Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A Contabilidade Xeral do Grao de Economía atópase dividida en dúas materias: Contabilidade Xeral I (1º curso) e Contabilidade Xeral II (2º curso).
Contabilidade Xeral I ten como finalidade achegar ao estudantado a formación que o capacite para a levanza da contabilidade financeira dunha empresa dunha forma rigorosa e eficaz.
Os contidos que se desenvolven no curso articúlanse ao redor dos indicados na ficha da materia que forma parte do plan de estudos do Grao en Economía: Concepto e funcións da Contabilidade. Estrutura patrimonial da empresa. Convenios de rexistro da información contable no marco normativo español. Análise da estrutura económica. Análise da estrutura financeira. Análise dos resultados. Software contable.
Estes contidos estruturáronse en 10 temas:
1. Introdución á contabilidade
2. Patrimonio e renda
3. O método contable
4. O ciclo contable
5. Aspectos básicos do Plan Xeral de Contabilidade
6. O activo non corrente: inmobilizado non financeiro
7. Existencias
8. O pasivo
9. Contabilización das operacións de tráfico
10. Rexistro contable en software informático
A guía docente da materia detallará este temario con maior profundidade.
Bibliografía básica:
Facilitarase, a través da aula virtual, material elaborado ad hoc polo equipo docente para o desenvolvemento de cada tema do programa.
Bibliografía complementaria:
Alcarria, J. (2009): Contabilidad Financiera I. Publicacions de la Universitat Jaume I. Dispoñible en: http://hdl.handle.net/10234/24002
Alcarria, J. (2012): Introducción a la contabilidad. Publicacions de la Universitat Jaume I. Dispoñible en http://dx.doi.org/10.6035/Sapientia66
Arquero, J.L., Jiménez, S.M., & Ruíz, I. (2023): Introducción a la contabilidad financiera. Madrid: Pirámide, 8ª edición.
Rodríguez Ariza, L., López Pérez, M.V., & Pérez López, M.C (2022): Introducción a la Contabilidad. Manual de teoría. Ed. Avicam. Granada.
García Benau, M.A., & Vico Martínez, A. (2021): Introducción a la contabilidad financiera. Editorial Centro de Estudios Financieros.
Rodríguez Ariza, L., López Pérez, M.V., & Pérez López, M.C (2022): Introducción a la Contabilidad. Manual de teoría. Ed. Avicam. Granada, 2022.
Rodríguez Ariza, L., López Pérez, M.V., & Pérez López, M.C (2022): Introducción a la Contabilidad. Libro de prácticas. Ed. Avicam. Granada.
Vela, J.M. (coord.) (2021): Fundamentos de Contabilidad Financiera. El Plan General de Contabilidad: adaptado al Real Decreto 1/2021. Ed. Pirámide.
Direccións web de interese:
Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas [http://www.icac.meh.es/seccion.aspx?hid=3] - Contén normativa contable
Noticias Xurídicas [http://noticias.juridicas.com/] - Contén normativa mercantil, tributaria...
Revistas de Contabilidade [https://bibliobuscador.uah.es/primoexplore/search?query=any,contains,co…] - Contén unha relación de revistas de contabilidade que inclúen comentarios sobre normativa, interpretacións, casos prácticos e aplicados...
Documentos AECA [https://biblioteca.uah.es/recursos/aeca/DocumentosAeca.asp] - Contén pronunciamientos sobre contabilidade financeira, contabilidade analítica e de xestión e outras materias.
CNMV [https://www.cnmv.es/portal/Consultas/em_InfFinAnual.aspx?id=EE] - Inclúe as contas anuais das sociedades e grupos cotizados na bolsa española
Preténdese contribuír a acadar os coñecementos, habilidades/destrezas, e competencias recollidas na memoria do título de Grao en Economía:
Coñecementos
C11. Coñecer os principios fundamentais da contabilidade e as finanzas.
Habilidades e destrezas
HD4. Desenvolver capacidade para a aprendizaxe autónoma.
HD8. Empregar eficientemente as ferramentas informáticas aplicadas ás diferentes materias propias da Ciencia Económica e os medios tecnolóxicos ao seu alcance.
Competencias
CP7. Determinar os custos dunha empresa, e elaborar e analizar o balance e a conta de resultados para avaliar a súa situación económico-financeira.
O programa cobre os temas que se consideran esenciais para dotar ao estudantado dos coñecementos, habilidades e destrezas, e competencias requiridas no mantemento da contabilidade financeira dunha empresa.
A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de forma virtual, se así o solicita o estudantado.
As sesións expositivas basearanse principalmente na metodoloxía da clase maxistral, orientada á explicación dos contidos teóricos fundamentais. No entanto, a docencia terá un marcado enfoque práctico, recorrendo á utilización de casos prácticos para exemplificar e afianzar os contidos do programa, facendo uso das ferramentas informáticas apropiadas e fomentando o traballo autónomo do estudantado.
Empregarase o campus virtual da USC como plataforma de apoio para facilitar materiais de estudo, canalizar a entrega de traballos e facilitar a comunicación entre o estudantado e o profesorado.
No transcurso do curso farase referencia á bibliografía específica a utilizar para ampliar os coñecementos adquiridos en cada un dos temas.
Nas horas de docencia semanal tentaranse seguir as directrices metodolóxicas mencionadas a continuación:
- Compatibilizar o rigor lóxico da Contabilidade coa necesaria claridade expositiva que permita unha mellor comprensión dos conceptos tratados, mediante o uso de exemplos que precisen os conceptos introducidos e os resultados obtidos, contribuíndo ao logro do coñecemento C11 e a competencia CP7.
- Contar co apoio das ferramentas informáticas oportunas en cada momento, contribuíndo ao logro da habilidade HD8.
- Resolver exercicios que permitan ao estudantado practicar e comprobar a asimilación dos contidos expostos, e fomentar o diálogo na aula e a participación activa na clase, contribuíndo ao logro da habilidade HD4.
Os materiais didácticos básicos utilizados no desenvolvemento da materia estarán a disposición do estudantado na aula virtual da materia:
- Diapositivas da parte expositiva e interactiva
- Enunciados de casos prácticos
- Vídeos con exemplos de resolución de exercicios en folla de cálculo
- Test de auto avaliación
- Foros de dúbidas
Esta materia conta cunha guía docente na aula virtual na que se inclúe información detallada sobre, entre outros aspectos: o profesorado e o horario de titorías, o desenvolvemento do temario, o calendario con datas clave, os tipos de probas e tarefas a realizar e os criterios de avaliación.
A continuación, sinálanse os aspectos que se terán en consideración para a avaliación da materia, diferenciando os criterios e os instrumentos para a súa determinación, así como o peso que terán na cualificación final:
- Exame final nas datas previstas na convocatoria oficial, cun peso do 70% da nota final (para a avaliación do coñecemento C11 e a competencia CP7). O exame teórico-práctico terá carácter presencial e será obrigatorio para superar a materia. A nota mínima para poder superar o exame teórico-práctico será de 4 puntos sobre 10 (en cada unha das partes, teórica e práctica).
- Avaliación continua: cun peso do 30% da nota final (para a avaliación de C11, HD4, HD8 e CP7). Consistirá na formulación de exercicios prácticos e/ou teóricos a resolver e entregar polo estudantado nas sesións expositivas ou interactivas ao longo do cuadrimestre.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso indicarase na guía docente da materia, que estará publicada na aula virtual a comezos do curso.
Para obter a nota final, á nota de avaliación continua só se sumará a do exame final cando se acade o mínimo esixido no mesmo. O estudantado deberá obter para superar a materia un mínimo de 5 puntos sobre 10. Se unicamente ten a cualificación correspondente ao exame teórico-práctico, para superar a materia deberá obter 5 puntos sobre 7.
A asistencia á clase considérase fundamental para o bo aproveitamento da materia, pero non ten ningún peso específico na nota final (de acordo co establecido no artigo 1 do “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC”).
O estudantado ao que lle sexa concedida a dispensa de asistencia á clase (regulada no Título III do “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster”), avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da nota na materia.
O sistema de avaliación será igual en todas as convocatorias (primeira e segunda oportunidade e primeira e sucesivas matrículas).
O estudantado terá dereito a unha revisión da súa cualificación nos termos previstos na normativa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o indicado na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Teoría: 24 horas
Seminarios: 26 horas
Titorías en grupo reducido: 1 hora
Traballo persoal: 99 horas
Traballo total do estudantado: 150 horas
Recoméndase ao estudantado que asista regularmente á clase e aproveite ese espazo para expor calquera dúbida que xurda durante a explicación dos contidos. Igualmente, é importante realizar tódolos exercicios ao mesmo ritmo que se vaia establecendo na aula, o que facilitará o axeitado seguimento da materia.
Así mesmo, establécese un horario de titorías no que o estudantado pode consultar de forma individualizada aquelas dúbidas que lle xurdan no estudo da materia. Ademais, ponse á súa disposición un foro na aula virtual, que poderá utilizarse como canle adicional para a resolución de dúbidas.
A docencia impartirase en castelán e galego. Empregarase o campus virtual da USC para facilitar material de estudo e traballo ao estudantado e canalizar a entrega de traballos e as comunicacións co profesorado.
Farase uso do programa Excel e do software Contasol para a explicación e posta en práctica dos coñecementos nos que incide o programa.
Recoméndase tamén ao estudantado cursar os Cursos de Competencias en Información ofertados pola biblioteca da propia Facultade.
Noelia Maria Romero Castro
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 982824478
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Beatriz Aibar Guzman
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811612
- Correo electrónico
- beatriz.aibar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Lucia Rey Ares
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811650
- Correo electrónico
- lucia.rey.ares [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Maria Luz Garrido Gonzalez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- luz.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
15:30-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 30 |
Mércores | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
Xoves | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
Venres | |||
15:00-16:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 30 |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula C |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula C |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula B |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula B |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula C |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula C |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |