Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3.5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Ciencias Morfolóxicas, Química Inorgánica, Química Física, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Electrónica e Computación, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Departamento externo vinculado ás titulacións, Bioloxía Funcional, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Fundamentos de Análise Económica, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Anatomía e Embrioloxía Humana, Química Inorgánica, Química Física, Nutrición e Bromatoloxía, Química Analítica, Tecnoloxía de Alimentos, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Área externa M.U en Biociencias Moleculares [L], Bioloxía Celular, Fisioloxía Vexetal, Xenética, Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Completar a formación académica do/da estudante mediante a interrelación co mundo laboral e empresarial, mellorando así tanto a capacitación científica e técnica adquirida nas materias obrigatorias do título como as súas competencias transversais e habilidades persoais.
O/A estudante realizará prácticas nunha entidade/empresa coa que a USC teña asinado previamente un convenio, de acordo co Regulamento de Prácticas Académicas Externas da USC: http:/ /hdl.handle.net/10347/13514
As actividades realizadas polo estudante na empresa estarán debidamente coordinadas e deberán realizarse en calquera dos ámbitos relacionados coas Biociencias Moleculares.
En xeral, utilizaranse como bibliografía fontes bibliográficas nacionais e internacionais pertencentes ao campo de traballo que se vaia a desenvolver. Empregaranse tamén para iso as bases de datos correspondentes.
Comp02 - Desenvolver unha capacidade de liderado que permita ofrecer solucións oportunas e creativas en situacións profesionais complexas TIPO: Competencias
Comp07 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética TIPO: Competencias
Comp08 - Ser capaz de comunicar conclusións e coñecementos de forma argumentada a públicos especializados e non especializados con claridade e precisión, tamén en linguas estranxeiras, principalmente en lingua inglesa TIPO: Competencias
Con04 - Determinar a técnica analítica ou molecular (fluxo de traballo) máis axeitada para unha situación ou obxectivo de investigación determinado, no eido da bioquímica e a biotecnoloxía
TIPO: Coñecementos ou contidos
H/D06 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D08 - Aplicar os coñecementos adquiridos na planificación e implementación de proxectos de investigación TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D09 - Aplicar adecuadamente os coñecementos e técnicas adquiridos para analizar unha situación ou concepto complexos e atopar unha maneira de resolvelos TIPO: Habilidades ou destrezas
Nas prácticas externas, baixo a supervisión do titor externo, o estudante deberá desenvolver o proxecto formativo establecido no convenio de prácticas.
As funcións, dereitos e deberes dos estudantes e titores están recollidos no Regulamento de Prácticas Académicas Externas da USC:
http://hdl.handle.net/10347/13514
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na empresa ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC e na empresa.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
A avaliación das competencias adquiridas durante a realización das Prácticas Externas farase de acordo co establecido na normativa xeral de prácticas externas da Universidade de Santiago de Compostela e na Convocatoria de prácticas académicas externas curriculares para o alumnado do máster en Biociencias Moleculares.
A actividade formativa comprende 12 créditos ECTS (300 horas totais), distribuídos da seguinte forma segundo o plan de estudos vixente:
- Traballo presencial persoal do estudantado: 285 horas.
- Seminarios: 1,5 horas presenciais.
- Titorías individuais: 3,5 horas presenciais.
Total: 290 horas presenciais e 10 non presenciais.
Os/As estudantes recibirán información completa a través da convocatoria correspondente de prácticas externas, que se axustará ao Regulamento de Prácticas Académicas Externas da USC: http://hdl.handle.net/10347/13514
Durante a realización das prácticas, os/as estudantes terán un titor académico da Universidade, que deberá ser profesorado da titulación e un titor externo da entidade colaboradora con experiencia profesional e coñecementos necesarios para unha tutela efectiva.
A avaliación realizarase segundo o disposto no artigo 25 do citado Regulamento: ao finalizar o período de prácticas, o titor externo remitirá ao titor académico un informe final e o/a estudante elaborará unha memoria de prácticas.
O titor académico, á vista do informe do titor externo e da memoria, avaliará as prácticas desenvolvidas emitindo un informe de valoración.
O idioma de impartición será o correspondente ás linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
Normativa sobre protección de datos e uso de imaxes en traballos académicos e prácticas externas
Segundo o disposto na Resolución Reitoral relativa ao procedemento de avaliación previa dos traballos académicos que impliquen a intervención con persoas, a obtención de mostras ou o tratamento de datos persoais, os Traballos de Fin de Grao (TFG), Traballos de Fin de Máster (TFM), así como as prácticas externas e o Practicum, deberán axustarse estritamente á normativa vixente en materia de protección de datos persoais.
Isto implica que o estudantado deberá:
• Identificar claramente que datos persoais se recollen e con que finalidade.
• Obter os consentimentos pertinentes das persoas implicadas.
• Garantir a confidencialidade e seguridade da información tratada.
• Respectar en todo momento os dereitos das persoas participantes.
En calquera caso, se o traballo ou as prácticas implican o tratamento de datos de carácter persoal, será obrigatorio contar cun informe favorable do Comité de Bioética da USC. Para iso, deberase solicitar previamente a avaliación á Comisión de Avaliación Previa dos Traballos Académicos da Facultade de Ciencias.
Protección da propia imaxe e uso de contido audiovisual
• Está prohibido fotografar ou gravar en vídeo persoas ou instalacións sen contar coa autorización explícita do centro de destino.
• No caso de dispoñer desa autorización, as imaxes ou vídeos non poderán mostrar elementos que permitan identificar menores ou profesionais (por exemplo, deberán tomarse de costas, enfocando mans, etc.).
• Queda terminantemente prohibido difundir en redes sociais ou en calquera outro medio material audiovisual ou información relativa a menores ou centros educativos, fóra do contexto académico e dos traballos ou memorias.
Para máis información sobre as obrigas legais en materia de protección de datos persoais, pode consultarse a política de privacidade da USC en:
https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/secretaria-xeral/prot…