Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A opinión pública é un tema clave tanto para a socioloxía como para a política. Esta materia ten como obxectivo trasladar ao alumnado o coñecemento sobre o proceso de formación, transmisión e transformación da opinión pública, considerando o papel de diversos actores, como os medios de comunicación e as redes sociais. Abordaranse tanto as dimensións sociais como políticas da opinión pública, así como as principais teorías e métodos desenvolvidos historicamente para a súa análise e medición. Desde a socioloxía, examínase como estes procesos configuran a percepción colectiva en distintos contextos sociais e políticos
Tema 1.- A opinión publica na historia.
Tema 2.- Análise de información sobre opinión pública
Tema 3.- Estudo da opinión pública desde a perspectiva sociolóxica.
Tema 4.- Influencia dos medios de comunicación e as redes sociais na formación da opinión pública.
Tema 5.- Líderes de opinión e campañas de sensibilización
Bibliografía obligatoria
Adamo, O.; Garcia, V.; Freidenberg, F. (2007). Medios de comunicación y opinión pública. Madrid: McGraw-Hill.
Crespi, I. (2000). El proceso de opinión pública. Como habla la gente. Barcelona: Ariel
Grossi, G. (2007). La opinión pública. teoría del campo demoscópico. Madrid: CIS.
Monzón, C. (2006). Opinión pública, comunicación y política. La formación del espacio público. Madrid: Tecnos.
Muñoz, A.; Monzón, C.; Rospir, J.L.; Dader, J.L. (1992). Opinión pública y comunicación política. Madrid: EUDEMA.
Rojo, T. (2018). Opinión pública. Editorial Síntesis: MAdrid.
Sampedro, V. (2000). Opinión pública y democracia deliberativa. Medios, sondeos y urnas. Madrid: Istmo.
Bibliografía complementaria
Allones, C. (2021): Liberalismo, nacionalismo, socialismo, feminismo. Una interpretación sociológica. Madrid: Libros e la Catarata
González, J.J (2024). Las razones del voto en la España democrática (1977-2023). La Catarata: Madrid
Jensen, K. B. (Ed.). (2014). La comunicación y los medios. Metodologías de investigación cualitativa y cuantitativa. Fondo de Cultura Económica.
Mattelart, A. y Mattelart, M. (1997). Historia de las teorías de la comunicación. Paidós Ibérica, S.A
Competencias Xerais
1. Desenvolver as capacidades de análises, sínteses e organización da información relevante sobre fenómenos sociopolíticos contemporáneos.
2. Analizar a bibliografía especializada sobre opinión pública, comunicación e procesos sociais.
3. Desenvolver a creatividade para atopar novas ideas e solucións aos problemas da área de estudo
4. Comunicar de forma clara e estruturada os resultados dos traballos académicos, tanto de maneira oral como escrita.
5. Traballar de forma colaborativa, fomentando o debate e a construción colectiva do coñecemento aceptando a pluralidade de opinións.
6. Respectar a diversidade en todas as súas formas.
7. Integrar a perspectiva de xénero na análise crítica da opinión pública e os discursos sociais e políticos.
Competencias Específicas
1. Definir, interpretar e construír unha visión crítica da opinión pública dentro do marco da comunicación social e os contextos sociopolíticos.
2. Comprender e avaliar críticamente a influencia dos distintos actores sociais na construción da opinión pública, atendendo a modelos teóricos e contextos sociohistóricos.
3. Coñecer e avaliar as principais técnicas e instrumentos para a observación e medición da opinión pública, valorando a súa utilidade e implicacións sociolóxicas.
4. Desenvolver as capacidades necesarias para investigar fenómenos relacionados coa opinión pública mediante enfoques metodolóxicos adecuados, integrando teoría e práctica.
5. Identificar o impacto dos medios e actores políticos na construción de estereotipos de xénero.
Nas clases expositivas, que se imparten á totalidade do grupo, utilizarase como principal método docente a lección maxistral participativa. Tamén a docente utiliza metodoloxías centradas na aprendizaxe en grupo.
Nas clases interactivas trátase de conseguir unha implicación activa nas diversas actividades propostas. A través delas reforzaranse e complementarán os contidos teóricos facilitados nas clases expositivas a través dunha aprendizaxe activa, tanto individual como en grupo. A variada utilización de instrumentos como vídeos, conferencias, análises de datos cualitativos e cuantitativos para o estudo de fenómenos sociais e políticos, o debate ao redor da súa interpretación serán esenciais para afianzar conceptos, teorías e debates actuais
Procedemento ordinario
1) Exame teórico (50%). Exame referido aos contidos teóricos da materia. O exame será unha proba na que se formularán 3 preguntas por tema (15 preguntas). O alumnado responderá a dúas preguntas de cada tema, deixando á súa elección unha sen contestar, é dicir, deben realizar 10 preguntas. Para poder facer media o alumnado debe levar nesta parte un 4 sobre 10 puntos.
2) Avaliación continua (50%) As actividades de avaliación continua realizaranse ao longo do cuadrimestre e non se repetirán nas convocatorias extraordinarias, pero a súa cualificación conservarase nestas convocatorias.
O 30% da nota correspóndese con traballos de carácter individual propostos co tempo suficiente para a súa realización que se entregarán a través do campus virtual. A súa avaliación atenderá aos seguintes criterios formais: presentación adecuada, axustándose ás esixencias académicas habituais, profundidade, organización, capacidade crítica, emprego adecuado da linguaxe da materia e coidado no uso da sintaxe e a ortografía. Tamén, recoméndase o uso de linguaxe non sexista tanto no traballo na aula como nos traballos académicos.
O 20% da nota correspóndese coa asistencia e a participación nas clases interactivas. A asistencia ás clases interactivas é obrigatoria para poder superar a avaliación continua, sendo necesario asistir polo menos ao 80% das clases.
O alumnado repetidor deberá asistir tamén polo menos ao 80% das clases e realizar as tarefas propostas pola docente.
Para superar esta parte o alumnado debe obter un 4 sobre 10 puntos.
O programa axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e #máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado no Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Segunda e sucesivas oportunidades
Segundo a normativa vixente na USC o alumnado que non supere a avaluación da materia ao final do semestre terá unha segunda oportunidade na que o exame final terá un peso do 70% sobre a cualificación final. O alumnado conservará a cualificación final.
Dispensa de asistencia
Nos casos con dispensa de asistencia a cualificación da materia consistirá nun exame final (70%) e un traballo individual (30%).
Clases expositivas: 25 horas (estudo individual do alumno: 45 horas)
Seminarios interactivos: 10 horas (estudo individual do alumno: 20 horas)
Titorías: 7’5 horas
Total: 42’5 horas (traballo persoal do alumno: 65 horas)
Os textos e materiais de apoio (que se colgarán la aula virtual) son necesarios para o seguimento do curso, pero é nas clases teóricas e nos seminarios interactivos onde se traballa o seu verdadeiro sentido, alcance e intención.
Maria Amparo Novo Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- amparo.novo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 1.3 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1.3 |
13:30-14:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | 1.3 |
12.01.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |
17.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |