Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Con esta materia, preténdese contribuír a que os estudantes adquiran os coñecementos e competencias que identifican e definen os contextos profesionais e laborais propios do seu proceso de inserción no conxunto das diferentes profesións e ocupacións.
Neste senso, máis alá dos diferentes ámbitos e contextos nos que a Educación Social proxéctase como profesión, os diferentes contidos a impartir deben favorecer un coñecemento e análise dos seus procesos de formación continua, itinerarios e proxectos de inserción, técnicas e recursos de orientación laboral, así coma o alcance ético e deontolóxico do seu quefacer profesional.
Disto, derívanse os obxectivos principais da materia, concretados do seguinte xeito:
- Adquirir unha visión teórico-práctica da relación entre mercado laboral, formación e orientación.
- Coñecer o subsistema de Formación Profesional Continua, as diferentes modalidades e iniciativas formativas existentes de cara a favorecer o desenvolvemento profesional dos/as Educadores/as Sociais.
- Identificar, coñecer e analizar os diferentes contornos sociais e laborais.
- Reflexionar sobre o perfil profesional do/a Educador/a Social e coñecer os principais ámbitos de inserción.
- Adquirir estratexias para o deseño e desenvolvemento de proxectos e itinerarios de inserción sociolaboral para os/as Educadores/as Sociais.
- Coñecer e analizar técnicas e instrumentos para a inserción laboral, proxectos e recursos socioeducativos e laborais para os/as profesionais da Educación Social.
- Empregar os distintos recursos formativos e de orientación existentes para favorecer unha adecuada transición ao mundo laboral dos/as Educadores/as Sociais.
- Axustar a súa práctica profesional ás esixencias e compromisos deontolóxicos da Educación Social.
- Adquirir e desenvolver competencias socioprofesionais de cara a favorecer o desenvolvemento da súa profesión en distintas realidades e contextos.
Estrutúranse en torno aos seguintes bloques temáticos:
BLOQUE 1. FORMACIÓN CONTINUA E DESEMPEÑO LABORAL DOS/AS EDUCADORES/AS SOCIAIS
- Perfil profesional do/a Educador/a Social e ámbitos de desempeño profesional.
- Formación no traballo: sistema, iniciativas e accións formativas no traballo.
- Centros e entidades de formación; e a súa xestión de accións formativas.
- Os/as educadores/as sociais na Responsabilidade Social Corporativa.
BLOQUE 2. ITINERARIOS PERSONALIZADOS PARA A INSERCIÓN LABORAL
- Itinerarios de inserción laboral nas profesións socioeducativas nos sectores público e privado.
- Empregabilidade, autoemprego, creación de empresas e formas alternativas de inserción laboral.
BLOQUE 3. O PROCESO DE BUSCA DE EMPREGO
- Intereses profesionais.
- Busca de emprego na empresa pública e privada.
- Planificación do proceso de busca de emprego.
- Estratexias e recursos para a inserción laboral.
BLOQUE 4. COLEXIACIÓN EN EDUCACIÓN SOCIAL
- Colexiación en Educación Social.
Bibliografía básica:
- Maiztegui, C. e Santibáñez, R. (coords.), (2002). El futuro del educador: perfiles profesionales y adaptación de los pedagogos y educadores sociales a una sociedad en cambio. Universidad de Deusto.
- Manzanares, A. e Sanz, C. (dirs.), (2016). Orientación Profesional. Fundamentos y estrategias. Wolters Kluwer.
- Salva, F., Pons, C. e Morell, A. (2000). Proyectos de inserción sociolaboral y economía social. Ed. Popular.
- Sobrado, L. e Cortés, A. (coord.), (2009). Orientación Profesional. Biblioteca Nueva.
Bibliografía Complementaria:
- Aguaded, J.I., e Cabero, J. (2013). Tecnologías y medios para la educación en la e-sociedad. Alianza.
- Alberecici, A., e Serreri, P. (2005). Competencias y Formación en la Edad Adulta. El balance de competencias. Laertes educación.
- Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia (2008). Documentos profesionalizadores. CEESG.
- Diz, M. (2017). Necesidades formativas. Modelos para su análisis y evaluación. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, 6, 6-10.
- Fandos, M., Renta, A., Jiménez, J., e González, Á. (2017). Análisis sobre el aprendizaje y la aplicación de las competencias generales en el contexto laboral. Estrategias de colaboración entre la formación profesional, la universidad y la empresa. Educar, 53(2), 333-355.
- Fernández García, T., e Ponce de León, L. (2016). Planificación y actuación estratégica de proyectos sociales. Pirámide.
- Fullana, J., Pallisera, M., Tesouro, M., e Castro, M. (2007). La inserción laboral de los diplomados en Educación Social. Análisis de las características de los procesos de inserción y reconocimiento profesional. Bordon, 59(4), 565-580.
- Pineda, P. (2007). La formación continua en España: balance y retos de futuro. Revista Electrónica de Investigación y Evaluación Educativa, 13(1), 43-65.
- Riera, J. (1998). Concepto, formación y profesionalización de: el educador social, el trabajador social y el pedagogo social. Un enfoque interdisciplinar e interprofesional. Nau Llibres.
- Rodríguez Moreno, M. L. (2006). Evaluación y formación de Competencias Transversales. Laertes educación.
- Romans, M; Petrus, A., e Trilla, J. (2000). De profesión educador(a) social. Paidós.
- Salvá, F., e Nicolau, I. (dir.) (2009). Trabajo, formación y ciudadanía: conceptos básicos, políticas, programas y recursos. Pirámide.
- Sánchez García, M.F. (2004). Orientación laboral para la diversidad y el cambio. Sanz y Torres.
- Sánchez Romero, C (2014) (Coord). Formación y desarrollo profesional del educador social en contextos de intervención. Madrid. Editorial UNED.
- Sobrado, L., e Ceinos, C. (2011). Tecnologías de la Información y de la Comunicación. Uso en Orientación Profesional y en la Formación. Biblioteca Nueva.
Cada tema/bloque de contido terá asociada unha documentación específica que será indicada, durante o proceso de ensino-aprendizaxe, ao estudantado.
Outras referencias do dossier documental de uso no desenvolvemento das aulas no marco da materia serán incorporadas á aula virtual.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
Competencias Básicas:
- CB1. Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Competencias Xerais:
- CG6. Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, co pleno respecto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Educación Social, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
Competencias Transversais:
- CT4. Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
- CT5. Manter unha permanente actitude de formación e actualización no que atinxe ao seu desenvolvemento profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
Competencias Específicas:
- CE1.6. Identificar académica e profesionalmente aos/ás educadores/as sociais como profesionais da educación, con funcións e tarefas diferenciadas en relación con outros profesionais da educación e da acción-intervención social.
- CE2.6. Valorar e axustar a súa práctica profesional ás esixencias e compromisos deontolóxicos da Educación Social.
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe desta materia oriéntase a que o alumnado poida implicarse activamente na comprensión crítica dos contidos, das fontes documentais e do alcance dos procesos formativos e de inserción laboral e desenvolvemento profesional dos/as educadores sociais.
As distintas actividades formativas repartiranse entre un horario presencial obrigatorio, que corresponde ás clases expositivas e interactivas, e un horario non presencial que implica o traballo autónomo por parte do alumnado.
- As clases expositivas estarán dirixidas a todo o grupo de estudantes (gran grupo), inclúen sesións de natureza explicativa, dirixidas a introducir e explicar os contidos da materia, así como clarificar conceptos e presentar unha visión global que de sentido de conxunto aos diferentes bloques da materia e a súa relación co perfil profesional da titulación. En ditas sesións, serán presentadas tamén as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do/a estudante. Empregaranse recursos de apoio didáctico para facilitar o seguemento e a comprensión do contido que, na medida do posible, serán accesibles na aula virtual.
- As clases interactivas estarán dirixidas a grupos máis reducidos (mediano grupo) e nelas levaranse a cabo diferentes actividades individuais e/ou grupais con carácter práctico e aplicado que tratar de profundizar nos contidos da materia. Destacando, entre outras, as seguintes: lectura e análise de documentos e de experiencias; redación e presentación de traballos; elaboración de informes; así como o emprego de ´tecnicas e recursos de orientación para a inserción.
O estudantado con exención oficial de docencia e/ou dispensa de asistencia a clase que non asista regularmente ás sesións de aula realizará as mesmas actividades con carácter individual.
Complementariamente, cabe apuntar que o uso da Aula Virtual da materia será de especial relevancia, debendo entenderse como ferramenta de xestión central, a cal proporcionará un entorno virtual cos recursos necesarios para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e serán desenvoltas no horario especificamente dedicado a tal fin polo profesorado da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo ao longo do curso. Debe clarificarse que os estudantes deberán empregar so o correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
De ser o caso, na materia pode preverse o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións,...) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
Todas as actividades propostas de carácter individual e/ou colectivo serán avaliadas, de xeito que o sistema de avaliación da aprendizaxe terá en conta a evolución do estudantado a través dunha avaliación continua cun sentido formativo e procesual; e o carácter integral a través dunha avaliación final sobre todos os contidos da materia:
- AVALIACIÓN CONTINUA: Ponderación na cualificación final: 55%. Instrumentos de avaliación: prácticas de aula e/ou traballos monográficos. Terán unha formulación diversificada segundo a dinámica de clase que as propicie ou o bloque temático que aborden (análise de documentos, elaboración de informes, deseño de itinerarios, aplicación de recursos de orientación laboral, análise de casos...). As súas características e data de entrega serán comunicadas na aula e postas a disposición no campus virtual.
- AVALIACIÓN FINAL: Ponderación na cualificación final: 45%. Instrumentos de avaliación: proba específica para a avaliación dos coñecementos adquiridos na materia (portafolios, exame...). A data de realización/entrega será a establecida de xeito oficial como data de exame.
- ASISTENCIA A CLASE: A asistencia ao 80% das horas de clase expositivas e interactivas será preceptiva para poder presentarse á realización de exames e superar a materia, salvo nos supostos oficialmente contemplados (exención oficial de docencia, dispensa de asistencia, faltas por causas xustificadas debidamente acreditadas). Unha vez finalizadas as clases presenciais e con anterioridade á realización da proba final publicarase un listado do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse da avaliación final.
SUPERACIÓN DA MATERIA
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso:
- Ter realizado e entregado -en prazo e forma- a totalidade de actividades de avaliación especificadas anteriormente.
- Superar cada unha das actividades ou probas de avaliación establecidas (acadar 5 puntos sobre 10 en cada unha das probas de avaliación continua e final).
- Ter asistido regularmente a clase (como mínimo ao 80% das sesións) ou ben atoparse nalgún dos supostos oficialmente contemplados no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024 e que producirá plenos efectos a partir do curso académico 2025-2026).
Para obter unha valoración positiva na materia en segunda oportunidade será preciso concurrir nunha das seguintes circunstancias:
A) O estudantado que obtivese unha avaliación continua positiva en primeira oportunidade, debe presentarse en segunda oportunidade unicamente á proba de avaliación final, mantendo a ponderación da avaliación continua para a nota final.
B) O estudantado que non superase a avaliación continua en primeira oportunidade, será avaliado en segunda oportunidade mediante unha proba escrita específica que representará o 100% da avaliación.
As cualificacións obtidas nas diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso non se manteñen en cursos posteriores.
Os/as estudantes repetidores ou non presentados en convocatorias anteriores serán avaliados seguindo os criterios establecidos para o presente curso académico. Sendo, polo tanto preceptiva a asistencia a clase e a superación de todas as probas de avaliación continua e final nas mesmas condicións que o estudantado que se matricula por primeira vez.
O estudantado con exención oficial de docencia e/ou dispensa de asistencia a clase terá o mesmo sistema de avaliación da aprendizaxe, se ben adaptaranse as actividades de avaliación continua para a súa realización con carácter individual e a distancia. As condicións particulares comunicaranse na aula virtual e recoméndase ao alumnado en esta situación facer uso das tutorías para o seu seguimento.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE TRABALLOS, EXERCIZOS OU PROBAS
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programe de forma coordinada. Sen menoscabo do que poida concretar cada docente considérase que a realización fraudulenta dalgún exercizo ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes seguindo a normativa APA7, de acordo coa Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisiónd e cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-.
Actividades presenciais (51 horas):
- Clases Expositivas: 24 horas.
- Clases Interactivas: 24 horas.
- Titoría e Avaliación: 3 horas.
Traballo persoal do estudante (99 horas):
- Estudo: 40 horas.
- Realización de traballos prácticos: 44 horas.
- Titorías e Avaliación: 15 horas.
Para estudar e superar a materia recoméndase entender a lóxica do que se presenta e, sobre todo, atribuir sentido aos temas que se estudan mediante a personalización do coñecemento ou a aprendizaxe significativa. É preciso a consulta e lectura das referencias vinculadas a cada tema que o profesorado presentará na aula.
É aconsellable un traballo continuado na mesma, dende o comezo ao final do curso, con implicación e participación activa nas distintas actividades de avaliación e/ou aprendizaxe que se desenvolvan na materia.
As actividades prácticas ou traballos a desenvolver de xeito individual e/ou grupal, deberán realizarse e presentarse nos prazos que se determinen, de xeito oficial ou polas docentes. Ademais da asistencia a clase, é recomendable manterse activo na visualización das indicacións ofrecidas no campus virtual.
É recomendable facer uso das titorías de xeito individual ou en pequeno grupo, o que favorece unha mellora significativa do proceso de aprendizaxe do alumnado.
Facer unha lectura comprensiva de todo os aspectos e directrices recollidos neste programa.
ENTREGA DE TRABALLOS
- Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Se a docente da materia solicita a entrega en papel, deben cumplirse os seguintes requisitos medioambientais: evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; empregar grampas en lugar de encadernación; usar as dúas caras do papel e imprimir en calidade "aforro de tinta", non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes; evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos ou que estén accesibles en aberto e poidan referenciarse.
- Os traballos e actividades encomendadas deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado ou non elaborado polo estudantado asinante do traballo suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria.
- Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado en varias materias, salvo que fosen programados de forma conxunta e coordinada.
-Na realización dos traballos/ prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA), 7ª ed. Washington: APA, 2020-, que poden consultarse no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
ASISTENCIA A CLASE
- A normativa que regula a asistencia a clase é o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024 e que producirá plenos efectos a partir do curso académico 2025-2026).
- A asistencia a clase facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros/as estudantes ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa.
- Nesta materia é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase expositivas e interactivas, sendo preceptiva para poder presentarse ao exame e superar a materia.
- A acreditación da asistencia a clase será realizada mediante control de asistencia pola vía que as docentes determinen (entregas de aula, sinatura...). A manipulación ou falsificación intencionada dos sistemas de control de asistencia determinará a consideración de non asistencia á actividade e deberá ser comunicada á Reitoría para o inicio das actuacións disciplinarias que puidesen corresponder.
- O estudantado poderá xustificar a falta de asistencia ás sesións de clase expositiva e interactiva nas que concurran causas xustificadas (aquelas recollidas no Regulamento de asistencia a clase...), sempre que sexa debidamente acreditado no prazo máximo de cinco días hábiles dende que remate a cause que impediu a asistencia.
- Con carácter excepcional e de acordo aos casos contemplados na normativa da Facultade, o estudantado poderá solicitar exención oficial de docencia ou dispensa de asistencia a clase. O estudantado terá estas condicións se a Facultade de Ciencias da Educación da USC o recoñece de forma oficial. Nestes casos, no prazo de 10 días a partir da concesión da mesma, o alumnado debe poñerse en contacto coas profesoras para establecer un plan de titorización e seguemento individualizado da materia.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/more_info_service…
OBRIGATORIEDADE DO USO DA CONTA DE CORREO RAI
O estudantado debe utilizar necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado.
OBRIGATORIEDADE DO EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Deben empregarse o Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade de Ciencias da Educación e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil na aula, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PRIVACIDADE DA ENSINANZA-APRENDIZAXE
Tanto as clases como as titorías, como proceso de ensino-aprendizaxe, son un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
É obrigatorio o cumprimento da Política de Privacidade e Protección de datos persoais dispoñible en https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Carmen Denebola Alvarez Seoane
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821012
- Correo electrónico
- carmen.alvarez.seoane [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Margarita Valcarce Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813828
- Correo electrónico
- margot.valcarce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10.12.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
23.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |