Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia pretende contribuír á formación do estudantado nas competencias vinculadas á avaliación de programas. Así, buscará favorecer a consecución dos seguintes obxectivos:
- Identificar as ideas e os enfoques básicos que caracterizan os procesos de avaliación de programas.
- Coñecer os fundamentos teóricos e os procedementos prácticos empregados na avaliación de programas.
- Analizar os sistemas específicos que se empregan na actualidade na avaliación de programas.
- Coñecer e empregar terminoloxía e fontes de información útiles e válidas, de cara a favorecer un mellor fundamento deste ámbito profesional.
- Deseñar e aplicar propostas de avaliación de programas.
1. Marco teórico e conceptual da avaliación de programas educativos.
2. A calidade na educación. Dilemas sobre os estándares da avaliación de programas.
3. O deseño da avaliación de programas. A avaliación como proceso.
4. Diagnóstico de necesidades educativas.
5. Metodoloxía, técnicas e instrumentos de avaliación de programas educativos.
6. Elaboración de informes de avaliación e difusión de resultados.
Bibliografía básica
Matas Terrón, A. (2020). Evaluación de programas socioeducativos. Comares.
Martínez Mediano, C. (2017). Evaluación de programas: modelos y procedimientos. [Recurso electrónico]. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Pérez Juste, R. (2014). Evaluación de programas educativos. (3ª edic.). La Muralla.
Yarbrough, D.B., Shula, L.M., Hopson, R.K., e Caruthers, F.A. (2010). The Program Evaluation Standards: A guide for evaluators and evaluation users (3rd. ed). Corwin Press.
Bibliografía complementaria
Dans, I. (2022). “Evaluación de los proyectos de innovación y propuestas de mejora”. En Marín Marín, J.A. y Pino Juste, M. (2022). Innovación Educativa para una educación transformadora. Dykinson.
Gairín, J. (2010). La evaluación del impacto en programas de formación. Revista Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación, 8(5), 20-43.
Kirkpatrick, D. L. (2004). Evaluación de acciones formativas. Gestión 2000.
Pérez Juste, R. (1999). Hacia una educación de calidad. Narcea.
Pérez Juste, R. (2000). La evaluación de programas educativos: Conceptos básicos, planteamientos generales y problemática. Revista de Investigación Educativa, 18(2), 261-287. https://revistas.um.es/rie/article/view/121001
Pino Juste, M. (2017). Diseño y evaluación de programas educativos en el ámbito social: Actividad física y dramaterapia. Alianza Editorial.
Rebollo, A. (1993). Modelos de evaluación: concepto y tipos. En M. P. Colás y A. Rebollo (Coords.), Evaluación de programas: una guía práctica (pp. 33-54). Kronos.
Stake, R. (2006). Evaluación comprensiva y evaluación basada en estándares. Graó.
Sobrado, L. M. (2008). Avaliación da calidade e innovación dos centros educativos. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
Stufflebeam, D. L., e Shinkfield, A.J. (1993). Evaluación sistemática. Guía teórica y práctica. Paidós-MEC.
Stufflebeam, D. L., e Shinkfield, A. J. (2007). Evaluation theory, models, & applications. Jossey-Bass.
Tejada Fernández, J. (2004). Evaluación de programas. Módulo VI: Investigación e innovación formativa. https://www.carcheles.es/export/sites/default/galerias/galeriaDescargas…
Revista Electrónica de Investigación y Evaluación Educativa (RELIEVE): https://revistaseug.ugr.es/index.php/RELIEVE/index
Revista Iberoamericana de Evaluación Educativa: https://revistas.uam.es/riee
Instituto Nacional de Evaluación Educativa: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/inee/portada.html
COMPETENCIAS XERAIS
2X. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desenvolve o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
3X. Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
4X. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
6X. Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así como no asesoramento, deseño, aplicación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
7X. Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E1.5. Identificar problemas educativos e indagar sobre eles para posibilitar propostas de mellora na práctica educativa.
E3.4. Desenvolver modelos e procesos de xestión de calidade da educación e da formación.
E4.3. Realizar estudos prospectivos e avaliativos sobre características, necesidades e demandas pedagóxicas.
A metodoloxía de ensinanza combinará:
- Sesións expositivas por parte das docentes sobre os contidos fundamentais de cada unidade temática nas que se procurará a participación activa do estudantado a través da reflexión e o debate.
- Sesións interactivas nas que o estudantado a través do traballo en equipo, se implicará na resolución de diferentes actividades e supostos prácticos coa supervisión e apoio das docentes.
O traballo nas sesións presenciais debe complementarse, necesariamente, co traballo autónomo por parte do/a estudante fóra da aula.
Para o desenvolvemento da materia contémplase o uso do campus virtual da USC para o acceso a documentación e información de interese para o estudantado, para a entrega de tarefas e como espazo de comunicación.
De ser o caso, na materia poderase contemplar a posibilidade de desenvolver, cando menos, actividades de innovación dentro de proxectos (ApS, Etwinning, etc.) ou unha práctica de campo compartida con outras materias do curso (visitas, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A avaliación da materia terá en conta os seguintes aspectos:
- Actividades e traballos realizados grupalmente no marco das sesións interactivas (50%).
- Realización dunha proba individual tipo test sobre o contido da materia (50%) na data establecida no calendario oficial.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter entregados e realizados en prazo os traballos así como superar cada unha das partes (prácticas e proba individual).
A asistencia a un mínimo do 80% das sesións considérase un requisito para proceder á avaliación (artigo 1.2.c do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024).
O estudantado con exención ou dispensa de asistencia a clase concedida (Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela) será avaliado co mesmo sistema de avaliación que o resto de estudantes: dossier de prácticas (50%) e proba individual sobre o contido da materia (50%). Para obter unha valoración positiva da materia será preciso superar ambas partes. Unha vez concedida a dispensa o/a estudante debe poñerse en contacto co profesorado para establecer un plan de seguimento.
Na avaliación da segunda oportunidade, o/a estudante terá que presentarse unicamente ás partes non superadas.
No caso do estudantado repetidor, só terá que presentarse ás partes da materia non superadas no curso anterior (requisito de asistencia, entrega de traballos prácticos e/ou proba individual).
Os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente edición da convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 horas de traballo. Estas distribúense do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 50 horas.
- Sesións expositivas: 20 horas.
- Sesións interactivas: 20 horas.
- Actividades de titoría e avaliación: 10 horas.
Horas de traballo do alumnado: 100 horas.
- Estudo: 30 horas.
- Realización de actividades prácticas: 50 horas.
- Titorías e avaliación: 20 horas.
- A asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma das actividades que se propoñan.
- Desenvolver un estudo comprensivo e non memorístico da materia.
- É moi importante realizar un traballo continuado todas as semanas, xa que a materia está formulada de tal forma que a realización dunhas actividades precisa de ter realizadas as anteriores.
- Amosar, tanto nas intervencións en aula como nas actividades, unha actitude ética e de compromiso.
- Titorías: recoméndase ao estudantado que faga uso das titorías presenciais sempre e cando teña algunha dúbida ou cuestión pertinente.
- Consulta frecuente da aula virtual.
- Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Beatriz Garcia Antelo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813832
- Correo electrónico
- beatriz.garcia.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
14.01.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |