Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Adquirir habilidades e coñecer os principais recursos tecnolóxicos existentes para a posta en marcha de procesos de avaliación formativa e aprendizaxe colaborativa e autónomo apoiados en TIC.
- Analizar as principais tecnoloxías emerxentes e as súas posibles aplicacións na educación Infantil e Primaria.
- Coñecer e analizar con criterio técnico os principais programas e recursos institucionais para a integración do TIC dos que dispón o profesorado de Educación Infantil e Primaria.
- Identificar os principais riscos aos que se enfrontan as e os menores en Internet e as necesidades de alfabetización constantes que comportan as TIC e debe abordar o sistema educativo.
- Valorar exemplos de boas prácticas de uso do TIC en educación Infantil e Primaria e identificar as claves de éxito nas que se fundamentan e as súas posibles aplicacións noutros contextos de Ensino-Aprendizaxe.
Tema “ Deseño de proxectos de innovación educativa mediados por TIC”
As TIC abriron novos espazos e posibilidades para reforzar a autonomía nos procesos de aprendizaxe e a avaliación formativa e, tanto no deseño como na implementación, é necesario expolos desde a innovación educativa
Tema “ Posibilidades educativas das Tecnoloxías emerxentes e novos escenarios formativos na Educación Infantil e Primaria”
Abórdanse as posibilidades educativas das Tecnoloxías actuais e doutras xa consolidadas, para pór en marcha propostas máis flexibles, globalizadas, inclusivas e multilinguaxe na educación Infantil e Primaria. Presentaranse e analizarán exemplos de boas prácticas de innovación educativa con TIC. Seleccionaranse experiencias (derivadas de proxectos europeos e nacionais, programas etwinning, entre outros) e identificaranse as claves de éxito e posibles aplicacións en educación Infantil e Primaria.
Tema “Políticas e recursos institucionais para a integración do TIC na aula e centro educativo”
Preséntanse e analízanse, con criterio académico, as políticas e programas de implementación de TIC nacionais e autonómicos, así como os principais recursos dispoñibles nos centros educativos galegos.
Tema “Alfabetización dixital e seguridade das e os menores na rede”
Abórdanse as competencias dixitais das e os menores necesarias para facer un uso seguro de Internet e actuar ante os principais riscos experimentados na rede, ofrecendo instrumentos e coñecementos para afrontalos e previlos.
Básica:
- Cebreiro, B., Fernández-Morante, M. C. y Casal-Otero, L. (2019). Tecnologías emergentes y metodologías didácticas: dos ejes básicos para el éxito educativo. En M. Santos, A. Valle y M. Lorenzo: Éxito educativo: claves de construcción y desarrollo (pp. 173-196). Tirant lo Blanch.
- Gisbert, M., Lázaro, J. L. y Esteve, V. (2023). Investigar e innovar en la era digital: Aportaciones desde la tecnología educativa. Ediciones Octaedro.
- Romero, A., Alonso, I., Urrutia, A., Gezuraga, M., Berasategui, N. y Idoiaga, N. (2023). Estructura modular, metodologías activas y compromiso social en innovación educativa universitaria: La experiencia de la Facultad de Educación de Bilbao, UPV/EHU (2011-2021). Ediciones Octaedro.
Complementaria:
- Cabero-Almenara, J. y Palacios-Rodríguez, A. (2020). Marco Europeo de Competencia Digital Docente «DigCompEdu». Traducción y adaptación del cuestionario
«DigCompEdu Check-In». EDMETIC, 9(1), 213–234. https://doi.org/10.21071/edmetic.v9i1.12462
- Casal-Otero, L., Catalá, A., Fernández-Morante, C., Taboada, M., Cebreiro, B. y Barro, S. (2023). AI literacy in K-12: a systematic literature review. International Journal of STEM Education, 10(1), 29. https://doi.org/10.1186/s40594-023-00418-7
- Casal-Otero, L., Cebreiro, B. y Fernández-Morante, C. (2021). DLAB2: innovación educativa con TIC para una vida saludable de los escolares europeos. Revista de Innovación y Buenas Prácticas Docentes 10(1), 63-70. https://doi.org/10.21071/ripadoc.v10i1.13265
- Cebreiro, B., Fernández-Morante, C. y Casal, L. (2023). La Tecnología Educativa y el desafío de la formación en red (63-86). En M.A. Santos, M. Lorenzo y J. García (Coords.), La educación en red. Una perspectiva multidimensional. Octaedro.
- Cebreiro, B., Fernández-Morante, C., Trigo Miranda, M. et al (2023). Examples of good practice and recommendations for promoting holistic education through collaborative problem solving strategies. DTICEQT multimedia guide. Santiago de Compostela. Grupo de Investigación de Tecnología Educativa (Tecnoeduc). https:// dticeqtproject.eu/
- Fernández-Morante, C., Cebreiro-López, B., y Casal-Otero, L. (2020). Capacitar y motivar a las niñas para su participación futura en el sector TIC. Propuesta de cinco países. Innoeduca. International Journal of Technology and Educational Innovation, 6(2), 115-127.
- Garcia Aretio, L. (2019). Necesidad de una educación digital en un mundo digital. RIED. Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, 22(2), 09-22.doi: https:// doi.org/10.5944/ried.22.2.23911
- Malmierca, M. J., Fernández Morante, M. del C., López, B. y León, F. (2022). Computación en la Nube y Software Abierto para la Escuela Rural Europea. Pixel-Bit. Revista De Medios Y Educación, 64, 105-137. https://doi.org/10.12795/pixelbit.93937
- Tejada Garitan. E., Castaño Garrido, C., y Romero Andonegui, A. (2019). Los hábitos de uso en las redes sociales de los preadolescentes. RIED. Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, 22(2), 119-133. https://doi.org/10.5944/ried.22.2.23245
- Turner, A., Andersen, M., Søgaard, V., Christiansen, K., Rockenbauer, G., Scherde, T., Zillner, C., Sakrowsky, S., Bienzle, H., Tallon, M., Schults, A., Leesmaa, K., Fernández-Morante, C., Casal-Otero, L., Cebreiro, B. y Mareque-León, F. (2022). Telepresence Systems in Schools for Children and Adolescents with Chronical Illnesses in Europe. A Transnational Analysis Report. Austria, Belgium, Denmark, Estonia, Spain. ABILITI Avatar-Based Interaction and Learning in Times of Illness. https://abiliti.eu/ resources/
- BOE 116, de 16 de mayo 2022 Revistas especializadas:
http://acdc.sav.us.es/pixelbit/ http://edutec.rediris.es/Revelec2/Revelec43/ https://naerjournal.ua.es https://www.revistacomunicar.com https://revistas.um.es/riite
Competencias Básicas
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
G3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
G4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
G6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
Competencias Transversais
T6 - Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
T7 - Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador.
T9 - Incorporar o TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados.
T10 - Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
T12 - Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
Competencias Específicas
E3 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
E17 - Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.
A metodoloxía está deseñada con dous niveles diferenciados pero estreitamente relacionados:
1. Sesións expositivas: desenvolveranse para todo o grupo de alumnos/as da materia. Os procedementos utilizados para traballar os bloques dentro destas sesións serán os seguintes:
- Exposición dos contidos nunha dinámica que permite a relación entre as propostas conceptuais, os avances das investigacións, os problemas de práctica e a reconstrución da experiencia persoal dos/as alumnos/as
- Dossiers bibliográficos: son unha selección de documentos representativos do contido. Serven de complemento e profundización aos contidos expostos nas clases, é dicir, permiten a lectura e estudio individualizado sobre un tema
-Análise de casos e documentos audiovisuais de experiencias representativas de boas prácticas
2. Sesións interactivas (prácticas de laboratorio). As actividades son propostas amplas de acción onde converxen aprendizaxes, contido, intencións e os coparticipantes aportan á actividade as súas experiencias previas, o seu entorno social e cultural, e as súas características individuais (enfoques ou esquemas sobre a sociedade, intereses persoais e profesionais, compromisos con valores, ideoloxía, etc.). Propiciarase a implicación do alumnado en tarefas de análise de medios, utilización dos medios audiovisuais e informáticos e reflexión sobre as tecnoloxías da información e comunicación. Nestas sesións requírese a participación de forma continuada. A asistencia ás sesións de prácticas é obrigatoria.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia as sesións de clase é un deber. Dado que las sesións interactivas son de laboratorio en esta materia no se concede dispensa, e as sesión son obrigatorias. La asistencia a la materia será supervisada tanto en las clases expositivas como interactivas, sendo un requisito preceptivo para a superación da materia asistir un mínimo de 80%, sen incluír as prácticas de laboratorio que son obrigatorias.
Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
A avaliación desenvolverase de forma continua e formativa a partir da participación activa tanto nas sesións expositivas e interactivas, a construción dun portafolio electrónico da materia e a realización das prácticas obrigatorias da materia. Estas prácticas integrarán elementos traballados na materia contextualizándoos nun centro educativo.
Valorarase a participación do alumnado en todas e cada unha das tarefas implicadas no seguimento continuo da materia: estudo dos materiais que fundamentan o traballo na aula, o manexo e uso de diferentes medios, a participación nas aulas (preguntas e suxestións) e nas propostas de actividade fóra dela, seguimento continuo das clases teóricas e prácticas, asumindo as tarefas derivadas das mesmas.
A desagregación da avaliación da materia de forma porcentaxe quedaría como segue:
1. Portafolio electrónico da materia que se realizará e avaliará de forma continua e formativa. No portafolio recompilaranse os traballos realizados e as reflexións de todo o proceso de aprendizaxe. Entregarase na aula virtual da materia. Peso na avaliación: 50%
2. Prácticas Obrigatorias: ao longo do curso haberá dúas prácticas obrigatorias que será necesario entregar en tempo e forma na aula virtual da materia. A non entrega dunha práctica suporá un 0 nesa práctica. Peso na avaliación: 50%
No caso de alumnado repetidor ten que cumprir todos os requisitos da materia e realizar de novo todo o proceso formativo.
Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Todo traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do estudante na convocatoria correspondente.
O uso de ferramentas xenerativas, de Intelixencia Artificial, para a elaboración dos traballos da materia, deberá ser referido, identificando as ferramentas e a finalidade de uso. En ningún caso, o uso destas ferramentas de IA poderá substituír ou suplantar as habilidades e coñecementos requiridos. O cal suporía suspender a materia.
A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A aprendizaxe na materia apóiase en diferentes tipos de actividades formativas presenciais que requiren unha dedicación por parte dous alumnos fora da aula:
As sesións expositivas requiren horas de estudo persoal do alumnado. A unión teoría e práctica nas sesións de clase esixe un esforzo de revisión e traballo sobre os materiais da sesión expositiva que se realiza o primeiro día da semana para realizar a tarefa e as actividades das prácticas de laboratorio que se realizan posteriormente na sesión interactiva.
As sesións interactivas están orientadas á adquisición de habilidades prácticas que requiren un adestramento posterior para incorporalas ao saber facer de cada persoa. Todas as actividades prácticas preparan ao alumnado para a realización con éxito das prácticas obrigatorias da materia. Ao final de cada sesión práctica o alumnado deberá consolidar o proceso de aprendizaxe mediante o adestramento das ferramentas, procedementos e habilidades adquiridas.
TITORÍAS INDIVIDUAIS E/OU DE GRUPO: desenvolveranse no despacho da profesora e en seminarios do centro e aulas especializadas (nos casos nos que fose necesario). As titorías estarán orientadas á formulación-resolución de dúbidas e revisión de tarefas ou reelaboración de informes de prácticas.
- Será necesario que o alumno/a adquirise previamente competencias dixitais básicas a nivel de usuario dos medios informáticos e telemáticos (elaboración de textos e presentacións dixitais, edición básica formatos dixitais -texto, imaxe, audio, vídeo-, navegación e comunicación en Internet, seguridade na rede).
- Constancia no traballo ao longo do cuadrimestre. A materia require gran dedicación, pero se esta dedicación é continuada o alumnado chegará ao final do cuadrimestre coa preparación necesaria para superar a materia.
- Asistencia regular ás sesións de clase que asegura a orientación no seu estudo por parte da profesora e a guía necesaria para abordar os bloques de contido. Tamén constitúe un espazo importante para a negociación das actividades de grupo. Nas sesións de todo o grupo exponse os aspectos a traballar nas prácticas de laboratorio.
- Seguimento e dedicación en todas as prácticas de laboratorio e nas prácticas obrigatorias xa sexan individuais e/ou de grupo. Velar pola calidade dos informes finais que se entrega.
- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e dialogo constante coas profesoras)
- Uso adecuado das titorías ao longo do cuadrimestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual)
1º Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
2º Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
3º Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
4º Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
5º Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
6º Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
7º Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
8º Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Beatriz Cebreiro Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813749
- Correo electrónico
- beatriz.cebreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Fernandez Morante
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813806
- Correo electrónico
- carmen.morante [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
15.01.2026 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
18.06.2026 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |