Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudar os fundamentos da análise demográfica, atendendo á evolución e distribución espacial da poboación, á mobilidade (natural e migratoria), á proxección e á estrutura.
O estudo xeográfico da poboación: definición, contidos e evolución. Fontes no estudo da poboación. A distribución espacial da poboación no mundo. A dinámica e a estructura demográfica. Os movementos migratorios. Reto demográfico.
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
Lección 1.- O estudo da poboación. Teorías, políticas e fontes.
Lección 2.- Mobilidade da poboación: natural e migratoria.
Lección 3.- Estructura da poboación.
Lección 4.- A distribución espacial da poboación e do poboamento.
Lección 5.- Proxeccións da poboación.
Organizarase unha saída de campo si os recursos dispoñibles o permiten.
MANUAL DA MATERIA:
Vegara, A, & D'Entremont, A. Introducción al análisis demográfico. Un enfoque para urbanistas. Madrid. Centro de Estudios Urbanos.
Bibliografía:
ABELLÁN, A. et al.: La población del mundo. Madrid, Ed. Síntesis.
REQUES VELASCO, P.: Geodemografía. Santander, Universidad de Cantabria
RUBIO BENITO, Mª T.: Estado actual de la población. Teoría y práctica. Madrid, UNED
THUMERELLE, P.J.: Las poblaciones del mundo. Madrid, Ed. Cátedra.
DAVID, O.: La population mondiale: répartition, dynamique et mobilité. Paris, Armand Colin.
ENTREMONT, A. d': Diez temas de demografía. Madrid, Ed. Internacionales Universitarias.
GUILLON, M. e SZTOKMAN, N.: Géographie mondiale de la population. Paris, Ellipses.
HORNBY, W.F. & JONES, M.: An introduction to population geography. Cambridge, University Press
NOIN, D.: Géographie de la population. Paris, Masson.
PISON, G.: La démographie mondiale. Paris, Rue des écoles
PUYOL, R. et al.: Los grandes problemas actuales de la población. Madrid, Ed. Síntesis.
WOODS, R.: Population analysis in Geography. London, Longman.
Na aula facilitarase bibliografía específica para cada tema
Comp1 - Coñecer, comprender, analizar e interpretar o territorio, o medio físico-natural, o medio ambiente e a paisaxe TIPO:
Competencias
Comp4 - Expresar información cartográficamente mediante sistemas de información xeográfica TIPO: Competencias
Comp5 - Aprender a coñecer e interpretar directamente o territorio, o medio e a paisaxe a través do traballo de campo TIPO:
Competencias
Comp6 - Elaborar e interpretar información cuantitativa e cualitativa en Xeografía TIPO: Competencias
Comp7 - Explicar la diversidad de lugares, ambientes, ciudades y regiones TIPO: Competencias
Con3 - Xeografía humana TIPO: Coñecementos ou contiidos
Con7 - Métodos e traballo de campo da disciplina xeográfica TIPO: Coñecementos ou contidos
H/D1 - Xestionar a complexidade xeográfica e da Ordenación do Territorio TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D2 - Entender os problemas xeográficos de forma multidimensional, interrelacionando o medio físico-natural e ambiental coa
esfera humana e social TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D3 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D4 - Buscar, xerar, ordenar e sintetizar información xeográfica TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D5 - Expoñer e transmitir coñecementos, métodos e resultados xeográficos de forma autónoma TIPO: Habilidades ou destrezas
Empréganse e foméntanse as Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información, a utilización de Internet e de software básico. Ademais de recursos documentais bibliográficos, fotográficos e cartográficos que facilitará o profesor.
A Titoría personalizada será presencial en horario oficial no despacho do profesor e non presencial a través de correo electrónico carlos.ferr%C3%A1s [at] usc.es (carlos.ferrás[at]usc[dot]es) ou videoconferencia previa solicitude.
Empregaranse técnicas de ensinanza semipresencial a través da Aula Virtual da USC e a videoconferencia.
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada, combinando teoría e práctica en aulas seminario e de laboratorio (interactivas).
Potenciarase a innovación, creatividade e as habilidades informacionais a través de Internet.
Pontenciarase a aprendizaxe autónoma e colaborativa do alumnado.
Programarese un calendario de entregas de informes e traballos.
Desenvolveranse metodoloxías de innovación docente ApS (aprendizaxe por servizo e/ou COIL (Coperative Online International Learning).
Sistema de avaliación
Parte práctica:
Será continua e dependerá do rendimento que mostre o alumnado ao longo do curso en todas as actividades realizadas. Basearase na programación dun calendario para a entrega de informes e traballos a través da Aula Virtual.
Entrega de informes e prácticas: 60%
Parte teórica:
Exame: 40%
O alumnado con dispensa de asistencia deberá realizar o exament teórico e disporá dun itinerario formativo titorizado con actividades formativas obrigatorias e un calendario de traballo para a parte práctica.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, se aplicará a normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de calificacións.
A asignatura consta de 6 créditos ECTS, repartidos equilibradamente entre clases expositivas, interactivas e titorías, con desenvolvemento de prácticas. O alumno deberá dedicar a cada unha destas actividades a parte alícuota do total de créditos do curso.
Asistencia a clase con participación. Consulta de bibliografía. Realización das actividades que se programen. Acudir ás titorías para resolver as dúbidas.
Carlos Ferras Sexto
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812704
- Correo electrónico
- carlos.ferras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 09 |