Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Reflexionar sobre os conceptos relacionados con recursos, medios e TIC nos procesos de ensinanza-aprendizaje.
- Coñecer as implicacións sociais e culturais que se derivan do uso das TIC na sociedade en xeral e na infancia en particular.
- Valorar as potencialidades didácticas das TIC nos procesos de ensinanza e aprendizaxe na etapa de infantil.
- Analizar os retos que plantexan o desenvolvemento tecnolóxico e as novas formas de comunicación á escola, ao profesorado e ao curriculum de infantil
- Reflexionar sobre os novos roles e funcións do mestre/a baixo entornos tecnolóxicos e o papel do alumnado.
- Coñecer as principais características, ferramentas e funcionalidades das TIC no ámbito da Educación Infantil.
- Deseñar propostas didácticas para o alumnado de educación infantil e as familias a través de ferramentas de autor e 2.0
En liñas xerais, os contidos da asignatura estructúranse en catro grandes bloques temáticos:
BLOQUE I: As Tecnoloxías da Información na Sociedade e na Educación.
Epígrafes a tratar:
- Impacto social e educativo das TIC: A Sociedade da Información.
- As TIC en Educación Infantil: conceptualización, características, vantaxes e desvantaxes no proceso de ensino-aprendizaxe. O plan TIC de centro. Procesos de aprendizaxe da lecto-escritura e ferramentas tecnolóxicas.
- A fenda dixital e as súas implicacións.
- A Competencia dixital e audiovisual na educación infantil. Deseño de propostas para o seu desenvolvemento.
BLOQUE II: Tecnoloxías informáticas e a súa aplicación na educación infantil.
Epígrafes a tratar:
- O software de fontes abertas na educación infantil.
- A organización dos espazos de aula e os recursos tecnolóxicos: o recuncho do ordenador, o seu uso e limitacións.
- Web social e Educación Infantil.
- O deseño de materiais multimedia e propostas de ensino con software educativo.
- Tipoloxías de software, recursos e ferramentas TIC en educación infantil.
BLOQUE III: Tecnoloxías Audiovisuais e a súa aplicación na educación infantil: A influencia das pantallas.
Epígrafes a tratar:
- Medios de comunicación de masas: a televisión e o vídeo como recurso educativo.
- Os videoxogos e os exergames: Características e vantaxes do seu uso en educación infantil.
BLOQUE IV: Procesos de avaliación coas TIC.
Epígrafes a tratar:
- Avaliación da calidade educativa da ensinanza e aprendizaxe coas TIC: Dimensións, indicadores e instrumentos.
- Guías de avaliación de software e criterios de selección.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
*** Se incluirán materiales docentes en diversos formatos (presentaciones, vídeos, PDF...) a través del campus virtual para su consulta.
Aguaded, J.L. y Cabero, J. (coords.) (2013). Tecnologías y medios para la educación en la E-sociedad. Madrid: Alianza.
Area Moreira, M., Rodríguez Rodríguez, J., Peirats Chacón, J., & San Martín Alonso, Á. (2023). Infanci@ digit@l: los recursos educativos digitales en educación infantil. Graó. https://www.grao.com/libros/infanci-digitl-74055
Cabero-Almenara, J. (2020). Tecnología y enseñanza: retos y nuevas tecnologías y metodologías. CITAS, 6(1). https://doi.org/10.15332/24224529.6356
Castro-Zubizarreta, A., Caldeiro-Pedreira, M. C., e Rodríguez-Rosell, M. M. (2018). El uso de smartphones y tablets en Educación Infantil. Una propuesta de investigación que empodera a la infancia. Aula Abierta, 47(3), 273-280. DOI: 10.17811/rifie.47.3.2018.273-280
Fernández-Batanero, J.M. y Román-Graván, P. (2010). Edición de vídeo digital para profesores. Sevilla: Editorial MAD S.L.
Gutiérrez-Castillo, J.J., Puig Gutiérrez, M., y Romero Tena, R. (2018) (coords.). Innovación y tecnología en educación infantil. Editorial Universidad de Sevilla.
