Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia Ciencias Sociais e Educación I ten como principal obxectivo complementar a formación disciplinar que o estudantado do Mestrado adquiriu durante os seus estudos de grao. A súa finalidade é proporcionar coñecementos, destrezas e ferramentas de análise relevantes para a comprensión e o ensino das Ciencias Sociais e Humanidades na Educación Secundaria e no Bacharelato.
O curso pretende ofrecer unha visión complexa e plural sobre a produción do coñecemento nas ciencias sociais, os seus fundamentos epistemolóxicos e os principais enfoques interpretativos empregados para comprender a realidade social. Así mesmo, abordará o papel das ciencias sociais na formación dunha cidadanía crítica e democrática, así como algúns dos principais debates contemporáneos sobre o ensino e a aprendizaxe destas disciplinas.
Desde unha perspectiva teórico-práctica, a materia combinará a reflexión sobre os usos sociais do coñecemento histórico e social coa análise de estratexias, recursos e metodoloxías para o seu ensino. Como resultado, o estudantado elaborará unha proposta didáctica fundamentada e coherente co currículo vixente.
Ao finalizar o curso espérase que o estudantado sexa quen de:
• Coñecer os fundamentos epistemolóxicos e os principais enfoques interpretativos das ciencias sociais.
• Comprender o valor formativo, cultural e cívico das ciencias sociais nas sociedades democráticas.
• Analizar criticamente problemas contemporáneos empregando ferramentas propias das ciencias sociais.
• Reflexionar sobre os principais debates metodolóxicos relacionados co ensino e a aprendizaxe das ciencias sociais.
• Coñecer os contidos curriculares das materias de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria e no Bacharelato.
• Manexar recursos bibliográficos, documentais e didácticos para o ensino das ciencias sociais.
• Deseñar unha unidade didáctica fundamentada teórica e metodoloxicamente, axeitada ao currículo e aos obxectivos educativos da etapa correspondente.
Bloque I. Que son as ciencias sociais e como producen coñecemento?
• Natureza, obxecto e métodos das ciencias sociais.
• Explicación, comprensión e interpretación dos fenómenos sociais.
• Obxectividade, subxectividade e perspectiva na produción do coñecemento.
• Fontes, evidencias, narrativas e construción de significados.
Bloque II. Para que serven as ciencias sociais? Cidadanía, cultura e pensamento crítico
• O papel das ciencias sociais nas sociedades democráticas.
• Educación para a cidadanía e formación do pensamento crítico.
• Medios de comunicación, cultura dixital e construción da opinión pública.
• Desigualdades sociais, identidades e diversidade cultural.
• Memoria histórica, patrimonio e usos sociais do pasado.
• Problemas contemporáneos e ferramentas para a súa comprensión e interpretación.
Bloque III. Ensinar ciencias sociais hoxe: debates metodolóxicos
• Coñecemento, competencias e pensamento crítico na aula.
• Tradición, innovación e cultura pedagóxica contemporánea.
• A lección maxistral e as metodoloxías activas: debates sobre ensino e aprendizaxe.
• Atención, motivación, memoria e esforzo nos procesos de aprendizaxe.
• Recursos e estratexias para o ensino das ciencias sociais: fontes, patrimonio, medios de comunicación e contornas dixitais.
• Avaliación da aprendizaxe e desenvolvemento de competencias nas ciencias sociais.
Bloque IV. Do coñecemento á práctica docente
• Estrutura e elementos fundamentais dunha unidade didáctica.
• Currículo, competencias específicas e criterios de avaliación.
• Selección e secuenciación de contidos nas ciencias sociais.
• Deseño de actividades, recursos e estratexias metodolóxicas.
• Criterios de redacción, coherencia interna e fundamentación pedagóxica.
• Elaboración, presentación e discusión crítica dunha unidade didáctica.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Burke, Peter: Visto y no visto. El uso de la imagen como documento histórico, Crítica, Barcelona, 2005.
Chartier, Roger: El mundo como representación, Gedisa, Barcelona, 1992.
Hernández Cardona, Francesc Xavier y Hernández, Anna Maria: Estrategias y recursos didácticos para la enseñanza de las ciencias sociales, Pirámide, Madrid, 2019.
Larrinaga Rodríguez, Carlos y Pinto Tortosa, Antonio Jesús (coords.): El historiador como docente, Universidad de Cantabria, Santander, 2021.
Liceras Ruiz, Ángel y Romero Sánchez, Gregorio (coords.): Didáctica de las ciencias sociales. Fundamentos, contextos y propuestas, Pirámide, Madrid, 2016.
López Facal, Ramón; Miralles Martínez, Pedro y Prats Cuevas, Joaquín (dirs.): Enseñanza de la historia y competencias educativas, Graó, Barcelona, 2017.
Martín García, José Manuel: «La formación del profesorado en patrimonio: caracterización, dimensión académico-normativa y acciones para su implementación», en Cambil Hernández, María Encarnación et alii (eds.), Nuevas tendencias en investigación e innovación en didáctica de la historia, patrimonio cultural y memoria. Proyección educativa, Editorial Universidad de Granada, Granada, 2020, pp. 397-417.
Miralles Martínez, Pedro y Molina Puche, Sebastián: «Cómo incorporar el estudio de un acontecimiento, fenómeno o realidad social a la actividad de la clase», en Prats Cuevas, Joaquín (coord.), Geografía e Historia. Investigación, innovación y buenas prácticas, Graó, Barcelona, 2011, pp. 123-137.
Moradiellos, Enrique: El oficio de historiador, Siglo XXI, Madrid, 2009.
Moradiellos, Enrique: Las caras de Clío. Una introducción a la historia, Siglo XXI, Madrid, 2001.
Murphy, Julia: Más de 100 ideas para enseñar historia, Graó, Barcelona, 2011.
Sanz, Pilar; Molero, José y Rodríguez, David (coords.): La historia en el aula. Innovación docente y enseñanza de la historia en la Educación Secundaria, Milenio, Lleida, 2017.
Sobrino López, Diego: «La didáctica de la Historia del Arte con TIC: algunas propuestas para Secundaria y Bachillerato», en Durán Villa, Francisco Ramón et al. (coords.), Innovación metodológica y docente en historia, arte y geografía, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2012.
Wallerstein, Immanuel: Impensar las ciencias sociales. Límites de los paradigmas decimonónicos, Siglo XXI, México, 1999.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Fernández Liria, Carlos; García Fernández, Olga y Galindo Ferrández, Enrique: Escuela o barbarie, Akal, Madrid, 2017.
Galindo Ferrández, Enrique y García Fernández, Olga: Aprendizaje basado en proyectos. Un aprendizaje basura para el proletariado, Akal, Madrid, 2024.
Gil Gutiérrez, Pascual: Schola delenda est?, Apostroph Edicions i Propostes Culturals, Barcelona, 2022.
Luri, Gregorio: La escuela no es un parque de atracciones, Ariel, Barcelona, 2020.
Nussbaum, Martha C.: Sin fines de lucro. Por qué la democracia necesita de las humanidades, Katz, Madrid, 2010.
De acordo ao que se recolle na Memoria do Título do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, establécense as seguintes competencias:
BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
CX2 - Coñecer o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
CX7 - Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sostible.
TRANSVERSAIS
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
ESPECÍFICAS
CEE1 - Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
CEE2 - Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A materia combinará a exposición de contidos teóricos coa análise e discusión de problemas, textos e casos prácticos relacionados co ensino das ciencias sociais. Partirase da consideración de que a aprendizaxe require tanto a adquisición de coñecementos como a reflexión crítica sobre estes, favorecendo a participación activa do estudantado e o intercambio argumentado de ideas.
As sesións expositivas estarán orientadas a presentar os principais conceptos, debates e enfoques da materia, así como a proporcionar ferramentas para a súa análise e interpretación. As sesións interactivas centraranse na lectura e discusión de textos, na análise de materiais e recursos didácticos, no debate sobre cuestións educativas de actualidade e na realización de actividades prácticas vinculadas ao ensino das ciencias sociais.
As titorías servirán para orientar o traballo autónomo do alumnado, realizar o seguimento das tarefas propostas e apoiar a elaboración da unidade didáctica que constitúe o traballo principal da materia.
Para o desenvolvemento da materia empregaranse as ferramentas do Campus Virtual da USC como espazo de acceso a materiais, entrega de actividades e comunicación entre o profesorado e o estudantado.
De conformidade co establecido no Regulamento de asistencia á aula nas ensinanzas oficiais de Grao e Mestrado da Universidade de Santiago de Compostela (https://hdl.handle.net/10347/38041), a asistencia e a participación do alumnado formarán parte da avaliación continua da materia. Para os efectos desta materia, establécese como requisito a asistencia a un mínimo do 80 % das sesións presenciais. As ausencias xustificadas serán tidas en conta de acordo coa normativa vixente. O alumnado que non acade a porcentaxe mínima de asistencia non poderá superar a materia na convocatoria ordinaria e deberá realizar na segunda oportunidade as actividades que substitúan a avaliación continua.
A avaliación da materia distribuirase do seguinte xeito:
• Asistencia, participación e implicación nas actividades desenvolvidas na aula: 10 %.
• Traballos, actividades prácticas e presentacións orais individuais ou en grupo: 40 %.
• Proba final: 50 %.
Para superar a materia será necesario obter, cando menos, o 50 % da cualificación máxima en cada unha das dúas partes principais da avaliación.
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que teña concedida a dispensa oficial de asistencia deberá acordar co profesorado un plan de traballo específico que incluirá:
• Traballos e actividades prácticas: 40 %.
• Proba final: 60 %.
INTEGRIDADE ACADÉMICA
A realización fraudulenta de calquera das actividades ou probas de avaliación suporá a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, de acordo coa normativa vixente da USC. Considerarase fraude académico, entre outras condutas, o plaxio total ou parcial de traballos, a utilización de materiais sen a correspondente cita da súa autoría ou a presentación de traballos elaborados por terceiras persoas ou mediante procedementos non autorizados. Así mesmo, un mesmo traballo non poderá ser presentado para a avaliación de varias materias, agás naqueles casos expresamente coordinados polo profesorado responsable.
De acordo co recollido na Memoria do Título do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas, para a materia de Ciencias Sociais e Educación I establécese a seguinte distribución horaria:
De acordo co recollido na Memoria do Título do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas, para a materia de Ciencias Sociais e Educación I establécese a seguinte distribución horaria:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
• Clases expositivas: 12 horas.
• Clases interactivas (seminarios, debates, análise de textos e materiais didácticos, exposicións e actividades prácticas): 16 horas.
• Titorías grupais e individuais para o seguimento das actividades e da unidade didáctica: 4 horas.
Total de horas de traballo presencial na aula: 32 horas.
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTADO
• Estudo autónomo e preparación dos contidos da materia: 25 horas.
• Lectura e análise de bibliografía, documentos e recursos didácticos: 15 horas.
• Realización de actividades, informes e tarefas prácticas: 10 horas.
• Deseño e elaboración da unidade didáctica: 18 horas.
Total de horas de traballo persoal do estudantado: 68 horas.
Recoméndase a asistencia regular e a participación activa nas sesións, así como a lectura continuada dos materiais proporcionados ao longo do curso. Dado o carácter reflexivo e aplicado da materia, resulta especialmente importante relacionar os contidos teóricos con problemas sociais e educativos contemporáneos, participar nos debates formulados na aula e avanzar de maneira progresiva na elaboración da unidade didáctica. Así mesmo, aconséllase consultar bibliografía complementaria e familiarizarse con recursos documentais e didácticos de interese para o ensino das ciencias sociais.
Recomendacións medioambientais
Co fin de favorecer prácticas académicas sostibles, recoméndase minimizar o uso de papel e de materiais dun só uso. No caso de impresión, aconséllase utilizar a impresión a dobre cara e evitar encadernacións, separadores ou anexos innecesarios. Sempre que sexa posible, priorizarase a entrega dixital das actividades.
Perspectiva de xénero
Recoméndase o uso dunha linguaxe inclusiva e non sexista tanto nas intervencións orais como nos traballos académicos realizados ao longo do curso.
Uso de ferramentas institucionais
Será obrigatorio o uso da conta de correo institucional da USC e das ferramentas tecnolóxicas oficiais da Universidade, especialmente o Campus Virtual.
Uso de dispositivos móbiles
Non se permitirá o uso de teléfonos móbiles durante as sesións, agás cando o profesorado autorice expresamente a súa utilización con fins académicos.
Protección de datos e integridade académica
As actividades desenvolvidas no marco da materia estarán suxeitas á normativa de protección de datos da USC (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos). Así mesmo, a realización fraudulenta de exercicios, traballos ou probas de avaliación dará lugar á aplicación do establecido na normativa vixente de avaliación académica da Universidade.
Laura Cabezas Vega
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- laura.cabezas [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
| Luns | ||
|---|---|---|
| 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
| Martes | ||
| 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
| Mércores | ||
| 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| 20.01.2027 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| 21.06.2027 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CABEZAS VEGA, LAURA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CABEZAS VEGA, LAURA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CABEZAS VEGA, LAURA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CABEZAS VEGA, LAURA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CABEZAS VEGA, LAURA | Castelán |