Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia aborda cuestións básicas da metodoloxía de investigación en Ciencias Sociais e da Educación. Os obxectivos específicos a acadar son os seguintes:
• Coñecer os fundamentos e características principais do coñecemento científico e da investigación social e educativa.
• Coñecer as distintas fases do proceso de investigación educativa.
• Coñecer os fundamentos da investigación cuantitativa, cualitativa e mixta.
• Coñecer as características das principais técnicas de recollida de datos.
Traballarase ademais baixo o suposto de que tal coñecemento debe aspirar a constituír un marco conceptual significativo para a/o estudante, asociado a unha actitude reflexiva e á comprensión crítica de tales contidos.
Os bloques temáticos básicos a contemplar nesta materia son os seguintes:
1. O coñecemento científico en Ciencias Sociais e Educativas:
• Concepto e características.
2. Perspectivas metodolóxicas en investigación socioeducativa:
• Metodoloxía cuantitativa.
• Metodoloxía cualitativa.
• Os métodos mixtos.
3. O proceso de investigación socioeducativa:
• Fases:
Formulación do problema e deseño da investigación.
Desenvolvemento e obtención de resultados.
Divulgación de resultados.
4. A obtención de datos empíricos: técnicas de recollida de datos:
• Concepto, tipoloxía e criterios de selección.
• Principais técnicas de recollida de datos:
Cuestionario.
Observación.
Entrevista.
5. Deontoloxía da investigación socioeducativa.
Esta relación de contidos temáticos non supón necesariamente que sexan traballados nesta orde.
BÁSICA
Bisquerra, R. (2016) (Coord.). Metodología de la investigación educativa. La Muralla.
Jorrín Abellán, I.J., Fontana Abad,M. e Rubia Avi, B. (Coord.) (2021). Investigar en educación. Editorial Síntesis.
Fernández Sola, C., Granero Molina, J. e Hernández Padilla,J.M. (eds). (2019). Comprender para cuidar. Avances en la investigación cualitativa en Ciencias de la salud. Edual.
Sánchez Gómez, M.C. (2015). Metodología de investigación en pedagogía social. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 26, 21-34
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
Amat, O. e Rocafort, A. (2017). Como investigar.Pro􀀁t.Anguera Argilaga, M. T. (1997). Metodología de la observación en las ciencias humanas (6a ed). Cátedra.
Anguera, M.T. (2003). La observación. En C. Moreno Rosset (Ed.), Evaluación psicológica. Concepto, proceso y aplicación en las áreas del desarrollo y de la inteligencia (pp. 271-308). Sanz y Torres.
Carballo Barcos, M., & Guelmes Valdés, E. L. (2016). Algunas consideraciones acerca de las variables en las investigaciones que se desarrollan en educación. Revista
Universidad y Sociedad [seriada en línea], 8 (1), 140-150. http://rus.ucf.edu.cu/
Cardona, Mª C. (2002). Introducción a los métodos de Metodoloxía de Investigación en Ciencias Sociais e da Educación | Univ... https://www.usc.gal/gl/estudos/graos/ciencias-sociais-xuridicas/grao-ed… en educación. EOS.
Casas Algunta, J.; Repullo, J.R. e Donado, J.( 2003). La encuesta como técnica de investigación. Elaboración de cuestionarios y tratamiento estadístico de los datos (I). Atención Primaria, 31(8):527-38.
Facal, T. (2015). Guía para elaborar un proyecto de investigación social.Paraninfo.
Hernández Sampieri, R., Fernández Collado, C.e Baptista Lucio, P. (2014). Metodología de la investigación. MacGrall Hill.
Lara Guijarro, E. e Ballesteros, B. (2009). Métodos de investigación en educación social. Madrid: UNED.
Flick, U. (2004): Introducción a la investigación cualitativa. Morata.
Latorre, A., Del Rincón, D. e Arnal, J. (2003). Bases metodológicas de la investigación educativa (1ª ed.). Barcelona: Experiencias.
Navarro, A. (coord.) (2017). Fundamentos de la investigación y la innovación educativa. UNIR
Nieto Martin, S.(2012). (Ed.). Principios, métodos y técnicas esenciales para la investigación educativa. Dykinson.
Ruiz-bolivar, C. (2013). Instrumentos y técnicas de investigación educativa. DANAGA
Sarabia Sánchez, F. J. (2013). Métodos de investigación social y de la empresa. Piramide.
Tójar Hurtado, J.C. (2006). Investigación cualitativa. Comprender y actuar. La Muralla.
Tomé M.ª (coord.) (2019). Observación sistemática y análisis de contexto para la innovación y la mejora en Educación. Paraninfo
Verd, J. M. e Lozares C. (2016). Introducción a la investigación cualitativa. Fases, métodos y técnicas. Síntesis.
ENLACES a REVISTAS CIENTIFICAS DE INTERESE
http://revistas.um.es/rie
http://redie.uabc.mx/index.php/redie
Esta materia contribúe ao desenvolvemento das seguintes competencias básicas, xerais, trasversais e específicas do título:
Básicas
B1. Que o estudantado demostrara posuir e comprender coñecementos nun area de estudio que paret da base da educación secundaria xeral e que adoita atopar un nivel que se ben se apoia en libros de texto avanzados inclúe alguns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Xerais
X1. Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar críticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención en educación social.
Trasversais
T1 - Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos
T4. Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
Específicas
E1.1. Comprende os referentes teorico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se promoven
E2.6. Valorar e axustar a súa práctica profesional ás esixencias e compromisos deontolóxicos da educación social.
A metodoloxía empregada diríxese a favorecer a adquisición das competencias indicadas, propiciando que o estudantado desenvolva unha boa comprensión reflexiva e crítica dos contidos establecidos, así como unha certa capacidade de aplicación de tales coñecementos en situacións de investigación referidas a contextos socioeducativos.
Nas clases expositivas presentaranse os contidos fundamentais con apoio en xeral de presentación visuais e con exemplificacións concretas acordes aos contidos expostos. Durante estas sesións propiciarase a participación do estudantado a través da: resolución de cuestións puntuais; busca de exemplos relacionados coa vida cotiá ou futuro laboral; vinculación de relación con outros contidos xa expostos desta ou doutras materias; simulación de supostos prácticos, etc.
Nas clases interactivas desenvolveranse actividades xeralmente grupais, de carácter aplicado a partir dos contidos presentados nas clases expositivas. Estas actividades poderán ser diversas: análise de informes de investigación, formulación de problemas de investigación a partir de situación reais, revisión e deseño de instrumentos, etc.
Os produtos das actividades de aula serán recollidas na propia sesión ou con posterioridade, en función do que se indique na sesión.
Nalgunhas ocasións ditas actividades precisarán da axeitada preparación previa por parte do estudantado, a fin de posibilitar a súa participación activa na clase. Algunhas destas actividades poderían realizarse fora do espazo da aula, para propiciar a aprendizaxe do emprego de técnicas como a observación.
Ademais destas tarefas de aula o alumnado deberá realizar de forma grupal 4 actividades finais de tema (unha do tema 2, unha do tema 3 e dúas do tema 4).
Estas serán explicadas na clase, pero se realizarán de forma autónoma, empregando as titorías para a supervisión e a resolución de dúbidas.
O traballo autónomo do/a estudante inclúe: lectura crítica e estudo individual do material bibliográfico básico e complementario que se indique, a análise de informes de investigación, a preparación das actividades a desenvolver nas clases interactivas e a realización das prácticas finais de cada tema.
Empregarase a aula virtual como ferramenta de apoio ao desenvolvemento da docencia ao longo de todo o semestre, polo que é recomendable que o estudantado teña coñecementos mínimos do seu manexo. Fundamentalmente empregarase para a comunicación cos estudantes, como repositorio de material (guía de cada tema, material de lectura, documento das prácticas,...) e para a recepción de traballos prácticos e seguimento da asistencia.
Respecto dos materiais non haberá un dossier único da materia. Para cada tema concretarase o material necesario para a súa aprendizaxe na guía do tema, que poderán ser artigos, capítulos específicos de manuais, esquemas, etc. A documentación básica será subida a aula virtual.
Nos traballos e as prácticas as referencias, citas e elaboración de táboas e figuras seguirán as normas de publicación da APA (Publication Manual of the American
Psychological Association, 2019, 7ª ed. https://normas-apa.org/wp-content/uploads/Guia-Normas-APA-7ma-edicion.p…
Se fora o caso, poderá facerse algunha saída ben no marco exclusivo desta materia, ben de forma conxunta con outras.
A avaliación das aprendizaxes terá un propósito formativo -ao longo de todo o cuadrimestre- con base na observación das actividades individuais e grupais realizadas, así como na participación nas clases, especialmente nas interactivas, e nas titorías.
Na avaliación final terase en consideración:
1.- O desempeño no exame, individual sen material que terá un carácter teórico-práctico.
Este terá un valor de 6 puntos.
O exame terá lugar na data e hora oficial. Non se cambiará a data de exame a ningún estudante salvo nos casos contemplados na Normativa sobre avaliación do Rendemento académico da USC.
2.- Actividades prácticas
2.1.- Actividades practicas de fin de tema: 4 puntos.
Serán grupais e deberán ser entregadas nas datas que se indiquen na guía que se presentará a inicio do curso.
2.2.- Actividades de aula: serán recollidas e revisadas coa finalidade principal de detectar erros, que permitan reforzar e aclarar contidos. Non terán valor puntuable.
É preciso superar as dúas partes (exame e actividades fin de tema) para aprobar a materia.
Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Como norma xeral, atendendo ao disposto no artigo 1.1.c deste Regulamento, para aprobar a materia é requisito imprescindible asistir ao 70% das clases interactivas e expositivas (é dicir poderá terse en conxunto un 30% de faltas sen xustificar).
Tal e como se recolle no artigo 2.4. a manipulación ou falsificación intencionada dos sistemas de control de asistencia determinará a consideración de non asistencia á actividade e deberá ser comunicada á Reitoría para o inicio das actuacións disciplinarias que puidesen corresponder.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
XULLO
O/a estudante que non cumpra o requisito de asistencia non poderá superar a materia na oportunidade de maio-xuño nin de xullo.
O/a estudante que tendo asistido ao 70% das clases suspenda o exame en maio, poderá repetilo en xullo; se non obtivera a metade da puntuación asignada a parte de práctica de fin de tema, deberá realizar as prácticas que se lle indiquen e entregalas na data do exame de xullo.
EXENTOS/A
O/A estudante con exención de docencia oficial a clase (isto é a non asistencia autorizada ás clases expositivas) deberá ter unha titoría presencial ou online co profesorado da materia nos dez días seguintes da concesión da exención. Este estudantado será cualificado seguindo as pautas do estudantado asistente.
Nesta materia non se completa a posibilidade de dispensa, por ter grupos de laboratorio, polo que a asistencia ás clases interactivas é obrigatoria para todos os/as estudantes matriculados.
ESTUDANTE COA MATERIA PENDENTE
O/A estudante que non superara a materia no curso 24-25:
-Se non cumpriu o requisito mínimo de asistencia, deberá asistir polo menos ao 70% das clases teóricas e das clases practicas, como o resto de estudantado. Se ten problema de horarios pode solicitar cambio de grupo e/ou exención de docencia para as clases teóricas.
-Se ten o requisito mínimo de asistencia ás clases no curso 24-25, e superou a parte práctica terá unha maior flexibilidade. Nestes casos poderá non ter a obriga de asistir a algunhas das prácticas de aula cando sexan similares ás de do curso 24-25 previa indicación do profesorado da materia.
En ambos casos deben entregar as prácticas de fin de tema nas datas fixadas formando parte dun grupo e realizar o exame previsto. Ambas partes, prácticas de fin de tema e exame terá o valor previsto no apartado de avaliación.
Os traballos dos/as estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do/a estudante na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
A modo de referencia aproximada:
- Horas de traballo en aula: 48
- Horas de estudo e traballo individual o en grupo: 96
- Horas de realización de exames: 4
- Horas de titoría: 2
Tempo estimado total: 150
Para lograr un óptimo dominio da materia, resulta didacticamente necesario asistir de forma regular ás clases expositivas e, sobre todo, participar activamente nas interactivas
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia en formato papel impreso, cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar portadas.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos
encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Seguirase a normativa de protección de datos persoais dispoñible en:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Queda restrinxido o emprego do teléfono móbil na aula a o seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dunha utilización non axeitada do mesmo.
CONTA DE CORREO
Para a comunicación co profesorado debe empregarse a conta de correo da universidade (conta rai).
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS
En caso necesario, deben empregarse ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade
PRIVACIDADE
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudntado matriculado na materia, polo que os materiais aportados para as clases, son para o uso do/a estudante de xeito privado.
Maria Esther Martinez Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813751
- Correo electrónico
- esther.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Pablo Franco Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813835
- Correo electrónico
- jpablo.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_03 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_05 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
26.05.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
08.07.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |