Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer o papel da Educación Social na definición e desenvolvemento das políticas culturais promovidas dende os diferentes niveis da administración pública, con especial énfase nas administracións locais.
2. Dominar os diferentes modelos de políticas culturais e as súas implicacións no desenvolvemento das comunidades, así como as súas repercusións no desempeño profesional das educadoras e educadores sociais.
3. Adquirir os coñecementos necesarios para valorar e promover o papel da iniciativa social e dos movementos culturais nas propostas culturais dos territorios.
4. Adquirir a competencia básica para desenvolver a súa función profesional en servizos e/ou equipamentos culturais, dominando as destrezas que permitan deseñar plans, programas e/ou iniciativas de carácter cultural.
1. Educación Social, políticas culturais e administracións públicas.
2. Educación Social e desenvolvemento cultural: modelos de políticas culturais.
3. Declaracións, principios e estratexias de acción social en cultura.
4. Deseño e avaliación de políticas culturais.
5. Investigación, formación e profesionalización pedagóxico-social nos espazos e tempos culturais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Beirak, J. (2022). Cultura ingobernable: de la cultura como escenario de radicalización democrática y de las políticas que lo fomentan. Ariel.
Chauí, M. (2013). Ciudadanía cultural: El derecho a la cultura. RGC libros.
Monclús, C. (2020). Cultura, animación y gestión cultural. Animacionet.
Roselló i Cerezuela, D. (2006). Diseño y evaluación de proyectos culturales. Ariel.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Aldanondo, P., e Escudero, J. (Coords.). (2002). La política cultural en el municipio. Fundación Autor.
Bourdieu, P. (2016). La distinción: criterio y bases sociales del gusto. Taurus.
Calvo, A. (2002). La animación sociocultural, una estrategia educativa para la participación. Alianza Editorial.
Carnacea Cruz, A., e Lozano, A. (2011). Arte, intervención y acción social. La creatividad transformadora. Grupo 5.
Casacuberta, D., Rubio, N., e Serra, L. (Coords.). (2011). Acción cultural y desarrollo comunitario. Graó.
Coelho, T. (2009). Diccionario crítico de política cultural: cultura e imaginario. Gedisa.
De Boiro, A. (Coord.). (2023). A cultura é un dereito: unha visión social da cultura. Deputación da Coruña.
Escudero, J. (Coord.). (2022). Nueva guía para la evaluación de las políticas culturales locales. Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP)
García Quiroga, F. (Coord.). (2020). Pensar y hacer en el medio rural. Prácticas culturales en contexto. Ministerio de Cultura.
García, I. (2020). La cultura, su acción y su gestión, desde la educación social. Revista de Educación Social, 31, 11-27. https://eduso.net/res/revista/31/el-tema-revisiones/la-cultura-su-accio…
Heras i Trias, P. (cord.) (2008). La acción política desde la comunidad. Graó.
Pose, H. (2006). La Cultura en las ciudades: un quehacer cívico-social. Graó.
Pose, H., e Pérez Rúa, M. (2008). La acción cultural pública en Galicia: entre la definición y la precariedad. En Planificación estratégica de la cultura en España (pp. 205-226). Fundación Autor.
Quiroga, F., e Tobío, L. (2021). Informe cultura e sustentabilidade. A cultura, cuarto piar da sustentabilidade. Consello da Cultura Galega
Reygadas, L. (2018). Ensamblando culturas: diversidad y conflicto en la globalización de la industria. Gedisa.
Sánchez-Valverde, C., e Franch, X. (2016). La gestión cultural, clave en el desarrollo de la educación social. En G. Domínguez (Ed.) La educación social: una profesión de compromiso en continua reflexión y construcción (pp. 77-105). Exlibric.
Vich, V. (2019). Desculturalizar la cultura: la gestión cultural como forma de acción política. Siglo XXI Editores.
Yúdice, G. (2006). El recurso de la cultura. Usos de la cultura en la era global. Gedisa.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
CB1- Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2- Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o traballo profesional das educadoras e educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3- Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
CG5- Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT3- Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
CT4- Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CE1.2- Analizar críticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
CE1.5- Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, en por si e/o en colaboración con outros axentes da sociedade.
CE2.2- Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial
significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e a sostenibilidade
CE2.4- Elaborar, xestionar e/ou utilizar medios e recursos socioeducativos que posibiliten un axeitado desenvolvemento do seu labor profesional e das institucións ou entidades nas que se leve a cabo.
O desenvolvemento teórico e práctico da materia fundamentarase nas seguintes dinámicas formativas:
- Sesións expositivas.
- Actividades tipo ‘forum’ (vídeo, libro, cine...)
- Prácticas de campo cando os medios económicos así o permitan (visitas a institucións e encontros con profesionais), que serán programadas no marco da materia, de ser posible en coordinación con outras materias da Titulación e do cuadrimestre.
- Participación en propostas formativas fóra das aulas que sirvan para ampliar e consolidar os coñecementos acadados na materia.
- Dinámicas de formación grupal que posibiliten a implicación individual e colectiva do estudantado.
- Titorías individuais e grupais.
Farase un uso activo do campus virtual para informar, documentar e solicitar tarefas a realizar polo alumnado.
Todas as actividades e propostas formativas teñen o obxectivo de favorecer a adquisición de competencias profesionais e o compromiso de actuación acorde cos principios deontolóxicos da Educación Social.
A avaliación será continua ao longo do curso. Na avaliación final teranse en consideración as seguintes actividades obrigatorias:
1) Dossier individual de prácticas: 30%
2) Recensión dun libro: 10%
3) Traballo grupal (proxecto cultural): 30%
4) Exame de contidos: 30%
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
ASISTENCIA ÁS CLASES
De acordo co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais do Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela aprobado no Consello de Goberno do 25 de novembro de 2024, a asistencia (sesións expositivas e interactivas) será preceptiva para superar a materia (apartado c do artigo 1), establecéndose un 80% a presencialidade necesaria nas actividades docentes programadas. No caso do estudantado repetidor (artigo 6), a asistencia será preceptiva para superar a materia e, polo tanto, seguirá o réxime ordinario.
DISPENSA DE ASISTENCIA E EXENCIÓN DE DOCENCIA:
A principio de curso, os/as estudantes poderán solicitar, atendendo ao procedemento establecido, a dispensa de asistencia a clase cando se atope nalgunha das situacións indicadas no artigo 9.3 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024
Os e as estudantes que teñan concedida exención oficial de docencia ou dispensa de asistencia, para superar a materia, con carácter obrigatorio, deberán realizar todas as actividades de aula, así como presentar un traballo académico complementario que supla a parte non presencial autorizada (total ou parcial) e que será acordado de maneira individual co profesorado da materia ao comezo das aulas. Nestes casos, ademais será preciso realizar titorías de seguimento co profesorado para desenvolver axeitadamente as aprendizaxes e competencias da materia.
O alumnado nesta situación deberá asistir –obrigatoriamente– a unha titoría co profesorado ao inicio do cuadrimestre.
ALUMNADO REPETIDOR:
O alumnado que se matriculou por segunda ou máis veces na materia seguirá o programa establecido nos mesmos termos que o resto de estudantes. Por tanto, será obrigatoria a asistencia a clase segundo o anteriormente indicado e será necesario entregar en tempo e forma e superar as catro actividades da materia.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS
De acordo coa Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación (Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017), a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor/a. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Ademais, aqueles traballos que demostren un uso fraudulento de calquera tipo de intelixencia artificial (IA) serán suspendidos na oportunidade correspondente. Isto inclúe calquera actividade que mostre unha porcentaxe de texto xerado por IA, xa sexa total ou parcial, sen a debida autoría ou achega intelectual do/a estudante. Lémbrase que as IAs deben ser empregadas con sentido, limitándose á obtención de ideas ou apoio na elaboración do contido, pero nunca para redactar o traballo en si.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (50 horas)
- Clases expositivas (24 horas)
- Clases interactivas (24 horas)
- Titorías obrigatorias (2 horas)
TRABALLO PERSOAL DA/DO ESTUDANTE (100 horas)
- Estudo e elaboración de Informes (70 horas)
- Análise, documentación e investigación (30 horas)
Para lograr unha axeitada adquisición das competencias desta materia, fanse as seguintes recomendacións:
- Participación activa e continuada nas sesións de clase desde o inicio da materia.
- Implicación no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Realizar lecturas complementarias de artigos, libros, etc. sobre a temática da materia.
- Acometer a realización de traballos obrigatorios –individuais e grupais–, axustándose aos prazos que se establezan.
- Facer uso das titorías para favorecer o proceso de aprendizaxe dos contidos da materia.
CORREOS ELECTRÓNICOS, USO DA AULA VIRTUAL E EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
- É obrigatorio nos procesos de comunicación entre estudantado-profesorado o uso da conta institucional da USC (@rai.usc.es).
- Os traballos realizados polos e polas estudiantes deben entregarse exclusivamente a través da aula virtual.
- É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
USO DO MÓBIL
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto na ligazón: https://bit.ly/4b9JJRB
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o profesorado e o estudantado matriculado na materia.
NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos. https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Gabriela Dolores Miguez Salina
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- gabriela.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:00-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
16.01.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |