Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia
Estudar o espazo mariño, así como os recursos que se obteñen del e os problemas relacionados coa utilización do mar.
Impulsar a capaciade de innovación, creatividade e as habilidades informacionais a través de Internet.
Contidos
O espazo mariño na Xeografía Humana e Rexional. A estrutura xurisdicional do espazo mariño. Características xerais do mar e dos seus principais recursos económicos. Recursos minerais. A actividade pesqueira e marisqueira dende o punto de vista da Xeografía. O mar como fonte de enerxía e como reserva de auga doce. Navegación marítima. O mar como elemento de lecer. Turismo costeiro e turismo pesqueiro. A pesca e as súas crises de sobreexplotación. A acuicultura, nas súas diferentes modalidades. O mar e a contaminación.
1.- O espazo mariño na Xeografía.
2.- Características xerais do medio mariño e dos seus recursos.
3.- Xeografía Política do mar.
4.- Os recursos minerais.
5.- O mar como fonte de enerxía e como reserva de auga doce.
6.- A navegación marítima.
7.- O mar como elemento de ocio.
8.- A pesca marítima.
9.- A acuicultura mariña.
10.- O mar e a contaminación.
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica:
MONGUILOT, I.: El mar y sus recursos. Madrid, Ediciones Cincel.
Suárez de Vivero, J.L. Atlas de la Europa marítima Jurisdicciones, usos y gestión. Barcelona, Ediciones del Serbal.
Outra bibliografía:
GUELLEC, J. ET LOROT, P.: Planète Océane. L’essentiel de la mer. Paris, Choiseul.
LOUCHET, A.: La planète océane. Précis de Géographie maritime. Paris, Armand Colin.
Suárez de Vivero, JL., Rodríguez Mateos, JC. La Ley de Protección del Medio Marino y la planificación especial marina: España en el contexto europeo. Ambienta: La revista del Ministerio de Medio Ambiente. Nº. 94, 2011
VALLEGA, A.: Ecumene oceano. Milano, Ed. Mursia.
Facilitarase bibliografía específica para cada tema ou conxunto de temas.
Competencias
O obxectivo principal é que o alumno obteña o coñecemento dos conceptos básicos da materia e que afiance os coñecementos teóricos co manexo e a utilización de textos, documentos, estatísticas e outras fontes.
Competencias xerais:
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada.
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización.
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación.
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes.
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
Básicas:
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
CT3 - Coñecer os principios da ordenación do territorio.
CT4 - Combinar dimensións temporais e espaciais na explicación dos procesos socio-territoriais.
CT7 - Xestionar a complexidade.
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal.
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares.
CT8 - Ordenar e sintetizar información.
CT9 - Presentar e transmitir coñecemento xeográfico.
Específicas:
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e captura de datos no campo.
CE3 - Empregar sistemas de información xeográfica.
CE7 - Realizar análises e propostas de xestión ambiental.
CE4 - Expresar información cartograficamente.
CE5 - Preparar e interpretar información estatística.
CE6 - Realizar propostas de análise e xestión territorial.
CE8 - Xestionar a localización de servizos e actividades.
CE9 - Realizar diagnósticos integrados de acción pública.
Metodoloxía da ensinanza
Potenciarase a innovación, creatividade e as habilidades informacionais a través de Internet.
Empregarase a Aula Virtual para titorización síncrona e asíncrona.
Pontenciarase a aprendizaxe autónoma e colaborativa do alumnado.
Programarase un calendario de entregas de informes e traballos.
Desenvolveranse metodoloxías de innovación docente ApS (Aprendizaxe por Servizo) e/ou COIL (Collaborative Online International Learning).
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación será continua e dependerá do rendemento mostrado polo alumnado ao longo do curso en todas as actividades levadas a cabo. Basearase na programación dun calendario de entrega de informes e traballos a través da Aula Virtual.
Entrega de informes e prácticas: 60%
Entrega de informe teoría final: 40%
O alumnado con dispensa de asistencia disporá dun itinerario formativo titorizado con actividades formativas obrigatorias e un calendario de traballos establecido.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar o estudantado para superala
A asignatura consta de 6 créditos ECTS. O alumno deberá dedicar a cada unha das actividades programadas a parte alícuota do total de créditos do curso.
Recomendacións para o estudo da materia
Consulta de bibliografía.
Realización das actividades que se programen.
Acudir ás titorías para resolver as dúbidas.
Carlos Ferras Sexto
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812704
- Correo electrónico
- carlos.ferras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Otero Varela
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- alejandrootero.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |