20.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D10 |
20.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
15.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
15.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D10 |