INTEF (2022). Marco de referencia de la competencia digital docente. https://intef.es/wp-content/uploads/2022/03/MRCDD_V06B_GTTA.pdf
Rodríguez Rodríguez, J., Area Moreira, M., & San Martín Alonso, Á. (2024). Infancia y transformación digital de la educación: miradas diversas. Dykinson. https://www.dykinson.com/libros/infancia-y-transformacion-digital-de-la…
Romero Tena, R.(2013). La informática y los multimedia: su utilización en Infantil y Primaria. En: J. Barroso Osuna y J. Cabero Almenara, Nuevos escenarios digitales. Las Tecnologías de la Información y la Comunicación aplicadas a la formación y desarrollo curricular (pp.187-208). Madrid: Pirámide.
Sánchez Tendero, E., Cózar Gutiérrez, R., González-Calero Somoza, J. A. (2019). Robótica en la enseñanza de conocimiento e
interacción con el entorno. Una investigación formativa en Educación Infantil. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 33(1), 11-28. https://www.redalyc.org/journal/274/27466169001/html/
Zorrilla-Puerto, J., Lores-Gómez, B., Martínez-Requejo, S., & Ruiz- Lázaro, J. (2023). El papel de la robótica en Educación Infantil:
revisión sistemática para el desarrollo de habilidades. RiiTE Revista interuniversitaria de investigación en Tecnología Educativa, (15), 188–194. https://doi.org/10.6018/riite.586601
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Cabero, J. De la Horra, I. Sánchez, J. (Coords.) (2018). La realidad aumentada como herramienta educativa. Madrid: Paraninfo.
Cebrián de la Serna, M. y Gallego Arrufat. M.J. (2011). Procesos educativos con TIC en la Sociedad del Conocimiento. Madrid: Pirámide.
De Miguel Sánchez, C. (2004). Las Tecnologías de la Información y la Comunicación en Infantil y Primer ciclo de Primaria. Reflexiones y propuestas. Madrid: EDUCAMADRID.
Fernández-Batanero, J.M. y Román-Graván, P. (2010). Edición de vídeo digital para profesores. Sevilla: Editorial MAD S.L.
Gutiérrez Castillo, Juan J. y Romero Tena, R. (2011): La Metodología en Educación Infantil. En B. Bermejo, Manual de didáctica general para maestros de Educación infantil y primaria (pp. 153-180). Madrid: Pirámide-Grupo Anaya.
Ortega, J.M. y Ortiz, A. M. (Coords.) (2018). Tecnología en entornos educativos. Madrid: Paraninfo.
XERAIS
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.7.- Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
G.9.- Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente debe ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G.11. -Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a laboura docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
G.12. -Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
ESPECÍFICAS
E.13.- Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
E.28. Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil.
E.29. Valorar a importancia do traballo en equipo.
BÁSICAS
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A asignatura, enmarcada no módulo "A Escola de educación infantil", é unha materia de formación básica cun carácter teórico-práctico que debe capacitar o alumno/a para comprender as posibilidades de integración das TIC na escola de Educación Infantil, así como desenvolver unha actitude crítica, tanto referida ao uso das devanditas tecnoloxías, como ao impacto das linguaxes audiovisuais e das pantallas, comprendendo a necesidade dunha alfabetización ampliada a diversas formas discursivas (icónica, audiovisual e informática).
Para o desenvolvemento das competencias que o estudante debe adquirir, proponse:
- A combinación de experiencias individuais e grupais, tanto na aula con todo o grupo clase, coma en grupos máis reducidos na aula de informática, mediante a realización de actividades de uso, deseño e análise de recursos dixitais para educación infantil.
- A combinación de ensino presencial e en liña (utilizando o Campus Virtual da USC e, no seu caso, outros posibles entornos virtuais de ensino e aprendizaxe). Algunhas prácticas que precisen o emprego de diversos mecanismos telemáticos poderán ser impartidas nunha modalidade virtual (ata un 25% das horas prácticas da materia), mentres que a docencia presencial expositiva poderase combinar coa docencia virtual ata un máximo do 10% das horas totais da materia.
O proceso de avaliación na materia “Procesos de mellora e usos das TIC” móstrase a continuación, estruturado en catro elementos avaliativos, seguindo un PROCESO DE AVALIACIÓN CONTINUA:
A. PARTICIPACIÓN NA AULA:
De acordo co REGULAMENTO DE ASISTENCIA A CLASE NAS ENSINANZAS OFICIAIS DE GRAO E MESTRADO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, aprobado polo Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024, indícase a continuación o sistema de control de asistencia e a súa repercusión na avaliación da materia:
A mera asistencia non obterá puntuación ningunha na materia, conforme ao Artigo 1.2.d: “Non terá ningunha valoración”.
Sesións obrigatorias e/ou avaliables (0,5 puntos):
Sesións obrigatorias: Ao inicio da materia especificaranse cales son as sesións obrigatorias, que estarán dispoñibles para o alumnado a través do campus virtual. Estas sesións requiren asistencia ou xustificación da ausencia.
Actividades avaliables (exposicións orais, debates, casos prácticos, traballos en grupo...): Poderán realizarse en sesións obrigatorias ou non, pero só nestas actividades poderá o alumnado obter ata 0,5 puntos adicionais sobre a nota final, sempre que participe activamente e complete satisfactoriamente a tarefa. A asistencia a estas sesións será controlada e rexistrada para asignar a puntuación adicional.
Control de asistencia:
Só se pasará lista nas sesións obrigatorias e/ou nas que haxa actividades avaliables (0,5 puntos).
Nas demais clases ou actividades sen carácter obrigatorio nin avaliación específica, non se pasará lista, xa que o artigo 3.4 exime expresamente do control exhaustivo nestas sesións, recoñecendo unha tolerancia de ata un 10% de faltas sen xustificar como cumprimento do requisito de asistencia.
Límite de faltas sen xustificar en actividades non obrigatorias:
As faltas non requiren xustificación en actividades non obrigatorias sempre que non superen o 10% do total de horas programadas destas sesións. Ao non pasarse lista, considérase cumprido o requisito de asistencia mentres non se acrediten ausencias superiores a ese límite.
Xustificación de faltas en sesións obrigatorias/avaliables:
Cando o alumnado non poida asistir a unha sesión obrigatoria ou avaliable, deberá presentar o xustificante (certificado médico, convocatoria oficial, etc.) nun prazo máximo de cinco días hábiles desde que cese a causa impeditiva. De non facelo, a falta considerarase non xustificada e o alumnado perderá a posibilidade de obter a puntuación adicional de 0,5 puntos. Os xustificantes deberán enviarse ao correo electrónico do/a docente que imparta as sesións expositivas ou interactivas.
Causas xustificadas de ausencia (Art. 3.2):
Consideraranse xustificadas as seguintes situacións, debidamente acreditadas coa documentación correspondente:
a) Realización de exames oficiais ou probas selectivas na Administración, xustificadas mediante acreditación do órgano avaliador.
b) Presenza en órganos colexiados universitarios (internos ou externos á USC) en representación do colectivo, acreditada mediante convocatoria e certificación da secretaría do órgano.
c) Ingreso en centros hospitalarios e consultas médicas non reprogramables, acreditados con xustificante do centro médico ou facultativo responsable.
d) Enfermidade que impida a presenza física no centro, debidamente acreditada.
e) Paro académico ou folga doutros colectivos que impidan o acceso ás aulas.
f) Enfermidade grave ou falecemento dun familiar ata o 2.º grao, debidamente acreditado.
g) Cumprimento dun deber público, debidamente xustificado.
h) Limitación oficial de mobilidade por inclemencia meteorolóxica ou por estado de alerta, alarma ou excepción debidamente declarado.
i) Participación en actividades como deportistas de alto nivel ou de alto rendemento, conforme á normativa autonómica e da USC.
j) Calquera outra causa de forza maior debidamente acreditada.
B. PROBAS ESPECÍFICAS:
Peso na cualificación: 50% (5 puntos), distribuídos do seguinte xeito: proba obxectiva de contidos (30%; 3 puntos) e Proxecto TIC (20%; 2 puntos).
Instrumentos de avaliación: proba obxectiva, e-portfolio do alumnado.
Indicadores/orientacións para a avaliación:
A proba obxectiva de contidos consistirá nun test para valorar os coñecementos conceptuais da materia. Avaliarase sobre 3 puntos, dos cales o alumno/a debe obter como mínimo 1,5 puntos para superala.
En caso de non superar esta proba obxectiva (que forma parte da avaliación continua), o alumno/a deberá acudir a un exame (nas convocatorias oficiais), estruturado en dúas partes: tipo test e proba escrita con preguntas de desenvolvemento. Neste exame, valorado sobre 3 puntos, o alumno/a deberá obter como mínimo 1,5 puntos para superalo. A data de realización será a publicada oficialmente e poderá consultarse na web da USC.
Elaboración dun Proxecto TIC en grupo:
O profesor non só terá en conta o produto final, senón tamén o proceso de realización.
O docente facilitará materiais e pautas necesarias para desenvolver axeitadamente o proxecto TIC.
O proxecto traballarase ao longo de todo o curso e en pequeno grupo. É responsabilidade do alumnado desenvolvelo de forma autónoma e colaborativa, co apoio das instrucións e materiais proporcionados. O horario de titorías tamén servirá para que o alumnado poida avanzar no proxecto, de forma que o docente poida analizar o seu progreso.
Para superar o proxecto, o alumnado deberá obter como mínimo 1 punto sobre 2.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS:
Peso na cualificación: 40% (4 puntos).
Instrumentos de avaliación: listas de cotejo, observación e análise das producións do alumnado, rúbricas e plantillas de avaliación.
Indicadores/orientacións para a avaliación:
Este apartado corresponde a todas as tarefas e prácticas que o alumnado debe desenvolver nas sesións interactivas.
Os grupos formados para as prácticas grupais serán os mesmos durante todo o semestre. Tamén se manterán para a realización do proxecto TIC.
A elaboración de todas as prácticas será obrigatoria, salvo que o docente indique o seu carácter voluntario. A non entrega dalgunha práctica obrigatoria implicará que o/a estudante deberá presentarse a un exame final en convocatoria oficial para superar a materia.
Como norma xeral, as prácticas deberán entregarse a través da plataforma do campus virtual da USC. A data de entrega indicarase ao presentalas.
O alumnado que entregue prácticas fóra de prazo só poderá alcanzar como máximo unha cualificación de aprobado (5). Estas entregas non poderán exceder os 5 días naturais desde a data límite establecida.
Os criterios de avaliación de cada práctica especificaranse no seu enunciado e utilizaranse como base para a cualificación.
Para superar este apartado, será necesario obter unha puntuación mínima de 2 puntos sobre 4.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS:
Peso na cualificación: 5% (0,5 puntos), dos cales hai que obter un mínimo de 0,25 puntos.
Instrumentos de avaliación: observación e análise por parte do profesor.
Indicadores/orientacións para a avaliación:
As presentacións orais realizaranse en grupo e poderán tratar sobre calquera dos contidos da materia, ou ben, o propio alumnado poderá propoñer ao docente un tema de exposición, que en calquera caso deberá estar relacionado coas TIC e a educación infantil.
O docente dará máis instrucións sobre datas, criterios de avaliación, duración das exposicións, etc.
REQUISITOS XERAIS PARA SUPERAR A MATERIA:
CONDICIÓNS PARA APROBAR A MATERIA:
Para aprobar, o alumnado deberá alcanzar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, debendo obter a cualificación mín ima esixida nos apartados B (Probas específicas), C (Informes escritos e outras producións) e D (Presentacións orais).
No apartado B, será necesario obter como mínimo 1,5 puntos na proba obxectiva e 1 punto no proxecto TIC.
No apartado C, deberase acadar un mínimo de 2 puntos sobre 4.
RECUPERACIÓN DA MATERIA (2ª OPORTUNIDADE):
O alumnado que non supere a materia por avaliación continua pode atoparse nalgunha das seguintes situacións:
A. Non aprobou a proba obxectiva do apartado B, pero superou as prácticas (apartado C), o proxecto TIC (apartado B) e as exposicións (apartado D).
Neste caso, só terá que presentarse ao exame oficial, mantendo as cualificacións obtidas previamente, incluídas as dos apartados A e D.
B. Aprobou a proba obxectiva, pero non superou algún dos apartados: proxecto TIC, prácticas ou presentacións orais.
Deberá recuperar as partes suspensas, e o docente establecerá o procedemento en función de cada caso particular (repetición de probas, prácticas compensatorias, novas presentacións, etc.).
C. Non está a seguir a avaliación continua.
Terá que presentarse a un exame final en convocatoria oficial. Neste caso, non se terán en conta os traballos realizados durante o curso, nin se admitirán outros traballos.
D. Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores (repetidores).
Deberá contactar por correo electrónico co docente para concretar o plan de traballo para superar a materia.
ALUMNADO CON DISPENSA/EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O alumnado con dispensa/exención de docencia deberá informar da súa situación ao docente, presencialmente ou por correo electrónico, nos primeiros 15 días de clase, achegando a resolución de concesión da dispensa.
Poderá superar a materia realizando un exame (valorado sobre 10 puntos) que abranguerá todos os contidos teórico-prácticos. Para aprobar, será necesario obter polo menos 5 puntos.
As datas do exame corresponden ás convocatorias oficiais (consultables na web da USC).
Nota: En casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento do estudantado e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES EN GRAN GRUPO
Actividades presenciais:
- Presentación da asignatura
- Exposicións temáticas
- Discusión / foros gran grupo
- Realización de proba específica
Total: 24 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise de documentos
- Estudo
- Elaboración de informes
- Elaboración conclusións das clases presenciales
Total: 35 h.
ACTIVIDADES EN GRUPO MEDIANO
Actividades presenciais:
- Prácticas uso medios AV, informáticos e virtuais.
- Realización de prácticas
- Elaboración informes e comentarios
- Participación on-line
- Evaluación recursos TIC
- Deseño de recursos TIC para educación infantil
- Realización de proba específica: Proxecto TIC (o alumnado poderá empregar o informe final do Practicum I para reutilizalo neste proxecto)
Total: 24 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise documentos
- Preparación e ensaio da exposición traballo
- Realización exercicios prácticos manexo TIC
- Elaboración informes
- Preparación e elaboración aportación foros
- Revisión recursos TIC existentes
- Deseño recursos TIC
- Búsquedas bibliográficas
Total: 45 h.
ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS
Actividades presenciais:
- Comentario documentos
- Formulación de dúbidas
- Revisión de tarefas
Total: 3 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise de documentos
- Revisión de tarefas
- Reelaboración actividades tras feedback
- Desenvolvemento do proxecto TIC
Total: 20 h.
Total horas presenciais: 51
Total horas de traballo autónomo: 99
- Ter acreditado o dominio de competencias transversais en TIC recoñecidas na USC e que poden acreditarse como créditos de libre elección.
- Dispor de ordenador persoal con conexión a internet para poder desenvolver con maior flexibilidade as actividades e tarefas solicitadas na materia.
- Manexo do ordenador a nivel usuario.
- Manter ao día os traballos que se solicitan.
- Acceder con regularidade ao campus virtual.
- Autodisciplina e constancia no estudo.
Recoméndase asistir con regularidade ás sesións de clase para dispoñer dunha guía e orientacións necesarias para abordar os bloques de contido. A aula (na sua modalidade presencial ou virtual) tamén constitúe un espazo importante para comezar a perfilar as actividades prácticas e para a negociación e acordos de funcionamento grupal. A constancia no proceso de estudo será vital para poder superar a asignatura.
Todo aquel alumnado que precise dalgún tipo de adaptación por características NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo), deberá solicitalo e finalmente tan só serán considerados aqueles casos que foran valorados polo SEPIU da Universidade de Santiago de Compostela.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se puideran realizar en formato non dixital para a materia, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Mª Carmen Caldeiro Pedreira
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821061
- Correo electrónico
- mcarmen.caldeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Olaya Santamaria Queiruga
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821020
- Correo electrónico
- olaya.queiruga.santamaria [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Pablo Cesar Muñoz Carril
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821018
- Correo electrónico
- pablocesar.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Aula de Informática |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 24 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_05 | Galego | Aula de Informática |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de Informática |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Aula 20 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática |
05.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |
06.07.2026 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |