Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 15 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos da materia
-Comprender o concepto de resistoma e estudar a xenómica da resistencia aos antimicrobianos, incluíndo elementos xenéticos móbiles e o seu impacto na transferencia de resistencia.
-Coñecer e analizar terapias alternativas ao uso de antimicrobianos tradicionais, como bacteriófagos, péptidos antimicrobianos, nanopartículas e tecnoloxías baseadas en CRISPR.
-Desenvolver habilidades prácticas para o estudo do resistoma e a procura de terapias alternativas ao uso de antibióticos.
Os contidos teóricos repártense en dous módulos (30 horas):
Módulo 1 (20h): Resistoma e xenómica da resistencia antimicrobiana
-Tema 1. Estudo dos mecanismos moleculares de resistencia antimicrobiana. Principais grupos de antimicrobianos e os seus mecanismos de acción.
-Tema 2. Vixilancia, prevención e detección de patóxenos: trazabilidade de brotes e identificación de clons bacterianos.
-Tema 3. Xenómica bacteriana avanzada: organización e análise de xenomas. Elementos xenéticos móbiles e transferencia horizontal de xenes de resistencia. Resistoma e plasmidoma.
-Tema 4. Biopelículas e percepción de quorum na resistencia antimicrobiana.
Módulo 2 (10h): Terapias innovadoras alternativas aos antibióticos
-Tema 5. Identificación de dianas terapéuticas mediante técnicas “ómicas”; TraDIS como caso de estudo.
-Tema 6. Terapias innovadoras e aplicacións biosanitarias: bacteriófagos e as súas armas, péptidos antimicrobianos, nanopartículas e CRISPR.
-Tema 7. Outras estratexias terapéuticas: vacinas, anticorpos e probióticos.
Prácticas (9 horas)
As clases prácticas de laboratorio están deseñadas para que o alumnado aplique os conceptos teóricos aprendidos na aula, comprenda os mecanismos de resistencia antimicrobiana e explore estratexias terapéuticas innovadoras.
Coñecementos previos:
O alumnado debe ter cursado as materias básicas de Bioquímica e Microbioloxía, dispor dun Manual de Prácticas (na Aula Virtual) e ter asistido ás explicacións teóricas previas.
Lugar: Laboratorio de prácticas da Facultade de Ciencias, USC.
Duración: Tres sesións (3 horas/sesión).
Grupos: Reducidos (máximo 20 alumnos/as).
Actividades prácticas
1.Avaliación da MIC
Determinación da concentración mínima inhibidora (MIC) de gentamicina e cefotaxima en cepas de E. coli silvestre (WT) e mutante (deleción do xene cpxR).
2.Ensaio en táboa de xadrez (Checkerboard assay)
Análise de interaccións entre antibióticos.
3.Ensaio de eliminación por fármacos (drug-killing assay)
Análise do efecto da deleción dun xene pertencente ao resistoma secundario (cpxR) en E. coli resistente á cefotaxima.
4.Elaboración dun informe de prácticas
Actividade non presencial. Elaboración dun informe estruturado por grupos (2-3 alumnos/as) que inclúa: (I) unha breve introdución teórica, (II) representación dos resultados mediante gráficos e táboas e (III) unha discusión crítica con referencias científicas actuais.
Seminarios (6 horas)
Formato: Presentación e discusión de artigos científicos por grupos de traballo (Journal Clubs).
Distribución dos seminarios:
-Módulo 1 (3,5h): Análise e discusión de artigos sobre mecanismos moleculares de resistencia, vixilancia e outros aspectos actuais relacionados cos contidos teóricos traballados no módulo 1.
-Módulo 2 (2,5h): Terapias innovadoras alternativas aos antibióticos como bacteriófagos, CRISPR, nanopartículas e outros aspectos actuais relacionados cos contidos do módulo 2.
Titorías (9 horas)
Seguimento personalizado e retroalimentación sobre o proceso de aprendizaxe, abordando dúbidas e problemas específicos relacionados coa materia.
Os recursos bibliográficos aquí presentados non son de lectura obrigatoria para superar a materia. Trátase de referencias e material de apoio para afondar nos contidos traballados ao longo da materia.
-McNabb, S.J.N.; Shaikh, AT.; Haley, CJ. Modernizing Global Health Security to Prevent, Detect, and Respond. 1ª Ed. 2023. Academic Press (ISBN-13: 978-0323909457).
-Murray, PR.; Rosenthal, KS; Pfaller, MA. Microbiología médica. 9ª Ed. 2021. Elsevier (ISBN: 9788491130888).
-Snyder, LR.; Peters, JE.; Henkin, TM.; Champness, W. Molecular Genetics of Bacteria (4th Edition). 2020. ASM press (ISBN:978-1-55581-627-8).
-Goering, RV; Dockrell, HM; Zuckerman, M.; Chiodini, PL. Mims Medical Microbiology and Immunology. 6ª Ed. 2018. Elsevier (ISBN: 9780702071546).
-Real García, MD.; Rausell Segarra, C; Latorre Castillo, A. Técnicas de Ingeniería Genética. 1ª Ed. 2017. SINTESIS (ISBN 9788491710714).
-Brown, T.A. (2016). Gene Cloning and DAN analysis: an introduction. Wiley Blackwell-seventh Edition (ISBN 978-1-119-07257-7).
-Dale, JW.; Park, SF. Molecular Genetics of Bacteria, (5th Edition). 2010. Wiley- Blackwell (ISBN: 978-0-470-74184-9).
Ligazóns útiles:
-Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM)
-Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía Clínica http://www.seimc.org
-Sociedade Española de Microbioloxía http://www.semicrobiologia.org/
-Sociedade Española de Quimioterapia http://www.seq.es/
-Center for Genomic Epidemiology (CGE) https://www.genomicepidemiology.org/
-CDC http://www.cdc.gov
-European Society of Clinical Microbiology and Infectious Diseases http://www.escmid.org
-National Center for Biotechnology Information (NCBI) http://www.ncbi.nlm.nih.gov/
-Organización Mundial da Saúde (OMS) http://www.who.int
-FAO | Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación http://www.fao.org
-Comp01 - Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións.
-Comp06 - Desenvolver a capacidade de aprender de forma autónoma, con iniciativa e espírito emprendedor.
-Con07 - Coñecer o mapa de relacións entre moléculas que forman parte do interactoma e aprender a caracterizalas.
-Con02 - Adquirir coñecementos e habilidades no desenvolvemento do traballo científico en xenómica bacteriana e comprender a súa relación coa saúde humana, animal e vexetal para o avance do coñecemento orientado á saúde.
-H/D02 - Aplicar métodos e tecnoloxías seguros para o uso dos novos avances en xenómica no estudo e análise dos mecanismos moleculares de resistencia antimicrobiana.
A formación básica e o aprendizaxe do alumnado realizaranse mediante docencia expositiva, docencia interactiva e realización de traballos.
Docencia expositiva: A través de clases maxistrais (30h), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia, con apoio de medios audiovisuais e outros que o profesorado considere oportunos (ponencias, debates, etc.). Procurarase a participación activa do alumnado, incentivando a súa intervención continua.
Docencia interactiva: Prácticas e seminarios onde se exporán traballos en grupo.
As prácticas (9h), de asistencia obrigatoria, ilustrarán os contidos teóricos e permitirán adquirir habilidades e experiencia práctica.
Os seminarios (6h) permitirán actividades en grupo que fomentarán a participación desde unha perspectiva crítica e argumentativa.
Finalmente, as titorías servirán para resolver problemas específicos de cada estudante e facilitar o seguimento continuo da materia.
O Campus Virtual da USC empregarase como apoio á docencia. O curso virtual permite o acceso aos contidos impartidos, así como á información sobre programas, horarios, seminarios, titorías, etc.
O criterio de avaliación é competencial e inclúe ferramentas de retroalimentación para o alumnado. O alumnado DEBERÁ OPTAR por unha das seguintes opcións:
Opción 1: Avaliación continua
-Seguimento da adquisición de coñecementos teóricos mediante unha proba por módulo (tipo test ou similares). A suma das notas supón o 60% da cualificación (30% por módulo). Para APROBAR é OBRIGATORIO superar esta parte cunha nota mínima de 4,5 sobre 10. Competencias avaliadas: Con02, Con07.
-Avaliación das prácticas (10% da nota final): actitude e adquisición de competencias prácticas mediante observación directa e elaboración dun informe final. Competencias avaliadas: Comp01, H/D02 e Con02.
-Avaliación dos seminarios (30% da nota final): presentación de traballos, participación activa e intervención nos debates. Competencias avaliadas: Comp01 e Comp06.
Opción 2: Avaliación mediante exame final
-Exame final (60% da nota final) cunha data fixada polo centro antes do inicio do curso. Constará de dúas partes: 20 preguntas tipo test e 2-6 preguntas curtas. Duración: 2 horas. Para APROBAR é OBRIGATORIO acadar un mínimo de 4,5 sobre 10. Competencias avaliadas: Con02, Con07.
-Avaliación das prácticas e seminarios: igual que na opción 1.
IMPORTANTE:
Para poder optar pola avaliación continua, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 85% das clases.
A asistencia a todas as prácticas é OBRIGATORIA. Se un/unha alumno/a falta a algunha, deberá xustificala e recuperala o antes posible. De non facelo, considerarase que non realizou as prácticas e non poderá aprobar a materia.
En casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión das cualificacións.
A continuación, preséntase a relación entre as competencias, os obxectivos de aprendizaxe (OA) e os criterios de avaliación da materia.
Relación entre competencias e obxectivos de aprendizaxe:
Comp01 está asociada cos seguintes obxectivos:
OA1: Traballar en grupo para resolver problemas e acadar obxectivos de forma eficiente.
OA2: Desenvolver habilidades prácticas en laboratorio.
OA3: Organizar e presentar resultados.
OA4: Realizar sínteses e reflexións críticas sobre artigos científicos.
Comp06 está vinculada ao:
OA5: Reflexionar e debater sobre os contidos presentados en artigos científicos.
Con07 corresponde co:
OA6: Identificar e caracterizar interaccións moleculares e o seu papel na resistencia bacteriana.
Con02 está relacionada cos seguintes obxectivos:
OA7: Aplicar a bioloxía molecular e a xenómica bacteriana ao desenvolvemento de novas terapias.
OA8: Coñecer estratexias terapéuticas innovadoras.
H/D02 implica:
OA9: Empregar métodos estándar en laboratorio.
OA10: Executar técnicas seguras e reproducibles.
Criterios de avaliación e distribución da puntuación:
Prácticas (5%): Avalíanse os obxectivos OA1, OA2, OA9 e OA10, e as competencias Comp01 e H/D02.
Informe de prácticas (5%): Avalíanse os obxectivos OA3, OA6 e OA7, e as competencias Comp01, Con02 e Con07.
Exame teórico (60%): Avalíanse os obxectivos OA6, OA7 e OA8, e as competencias Con02 e Con07.
Seminarios (30%): Avalíanse os obxectivos OA3, OA4 e OA5, e as competencias Comp01 e Comp06.
A materia confire 6 créditos ECTS e implica 150 horas de traballo (25 horas/ crédito ECTS).
Traballo persoal:
-Estudo individual: 73h
-Memoria prácticas: 12h
-Revisión bibliografía: 6h
-Traballos e casos: 9h
-Probas avaliación: 2h
Traballo presencial:
-Clases: 30h
-Seminarios: 6h
-Prácticas: 9h
-Titorías en grupo: 3h
Recoméndase a asistencia ás clases teóricas e a resolución de dúbidas nas titorías. Levar a materia ao día e afondar nos contidos presentados nas clases de teoría utilizando a bibliografía recomendada. Así mesmo, é recomendable asistir á revisión dos exames.
A cualificación da 2ª oportunidade realizarase en base aos resultados obtidos nun exame final similar ao realizado na 1ª oportunidade da convocatoria correspondente e ás valoracións obtidas nos demais apartados obxecto de cualificación (prácticas, traballos, avaliación continua; onde só é de carácter obrigatorio a asistencia ás clases prácticas), que se conservarán nas dúas oportunidades de cada convocatoria. Se un alumno debe cursar novamente a materia, conservaráselle, se así o desexa, a nota obtida nestes apartados.
Unicamente os alumnos que non realizasen ningunha actividade durante o curso serán cualificados como “Non Presentado”.
Saskia Camille Flament Simon
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- saskia.flament [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Vanesa Garcia Menendez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- vanesag.menendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Ana Fresno Herrero
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- ana.fresno [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
08.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
12.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |