Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 11 Clínicos EEES: 6 Total: 23
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender os fundamentos fisiopatolóxicos da Doenza do Ollo Seco (DOS), así como os protocolos actuais para a súa detección, avaliación, clasificación e prevención.
- Identificar e valorar os signos e síntomas asociados á DOS no contexto da práctica clínica optométrica.
- Analizar a interacción entre a película lacrimal e as lentes de contacto, e a súa implicación na adaptación e seguimento de pacientes con DOS.
- Aplicar procedementos diagnósticos e estratexias terapéuticas actualizadas para o manexo clínico da DOS.
- Desenvolver habilidades clínicas na avaliación da superficie ocular e na toma de decisións para a adaptación de lentes de contacto en pacientes con alteracións lacrimais.
A materia aborda o estudo da Doenza do Ollo Seco (DOS) desde unha perspectiva teórica e práctica, incluíndo a súa definición, clasificación, semioloxía, epidemioloxía, fisiopatoloxía, morbilidade e o seu impacto na calidade de vida e a nivel económico. Así mesmo, abórdanse as estratexias actuais para o seu manexo clínico e terapéutico.
Os contidos desenvólvense a través de temas teóricos, seminarios interactivos e prácticas clínicas:
Docencia teórica:
- Tema 1. Introdución: a bágoa
- Tema 2. Doenza do Ollo Seco: definición, semioloxía, clasificación, fisiopatoloxía e epidemioloxía
- Tema 3. Manexo e terapias na Doenza do Ollo Seco
Docencia interactiva – seminario:
- Seminario 1. Avaliación da película lacrimal
- Seminario 2. Diagnóstico e clasificación da Doenza do Ollo Seco
- Seminario 3. Manexo optométrico da Doenza do Ollo Seco
Docencia interactiva – clínica:
- Aplicación práctica das probas diagnósticas para a avaliación da DOS, abordaxe clínica do paciente con DOS na consulta de optometría, e adaptación de lentes de contacto en pacientes con DOS
- González-Cavada Benavides J. Atlas de Lámpara de Hendidura y lentes de contacto. Biomicroscopía ocular. Ed, ICM. Madrid. 2015.
- Contactología aplicada. Raúl Martín Herranz. Ed ICM. 2005.
- Contact lens practice Nathan Efron Butterworth Heinemann Elsevier, 2010.
- Superficie ocular y lentes de contacto. JM González-Meijome, C villa Collar Ed. Fundación Salud Visual. Madrid, 2016
- Contact Lenses. Phillips A. and Speedwell L. Ed. Butterworths Heinnemann, 2007.
- Complicaciones de las Lentes de Contacto. Nathan Efron. Elsevier España, S.A. Madrid, 2005.
- Saona Santos, Carlos. Contactología Clínica 2ª ed. Barcelona; Masson, 2006.
- Prescripción y Adaptación de Lentes de Contacto. Milton M. Hom and Adrian S. Bruce. Elsevier Mason. 2007.
- Complicaciones de las Lentes de Contacto. Nathan Efron. Butterworth-Heinemann. Elsevier España, S.A. Madrid, 2005
- Anterior Segment Complications of Contact lens Wear. Joel A. Silbert. Churchill Livingstone Inc.NY. 1994.
- Anterior Eye Disease and Therapeutics A- Z. AS Bruce and MS Loughnan. Butterworth-Heinemann.2003.
- www.journals.lww.com/corneajrnl/pages/default.aspx. Web de la revista Journal of Cornea
- www.journals.elsevier.com/contact-lens-and-anterior-eye. Web de la revista Contact Lens and Anterior Eye.
- www.journals.lww.com/claojournal/Pages/default.aspx. Web de la revista Eye and Contact lens.
- www.optometry.co.uk. Web de la revista Optometry Today
- www.Contactlenses.org. Web dedicada a lentes de contacto, principalmente RGP
- www.clspectrum.com. Web de la revista Contact Lens Spectrum
Coñecementos
- Con02. Demostrar dominio dos principios, metodoloxías e novas tecnoloxías da optometría.
- Con03. Demostrar coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado.
- Con04. Coñecer os criterios específicos de actuación clínica especializada nos diferentes campos clínicos propios da atención visual: optometría pediátrica, optometría xeriátrica, terapias visuais, baixa visión, superficie ocular e lentes de contacto.
- Con06. Afondar no estudo das ciencias básicas da visión como ferramenta de coñecemento e apoio á especialización profesional e investigadora.
Habilidades e destrezas
- H/D02. Capacidade para traballar en colaboración con outros profesionais como membro dun equipo multidisciplinar cun alto grao de eficacia.
- H/D05. Adquirir a habilidade para o manexo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
- H/D06. Empregar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
- H/D07. Adquirir as habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado no ámbito da optometría.
- H/D11. Capacidade para colaborar con outros compañeiros/as durante a avaliación visual do paciente.
- H/D14. Ser quen de identificar e avaliar os signos e síntomas específicos relacionados coa sequidade ocular.
- H/D15. Ser quen de comprender todos os aspectos relacionados coa superficie ocular e o uso das lentes de contacto.
- H/D16. Ser quen de aplicar os protocolos de adaptación de lentes de contacto de maneira axeitada e segura.
- H/D17. Ser quen de seleccionar os candidatos idóneos para o uso de lentes de contacto especiais.
Competencias
- Comp02. Capacidade para tomar decisións a partir de información científica, técnica e clínica.
- Comp05. Aplicar a metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica en Ciencias da Visión.
- Comp08. Desenvolver capacidade crítica, autocrítica e de toma de decisións.
- Comp09. Demostrar a capacidade de afrontar desafíos complexos de maneira efectiva e adaptable en contornos multidisciplinares.
- Docencia teórica (4 horas non presenciais – asíncrona): Os contidos teóricos da materia facilitaranse de forma virtual non presencial e asíncrona a través da Aula Virtual (Moodle) en formato PDF, PPT, audio ou vídeo. Estes materiais cobren os conceptos fundamentais da materia e estarán organizados de forma estruturada para o seu estudo autónomo.
- Docencia interactiva – seminario (4 horas presenciais + 7 horas non presenciais – asíncrona): Cada alumno/a asistirá a dúas sesións presenciais de dúas horas en grupo grande (ratio 1:20), centradas na análise práctica de situacións clínicas ou en explicacións teóricas dos conceptos da materia. Estas sesións complementaranse de forma virtual non presencial e asíncrona a través da Aula Virtual (Moodle) con exercicios e tarefas obrigatorias que se realizarán dentro dos prazos establecidos. Os materiais de apoio estarán dispoñibles en distintos formatos (PDF, PPT, audio ou vídeo).
- Docencia interactiva – clínica (6 horas presenciais): Cada alumno/a realizará tres sesións clínicas presenciais de dúas horas no Servizo de Optometría da USC, en grupos reducidos (ratio 1:5). Nestes encontros abordarase o manexo clínico da Doenza do Ollo Seco e a adaptación de lentes de contacto, con participación directa do alumnado na atención a pacientes sempre que sexa posible. É obrigatorio o uso de bata branca durante todas as sesións prácticas. Debe acudirse cunha vestimenta adecuada ao contorno clínico: non se permite o uso de pantalón curto, roupa deportiva nin prendas que cubran a cabeza, salvo por motivos culturais ou relixiosos debidamente xustificados. Non está permitido o uso de teléfonos móbiles nin doutros dispositivos electrónicos durante as sesións clínicas; o seu uso pode implicar a expulsión da aula ou unha cualificación negativa na sesión. Proporcionaranse materiais complementarios de lectura obrigatoria previa a través da Aula Virtual. O plan detallado das prácticas atópase na “Guía de Prácticas” do curso.
- Titorización en grupo reducido (2 horas non presenciais – asíncrona): As titorías realizaranse de forma virtual non presencial e asíncrona a través da Aula Virtual, correo electrónico e/ou plataformas como TEAMS, e poderán ser individuais ou grupais, segundo as necesidades do alumnado.
A avaliación da materia distribuirase entre os distintos tipos de docencia, valorando tanto os coñecementos teóricos como as competencias prácticas e a participación do alumnado. A nota final expresarase nunha escala de 0 a 10 puntos, coa seguinte ponderación:
Docencia teórica – 4,0 puntos (40%): a avaliación realizarase mediante un exame tipo test de resposta única, sen penalización por erro, composto por entre 20 e 30 preguntas. Para superar esta proba será necesario acadar polo menos un 70% de respostas correctas. O exame abarcará os contidos incluídos no temario teórico da materia (Temas 1 a 3). O alumno disporá dunha convocatoria ordinaria e outra extraordinaria.
Docencia interactiva – seminarios – 4,0 puntos (40%): a avaliación basearase no rendemento do alumnado na resolución de casos clínicos e exercicios prácticos, realizados durante os seminarios e avaliados mediante rúbricas específicas:
- Seminario 1 – Avaliación da bágoa: ata 1,5 puntos (15%)
- Seminario 2 – Diagnóstico e clasificación da EOS: ata 1,25 puntos (12,5%)
- Seminario 3 – Manexo optométrico da EOS: ata 1,25 puntos (12,5%)
Docencia interactiva – clínica – 2,0 puntos (20%): Avaliarase a asistencia e desempeño do alumnado durante as sesións clínicas no Servizo de Optometría, así como a entrega dun exercicio final sobre as prácticas:
- Participación e actuación clínica: ata 1,5 puntos (15%)
- Exercicio sobre as prácticas clínicas (avaliado mediante rúbrica): ata 0,5 puntos (5%)
As horas totais de traballo persoal do alumno son 51, distribuídas do seguinte xeito:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 20 h
- Redacción de exercicios, conclusións ou outros traballos: 15 h
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 16 h
Para unha asimilación rigorosa dos contidos impartidos na materia Superficie Ocular e Lentes de Contacto, considérase fundamental que o estudantado complemente a formación teórica coa lectura de literatura científica actualizada e especializada na materia.
Este tipo de publicacións pode localizarse en bases de datos biomédicas de referencia, como PubMed (https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/), que indexa numerosas revistas científicas relevantes no ámbito da contactoloxía e da superficie ocular.
Nos casos nos que se detecte a realización fraudulenta de exercicios, probas ou calquera outro tipo de actividade evaluable, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión das cualificacións, aprobada polo Consello de Goberno na súa sesión do 15 de xuño de 2011. Esta normativa sufriu diversas modificacións, sendo a máis recente o acordo do 22 de abril de 2020, que regula o réxime especial de avaliación do curso 2019-2020 como consecuencia da suspensión da docencia presencial debido á pandemia da COVID-19.
De acordo co establecido nesta normativa, ante situacións de fraude académica, poderán aplicarse as sancións correspondentes, que inclúen a anulación da proba afectada, a asignación dunha cualificación de suspenso na actividade implicada, así como outras medidas disciplinarias recollidas na lexislación vixente, en función da gravidade da infracción.
Hugo Pena Verdeal
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- hugo.pena.verdeal [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Jacobo García Queiruga
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- jacobogarcia.queiruga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 5 |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Gabinetes de Contactoloxía |
18:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán | Gabinetes de Contactoloxía |
27.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
17.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |