Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O principal obxectivo da materia Historia e cultura dos países de fala inglesa é ofrecer ao/á estudante de Filoloxía Inglesa unha visión o máis completa posible non só dos principais acontecementos históricos máis importantes dos distintos períodos que conforman a historia das illas británicas, a Commonwealth a os Estados Unidos desde as súas orixes ata a actualidade senón tamén das características socioculturais máis relevantes de cada un deles co fin de profundar na formación humanística do/da estudante e favorecer a súa identificación coa cultura das Illas Británicas, dos Estados Unidos e da Commonwealth.
Un segundo obxectivo será que o estudantado asimile con éxito os contidos que se detallan na seguinte sección.
Esta materia ofrece unha perspectiva xeral da historia das illas británicas desde o período prehistórico ata o momento contemporáneo, prestando especial atención a aqueles aspectos económicos, sociais e culturais que teñen contribuido a que a cultura británica acadara un papel destacado no contexto mundial actual. Esta materia ofrecerá ademáis aos estudantes unha perspectiva xeral da historia dos Estados Unidos de América desde o período precolonial ata os acontecementos máis salientables do século XXI, centrándose nos aspectos que sentaron as bases do que hoxe chamamos cultura dos Estados Unidos. O programa complétase cunha perspectiva da historia da Commonwealth británica.
UNIDADES
1.- Prehistoria: introducción xeral. Celtas e romanos
2.- Saxóns, daneses e normandos
3.- A Idade Media
4.- O Renacemento
5.- O século XVIII
6.- A Revolución Industrial e o Imperio Británico
7.- O Século XX en Gran Bretaña e Irlanda. Perspectivas do século XXI
8.- Norteamérica Pre-colonial e Colonial. A Revolución Americana
9.- O Século XIX: A Conquista do Oeste e o Conflicto Norte-Sur
10.- O Século XX en EE. UU. Perspectivas do século XXI
11.- A Commonwealth británica
Para os temas 4 a 7, o/a estudante deberá responder a unha listaxe de preguntas proporcionadas polos/as docentes. Dúas destas preguntas serán incluídas no exame final.
Esta lista bibliográfica concíbese como unha guía xeral. Para cada un dos temas proporcionarase bibliografía máis específica en clase.
As Illas Británicas
Bibliografía básica:
Arnold-Baker, Charles. The Companion to British History. (Routledge, London & New York, 2001).
Cannon, J. & Griffiths. The Oxford Illustrated History of the British Monarchy. (Oxford University Press, Oxford, 1988).
Cannon, J. The Oxford Companion to British History. (Oxford University Press, Oxford, 2002).
Fry, S. & Plantagenet, P. A History of Ireland. (Routledge, London & New York, 1993).
Gardiner, J. ed. Who's Who in British History. (Collins & Brown, London, 2000).
Lang, S. 2011. British History for Dummies. Wiley (John Wiley & Sons Ltd Publication).
Morgan, K.O. ed. The Young Oxford History of Britain and Ireland. (Oxford University Press, Oxford, 1996).
Morgan, K.O. ed. The Oxford Illustrated History of Britain. (Oxford University Press, Oxford, 1997, 2009).
Norman, E. A History of Modern Ireland. (Penguin, Suffolk, 1971).
Oakland, J. British Civilization. (Routledge, London, 1991).
Pounds, N. J. G. The Culture of the English People. (Cambridge University Press, Cambridge, 1994).
Valdés Miyares, J.R. & Tazón Salce, J.E. A Sourcebook of British Civilization. (Universidad de Oviedo, Servicio de Publicaciones, 1996).
Bibliografía complementaria:
Black, J. A. A History of the British Isles. (MacMillan Press Ltd., London, 1996).
Black, J. A. A New History of England. (Sutton Publishing, Reading, Berkshire, 2000).
Bradshaw, B & Roberts, P. British Consciousness and Indentity. (Routledge, 1998).
Briggs, A. A Social History of England. (Penguin Books, 1991).
Cunliffe, B. Facing the Ocean. The Atlantic and its People (Oxford University Press, Oxford, 2001).
Gusdorf, F. & John Wisdom. 2008. Anglofun Great Britain. Ellipses.
Kearny, H. The British Isles. A History of Four Nations. (Cambridge University Press, Cambridge, 1995).
Kramer, J. Britain and Ireland. A Concise History. (Routledge, London & New York, 2007).
Lindop, C. and Fisher, D. Discover Britain. A Practical Guide to the Language, Country and People. (Cambridge University Press, Cambridge,1986).
Longman Dictionary of English Language and Culture. (Longman, 1993).
MacDowall, D. Britain in Close-up. (Longman, Essex, 1997).
Marshall, P. J. ed. The Cambridge Illustrated History of the British Empire. (Cambridge University Press, Cambridge, 1996).
Miles, D. The Tribes of Britain (Phoenix, London, 2006).
Morgan, D. A Short History of the British People. (Verlag Enzyclopädie, Leipzig, 1989).
O' Hegarty, P.S. A History of Ireland under the Union. (Methuen, London, 1952).
Pryor, F. Britain B.C. Life in Britain and Ireland before the Romans. (Harper Perennial, London, 2004)
Ranelagh, J. O´Beirne. A Short History of Ireland. (Cambridge University Press, Cambridge, 1994).
As páxinas web que se mencionan a continuación poden ser tamén de gran axuda e interese para o/a alumno/a:
Xerais:
www.britannia.com
www.royal.gov.uk
http://www.bbc.co.uk/history/
www.wikipedia.org
Específicas:
Os celtas: http://www.historyworld.net/
A Britannia romana: http://www.roman-britain.org/
A Inglaterra anglo-saxona:
http://www.britainexpress.com/History/dark_ages_index.htm and
http://www.regia.org/history/history.htm
Os vikingos en Inglaterra: www.viking.no/e/england/index.html
O tapiz de Bayeaux: http://www.bayeuxtapestry.org.uk/
Ricardo I e as Cruzadas: http://www.templarhistory.com/richard.html
Inglaterra e as Cruzadas: http://wwwcrusades.boisestate.edu/Europe/england/
Economía e sociedade nas cidades medievais:
http://www.trytel.com/~tristan/towns/townint7.html
Economía e sociedade na Inglaterra medieval:
http://history.wisc.edu/sommerville/123/123%2013%20Society.htm
Inglaterra na Idade Media:
http://www.historylearningsite.co.uk/england_medieval.htm
As Guerras das Rosas e Ricardo III: www.richardiii.net
A era victoriana: http://www.victorianweb.org/
A Commonwealth: http://www.thecommonwealth.org/
Oliver Cromwell: www.olivercromwell.org
Guerra civil no período dos Estuardo: www.british-civil-wars.co.uk
A Igrexa Anglicana: www.cofe.anglican.org
Acontecimientos históricos e características socio-culturais de Gran Bretaña desde a Idade Media ata a actualidade: http://www.historylearningsite.co.uk/
EE. UU e Commonwealth
Bibliografía básica
Brogan, Hugh. Longman History of the United States. Nueva York: Longman, 1985.
Brogan, Hugh. The Penguin History of the United States of America. Londres: Penguin, 1985.
Cook, Chris. Longman Handbook of Modern American History 1763-1996. Londres: Longman, 1994.
Crothers, George. American History. Nueva Cork: Holt, Rinehart and Wnston, 1964.
Fawcet, Edmund and Tony Thomas. America, Americans. Londres: Collins, 1983.
Johnson, Paul. A History of the American People. Londres: Phoenix Press, 1997.
Johnson, Thomas H. The Oxford Companion to American History. Nueva York: Oxford UP, 1966.
Jones, Maldwyn A. The Limits of Liberty. American History 1607-1992. Nueva York: Oxford UP, 1995.
Nevins, Allan. A History of the American People from 1492. Londres: Oxford UP, 1970.
Purvis, Thomas. A Dictionary of American History. Cambridge, Ma: Blackwell, 1997.
Silverman, Jason. American History Before 1877. Nueva York: McGraw-Hill, 1989.
Zeuske, Max. A Short History of the United States of America. Leipzig: Verlag, 1989.
Bibliografía complementaria
Boorstin, Daniel Jr. (ed) Estados Unidos. Una civilización. Barcelona: Labor, 1974.
Burns, M. John et al. The National Experience. A History of the United States of America. Nueva York: Harcourt, Brace and World, 1963.
Caughney, John W. and Ernest R. Man. A History of the United States of America. Chicago: McNally, 1964.
Forner E and J. A. Garraty (eds). The Reader’s Companion to American History. Boston: Houghton/Mifflin, 1991.
Morrison, Samuel Eliot. The Oxford History of the American People. Nueva York: Oxford UP, 1965.
Recoméndase moi especialmente o seguinte servizo:
Servizo EzProxy (acceso remoto a 12000 títulos de revistas, máis de 51000 títulos de libros electrónicos e 42 bases de datos, todos eles accesibles a través de reBUSCa e Pórtico):
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html.
Requisitos previos:
Requírese que o estudantado teña coñecemento previo da lingua inglesa (nivel medio-alto), español e galego. Así mesmo, terán que posuír unha certa base de coñecementos históricos xenerais adquirida na educación secundaria e no bacharelato.
As competencias, destrezas e habilidades a desenvolver polo/a alumno/a nesta materia son as seguintes:
CG2 – Competencia na análise crítica da realidade socio-cultural xeral e dos países de fala inglesa en particular.
CG3 - Competencia lóxica: capacidade de interpretar e expresar con claridade e precisión datos e argumentacións. Posta en práctica de procesos de razoamento que levan á resolución de problemas ou á obtención de información.
CG4 - Competencia social e cidadá: o alumnado convértese en individuos plurilingües que desenvolven a conciencia intercultural e que lle capacita para aprender outras linguas e abrirse a novas experiencias culturais. Capacidade para amosar un sentimento de cidadanía global compatible coa identidade local.
CG5 - Competencia cultural e artística: desenvolvemento da capacidade creativa a través do coñecemento da literatura, a cultura e a civilización anglosaxona. Capacidade de apreciar o feito cultural e creativo; de comprender, valorar, e apreciar a dimensión histórica das diferentes manifestacións culturais e artísticas en lingua inglesa.
CG6 - Competencia de autonomía e iniciativa persoal: capacidade de imaxinar, emprender, desenvolver e avaliar accións ou proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.
CG7 - Competencia de aprender a aprender: conciencia, xestión e control das propias capacidades e coñecementos desde un sentimento de competencia ou eficacia persoal. Desenvolvemento do pensamento estratéxico e da capacidade de cooperar, de autoavaliarse e de manexar con eficiencia un conxunto de recursos e técnicas de traballo intelectual. Adquisición de técnicas de estudo e formación continua.
CG8 - Competencia no tratamento da información nunha segunda lingua, así como da súa cultura e literatura.
CG9 - Competencia no uso das TICs: habilidade para buscar, obter, procesar e comunicar información e para transformala en coñecemento, desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das TICs como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.
CE11 - Coñecemento dos acontecementos históricos e das características culturais que teñen condicionado e condicionan o desenrolo da lingua e a producción literaria en lingua inglesa.
CB1, CB2, CB3, CB4, CB5 da Memoria verificada do título.
A metodoloxía a empregar ten sempre como alicerce fundamental ao/á estudante polo que se tratará de fomentar a súa participación, que é básica para o funcionamento da clase, mediante actividades, ilustracións e explicacións prácticas.
Aínda que é certo que os contidos da materia préstanse máis a unha explicación principalmente teórica, procurarase combinar o enfoque teórico cunha aproximación de carácter máis práctico. Para conseguir este fin, contaremos co apoio de materiais ilustrativos como mapas, fotocopias, copias de documentos históricos, proxección de escenas de películas e series de televisión históricas e/ou documentais, retratos e biografías dos principais personaxes e personalidades da época a tratar, artigos, información e contidos en internet, etc.
En xeral, a nosa estratexia didáctica segue o modelo de Baker e Westrup coñecido como PPP: tres fases consecutivas de presentación, práctica e produción. Na fase de presentación (2 horas teóricas á semana), o profesorado ofrece unha aproximación ós contidos esencialmente teórica (sempre co apoio dos materiais ilustrativos anteriormente mencionados). Para a fase práctica (1 hora á semana), o estudantado realizará diversas actividades relacionadas co tema. Finalmente, dentro da fase de produción, o/a estudante deberá acometer tarefas de corte máis autónomo como as que se sinalan no apartado da avaliación deste programa e que conforman a nota da avaliación continua da materia.
Antes da explicación de cada tema, o estudantado lerá a sección correspondente no manual Lang, S. 2011. British History for Dummies. Wiley (John Wiley & Sons Ltd Publication) e outras fotocopias dispoñibles no Campus Virtual. Non se recomenda ningún libro de texto. Con todo, estas lecturas axudarán ao/á estudante a obter unha visión xeral dos contidos de cada tema. Desta forma, poderá asimilalos máis facilmente e achegarse a eles con espírito crítico. Ademais, foméntase a participación porque o/a estudante posuirá, deste xeito, o coñecemento suficiente como para facer comentarios e preguntas sobre cuestións que non entenda. En cada tema incluirase, ademais, bibliografía máis específica.
Como se mencionou no apartado de contidos, para os temas 4 a 7, o/a estudante deberá responder a unha listaxe de preguntas proporcionadas polos/as docentes. Dúas destas preguntas serán incluídas no exame final.
Os/as estudantes terán que realizar as actividades deseñadas polo profesorado para a avaliación continua e facer o exame final na primeira e/ou segunda oportunidade.
A nota da avaliación continua conta un 40% da nota final da materia e o exame final conta un 60%.
IMPORTANTE: é ABSOLUTAMENTE NECESARIO ACADAR UN MÍNIMO DE 3 de 6 no exame para que este faga media coa nota da avaliación continua. Se non se acada este mínimo no exame, non se superará a materia.
A aqueles/as estudantes que estean exentos/as oficialmente de asistencia a clase avaliaráselles unicamente co exame final que contará o 100% da nota final da materia en ambas oportunidades.
Igualmente, en ambas as oportunidades, aqueles/as estudantes cuxo horario da materia lles coincida parcial ou totalmente co doutra materia (débese entregar xustificante; por exemplo, copia escaneada da matrícula) e/ou repetidores/as poderán ELIXIR unha das seguintes modalidades:
a) Só exame final: 100% da nota final da materia.
b) A avaliación estándar: nota da avaliación continua do presente curso 2025-2026 (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia).
c) Só no caso do estudantado que repita a materia: nota da avaliación continua do curso pasado (2024-2025) (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia).Se non se ten nota da avaliación continua no curso pasado, poderá gardarse aquela do curso inmediatamente anterior a este no que se dispoña dela.
Ademais, este estudantado DEBERÁ comunicar a través do correo electrónico institucional a súa decisión á coordinadora da materia (cristina.mouron [at] usc.es (cristina[dot]mouron[at]usc[dot]es)) antes das 23:59 h. do VENRES 3 de OUTUBRO. En caso contrario, este estudantado será avaliado mediante o sistema de avaliación estándar: nota da avaliación continua do presente curso 2025-2026 (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia).
A nota da avaliación continua gárdase para a segunda oportunidade.
O sistema de avaliación será o mesmo en ambas oportunidades.
Os exames e tarefas deberán redactarse en inglés. O uso correcto da lingua inglesa a nível B1 será tido en conta á hora de puntuar estas actividades.
IMPORTANTE: a repetición de erros gramaticais básicos a nível de lingua inglesa B1 no exame terá como resultado o suspenso directo do mesmo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/das estudantes e de revisión de cualificacións: "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes". Polo tanto, a detección do máis mínimo fraude suporá un cero na materia e tomaranse as medidas disciplinarias establecidas.
Para a avaliación continua, o estudantado terá que realizar as seguintes actividades e será avaliado cos criterios e a porcentaxe da nota da avaliación continua que se especifican para cada unha das diferentes tarefas:
1. Test: British Towns and Rivers. Ata 0.5 puntos: tarefa de aprendizaxe autónoma. Test a realizar no CV. Criterios de avaliación: entrega en prazo; nivel de calidade acadado; precisión e claridade na expresión das ideas; capacidade de análise crítica; habilidade para integrar e relacionar contidos; corrección e coherencia na expresión escrita.
2. Podcast: British/English Consorts e presentación na aula (grupos de 3 alumnos/as): Ata 2 puntos: ata 1 punto polo podcast, que deberá subirse ao CV, e ata 1 punto pola presentación oral na clase. Mesma nota para o podcast; nota individual para a presentación. Tarefa de aprendizaxe autónoma e con perspectiva de xénero. Criterios de avaliación: orixinalidade e creatividade no formato do podcast; profundidade e calidade da información; claridade, coherencia e interese no contido do podcast; eficacia na presentación oral durante a exposición na aula.
3. Debate: Ata 1 punto. Tarefa a realizar na clase. Individualmente, os/as estudiantes discutirán sobre unha serie de temas controvertidos relacionados coa explicación teórica. O estudantado preparará tres cuestións a escoller dunha listaxe proporcionada polo profesorado e deberá, polo menos, responder a unha delas en clase. Criterios de avaliación: boa expresión oral, precisión e claridade na expresión das ideas; capacidade de análise crítica precisión; participación activa.
4. Film Tests: Pocahontas and The Last of the Mohicans: Ata 0.5 puntos: Test a realizar no CV. Criterios de avaliación: entrega en prazo; nivel de calidade acadado; precisión e claridade na expresión das ideas; capacidade de análise crítica; habilidade para integrar e relacionar contidos; corrección e coherencia na expresión escrita.
Tanto as datas de entrega, presentación, coma as instrucións para estas tarefas, estarán dispoñibles no CV do estudantado coa antelación suficiente para a súa correcta realización.
Co deseño de tarefas para a avaliación continua, incídese na competencia de autonomía e iniciativa personal (CG6 do título), xa que o/a estudante participa no proceso da avaliación continua facéndose responsable do seu propio autoaprendizaxe.
Ademais das tarefas deseñadas para a nota da avaliación continua, poderanse propoñer seminarios e/ou conferencias especializados nun tema histórico e/ou cultural que teñan lugar fóra do horario lectivo. A asistencia non é obrigatoria, pero poderá ser tida en conta cando a nota final da materia estea moi próxima á inmediatamente superior.
As actividades da avaliación continua serán completadas dentro do prazo estipulado. En caso contrario, a tarefa non será considerada para a avaliación continua.
IMPORTANTE: ASISTENCIA A CLASE E AVALIACIÓN
Asistencia: ASISTIR ao 75 por cento das horas totais da materia é OBRIGATORIO para superar a materia e para presentarse ao exame final.
Segundo o establecido no “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC” aprobado o 25 de novembro de 2024 a xustificación da falta de asistencia a clase e ás probas de avaliación farase do seguinte xeito:
"Artigo 3.2 Xustificación da falta de asistencia a clase. En todo caso, serán causas xustificadas as seguintes:
a) A realización de exames oficiais ou probas selectivas na Administración, xustificada mediante a acreditación do órgano avaliador.
b) A presenza en órganos colexiados universitarios internos, ou externos á USC cando se asista en representación do colectivo, acreditada mediante a correspondente convocatoria e certificación da secretaría do órgano.
c) O ingreso en centros hospitalarios e as consultas médicas non reprogramables, acreditadas con xustificante do centro médico ou facultativo responsable.
d) A enfermidade que impida a presenza física no centro, debidamente acreditada.
e) O paro académico ou a folga doutros colectivos cando impida o acceso ás aulas.
f) A enfermidade grave ou falecemento dun familiar ata o 2º grao, debidamente acreditada.
g) O cumprimento dun deber público, debidamente xustificado.
h) A limitación oficial de mobilidade por inclemencia meteorolóxica ou estado de alerta, alarma ou excepción debidamente declarado.
i) A participación en actividades por parte de deportistas de alto nivel ou de alto rendemento, conforme á normativa autonómica e a da USC.
j) Calquera causa de forza maior debidamente acreditada.
3.3. A acreditación da existencia de causa xustificada par a a non asistencia a clase deberá realizarse ante o profesor ou profesora no prazo máximo de cinco días hábiles desde que remate a causa que impediu a asistencia. De existir discrepancia de criterio entre o/a docente e o/a estudante sobre a acreditación, a decisión final corresponderá á dirección do centro ou comisión competente.
3.4. Entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia ás actividades formativas recollidas na programación docente das materias sen necesidade de aportar xustificación cando a falta de asistencia non supere o 10% das horas programadas [isto é: todas as horas da materia, tanto expositivas como interactivas], agás nos casos de actividades de realización obrigatoria.
Artigo 5. Falta de asistencia a probas de avaliación.
1. As causas de xustificación da non asistencia a clase recollidas no artigo 3.2. poderán alegarse tamén para xustificar a falta de asistencia a probas de avaliación, agás no caso de deportistas de alto nivel e alto rendemento no que só se flexibilizará o calendario de exames cando coincida coas competicións e con concentracións e adestramentos de seleccións oficiais, xustificados mediante certificación da federación deportiva correspondente.
2. De existir causa xustificada o/a estudante terá dereito a realizar a proba noutra data, que se fixará polo profesorado responsable da materia, preferiblemente de forma consensuada co/a estudante afectado/a e sempre con anterioridade á data de peche de actas da correspondente oportunidade. Entre a comunicación da nova data de avaliación e a realización da proba deberá transcorrer, sempre que sexa posible, un mínimo de dous días hábiles."
A materia abrangue 15 semanas:
Semana 1: Tema 1
Semana 2: Tema 1
Semana 3: Tema 1
Semana 4: Tema 2
Semana 5: Tema 2
Semana 6: Tema 2
Semana 7: Tema 3
Semana 8: Tema 3
Semana 9: Tema 3
Semana 10: Tema 3
Semana 11: Tema 3
Semana 12: Tema 3
*Semana 13: Tema 8
Semana 14: Tema 9
Semana 15: Temas 10 y 11
Xa que esta é unha materia ECTS, o/a estudante necesitará 150 horas (presenciais e de traballo autónomo) para superala.
*Como se mencionou nos apartados de 'Contidos' e de 'Metodoloxía', para os temas 4 a 7, o/a estudante deberá responder a unha listaxe de preguntas proporcionadas polos/as docentes. Dúas destas preguntas serán incluídas no exame final.
Recoméndase a complementación dos contidos dados en clase coa bibliografía recomendada correspondente e a realización de todas as actividades programadas para a materia. Desta forma, estudante accede a dúas notas (a da avaliación continua e a do exame final) no canto de ter que depender tan só dunha única nota final nunha das oportunidades ou nas dúas.
Tamén se animará ao estudantado a asistir a calquera tipo de actividade que lles poida pór en contacto con aspectos históricos, sociais ou culturais da historia de Gran Bretaña, Irlanda, EEUU e Commonwealth (representacións teatrais, películas históricas, etc.), por exemplo, estreas de películas históricas no cine. O profesorado pode propor tamén a lectura opcional de libros de ficción enmarcados nunha determinada época da histórica británica, irlandesa ou americana como The Pillars of the Earth ou World without End de Ken Follet ou The Sunne in Splendour de Sharon Penman sobre a Guerra das Rosas. Poderánse proporcionar outros títulos previa petición do/ da estudante.
A materia impartiráse en inglés, aínda que ocasionalmente poderanse empregar o galego e o castelán.
A práctica fraudulenta en calquera das actividades do curso non será tolerada baixo ningunha circunstancia.
IMPORTANTE:
De acordo co establecido no artigo 36 da Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), que especifica no seu apartado c) entre os deberes do estudiantado: ‘Observar las directrices del profesorado y de las autoridades universitarias’, as normas de convivencia na aula serán as seguintes:
1- Nas clases tanto expositivas como interactivas non está autorizado o uso de teléfonos móbiles, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polos/as docentes, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Poderán empregarse tablets ou ordenadores portátiles, exclusivamente para a toma de apuntes e consulta de material no Campus Virtual. Non está permitido o uso de calquer dispositivo electrónico durante a realización de calquera actividade de avaliación, salvo que o profesorado autorice o seu emprego.
2- Os/as estudantes deberán chegar á aula non máis tarde de 10 minutos despois do inicio da clase.
3-Non está permitido consumir comida na aula durante o desenvolvemento das clases.
4- Para que unha sesión poida computarse como asistencia, é necesario permanecer na aula ata a finalización da clase, agás en casos xustificados como unha indisposición física sobrevida.
IMPORTANTE: De acordo co "Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da USC" (30 de marzo de 2023), o estudantado deberá ter en conta o seguinte:
1. Artigo 44: O comportamento inadecuado na aula poderá ser igualmente penalizado coa apertura dun procedemento disciplinario.
2. Artigo 43: Impedir reiteradamente o normal desenvolvemento das actividades docentes podería considerarse como unha falta grave e, como tal, pode ser sancionada con ata un mes de expulsión ou a perda do dereito á convocatoria da materia en que se cometa a falta.
IMPORTANTE: Non se responderán aqueles correos electrónicos que non procedan do enderezo corporativo do/da estudante (enderezo da USC).
A USC conta cun servizo de apoio titorial extraordinario para axuda á diversidade (estudantado con necesidades específicas).https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social. E-mail: sepiu.santiago [at] usc.es (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]es).
Susana Maria Jimenez Placer
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811855
- Correo electrónico
- susanamaria.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Cristina Mouron Figueroa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811832
- Correo electrónico
- cristina.mouron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ruben Jarazo Alvarez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- ruben.jarazo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | Inglés | C10 |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | Inglés | D11 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | Inglés | C10 |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | Inglés | D08 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | Inglés | C07 |
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | Inglés | C08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | Inglés | C07 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | Inglés | C08 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | Inglés | C08 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | Inglés | D08 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C10 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | C10 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C10 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C10 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | C10 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C10 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C10 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C10 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C11 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C11 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | C11 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C11 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C11 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C11 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C11 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | C11 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C12 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C12 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | C12 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C12 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | C12 |
12.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C12 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C10 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C10 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | C10 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C10 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C10 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | C10 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C10 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C10 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C11 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C11 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C11 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C11 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | C11 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C11 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | C11 |
05.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C11 |