Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A rexión constitúe un concepto central da Xeografía. Falamos de rexións en cada abordaxe e/ou mediante cada escala pola que optemos, denomínense estas barrios, biomas, comarcas, concellos, continentes, países, rexións consideradas como tales dentro do sistema político-administrativo dun país dado ou unidades ambientais e paisaxísticas, por mencionar só unha escolma. En efecto, Haggett (1990) escribiu que «pedirlle a un xeógrafo por que estuda a rexión é como preguntarlle a un cristián o motivo polo que le o Evanxeo». Velaquí o primeiro obxectivo da materia: comprender o(s) significado(s) de rexión desde múltiples perspectivas xeográficas.
En liña co anterior, a materia proponse achegar as chaves de historia do pensamento xeográfico para dar correlacionada a evolución da disciplina coa do concepto que nos ocupa. Resulta imposíbel desligar a rexión en Xeografía da súa traxectoria de tres milenios de pasado -nos primeiros momentos dese longo lapso nace, de feito, o proprio vocábulo-, aínda que interese máis fixar a atención na historia dos últimos dous séculos e medio, cando se conforma a disciplina como tal. Neste segundo obxectivo cobra especial relevancia a reformulación conceptual acontecida desde a década de 1970. Tamén se porá o fincapé na liña de reflexión que defende sostidamente que a aproximación rexional permite axuntar as abordaxes xeográficas centradas na perspectiva físico-ambiental-natural, dunha banda, e as que o fan na humano-socio-cultural, da outra.
Finalmente, un terceiro obxectivo persegue determinar algunhas das dimensións aplicadas da rexión, das que escollemos dúas. A primeira ten que ver coas políticas territoriais (integradas e/ou sectoriais), que requiren de rexións -ás veces denominadas zonas, sectores, ámbitos ou outras expresións concomitantes- para a súa implantación; a segunda, co campo das divisións territoriais político-administrativas mediante as que se estruturan os Estados.
De acordo coa memoria da 2ª edición do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio, os contidos son os seguintes:
- As distintas tradicións xeográficas
- O concepto de rexión e a súa evolución en Xeografía
- Os conceptos chave da Xeografía
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
1. Introdución ao Xeografía. Un mundo de rexións. A escala xeográfica
2. A tradición rexional en Xeografía: antecedentes, apoxeo e crise
3. As Novas Xeografías Rexionais
4. Sistemática de tipos de rexións
5. Rexión e Ordenación do Territorio
6. Rexión e organización territorial
(O artigo 13 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións na súa formulación máis recente, fai referencia ao mantemento dos contidos do último curso con docencia.)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- García Álvarez, J. (2006): «Geografía regional», en Hiernaux, D. & Lindón, A. (dirs.): Tratado de Geografía Humana. Iztapalapa/Rubí: Universidad Autónoma Metropolitana/Anthropos, pp. 25-70.
- Holt-Jensen, A. (1988): Geography: History and Concepts. A Student’s Guide. London: Paul Chapman. [Trad. esp.: Holt-Jensen, A. (1992): Geografía. Historia y conceptos. Barcelona: Vicens Vives.]
- Lewis, M. W. & Wigen, K. E. (1997): The Myth of Continents. A Critique of Metageography. Berkeley: University of California Press.
- Murphy, A. B. (2018): Geography. Why It Matters. Cambridge: Polity Press. [Trad. esp.: Geografía. Por qué importa. Madrid: Alianza.]**
** Lectura aos efectos do estabelecido polo Decanato da Facultade de Xeografía e Historia.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Claval, P. (2006): Géographie régionale. De la région au territoire. Paris: Armand Colin.
- Farinós, J. & Olcina, J. (eds./coords.) (2017): Geografía regional de España. Espacio y comunidades. Bases para una regionalización renovada del territorio español. València: Tirant Humanidades.
- Lacoste, Y. (1985 [1ª ed., 1976]): La géographie, ça sert, d’abord, à faire la guerre. Paris: La Découverte.
- Lencioni, S. (2009): Região e Geografia. São Paulo: Universidade de São Paulo.
- Paasi, A.; Harrison, J. & Jones, M. (eds.) (2018): Handbook on the Geographies of Regions and Territories. Cheltenham/Northampton: Edward Elgar.
- Unwin, T. (1992): The Place of Geography. Harlow: Longman. [Trad. esp.: Unwin, T. (1995): El lugar de la geografía. Madrid: Cátedra.]
BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CX2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
CX3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
CX4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada.
CX5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
CX6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións.
CX7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación.
CX8 - Analizar e interpretar as paisaxes.
CX9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
CB1 - Que o alumnado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado dea transmitido información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT1 - Coñecer a historia e pensamento da disciplina xeográfica.
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos da Xeografía.
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais.
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal.
CT8 - Ordenar e sintetizar a información.
CT9 - Expor e transmitir os coñecementos xeográficos.
ESPECÍFICAS
CE1 - Realizar análises integradas do territorio.
CE4 - Expresar información cartograficamente.
CE6 - Realizar análises e propostas de xestión territorial.
CE7 - Realizar análises e propostas de xestión ambiental.
De acordo co calendario de implantación da nova edición do Grao de Xeografía e Ordenación do Territorio (3ª edición) (https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/links/2024-07/cal…), esta materia non ten docencia.
O artigo 13 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións na súa formulación máis recente, fai referencia ao mantemento dos criterios de avaliación do último curso con docencia.
Neste sentido, mantéñense os criterios vixentes no último curso con docencia, isto é, cos pesos seguintes: aproveitamento das aulas interactivas, 15%; traballo de curso, 25%; e exame, 60%.
O 15% do aproveitamento das aulas interactivas inclúe todos aqueles contidos e todas aquelas competencias desenvolvidos a tal efecto. Dado que non se pode producir avaliación continua sen docencia, este ítem avaliaranse no exame, con ese peso. As preguntas serán de desenvolver e razoar.
O 25% do traballo de curso inclúe todos aqueles contidos e todas aquelas competencias desenvolvidos a tal efecto. Dado que non se pode producir avaliación continua sen docencia, este ítem avaliaranse no exame, con ese peso. As preguntas serán de desenvolver e razoar.
O 60% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e con preguntas curtas relativas ao desenvolvemento da materia, lectura de Murphy (2018) incluída. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
Se o exame non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación, cos mesmos criterios.
O estabelecido de acordo coa memoria do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio da USC, isto é, 6 ECTS correspondentes a 150 h de traballo global.
Valerià Paül Carril
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812705
- Correo electrónico
- v.paul.carril [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade