Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer os principios e fases da intervención socioeducativa a través de programas.
2. Afondar nos procesos de deseño, xestión, desenvolvemento e avaliación de programas socioeducativos, atendendo ao ciclo dun proxecto.
3. Desenvolver habilidades para o deseño, a xestión e o desenvolvemento de procesos de intervención socioeducativa a través de programas.
4. Coñecer os procesos de innovación e xestión da calidade nos programas socioeducativos.
5. Analizar e valorar programas de intervención vinculados ao perfil profesional do/a educador/a social.
Tema 1. Os principios da intervención socioeducativa. Procesos e fases da intervención.
Tema 2. A intervención socioeducativa nos diferentes ámbitos sociais, formativos e profesionais.
Tema 3. Deseño, xestión e desenvolvemento de programas: dimensións institucional, administrativa e económica.
Tema 4. A xestión dos recursos nun programa de intervención socioeducativa: os recursos humanos, materiais e económicos.
Tema 5. Innovación e xestión da calidade nos programas socioeducativos: aproximación a diferentes modelos.
Bibliografía básica:
Fantova, F. (2005). Manual para la gestión de la intervención social. CCS.
Fernández, T., e Ponce de León, L. (Dirs.). (2016). Elaboración, gestión y evaluación de proyectos sociales. Intervención social y programación. Pirámide.
Pérez Serrano, G. (2016). Diseño de proyectos sociales. Aplicaciones prácticas para su planificación, gestión y evaluación. Narcea.
Bibliografía complementaria:
Alberich, T. (2002). Guía fácil de asociaciones. Manual de gestión. Dykinson.
Álvarez Rojo, V. (Coord.). (2002). Diseño y evaluación de programas. EOS.
Ander-Egg, E. (2006). Metodologías de acción social. Universidad de Jaén.
Ander-Egg, E., e Aguilar, M. J. (1995). Cómo elaborar un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales. Humanitas.
Castillo, S., e Cabrerizo, J. (2006). Evaluación de programas de intervención socioeducativa: agentes y ámbitos. Pearson Educación.
De Asís, A., Gross, D., Lillo, E., e Caro, A. (2005). Manual de ayuda para la gestión de entidades no lucrativas. Fundación Luis Vives. http://www.fundacionluisvives.org
Expósito, J., e Olmedo, E. (2006). La evaluación de programas. Teoría, investigación y práctica. Grupo Editorial Universitario.
Feliz, T. (2010). Diseño de programas de educación social. McGraw-Hill Interamericana.
García Herrero, G., e Ramírez Navarro, J. M. (2009). Manual práctico para elaborar proyectos sociales. Siglo XXI.
Gavilán, B., Massa, I., Guezuraga, N., Bergara, A., e López-Arostegui, R. (2010). Guía para la gestión de proyectos sociales. Equipo del Observatorio del Tercer Sector de Bizkaia. http://www.3sbizkaia.org
Gutiérrez, I., Sorribas, M., e Gil, M. (2005). Metodología de la intervención social. Altamar.
Losada, S. (2016). Metodología de la intervención social. Síntesis.
Marchioni, M. (2007). Planificación social y organización de la comunidad. Ed. Popular.
Moreno, M. D. (2000). Gestión de la calidad y diseño de organizaciones. Prentice Hall.
Paglilla, R., e Paglilla, D. (2017). Modelo para la elaboración de proyectos sociales. Revista Iberoamericana de Educación, 41(4). https://doi.org/10.35362/rie4142449
Palacio, I., e Ruiz, C. (2003). Viejos usos y nuevos retos. Universitat de València.
Pérez Serrano, G. (2005). Elaboración de proyectos sociales. Casos prácticos. Narcea.
Pérez Serrano, M. G. (2009). Estrategias de intervención social. En M. A. Murga (Coords.), Escenarios de innovación e investigación educativa (pp. 157-170). Universitas.
Rodríguez Sedano, A., Bernal, A., e Urpí, C. (2005). Retos de la educación social. Eunate
Vilar, J., e Riberas, G. (2002). Diseño de proyectos sociales. Fundació Pere Tarrés.
Competencias básicas e xerais:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CX3 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo á circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
CX4 - Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
CX5 - Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
Competencias transversais:
CT4 - Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
Competencias específicas:
CE1.2 - Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os/as educadores/as sociais desenvolven o seu labor profesional.
CE1.5 - Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
CE2.1 - Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
CE2.4 - Elaborar, xestionar e/ou utilizar medios e recursos socioeducativos que posibiliten un axeitado desenvolvemento do seu labor profesional e das institucións ou entidades nas que se leve a cabo.
A materia combinará, por unha banda, sesións de carácter expositivo, nas que o profesorado realizará a exposición dos contidos teóricos co apoio de diferentes recursos audiovisuais e/ou a utilización de fontes documentais complementarias; e por outra, sesións interactivas, de carácter práctico, cuxo obxectivo será afondar nos contidos traballados a través de actividades aplicadas de corte principalmente grupal, nas que se analizarán e debaterán os diferentes temas abordados na materia.
A metodoloxía que se seguirá busca a implicación activa dos/as estudantes nas diferentes actividades, especialmente no que atinxe á busca de información, reflexión e aplicación dos coñecementos. Para iso, proporanse actividades prácticas nas que, a partir da colaboración, se interpretarán diferentes realidades e situacións socioeducativas, coa intención de analizar problemas e xerar pautas de acción desde o enfoque da intervención a través de programas/proyectos. Fomentarase ademáis o traballo cooperativo, dadas as oportunidades que ofrece para o diálogo e o debate.
Farase uso da aula virtual da USC cos seguintes fins: informar ao estudantado, incluír os documentos de apoio para a elaboración das diferentes actividades individuais e/ou grupais, distribuír determinados materiais complementarios e de traballo, e habilitar espazos para a entrega das actividades e os traballos requiridos.
Así mesmo, considérase a posibilidade de que, no marco da materia, se realice algunha saída/práctica de campo.
O sistema de avaliación contempla as seguintes actividades:
- Realización dunha proba final (45%).
- Dossier de prácticas individual (20%), no que se recollerán as diferentes actividades que o estudantado realizará nas sesións interactivas.
- Traballo de investigación grupal (35%), no que o estudantado se achegará á realidade profesional dos/as educadores/as sociais no tocante á xestión e o desenvolvemento de proxectos socioeducativos
Para obter unha valoración positiva na materia será necesario ter realizadas e entregadas todas as actividades de avaliación anteriormente enumeradas, así como ter acadado unha valoración suficiente en cada unha delas (5 sobre 10).
Este sistema de avaliación tamén se aplicará ao estudantado repetidor.
Tendo en conta o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024, o estudantado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase seguirá a mesma estrutura de avaliación (proba final, dossier de prácticas e traballo de investigación). Nestes casos, no que respecta ao Traballo de investigación grupal, consensuarase ao inicio do semestre a adaptación correspondente para que poida ser abordado individualmente.
Pola súa banda, o estudantado con exención de docencia para as sesións expositivas estará en condicións de asistir ás sesións interactivas e de elaborar as actividades prácticas co conxunto de compañeiros/as, así como o traballo monográfico grupal, polo que será avaliado en consecuencia. Así mesmo, deberá realizar a proba final.
Do mesmo xeito que o estudantado asistente, aqueles/as que se acollan á exención de docencia ou dispensa de asistencia deberán ter superadas todas as actividades de avaliación (5 sobre 10) para superar la materia. Nestes casos, é obrigatorio asistir a unha titoría nos 15 días seguintes á notificación da condición de dispensa ou exención, co obxectivo de abordar o sistema de traballo e avaliación.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de “suspenso” na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e ás fontes (Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificación – aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017).
ASISTENCIA A CLASE
Este programa axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
En concreto, nesta materia é obrigatorio asistir ao 80% das sesións, tanto expositivas como interactivas. A asistencia a esta porcentaxe de sesións é preceptiva para examinarse na primeira oportunidade (mes de maio), así como para entregar os traballos da materia. Con anterioridade á realización das probas publicarase no Campus Virtual o listado do estudantado que satisfaga o requisito de asistencia e que, consecuentemente, terá dereito a examinarse. Quen non cumpra con esta porcentaxe (exceptuando as ausencias xustificadas), terá que examinarse en segunda oportunidade (mes de xuño/xullo), momento no que ademais deberá entregar un traballo práctico individual que será previamente acordado co profesorado da materia, e que substituirá ao dossier de prácticas individual e ao traballo de investigación grupal.
No que respecta ao estudantado repetidor, deberá cumprir cos criterios de asistencia ordinarios anteriormente indicados.
A aprendizaxe da materia apóiase en tres requisitos indispensables:
- A participación activa nas sesións e actividades de aula.
- O traballo individual ou en pequeno grupo, segundo se indique, para realizar as prácticas.
- O estudo individual e autónomo, que terá que apoiarse en lecturas complementarias ao longo do semestre.
O tempo estimado de dedicación dos/as estudantes á materia organízase do seguinte xeito:
Horas presenciais (50 horas):
- Clases expositivas: 20 horas
- Prácticas de seminario: 20 horas
- Titorías de traballo do curso: 2 horas
- Actividades de avaliación: 8 horas
Horas non presenciais (100 horas):
- Estudo: 50 horas
- Elaboración das actividades prácticas e informes: 50 horas.
Para o estudo da materia, recoméndase:
- Asistencia regular ás sesións de clase e implicación activa nas mesmas.
- Estudo continuado dos contidos teóricos traballados nas sesións expositivas, o que permitirá expor dúbidas e formular aclaracións de forma inmediata.
- Consulta e análise dos documentos recomendados na bibliografía do presente programa, a fin de complementar os contidos abordados na aula.
- Seguimento e dedicación en todas as actividades prácticas, ben sexan individuais ou en pequeno grupo.
- Planificación coherente e axustada das tarefas (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante co profesorado).
- Uso adecuado das titorías ao longo do semestre.
- Coidar os aspectos formais (redacción, coherencia, claridade, exposición…) tanto nas actividades prácticas (dossier e traballo monográfico) como na proba final.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Os traballos realizados polo estudantado entregaranse a través da aula virtual. Excepcionalmente, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
Se nalgún momento se esixise a entrega de traballos en papel para a materia, é necesario ter en conta as seguintes indicacións: evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; sempre que sexa posible, empregar grampas no canto de encadernados; imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”; non facer uso de folios en branco como separadores de capítulos ou partes; evitar anexos que non teñan relación directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Para máis información: www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1efUER3o85f5lb1ZY/1673868829/public/paragraphs/more_info_service/2023-01/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
CONTA RAI
É obrigatorio que o estudantado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá facer uso do teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
É oportuno ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste sentido, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o profesorado e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos, que pode ser consultada na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
Diana Priegue Caamaño
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813906
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Igor Mella Núñez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- igor.mella [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Patricia Alonso Ruido
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- patricia.alonso.ruido [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
20.05.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
03.07.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |