Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo básico da materia é o de dar a coñecer as principais técnicas estatísticas existentes, tanto no campo da Estatística Descritiva como Inferencial. Trátase de capacitar o alumnado para analizar a compoñente temática da información xeográfica, fundamento esencial de análises ulteriores, máis complexas, que esixen un coñecemento previo que aquí se ofrece.
Preténdese realizar unha revisión xeral destas técnicas, desde as máis sinxelas ata procedementos máis complexos (análises multivariante ou metodoloxías de clasificación), sempre activando unha perspectiva práctica. A preocupación fundamental é a de resaltar a capacidade dos procedementos estatísticos na resolución de problemáticas concretas de carácter xeográfico.
Porén, as técnicas cuantitativas non desbotan un traballo na liña das ferramentas cualitativas en Xeografía, que tamén se contemplan na materia. Asemade, ofrécese un panorama inicial sobre técnicas, métodos e fontes de información en Xeografía, no marco dunha reflexión ampla sobre a investigación na disciplina.
Fuentes y bases de datos geográficos. Las técnicas cualitativas. Muestreo y encuestas. Programas de tratamiento
geoestadístico y representaciones gráficas. Análisis estadístico descriptivo. Inferencia estadística. Análisis bivariantes
y multivariantes.
Estes contidos desenvolveranse no seguinte temario:
1. Características da información na investigación xeográfica
2. A obtención da información xeográfica. Fontes primarias e secundarias
3. Técnicas e métodos cuantitativos e cualitativos
4. Os métodos cualitativos en Xeografía
5. A recollida da información xeográfica por medio da mostraxe
6. Análise exploratoria de datos. Análise univariante e multivariante
7. Análise dos datos: métodos de clasificación
8. Análise dos datos: técnicas de estatística inferencial
9. Estudo de fenómenos puntuais e estimación de densidades
10. Análise xeoestatística de datos continuos
11. A importancia da análise gráfica e tipos de gráficas
12. A aplicación da análise factorial no campo xeográfico
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aguilera Arilla, M.A J.; Azcárate Luxán, M.A V.; González Yanci, M.A P.; Muguruza Cañas, C.; Rubio Benito, M.A T. e Santos Preciado, J. M. (2003): Fuentes, tratamiento y representación de la información geográfica. Madrid: UNED.
Hay, I. (ed.) (2010): Qualitative Research Methods in Human Geography. Don Mills: Oxford University Press.
Kitchin, R. e Tate, N. J. (2000): Conducting Research into Human Geography. Theory, Methodology and Practice. Harlow: Prentice Hall.
López-Roldán, P. e Fachelli, S. (2015): Metodología de la investigación social cuantitativa. Barcelona: UAB.
Santos Preciado, J. M. e García Lázaro, F. J. (2008): Análisis estadístico de la información geográfica. Madrid: UNED.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Amor Pulido, R.; Aguilar Peña, C. e Morales Luque, A. (2005): Estadística Aplicada. Granada: Grupo Editorial Universitario.
Canavos, G. C. (2003): Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y Métodos. México DF: McGraw-Hill.
Flowerdew, R. e Martin, D. (eds.) (2010): Methods in Human Geography. Harlow: Prentice Hall.
Gregory, S. (1978): Statistical Methods and the Geographer. London: Longman.
Grupo Chalude (1980): Iniciación a los métodos estadísticos en geografía: Barcelona: Ariel.
Gutiérrez Puebla, J.; Rodríguez Rodríguez, V. e Santos Preciado, J. M. (1994): Técnicas Cuantitativas. Estadística Básica. Vilassar de Mar: Oikos Tau.
Hair, J. F.; Anderson, R. E.; Tatham, R. L. e Black, W. C. (2000): Análisis Multivariante. Madrid: Prentice Hall.
Montello, D. R. e Sutton, P. C. (2006): An Introduction to Scientific Research Methods in Geography. Thousand Oaks: SAGE.
Morange, M. e Schmoll, C. (2016): Les outils qualitatifs en géographie. Méthodes et applications. Paris: Armand Colin.
Peña, D. (2002): Fundamentos de Estadística. Madrid: Alianza Universidad.
Pumain, D. e Saint-Julien, T. (1997) : L’analyse spatiale. Paris : Armand Colin.
Ritchey, F. J. (2001): Estadística para las ciencias sociales: el potencial de la imaginación estadística. México: McGraw-Hill.
Rogerson, P. A. (2008): Statistical Methods for Geography: A Student’s Guide. London/Thousand Oaks: SAGE.
Wong, D. W. S. e Lee, J. (2007): Statistical Analysis of Geographic Information with ArcView GIS and ArcGIS. Hoboken: John Wiley & Sons.
Con 1, Con2, Con 3, Con4, Con5, Con 6, Con7
H/D1, H/D2, H/D3, H/D4, H/D5, H/D6, H/D7
Comp1, Comp4, Comp5, Comp6, Comp7
A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial.
Clases teóricas (docencia expositiva) e prácticas (docencia interactiva) na aula, e traballo persoal do estudantado fóra dela. As titorías poderán realizarse parcialmente de maneira virtual.
Realizarase unha saída de campo (se se dan as condicións, xunto con outras materias do Grao), onde se poñan en práctica os contidos traballados previamente na aula.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación se desagrega en dous compoñentes formativas, entregas de avaliación continua e exame.
Tipos de avaliación:
1. Avaliación continua, a partir do traballo na aula e en relación co traballo no curso.
2. Avaliación mediante un exame dos contidos teórico-prácticos, complementaria á avaliación continua.
Criterios de avaliación en primeira convocatoria:
1. Exame ou proba escrita presencial, complementaria á avaliación continua, que terá un peso do 45% da cualificación final, na data establecida pola Facultade.
2. Traballos prácticos, que terán un peso do 45% da cualificación final. Consistirá na entrega de traballos a través de Aula Virtual da USC.
3. Participación activa nas aulas expositivas e interactivas: 10% dá cualificación final. Terase en conta a asistencia https://minerva.usc.gal/rest/api/core/bitstreams/c94abc6c-cdab-4f46-b0b…
Para superar a materia é necesario alcanzar un 5 en cada unha das partes.
No caso de que sexa concedida oficialmente dispénsa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer un exame da materia, e a parte interactiva deberá ser compensada con exercicios específicos.
Criterios de avaliación en segunda convocatoria:
1. Exame teórico-práctico na data establecida pola Facultade.
En ambas as convocatorias, para os casos de realización fraudulenta (incluída a IA) de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Docencia teórica 12
Docencia interactiva laboratorio/aula informática 36
Titorización grupo reducido 3
Traballo personal do alumnado 99
- Asistencia regular ás clases, participación nas mesmas, e traballo continuado ao longo do semestre académico.
- Realización e repaso dos exercicios requiridos.
- Recoméndanse como actividade formativa os cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
Francisco Ramon Duran Villa
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812721
- Correo electrónico
- francisco.duran [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 17 de informática |
Mércores | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 17 de informática |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 17 de informática |