Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O1. Obter un coñecemento amplo do espazo terrestre e da vida dos seres humanos sobre a Terra.
O2. Entender e explicar as regras de funcionamento dos territorios a diferentes escalas, así como das sociedades humanas.
O3. Entender as relacións entre o sistema natural e o medio humano.
O4. Coñecer os elementos e comprender os procesos que explican o funcionamento da paisaxe, desde a óptica do medio xeográfico.
O5. Comprender a dimensión espazo-temporal dos fenómenos.
O6. Estudar os fundamentos que artellan a Xeografía como ciencia, as súas relacións con outras ciencias, os seus conceptos básicos e as fontes empregadas na análise xeográfica.
A materia “Xeografía e Globalización” aborda os contidos principais referidos aos estudos xeográficos cunha visión aplicada ao mundo contemporáneo. Por globalización, enténdese un proceso histórico de integración económica, cultural, social e artística do mundo actual. A escala global, ou mundial, explica o funcionamento do sistema económico e das culturas, así como comportamentos colectivos que configuran o espazo do presente. A mesma é a máis relevante nas nosas vidas e rexe as grandes tendencias e manifestacións artísticas e culturais actuais. A dialéctica que se establece entre o global e o local axuda a comprender a actual organización do espazo.
Os bloques de contidos a desenvolver quedan estruturas do seguinte xeito:
1. Conceptos xeográficos básicos.
2. A poboación mundial na actualidade: comportamentos e dinámicas.
3. Os conceptos de cultura e identidade: debates actuais.
4. O panorama económico mundial, o desafío das cidades e a situación do mundo rural.
5. A xeopolítica do mundo actual: fronteiras, actores e rexións.
6. Globalización: retos ambientais e cambio climático.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
-AZCÁRATE LUXÁN, B., AZCÁRATE LUXÁN, M. V. & SÁNCHEZ SÁNCHEZ, J. (2019). Grandes regional del mundo: Desarrollo, subdesarrollo y países emergentes. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
-FARINÓS, J. & OLCINA CANTOS, J. (Eds./Coords.) (2017). Geografía Regional de España: Espacio y comunidades. Universitat de València/Tirant Humanidades.
-FERNÁNDEZ CUESTA, G. (Dir.) (2019). Atlas de Geografía Humana de España. Paraninfo.
-HIERNAUX, D. & LINDÓN, A. (Dirs.) (2006). Tratado de Geografía Humana. Anthropos/Universidad Autónoma Metropolitana de México.
-HOLT JENSEN, A. (1992). Geografía: Historia y conceptos. Vicens Vives.
-LÓPEZ PALOMEQUE, F. & PLAZA GUTIÉRREZ, J. I. (Eds./Coords.) (2019). Geografía de Europa: Estructura, procesos y dinámicas territoriales. Universitat de València/Tirant Humanidades.
-MURPHY, A. (2018). Geografía: ¿Por qué importa? Alianza Editorial.
-NOGUÉ, J. & ROMERO, J. (Eds.) (2006). Las otras geografías. Tirant Lo Blanch.
-ROMERO, J. (Coord.) (2007). Geografía Humana: Procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Ariel.
-ROMERO, J. (Coord.) (2016). Geografía Humana de España. Universitat de València/Tirant Humanidades.
BIBLIOGRAFÍACOMPLEMENTARIA:
-BAILLY, A. & BÉGUIN, H. (2001). Introduction à la Gèographie Humaine. Armand Colin.
-CIATTONI, A. & VEYRET, Y. (2003). Les fondamentaux de la Géographie. Armand Colin.
-HAGGETT, P. (1988). Geografía: Una síntesis moderna. Omega.
-HOLLOWAY, S.L., RICE, S. P. & VALENTINE, G. (2003). Key Concepts in Geography. Sage.
-JOHNSTON, R. et al. (2000). The Dictionary of Human Geography. Blackwell.
-MAYHEW, S. (1997). Dictionary of Geography. Oxford University Press.
-SEGRELLES, J. (Coord.) (2002). Geografía Humana. Editorial Club Universitario.
-HAWKINS, H. (2021). Geography, Art, Research: Artistic Research in Geohumanitites. Routledge.
-LEWIS, M.W. & WIGEN, K.E. (1997). The Myth of Continents: A Critique of Metageography. University of California Press.
-MARSHALL, T. (2020). El mundo explicado en 12 sencillos mapas. GeoPlaneta.
-MATA, R. & SANZ, C. (Coords.) (2003). Atlas de los paisajes de España. Ministerio de Medio Ambiente.
-MÉNDEZ GUTIÉRREZ DEL VALLE, R. (2011). El nuevo mapa geopolítico del mundo. Tirant Lo Blanch.
-NOGUÉ, J. & VICENTE, J. (2001). Geopolítica, identidad y globalización. Ariel.
-ORTEGA VALCÁRCEL, J. (2000). Los horizontes de la Geografía: Teoría de la Geografía. Ariel.
-ROGER, A. (2007). Breve tratado del paisaje. Biblioteca Nueva.
-ZÁRATE MARTÍN, M. A. & RUBIO BENITO, M. T. (2006). Geografía Humana: Sociedad, economía y territorio. Editorial Universitaria ramón Areces.
COÑECEMENTOS E CONTIDOS:
COÑ/CONT 01. Identificar os principios e métodos do pensamiento crítico e científico.
COÑ/CONT 02. Reunir e tomar como referente os principios e valores democráticos máis relacionados co ámbito de coñecemento.
COÑ/CONT 03. Identificar os conceptos e metodoloxías fundamentais da disciplina.
COÑ/CONT 04. Explicar a historia, tradición e natureza específica do ámbito da disciplina e o seu lugar na sociedade.
COÑ/CONT 12. Demostrar unha comprensión crítica dos principios, teorías, métodos e problemas da área de coñecemento.
COMPETENCIAS:
COMP 01. Demostrar curiosidade intelectual e un espírito crítico para a aprendizaxe.
COMP 02. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos a situacións prácticas e reais.
COMP 03. Consciencia e capacidade para reflexionar sobre cuestións éticas e de responsabilidade social.
COMP 04. Capacidade para comunicar ideas, metodoloxías e problemas sobre a disciplina de forma clara e precisa, tanto en modo oral como escrito.
COMP 06. Capacidade para planificar e levar a temo proxectos de aprendizaxe individuais ou en grupo.
COMP 07. Capacidade para consolidar hábitos de traballo individuais e en equipo que fomenten a autoaprendizaxe e a crítica.
HABILIDADES E DESTREZAS:
H/D 01. Habilidade para comunicarse efectivamente, tanto de forma oral como escrita, na lingua nativa e nunha ou máis linguas estranxeiras.
H/D 02. Habilidades para deseñar, planificar e levar a termo traballo académicos.
H/D 03. Habilidades para o traballo en equipo.
H/D 04. Habilidades para colaborar en proxectos interdisciplinares.
H/D 06. Habilidade para utilizar os métodos de análise e investigación da disciplina e recoñecer as súas limitacións á hora de valorar os resultados de proxectos de investigación.
H/D 08. Habilidades para a utilización de novas tecnoloxías e ferramentas de comunicación.
Clases expositivas, nas que desenvolveremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos.
Clases interactivas, que estarán dedicadas ao estudo de casos prácticos, exercicios, proxectos e/ou traballos. Estas actividades realizaranse de forma individual ou en grupo, dependendo dos obxectivos de aprendizaxe e habilidades a conseguir. As actividades tamén se poderán desenvolver mediante a entrega de traballos escritos ou como exposición oral na aula. Todas as entregas realizaranse preferentemente a través do Campus Virtual. O seguimento das actividades realizarase a través dunha programación de entregas, que permita organizar o tempo de estudo.
Aula Virtual, que estará activa desde o comezo do curso e nela o alumnado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas.
Desenvolvemento de metodoloxías de innovación docente ApS (Aprendizaxe-Servizo) para a realización dalgunhas das interactivas.
Titorías, individuais ou en grupo, para atender dúbidas que poidan xurdir durante a exposición dos contidos teóricos ou durante a elaboración das prácticas.
O sistema de avaliación é o mesmo, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.
Realización dunha proba presencial para a avaliación dos coñecementos teóricos expositivos, na data oficial establecida pola Facultade de Xeografía e Historia. Computará o 40% da nota final.
Avaliación continua das actividades prácticas interactivas, que poderán ser individuais e en grupo. Terase en conta a asistencia e a participación activa do alumnado na aula. Computará o 60% da nota final.
Para superar a materia, requírese que a media de ambas partes alcance o 50%. Así mesmo, débese acadar un mínimo dun 30% en cada unha das partes para facer media.
Para o alumnado con dispensa académica concedida pola Facultade de Xeografía e Historia, requirirase entregas equivalentes ás dos alumnado sen dispensa. Ademais, a proba para a avaliación dos coñecementos teóricos será presencial e obrigatoria.
Horas de traballo presencial do alumnado (51 horas).
-Docencia teórica: 32 horas.
-Docencia interactiva-seminario: 16 horas.
-Titoría en grupo reducido: 3 horas.
Horas de traballo persoal do alumnado (99 horas).
Asistir a clase de xeito regular e participar nas mesmas.
Traballar de xeito continuo ao longo do curso cos contidos teóricos.
Ler a bibliografía recomendada.
Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
Revisar o Campus Virtual para estar ao día coa materia e as tarefas.
Usar as titorías para resolver dúbidas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Mº Mar Sobral Bernal
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- mar.sobral.bernal [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
David Santomil Mosquera
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- david.santomil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Alejandro Otero Varela
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- alejandrootero.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia